![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
A felicidade non ten interese![]() Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Iso debeu pensar o simulacro de ionqui que caeu na estación de buses a iso das 22 horas. Hai un rato. Estaba eu papando frío tras media hora de agardar un bus e soaba Bob Marley e había un home rebentado no chan da estación de buses. Chegou unha ambulancia e levárono. Mentres estaba tirado no chan e non chegaba a ambulancia, os buses que marchaban tiñan o detalle de ir máis devagar para que os condutores e pasaxeiros disfrutasen do espectáculo. Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Bendito imbécil. Na estación de buses ves moita xente e moita xente que ten a mirada perdida dando mostras de ser todos moi profundos. A maiorías dos imbéciles da estación de buses somos moi profundos. Inclusive, se me apurades, o ionqui que estaba tirado mentres eu escoitaba Jammin'. Somos profundos porque escoitamos música moi profunda para a situación na que estamos inmersos e xa estamos de volta de nada e a vida, a vida é moi fodida, cariño. Mañá vaise asaltar Compostela pola vía traseira. Mañá imos saír en Compostela. Mañá acabaremos sendo unhas das persoas que andan por Compostela como moita xente que anda de noite por Compostela. O ionqui non virá, mais hai ionquis como para suplir a baixa. Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Só se enchen os hospitais, os vertedoiros, os peores bares e as tumbas. O demais segue a estar baleiro. Baleiro, digo. A felicidade non ten interese se non vén con unha carteira chea de diñeiro con números lindos. Pasamos o tempo ríndonos de nada, falando de nada, mirando, analisando, equivocando, valorando, meditando, reflexionando (noxo), cubrindo os ósos con carne e buscando carne. E non temos posibilidades. Non hai ningunha posibilidade. Xa está todo dito. Ninguén encontra ao outro. Xamáis. As persoas que imos vendo pasar somos, aínda que non queiramos, nós mesmos. Mirade nos ollos dos demáis e veredes cómo ides pasando. Ás veces, paseamos cun alma dentro sen reparar en nada. Bebemos demasiado. Estamos atrapados por un SINGULAR destino. Ninguén atopa ao outro. E a coña é que todos siguen buscando de cama en cama. O pode xa estar morto a estas horas. Teño un paxaro azul dentro do peito ao que só deixo saír polas noites, non? Pois non! Báixate do camión! Comentarios » Ir a formulario
Bonito resumen, pero te faltaron algunos de mis favoritos, como nirvana,o como:
Creo en la violencia natural.. Arriba están las azules laderas y por debajo todo el agua que son mis lágrimas...nací para observar las paredes, poco amor o poca vida no importa demasiado, nací para robar rosas de las avenidas de la muerte... escalo un templo de oscuras enredaderas...ruedo por debajo de la mesa, me voy a donde estén las moscas del verano, intentad atraparme. Fecha: 04/02/2009 12:31. |
Archivos
TemasEnlaces
|