Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Luis, un filólogo deleznable e entrañable a partes iguais

20090425201514-7ec-ixjfbjklcmrf8z2a.0.jpg

Boas, xentes dunha ou doutra banda cacofílmica! Hoxe contamos neste entrañable apartado do blogue coa presenza do Luis, simpático proxecto de anglofilólogo. Luisiño, que lo?

Que hai, Samueliño!

Imos indo, sobando pouco e con pouco tempo agora para todas estas cousas que disque facemos a xuventú por aí, pero co verán xa cerquiña.

Quero dicir que me enche de orgullo e satisfacción que me entrevistes no teu blog, xa podo morrer tranquilo!

Para quen non o saiba, Luis estuda na facultade de filoloxía da Coruña. A súa fama de turbochapón é coñecida todo ao longo e largo do corredor do primeiro andar e parte do segundo. Como che vai a carreira, meu? Agora que xa estás para rematar, que podes dicir de filoloxía inglesa na Coruña?

A carreira vai indo, e conto con rematar en xuño. Nisto, sinceramente, e aínda que sone a tópico, hai de todo. A xente en xeral ben, pero a maioría vai bastante ao seu rollo. Nas clases e entre os profesores hai desde impresentables personaxes aos cales odio con avaricia, a persoas entrañables como o grande Carlos, que explica literatura comparando as novelas con cancións de Metallica mentres fai air-guitar.

Como todos sabemos, a nosa facultade é tremendo putiferio, mais, ao tempo, ten algo de entrañable. Define a facultade con tres adxectivos, dúas cancións dos 90 e catro futbolistas profesionais:

Deleznable, recóndita e ao mesmo tempo marabillosa.

Romero, Raúl, Cantoná e Higuita

Green Day - Longview
The Verve - Bittersweet Symphony

Ben, e agora que rematas... Que vas facer para o ano? Un terceiro ciclo para seguir estando á mantenta dos pais? Extorsionarás ao empresariado de Culleredo con poemas en tortas de chocolate? Que vai ser dos teus espectáculos na cafetaría? Cóntanos, beibe.

Pois dependerá de se hai CAP ou non o hai e estas cousas, pero o plan é meterse polo máster de lingüística e seguir dándolle, e logo igual facer doutoramento en Inglés. Todo isto, a ser posible, sen moita mantenta dos pais, con moitas bolsas coma sempre.

Sobre a extorsión do empresariado de Culleredo creo que é moito máis fácil disfrazarme de descuartizador.

Os meus espectáculos na cafetería son a mellor comedia nunca feita na facultade, merecendo un posto no cadro de honra das frikadas filolóxicas con algún corto nodariano. Creo que o meu futuro está en conseguir indemnizacións por queimaduras provocadas nas cafeterías das facultades, sexa por cafés ou por bistés. Se non sae iso, sempre poderei ser camareiro e derramar os cafés accidentalmente sobre xente odiosa.

Coñecémonos o ano pasado nas aulas de pragmacelsiática e, desde aquela, até me tes arroupado para durmir. Pensas que a nosa relación seguirá este lindo progreso que só pode rematar nun casamento en praia tropical? Como se tomará Sandra (o rapaz é filólogo, mais ten moza) o tema?

Aiii canto tempo parece q pasou de pragmáticacelsiánica! Si, e até che arroupei alí polas Chantadas, que bonito :’)

Creo que nos temos que casar polo rito politeísta azteca de modo que poidamos ter cada un cincuenta matrimonios, que así malo sería que a Sandra lle parecese mal ou? O que si, temos que casar na praia do Freixo! E regalarnos unha caixa de bombóns!!... Aínda que bueno, na de San Francisco tamén vale.

Como é sabido por moitos, estás metido no asunto dos Comités. A ver... O té... Non se bebe? Tería que ser Bebités!

Sss!! Dixenche que non lle contaras a ninguén o do contrabando de bolsiñas de infusión!!! Ai si! Bebités! Que enxeñoso...!

Agora en serio. Fálanos do teu rol dentro desta organización e véndenos un pouco o asunto aos que pasamos do tema.

Buff, eu non che son nada de vender, eh, pero farei un intento.

(Modo publicidade: on)

Bueno, basicamente dedicámonos a defender os dereitos do estudantado e tentar conseguir un ensino galego, público, democrático e de calidade.

Eu veño sendo o que se le as leis e os decretos para logo metelos en queixas dicindo "polo artigo tal de tal lei isto non se pode facer", e así conseguir manter os dereitos dos estudantes.

E nada, que quen se queira meter nos Comités é benvido, prometo que hai xente normal e que conseguimos cousas, sobre todo en filoloxía, que se lles deixamos aos profesores habería anos que a metade das optativas da facultade terían desaparecido, por exemplo.

Agora andámoslle detras á da cafetería para que poña comida máis variada e menos fritanga e ás consellerías para ver se non poñen ese master que queren pór en vez do CAP.

(Modo publicidade: off)

Valora, en un perfecto castellano, el cambio de gobierno en la Junta de Galicia.

El cambio del gobierno autonómico de la región gallega es un hecho deleznable fruto de la psicología atrasada de los habitantes de esa región apartada y oscura. Que les quieres, si hasta te tienen dos nombres para su región! Que se decidan hombre, tanto subir y bajar y tanta mierda! Además, eso del dialecto gallego es una carajada, si quieren, que hablen español como la gente de bien y si no que no hablen. Galicia es una mierda.

En serio, a ver se só están catro anos.

Canto café tes tomado no que vai de curso?

A 4 cafés de media por día, 5 días á semana e 52 semanas ao ano... 1040 cafés ao ano!!! Mecagontal! Gasto unha pasta criminal en café!

Aínda que a pregunta óptima sería: Cantos cafés che caeron (ou tiraches) por riba no que vai de curso??

As túas tres peores borracheiras:

Creo que este dato xa é coñecido polo autor deste blogue, mais vouno compartir cos seus lectores.

-Cea de fin de curso de 4º da ESO, no Bosque, emborrachado durisimamente con Ribeiro (2 botellas e media). Típica borracheira adolescente que che fai renegar dunha bebida para o resto da eternidade.

-Día que deixei perdida a entrada do Patachim e posteriormente fun deixando un rastro de bilis do Patachim a Adelaida Muro, indo en 2º de Carreira.

-E a terceira está complicada, así que vou dicir dúas: o magosto de 1º e o día que baixei 3 cubalitros de vodka-limón en Carral e non din aberto a tempo a ventanilla do coche do meu amigo Adri volvendo para casa.

Agora xa pasamos á parte que gusta a todos, desde os pedófilos máis reincidentes até o cura máis pedófilo. Estou a falar desa na que poño palabriñas ao chou e ti posme o primeiro que se che pase polo bulbo raquítico. Dálle:

Altifalante:
basiointe
Elefante: olifante
Elegante: o innombrable nun ataúde
Petisco: tapa de croquetas cunha uña dentro.
Rock: &rolla

Até aquí o noso tempo, moferdoquer. Agradecido polo teu tempo. Vémonos polos corredores ou polos bares! Saúde!

25/04/2009 20:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.