acababa de fuxir
do coche dunha morena
pequena e sinxelamente moderna
pouco linfática
e percorreu uns
dous quilómetros
até alcanzala
xa marchaba
esta tamén era morena
caeu
rebentado da carreira
look
he's runnin'
e bicou o chan
diante dela
cuspiu unha xoguiña
que lle entrara na boca
ela entrou no portal
e subiu ao seu piso
el ficou na rúa
where the streets
have two names
e o moi gilipollas
vai
e cóntao na radio