Chegou feita merda, chorando (mais ben, intentando dar a impresión de estar a chorar). A vida non era o que ela esperaba. Nada ía saíndo como pensara nos bancos do parque mentres poñía nomes a todas as vellas que pasaban.
Chegou feita merda, sen ter puta idea de literatura soviética. As bragas había varios meses que non coñecían o sabor da versión que Eroski fixo do Ariel. Podíase saber o número exacto de días que as lavara por última vez se se contaban os aneis que había nas marcas do mexo e da merda. Contando os aneis como se fose unha árbore. Paleoecoloxía xenital.
Pediu que a escoitase durante uns minutos.
Obviamente, esquecera rotundamente todas as veces que lle tiña fallado. E non comprendeu que lle pechase a porta na cara, subise un pouco o volume da música e non quixese saber máis do asunto.