![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
A peor semana santa do mundo-Ben sei que ti me queres, mais quéresme mal. Moito frío e tamén choiva. Botar un rebumbio o venres á tarde, que o día anterior saimos. Sen palabras e sen nada, que estivemos sen deus. O sábado estivo Cristo morto, mais, de que comezou o domingo, tivemos que montar cristos. Obvio. -Seis o nueve meses hará. Y no era tan fea. Lamber pés. Lamber pés. Non existe a perfección. Chove, noite, silencio e frío. Furón conversa con armadillo. Furón peludo, gato barriga para arriba. Todo depende da muller que se cruce, todo depende GRANDIOSAMENTE dos campos no que se colleita a uva que dá sentido a todas estas noites de Raeiros e confusión feliz. Desorientación. Post-coito. Bis-coito. Fuxide. Fuxide. Esvarade. Loitei contra a lei. Este é o meu dj. -E que me trouxeches? Un cadáver viviente? Domingo de resurrección. Baixar. Escoitar varias cancións ao frío da sombra. Voltar para casa. Así mellor. A soidade. Non me berredes. Talvez porque non fostes quen de cumprir nin unha soa das túas promesas ou porque non queres un can preto. Activos de Raeiros medrando, non quedan pegadas no chan con Estrella. O sol marchou da cidade. -Nunca dejó de quererte. Escoitamos os pasos das nubes. Que máis dá? Dá igual. A tristeza vén igual. A tristeza, mira, nena, tamén é cousa de dous. Ao carón desas cousas e con persoas case núas e sen música que só tes música na cabeza. Sen música non é bonito. Bonito. -Yo-ya-te-digo-yo. Hai cousas que só se poden dicir con silencio. Con silenciador. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|