
Supoño que xa ecualicei os meus fillos futuros e non sei cómo che cantar nada de todo isto.
Ecualiceinos xa.
E son cinco fillos.
Un só aparece cos graves desta canción. Outro cos agudos. Os outros cos medios.
Só temos fillos segundo decida a música.
Outro outono.
Pánico.
A alma dos teus pés son cinco letras. Non lle acho sentido.
Ecualicei os meus fillos do futuro.
Ecualiceinos. E cando non hai música, non existen.