
Segundo fontes próximas á cúpula dirixente do novo goberno galego (gallego), o presidente Feijoo fará público o nomeamento de Sylvia Saint como nova directora do proxecto do monte Gaiás nas vindeiras datas.
Ao parecer, o presidente xa pensara durante a campaña electoral na recoñecida estrela do porno para desenvolver o seu soño, mais non expuxera esta idea por non confiar de cheo na disposición de esta a formar parte desta aventura pseudocultural. Porén, as negociacións, levadas baixo unha confidencialidade mesmo estrema, chegaron á súa fin o pasado sábado, tras unha esmorga de varios días e para alegría de ambas as partes (xenitais).
O presidente galego continúa, deste xeito, a súa política cultural, sen caer en contradicións de ningunha clase. Esta política basearíase no principio motor de foder, pois, se xa foderon todo o avanzado até a data en materia de normalización lingüística, como non deixar en mans dunha profesional do asunto o que se supón (termo derivado do nome supositorio) será o referente do país en materia cultural?
Seguiremos a desinformar.