Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Um conceito muito amplo que admite diversas definições

carreira continua
cinco horas arribabaixo
    un integrista do fitness
    nazi graxa lardo do bisté
cansa
cansa cansa
cansa cansa cansa correr tanto
    evaporación constante
ducha
enfilar para cama

espertar maniotas
traballo impostos hipotecaralladas
manter unha opinión
ser leal
ser fiel
equidistancia
e que dis?
e quen o sabe?
arrombar a vida
emocións cacharros cargados
    xeos xeos xeos desvirgados
escoitar rir sorrir manter un estado de desánimo
economía submerxida
    felicidade submexada
    mexada á altura do nocello
        consello de guerra

relación emocional
    coidado non nos agobiemos
    coitado
    non sabes o que queres
    se ti estiveses onda min
    tirar unha fotografía bicos lingua
    fotografías na cama
        lenzos brancos de encaixe
    suor cama
    nazis do sexo
        tócame naquel sitio
            lámbeme como onte
            non
            así non
            dixen como onte   
            non sabes facer nada
        tócame daquela forma
            déixao así non se pode
            déixoo así non se fode
    terra promesas
    tradición
    hipotecamadas de fillos
relación emocional política dos sogros
    ter un traballo
        boa cousa
    catolicismo non practicante
        boa cousa
    rapaz de ciencias
    coche novo do trinque
        véxote e véxome cando era novo
            mais non es novo
            cheira a morto
    boas intencións
    ficar a comer durmir na de invitados

os amigos de cando en cando
bar de sempre
historias nenos fumando no soto
    sotto voce susúrrame veñen teus pais
        o cigarro no peto
        lume e fume todo un
    risas despois das hostias pretéritas
contos
andar aos contos
cantos contos contas
resaca mulleres fodedumes partilladas
    conas que xa eran de todos
    conas das que até se opinaba
    taboleiro anuncios conas para grupo de teenagers
    mulleres non son persoas dicía dende a barra do bar
    e que ben recendían

rendir
rendirse
dicir a todo que si cando non
dicir a case todo que si cando sempre é que non
    asumir
ser un máis
arquivos datos persoais ser un número
votar mandar unha mensaxe en nadal
    ser especial para un grupo reducido de persoas
non transcender sobreporse ás derrotas
    disfrutar da nada
confiar nos demais
cada sorriso e cada momento especial
    facelacamaparadesfacelacamadesfacelotodo
desfalecer na cama

mañá será outro día

outro día exactamente
igual

09/06/2009 21:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.