Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Centrémonos

20091004132634-agora.jpg

Se dixese centrémonos  alguén me diría centre de centro e monos de simios e xogaría coa idea de monos situados nun punto xeográfico concreto. E iso é o que quero. Cando querer só son seis letras.

Amor é unha palabra de catro letras.

Desde hai certo tempo levo gardada unha idea para un poemario (Samu, as pallas fainas na casa!) cun título bastante directo. Pasteloso, si, mais é o que vou facer a día de hoxe.

Medo. Medo a que? Pois medo a un mesmo. Love is a four letter word!

Os malabarismos son cousas de outro tempo.

Os malabarismos son cousas de outro tempo.

Os malabarismos son cousas-de-ou-tro-tem-po.

Definitivamente, todo este ano fica recollido no disco Death Magnetic. Sei que é bastante patético estar tan ligado a un disco con tanta difusión e, posiblemente, con tan pouco calado.

Mais sei que o entendes. Saiu Gramática grazas a un Spit it out!

(tremenda mentira-saiu grazas a horas e horas de Steven Pinker-de colchóns con auga osixenada-etimoloxías-e un sublime etcétera)

Hai algo que nos abate sen piedade. Érgueste, caes, estás no fondo e volves a te erguer!

O que non te mata, lembras?

O que non te mata, acabará por te facer máis forte.

Este verán, hostia! Este verán!

Un dos momentos máis comigo mesmo deste verán foi -triste, seino- escoitar Broken, beat & scarred en Lisboa. Cando aqueles multimillonarios dicían o de Show your scars, eu estaba a golpearme o brazo. Non sei se o facía por me notar o sangue, por buscar sangue... Sei que me lembrei do teu Eto’o na final da Champions e de que este año vamos a ganarlo todooo...

Son un armadillo. Dos que fan calquera carallada e despois se enroscan e van a rolos.

Ti es un gato.

Antes soñaba contigo, ahora no me dejas dormir. Que diría Yosi.

Levo agarrándome a cousas que fun entendo como malas para me defender (armadillo) e fun repetindo as mesmas respostas de merda a aquilo que se me viña enriba (pipiestradismo).

Que vou ser eu un puma?! Son un armadillo. Ti es un gato.

Seisculos escuros.

Escarabellos.

Area Maior.

O rus? Si. Claro.

Karma to Burn.

God put a rainbow in the sky.

Suicide & Redemption.

Procrastinación.

Roberto di que...

Roberto di que temos que ir xuntos polo mundo adiante.

04/10/2009 13:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: xuko

vexo ke estas marcado polas 4 emes
o proximo sera en compostela?
xacobeo vexote ahi!

Fecha: 04/10/2009 18:37.



Autor: Damandarina

Qué?

Fecha: 04/10/2009 20:57.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.