Nós viñemos de Sumatra con cincocentos ou seiscentos quilogramos de fracasos nos petos. Viñemos sempre derrotados, xa antes de comezar, chegando ao descanso con algo de ánimo. Índonos para casa sorrindo, mais orgullosos dentro da nosa condición de perdedores perennes.
Esta fin de semana, o Illa de Sumatra gañou 10-9 ao Reyca. Este sábado houbo seis homes que alcanzaron un estado de ánimo estúpido de non cagar en cinco meses.
Cando levas toda a vida perdendo, unha vitoria é unha illa.
Verdes e negros, viñemos da xungla de Sumatra.
Viñemos de Sumatra. Viñemos do fondo de Sumatra, da Sumatra profunda.