En plan tarde de sábado irreflexivamente patas-arriba, mais sen estar nun portal sen quedarse coa idea de nada. Porque case nunca me quedo coa idea de nada. A música soa unicamente por un dos altifalantes e é lamentable como o outro se queda con cara de papahostias. Café tamén nunha taza que pon TARDE. Botar de menos é o primeiro paso para seguir botando de menos. Quizais hoxe sería o día para unha boa sorpresa ou para unha boa conversa das de estar sentado tranquilamente, mais non. Esta tarde quedamos na casa, café e música polo altifalante que teño á esquerda. Soportando menos, cada vez menos. Pouco aguante. A fin de contas, nunca chegan os días polos que agardamos. Os días van sendo sen máis.
En plan as cousas están así e os sábados pola tarde son como xesucristo nun tacatá.