![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Obviamente![]() Obviamente, onde estea o estado de embriaguez, que se quite o hespañol. Vale. Obviamente, Cuba está mellor sen americanosestadounidenses. Obviamente, xa non lembraba o da semana santa (con minúsculas) e as procesións, porque estaba bastante animado. Este ano volverá a gañar San Xoán? Sempre vai diante, o moi bastardo. Apoloxía da virxindade. Papóns. Obviamente, os adultos con amigos imaxinarios son uns papóns. E son uns fillos de puta os que aínda por riba se fan donos da verdade e do que é bo ou malo. Falo en concreto da puta panda de católicos/cristiáns/apostólicos/romanos de merda que estes días desfilarán polas vilas do país, crendo seren os únicos bos da terra e do máis alá, sendo, como son, un feixe de subnormais reincidentes. Obviamente, amo a todo o mundo e se hai que tomarlle unha, tómaselle e botámonos todos unhas risas. Obviamente, estes días choverá. Obviamente, yo vengo del hoyo-yo-yo, hoyo-yo-yo, hoyo-yo-yo. Tumbalacuribambaminegra. Obviamente, embora teñamos que estar arrimados a máis non dar, comeremos o noso churrasco como boamente poidamos e cun sorriso. Con ilusión. Soñamos vergoñas. Obviamente, Panamá, Brasil, Ecuador, Portugal, Brión, Bristol, Dublín e Ankara. Obviamente, estamos de bobeira, estamos de bobeira, estamos de bobeira, estamos profundamente de bobeira, sentámonos e caemos e estamos de bobeira, cantamos ao estar de bobeira, de bobeira estamos e non o mudamos que estamos ben de bobeira, pasamos a noite enteira de bobeira... Obviamente, alguén se gardou o dereito e o poder sobre as blasfemias. Mais debía estar de bobeira. Obviamente, cada parroquia e cada vila ten o seu propio santo porque o único que fixo o cristianismo foi solapar os cultos pagáns precristiáns, pois o politeísmo cultural que aínda existe non acha compotencia no pretendido monoteísmo imposto dende a Igrexa. Obviamente, isto non vai a ningures. O xoves cearemos por aí adiante. Obviamente, estamos de bobeira. Comentarios » Ir a formulario
o ke kiras pero se non fora por esa panda de subnormais eu hoxe non me ía de vacacións pa Muros
:-) Fecha: 08/04/2009 18:36. |
Archivos
TemasEnlaces
|