![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Nada excesivamente novo![]() E volta ao médico esta mañá e, si, novo diagnóstico. E novas caralladas para tomar. Medicamentos. Xa van uns catro/cinco días entre delirios e baixadas físico-anímicas e remontadas en modo noite de Copa do Rei (nótese que non digo Champions debido á cutrez das remontadas, amparándome no escudo constitucional-balompédico). E pasan os días e, o máis que fixen, foi colgar os debuxos no bloguiño para que case ninguén dixese nada ao respecto. Vendo freakadas en youtube (moita freakada de deus). Temos que ir algún ano ao Rock-am-ring, beibes. Embora non estea confirmado o cartel do Castelo Rock de momento, ten boa pinta o asunto se vemos os grupos nomeados na enquisa que teñen montada na páxina. Entre eles, hai grupos que xa teño moi pipeados. Aos Banda Bassotti xa os vin unhas 4 veces, penso, e gáñanse a todos os que os ven. E Obrint Pas teñen un directo caralludo. Obviamente, recomendaría o traer, dentro desta liña ska, a Betagarri ou, xa vendo que pode vir á Península (actuará para a semana en Barcelona), rachar con todo e traer a Toots & The Maytals. E dentro dun panorama máis rock, por que non probar cun dos, probablemente, mellores grupos rock que naceu neste país: Samesugas? E Berri Txarrak son un seguro. Non sei, o que veña, benvido será, que para algo o asunto é de balde e xa fan abondo co que se moven os da asociación. Malia todos os indicios, as rúas non están cheas de emos que se suicidasen. Todos os bohemios que poidades ver, sexa na Coruña ou en Compostela (ela-ela-ela), teñen unha forte inversión detrás. Sexa paterna ou do que sexa. Todos visten como pobres ou como modernos-de-merda, mais non o son, que van a moitos sitios. E se hai crise, non a notan moito. E teñen grandes ideas e grandes visións da vida e ven filmes dos que non escoitastes falar e música rara que non tería por que gustar. Ela-ela-ela... A que se supón que será a nova presidenta do Parlamento Basco non sabe falar eusquera (éuscaro). É un lindo cadro do que se supón que é unha muller de dereitas. Ai... Parece que o BNG se presentará ás eleccións europeas (theeeechaaaampiooons...) en listaxes conxuntas con ERC e Aralar. O malo é, que se agora quero votar a Aralar, tamén teño que votar ao BNG (tiña que dicilo). Non sei a que agardades para comezar a dicir cousas sobre os debuxos... Non vos fagades de menos, beibes. Por certo, certos popis pasaron agora a modernos-de-merda. E o preocupante non son os modernos-de-merda dos nosos días, beibes, pois... Cal será o seguinte paso? En que mutarán? Nada máis. A doutora díxome que non bicase a ninguén. E para iso estudan tantos anos? Matade o tempo e facédelle un nicho. Comentarios » Ir a formulario
en pouco tempo xa pillo a Barricada en numero de votos muahahahaha
Obrint Pas pisa Muros e fora (confio moitisimo no sistema enquisa, que pasa?) Fecha: 01/04/2009 14:58. |
Archivos
TemasEnlaces
|