![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Fuximos![]() É dicir, non puidemos ficar na vila. Como iamos ficar? Nada, arrincamos segundo espertamos, que foi cando comezaron a petar na porta. Petaron cos cotelos, que é como se peta sempre. Non coas mans abertas, como fan os evanxelistas (relixiosos do carallo). Saímos pola xanela traseira do cuarto. Non intentes abrir unha xaneliña con dúas sandías en lugar de mans. O polbo que levabamos na cabeza a modo de perruca imposibilitou que vísemos o control que a policía estatal montara un quilómetro despois da estación de servicio. Vicio. Case todos os policías aquí eran conservadores, no que refire aos prebes e os condimentos. Odio este estado. Como iamos ficar? Non podiamos. Conseguían esquivalo, malia ter o chan cheo de tonas de laranxa. O almorzo rebosáballe (ela sempre me mira cando a miro) pola comisura dos labios. A vila ficaba xa lonxe. Alcanzou un anaco de torta de amorodos e deuma a probar: Os vermes pensaban na nosa carne e na de todos os que deixabamos atrás. Confiaban na nosa carne. Coma sempre, había un tolo no medio da estrada. Matariamolo sinxelamente porque lle imitaba a todos os nosos antigos amantes. Non o matamos. Mireina. Miroume. Ela sempre me mira cando a miro. Fuximos. Alguén rebentara a nosa felicidade había tempo e só había estrada que percorrer. O resto non tiña importancia. O almorzo é, case seguro, a comida máis importante do día. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|