cando me dixeches
que sería lindo saber
a quén
ía dirixida aquela canción de amor
que falaba de choiva e follas
e dixen que iso era
o de menos
e que
seguramente
non ía por ninguén
eu realmente pensaba
oxalá a escribise
alguén
cheo de mala-hostia
despois viches como bicaba
a alguén que nunca significará o mesmo ca ti
e chamástesme
puta
pero ti
claro
ti non me queres