![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
A quen se lle conte![]() No pasado mes de abril, os xemelgos Staelens, dous belgas afincados en Amberes, pasaron á historia da crónica negra deste país por un caso realmente estúpido. O maior dos dous, Raymond, participou na versión belga do programa Cifras e letras, na que, tras pasar cousa de tres meses initerrumpidos sen ser derrotado, acumulou uns 2 millóns de euros en premios (véxase a diferenza evidente na contía dos premios con respecto á versión da TVG). O irmán menor, Jan, que estivo ao lado del durante todo ese tempo apoiándoo e alentándoo, agardaba que, ao remate deste período, Raymond recompensase a súa compañía con parte do diñeiro obtido. Raymond non só non lle arriou un mísero céntimo, senón que rompeu todo contacto con Jan. Isto, a verdade, foi algo bastante parvo, pois ambos os dous vivían na mesma rúa. O caso foi que, inundado nunha fonda e estrema xenreira, Jan contratou os servizos dun asasino a soldo para acabar coa vida do seu irmán, pois as circunstancias e a lei belga (segundo entendín no artigo que acabo de ler) farían que Jan herdase todo o seu patromonio de xeito directo, inclusive sen pagar ningún tipo de imposto. O asasino en cuestión, un tal Marc Braine, parece ser que foi o amante dun compañeiro de cuarto de Jan no seu período universitario na facultade de ciencias da Brexgata University Academy. O cal, aos meus ollos, non deixa de ser curioso Pois ben, tras facer chegar ao asasino unha fotografía de Raymond e realizar un seguimento deste durante semanas, o Marc Braine colleu e matou ao Jan! Dende un principio, segundo confirmaron os departamento de policía encargado do caso, confundiu aos xemelgos, co cal, Jan costeou por completo o seu propio asasinato! Na actualidade, Marc Braine está pendiente de xuízo e Raymond, o irmán que continúa vivo grazas á incompetencia do anterior, traballa nunha canle privada da televisión belga como comentarista dun reality baseado na vida dos dragóns da Illa de Comodo. Comentarios » Ir a formulario
The champiooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooons!! Joder macho, desconxuntáchesme a mandíbula no momento tolemia!! xD
Fecha: 08/05/2009 20:27. |
Archivos
TemasEnlaces
|