Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




A vida normal

20091007185803-elevador.jpg

A día de hoxe, todos os elevadores de Compostela están avariados. E cando digo todos, digo todos.

Se me dixesen que Compostela tiña este clima, amputábame a pirola e dáballa de cear aos cans. Chuviacalor. Molladuras e suar. Total, que teño a gorxa baixo mínimos.

Inda non sei nada do de Vigo. Ondas vitais do mar de Vigo. Estómago de ivo pro feno.

Onte vin a última de Tarantino. Roque non puido vir ao plan que el mesmo ideara porque tiña que traballar. E fastidoume porque sei que lle ía molar. Quero ir a unha obra de teatro na Nasa. Tamén a un concerto de Samesugas. Ao Castañazo.

O tempo está por chegar onda min.

Desde a fiestra do meu cuarto pode verse á xente traballando no Tribunal de Contas. Danme igual. Só tapan un pouco do ceo negro desta cidade. Libredón. Antes ou despois ficarei durmido.

Quero que chegue o frío.

Entérrame de noite. Odio o sol. Quero durmir tranquilo.

Vivo nun cuarto.

Por que non un momento para pensar?

O noso segredo.

O noso tesouro.

07/10/2009 18:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.