subes ao urbano
e mentres pasas o cartón
polo lector
xa sabes que te está a mirar
ten un cinto azul
e tamén ollos de mala persoa
ten
por así dicilo
a xenreira de todos os pobos
precolombinos
sentas ao seu carón
que tal?
ben
e ti?
ben
e ti?
co corazón aberto
xa dixen
non?
ben?
si
ben
imos pola cidade
gustas dela?
da cidade?
non
da xenreira dos pobos precolombinos
pero iso non o dixemos nós
quen o dixo?
díxoo o eu lírico
narrativo
ou como sexa
aaa...
ben
e ti?
baixas do autobús
nunca confundas un autobús
cun puto poema
nin unha mala borracheira
cun baixón emocional
da hostia