Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Gabinete

20090212224024-pantasma.jpg

Novamente un día longo mergullado (submarine-weapon without choice) na literatura africana e brasileira. Todo soa máis a Brasil se pegas a orella ao vidro dun urbano. Hoxe había menos erasmuses (por non dicir NINGÚN). Teño unha cadeira nova no meu cuarto e semella que podería ter o meu propio gabinete aquí. Respostaría a cuestións sobre derrubamentos emocionais con catro cousas das que escoitei en cancións. A miña cultura de merda.

1.- Los Suaves: La vida te va apuntando los pecados en secreto.

Mañá vou a Compostela (a capital do país con dous nomes) e ficarei alá até o domingo. Da sexta-feira até o domingo. Todo soa máis a Brasil se sabes con quen estás a xogar.

2.- Calamaro: Los hombres no piensan solamente en dos cosas. Esos son los que tienen un solo corazón.

Elegancia e exclusividade. Teño certo interese en saber cómo é o feito de estudar nas bibliotecas da capital do país con dous nomes. Entre visitas ao hospital: idas e voltas. Á mañá (as mañás de estudo na casa son certamente longas) vin o poemario que me colgaron n'A Regueifa no cuarto da miña irmá e, nun acto similar a unha autofelación (flexibilidade e autocontrol), mirei por Google adiante se había algunha referencia ao mesmo por aí adiante. Atopei que nalgunhas páxinas a xente colgou o poema Sociolingüística, que parece ser dos que mellor caeron. Mais, nun fotolog (encántame todo isto que vou dicir, en serio) atopei que unha rapaza tiña colgado un anaco do Manual da destrución que dicía a xente continúa crendo / nas relacións sentimentais / porque a xente é imbécil e dura. Creo que son uns bos versos para o día de hoxe  e gustei de que alguén reparase neles.

(Autofelación: culminada. Estado do proceso: engulindo seme)

 3.- Gluecifer: You wanna live or do you wanna die?

Non sei qué vai pasar de aquí en poucos días. Nin o quero saber. Descubrín yes.fm e nesas ando... Descubrindo grupos a base de ben. O ben pide papas cada día que pasa. Fixen arroz con salchichas e ovos. Esta noite lerei O Guaraní. Sandra chámame se lle dou un toque e quedei con ela que se lle daba un toque era porque andaba pola facultade para poder ir perder un rato mentres me tomo o meu capuccino de máquina (droga legal). Esta noite non durmimos. Todos queremos aos nosos amigos.

4.- Hora Zulú: Cada noche es la misma, tan sólo cambian los borrachos.

Hai días que non contan.

Mañá será outro día igual.

Graciñas a todos.

12/02/2009 22:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: pekeniña

quedamos en eso, pero como me diste dos toques :P
anda!!

Fecha: 13/02/2009 12:29.


gravatar.com
Autor: Aru

buah! logo de poñer ese anaco en google dinme conta de que igual era o meu fotolog!jajaja! xa me comentara algo Cris! que vergoñaaa! pero alegrome que che gustara que fixera referencia a iso. Segue así, que da gusto lerte! Un bico.

Fecha: 13/02/2009 16:09.


gravatar.com
Autor: reineta

vaste flipar coa noticia que creo que che teño ^^
sempre me encantas
bicooo

Fecha: 13/02/2009 16:28.



Autor: sarita

turbonegro al derrame!

Fecha: 13/02/2009 18:18.


gravatar.com
Autor: maria

Samuuu! o proximo finde ajardo verche!

contéstame o sms do tuenti anda!

muaa

Fecha: 14/02/2009 21:27.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.