xordo
el estaba xordo de todo
e ela berraba dende o fondo do bar
que hostias fas aí?
estamos todas aquí
el estaba totalmente xordo
algo caralludo cando
estás nun bar cheo de mulleres
ás que mentir
el estaba xordo
e
practicamente
bébedo até a punta do carallo
ela non deixaba de chamalo
a ver
vés ou non vés?
el estaba xordo
cos soños atados aos nocellos
e sabía que ela
o facía coa metade
porcentaxe é feminino
e foder tamén
da xente que estaba preto do
futbolín
avelasviravelasvir
el estaba xordo
e cando a escoitou outra vez
dicindo
estás de coña?
porque tes que estar de coña
xa non estaba alí
el estaba xordo
e salvou a vida
polo corazón
el estaba xordo
e esqueceuna
como esquece un
de cada unha
desas mulleres
que berran nun bar