![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Centrémonos![]() Hoxe acto de degradación á tarde na Facultade de Filoloxía. Ben. Lectura, uns petiscos, tomarlle algo antes da cea, cear e despois andar a rolos pola Coruña adiante. Mañá -sábado, burricáns!- tocará intentar chegar á vila. Village people. Churrasco? San Pedro? Haberá alguén? Luck runs out. O que não te mata tórna-te mais forte. Foi un curso curioso, con moitos momentos complicados e duros de afrontar, mais todo saiu ben ao final. E se algo non saiu ben, non importa. Dá igual. Mostre as súas cicatrices. But we die hard... Se nos matan o can... Mercamos outro can. Durante este curso -atentos coa merda de exposición e consideracións cutreiras nas que vou ir caendo- apareceu moita xente boa, ningunha persoa mala, encontrei un dos mellores libros que lin en tempo (O bosque harmonioso) e fomos facendo segundo viamos. E os erros... Dan igual. O que não te mata tórna-te mais forte. A idea de ser forte non é algo que atraia moito, mais en inglés vaca dise cow. Risefalldownriseagain. Volveremos nuns días, se a vida acompaña. We die hard. E unha cousa... Parabéns, Vito! Alegrón enorme! Arrasa!!! Xa o celebramos onte por ela na casa e teremos que facelo cando a vexamos outra vez! Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|