![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Dentro do noso figurado baleiro só fica en pé a arrogancia![]() Imaxínate, digo, imaxínate que quizais somos realmente así e, vamos, nena, esquezamos todo menos aqueles momentos nos que chorabamos e pensabamos que nos queríamos. Que non te deitarías comigo embora fose o último heroinómano sobre a terra? Nunca pensaría iso, pois a heroína xa está moi fóra de moda. Da moda, digo. E imaxínate que somos realmente así e que cando lle dixemos a toda esa xente que a queríamos, realmente a queríamos. Non é posible, xa o sei. Mais... Eu que sei. Sería bonito. Comemos atún. As túas braguiñas, a túa soidade de estar soa, as túas pernas morenas e suaves e todos os amigos que tes deixado atrás. Todos os amigos que deixaches atrás. Puxécheste triste. Portazo. Imaxínao. E imaxina que realmente somos todos así. Que as nosas historias non pasan a ningún estado novo, que todas se repiten e que non hai nada novo. O alcol comeunos enteiros, os nosos vicios, as nosas chorradas. A cama que se moveu de tanto foder. As sabas/lenzos que se moveron de tanto foder. As masturbacións gratuítas. O NON SABER EN QUE PUNTO ESTAMOS. Deterse a pensar. Pensar en catro cousas. Imaxina que todos os textos que escriben os úteros que riman en consoante realmente reflicten aquilo que as rochas pensan. As rochas non pensan. A xente ten programas preferidos. As produtoras deben estar partíndose o rabo. Churrasco. Con ron. Con zume de amorodo. Dáme igual todo o que me digades. Se non falo eu, non me interesa. O egoísmo está ben unha vez que o asumes. Carballeira. Mulleres que son madeira seca. Fume negro. Fume gris. Todo ben. E alá vai. Co cu sentado e no primeiro asalto a vida... Desconfía dos escritos nos que che falen da vida, de como son as cousas, da verdade, da ilusión... Confía nos pomos das portas, nos pezóns dos rapaces de quince anos aos que ninguén fala á saída do instituto. O resto... O resto é tontería. Café con gasoil. Lagartos con pestanas amarelas. Paris Hilton liada co porteiro do Porto F. C. Fodemos a vista co fluxo seminal de estudantes de bacharelato. Citas con videoclips. Armaduras animais. Eu penso que todo o que define Galiza/Galicia é o feito de ter dous nomes e a sobredose de rotondas que temos no corpo. As rúas, o entroido e as copas que levamos no corpo. A mala vida pasará. Temos ilusión e o teléfono de moitas boas persoas. Enfestaremos as rúas como no entroido. Dentro do noso figurado baleiro só fica en pé a arrogancia. E por iso nos queremos. A palabra que dá sentido a todo é: carisma. O que chega ao corazón remata por conquistar a tristeza. Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece. Alegría. Patchanka sound, morena! Bala perdida. Bala perdida. Eu sígote. Sígote. Ten coidado. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|