Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Inglaterra, indixencia e outras decisións

20090606115123-decision.jpg

Cando os ingleses se xuntaron todos ao redor dunha mesa para decidir que palabras entrarían no idioma inglés, tiveron algun que outro momento de lucidez:

    Inglés baixiño: A ver, xa aclaramos que vaca pasará a se dicir cow e can dirase dog. Seguinte punto: como diremos crema e berrar.

    Inglés de gran cráneo e barba cutre: Buf, non estou para tomar decisións. Non estou nese plan.

    Inglés baixiño: Alguén ten unha idea?

    Inglés heterosexual: Alégrame que cheguemos a este punto, levo moito tempo traballando nisto. Sen ningunha conclusión, por certo.

    Inglés baixiño: ...

    Inglés heterosexual: Vale. Xa calo.

    Inglés miope: Por min podiamos dicir cream para falar da crema. E outra cousa, sabedes se botan o partido do Dépor na Sexta?

    Inglés obeso:
A min váleme o de cream.

    Inglés baixiño: Pois listo. E para berrar, que?

    Inglés hespañolista: Una cosa os digo, con todo esto creo que estamos imponiendo el inglés. Y, no sé vosotros, pero yo quiero elegir en que lengua o dialecto son educados mis ingleses-bebé.

    Inglés obeso: E se lle metemos un s ao comezo de cream e vía?

    Inglés iconoclasta:
Por min adiante.

    Inglés baixiño: En plan scream? Fica entón scream para berrar, beibes?

    Ingleses a coro: Claaaro, meu.

Estas sabias e meditadas decisións léxico-fonéticas tiveron algunha que outra feliz consecuencia. Entre estas, temos a de que, décadas despois, un grupo de metal (dos que querían transformar todo en metal), ao se veren na tesitura de compor unha canción publicitaria para unha marca de café imaxinaria, empregase estas dúas palabras nun dos mellores versos da literatura mundial:

    And scream for your cream!

Xa dixen noutra entrada que xa levo feitos dous exames (burros!), o último, de literatura portuguesa (con erótico resultado).  O próximo celebrarase (celebrate good times, come on!) o 15 deste mes. Para este exame xa me verei na obriga de enclaustrarme, física e mentalmente, polo cal, se xa até aquí cheguei feito un animal, podo acabar comunicándome mediante ouveos. Non sei manter unha conversa en condicións.

Onte fun xogar ao paddel. Chamáronme e fun. Durante o partido non deixei de pensar que os borrokas deberían practicar paddel,  en troca do pijerío, que é como é o tema. Tamén pensei en nomes de muller. Creo que era a segunda vez que o xogaba na miña vida. Son un paquete xogando e, non me digades como, mais acabei sangrando. Até xogando ao paddel acabo sangrando. Xeonllo en xogada espectacular, of course. Borrokas xogando ao paddel. Rapazas católicas con tirableques lanzando parafusos. Os obreiros do metal de Vigo.

Diante dunha oficina dunha caixa de aforros na Coruña, unha muller pide cartos, sentada no chan. Non está nada limpa: roupa rachada. Un minusválido indixente pasa na súa cadeira con rodas por diante, míraa de arriba abaixo e extrae un veredito. Os xuízos na pobreza son outra clase de xuízos. Licor café ás 7 e pico da tarde.

As decisións, amigo, as decisións.

Vou estudar.

Seguiremos desinformando.

06/06/2009 11:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: reineta

di o leo, dedicándollo ós compis do metal:

eu tamén reclamo
un sector do verbal
para o meu pobo

(ou algo así)

as cousas iban ser ben distintas.
dálle ben a gramática hó. salú y rebeldía

Fecha: 10/06/2009 09:05.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.