Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2009.

Nada excesivamente novo

20090401111217-0.762070001203629804.jpg

E volta ao médico esta mañá e, si, novo diagnóstico. E novas caralladas para tomar. Medicamentos.

Xa van uns catro/cinco días entre delirios e baixadas físico-anímicas e remontadas en modo noite de Copa do Rei (nótese que non digo Champions debido á cutrez das remontadas, amparándome no escudo constitucional-balompédico).

E pasan os días e, o máis que fixen, foi colgar os debuxos no bloguiño para que case ninguén dixese nada ao respecto. Vendo freakadas en youtube (moita freakada de deus).

Temos que ir algún ano ao Rock-am-ring, beibes.

Embora non estea confirmado o cartel do Castelo Rock de momento, ten boa pinta o asunto se vemos os grupos nomeados na enquisa que teñen montada na páxina. Entre eles, hai grupos que xa teño moi pipeados. Aos Banda Bassotti xa os vin unhas 4 veces, penso, e gáñanse a todos os que os ven. E Obrint Pas teñen un directo caralludo.

Obviamente, recomendaría o traer, dentro desta liña ska, a Betagarri ou, xa vendo que pode vir á Península (actuará para a semana en Barcelona), rachar con todo e traer a Toots & The Maytals. E dentro dun panorama máis rock, por que non probar cun dos, probablemente, mellores grupos rock que naceu neste país: Samesugas? E Berri Txarrak son un seguro.

Non sei, o que veña, benvido será, que para algo o asunto é de balde e xa fan abondo co que se moven os da asociación.

Malia todos os indicios, as rúas non están cheas de emos que se suicidasen.

Todos os bohemios que poidades ver, sexa na Coruña ou en Compostela (ela-ela-ela), teñen unha forte inversión detrás. Sexa paterna ou do que sexa. Todos visten como pobres ou como modernos-de-merda, mais non o son, que van a moitos sitios. E se hai crise, non a notan moito. E teñen grandes ideas e grandes visións da vida e ven filmes dos que non escoitastes falar e música rara que non tería por que gustar. Ela-ela-ela...

A que se supón que será a nova presidenta do Parlamento Basco non sabe falar eusquera (éuscaro). É un lindo cadro do que se supón que é unha muller de dereitas. Ai...

Parece que o BNG se presentará ás eleccións europeas (theeeechaaaampiooons...) en listaxes conxuntas con ERC e Aralar. O malo é, que se agora quero votar a Aralar, tamén teño que votar ao BNG (tiña que dicilo).

Non sei a que agardades para comezar a dicir cousas sobre os debuxos... Non vos fagades de menos, beibes.

Por certo, certos popis pasaron agora a modernos-de-merda. E o preocupante non son os modernos-de-merda dos nosos días, beibes, pois... Cal será o seguinte paso? En que mutarán?

Nada máis.

A doutora díxome que non bicase a ninguén.

E para iso estudan tantos anos?

Matade o tempo e facédelle un nicho.

01/04/2009 11:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

E nós: coa cara ao vento, o corazón ao vento e os xeonllos baixo terra

Tren compostela coller mirar de facer maleta claro a maleta hai que facela non desfacela mais o misterio das camas é COMO se desfán que xa o deixou dito reixa hai tempo menos febre máis supradyn menos de todo menos poesía menos conversas menos compañía SANTA COMPAÑA case ningunha e coller tren comer pasta meter todo nunha maleta pequena maleta militarrak love is another preocupation non pensedes tampouco este altifalante pouco me di mujer de tetas pequeñas intentando saltar del armario se destroza los meniscos contra la cómoda y se siente segura se siente bien kick out the jams e todo o que se poña por diante os sesenta pasaron e escoitar fortunate son a día de onte non ten moito mérito e vou seguir con catro cousas máis menos dani güiza estas entradas son indixeríbeis como teño o estómago cos antibióticos e despois tamén a almofada manchada de sangue e non é ningún deses días nos que me siento bien y me siento seguro os coágulos van en castellano, beibes.

Marcho. Agardo sobrevivirme.

PARTICIPANTES do CONCURSO: votade como se agarda de vós, beibes.

NON PARTICIPANTES: votade tal como se agarda de voçés.

Jolene-jolene-jolene...

Confidencia a contraflor: sempre que falei de Jolene neste bloguiño, souben exactamente de quen estaba a falar. E Jolene marchou pola noite adiante... E xa hai que non sei de ela.

Lembrade.

Lémbrao, Jolene.

 

 

Son as 13:13.

Perfecto.

02/04/2009 13:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Hunt you down without mercy

20090405233640-can.jpg

-jonyudaungüizaumersi-

Imaxinade formigas levando unha melón de bo tamaño. A idea é que se ve un melón escorrendo polo chan pouquiño a pouco, mais non se ven as formigas.

Vale.

Agora pensade nun feto hiperactivo, un feto que xa quere saír antes de tempo do útero materno e que xa quere botar a andar antes de tempo.

A nai déitase no chan. Tanta hiperactividade tradúcese en que o feto saca os peíños pola cona da nai. A nai está deitada, mais ao botaren a andar os peíños do feto (que se mantén en situación intrauterina), semella que a nai esvara polo chan e que se move por forzas alleas a ela propia.

Tras esta recreación, damos paso ás inconsistencias.

A festa é a nosa loita. A loita é a nosa festa. Botamos unha sesta.

Sobrevivín á convención en Compostela. Apagón. Elfos. Terabytes de pornogarcía. Paco-paco-paco e a drojanocolacao.

Almorzar so. Bus so. Xantar so. Cear so. Andar so. Durmir so. Espertar so. Freelance, beibe.

Toda a fin de semana con I fought the law... E remata novamente con All nightmare long.

-jonyudaungüizaumersi-

Luck runs out.

Luck runs out.

Luck runs out.

Luck runs out.

Luck runs out.

Bah...

I fought the luck... And I won.

05/04/2009 23:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Dirt Devil (Rodrigo Cortés)

06/04/2009 13:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Quero beber ron con zume de amorodo

quero beber ron con zume de amorodo
e disputarme os bailes menos verosímiles
cagar na liberdade de expresión
expresión nunha prisión decidir
que os versos
son exact
amente como eu quero que sexan
e o sexo das almofadas sen sexo
e quero beber zume de ron con amorodos
que memirencosolloscomopratos
e dicirlles
    ei
    este ano gañamos
    fixo

06/04/2009 22:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Cotroso

entrou na tenda

pediu un xesucristo
que comezase por ene

o vendedor desentendeuse

o home esganou un gato
á saída

o comercio das crenzas
é un asunto cotroso

06/04/2009 22:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Dentro do noso figurado baleiro só fica en pé a arrogancia

20090408000756-estrellasdenoche2a.jpg

Imaxínate, digo, imaxínate que quizais somos realmente así e, vamos, nena, esquezamos todo menos aqueles momentos nos que chorabamos e pensabamos que nos queríamos.

Que non te deitarías comigo embora fose o último heroinómano sobre a terra? Nunca pensaría iso, pois a heroína xa está moi fóra de moda. Da moda, digo. E imaxínate que somos realmente así e que cando lle dixemos a toda esa xente que a queríamos, realmente a queríamos. Non é posible, xa o sei. Mais... Eu que sei. Sería bonito. Comemos atún.

As túas braguiñas, a túa soidade de estar soa, as túas pernas morenas e suaves e todos os amigos que tes deixado atrás. Todos os amigos que deixaches atrás.

Puxécheste triste. Portazo.

Imaxínao. E imaxina que realmente somos todos así. Que as nosas historias non pasan a ningún estado novo, que todas se repiten e que non hai nada novo. O alcol comeunos enteiros, os nosos vicios, as nosas chorradas. A cama que se moveu de tanto foder. As sabas/lenzos que se moveron de tanto foder. As masturbacións gratuítas. O NON SABER EN QUE PUNTO ESTAMOS. Deterse a pensar. Pensar en catro cousas.

Imaxina que todos os textos que escriben os úteros que riman en consoante realmente reflicten aquilo que as rochas pensan. As rochas non pensan. A xente ten programas preferidos. As produtoras deben estar partíndose o rabo.

Churrasco. Con ron. Con zume de amorodo. Dáme igual todo o que me digades. Se non falo eu, non me interesa. O egoísmo está ben unha vez que o asumes.

Carballeira. Mulleres que son madeira seca. Fume negro. Fume gris. Todo ben.

E alá vai. Co cu sentado e no primeiro asalto a vida... Desconfía dos escritos nos que che falen da vida, de como son as cousas, da verdade, da ilusión... Confía nos pomos das portas, nos pezóns dos rapaces de quince anos aos que ninguén fala á saída do instituto. O resto... O resto é tontería.

Café con gasoil.

Lagartos con pestanas amarelas.

Paris Hilton liada co porteiro do Porto F. C.

Fodemos a vista co fluxo seminal de estudantes de bacharelato. Citas con videoclips. Armaduras animais.

Eu penso que todo o que define Galiza/Galicia é o feito de ter dous nomes e a sobredose de rotondas que temos no corpo.

As rúas, o entroido e as copas que levamos no corpo.

A mala vida pasará.

Temos ilusión e o teléfono de moitas boas persoas. Enfestaremos as rúas como no entroido.

Dentro do noso figurado baleiro só fica en pé a arrogancia.

E por iso nos queremos.

A palabra que dá sentido a todo é: carisma.

O que chega ao corazón remata por conquistar a tristeza.

Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece.

Alegría.

Patchanka sound, morena! Bala perdida.

Bala perdida.

Eu sígote.

Sígote.

Ten coidado.

08/04/2009 00:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Fucking Jesus Christ!

20090408011528-mariamadalena.jpg

-Give me that fucking cock.

08/04/2009 01:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Obviamente

20090408132108-procesion.jpg

Obviamente, onde estea o estado de embriaguez, que se quite o hespañol. Vale.

Obviamente, Cuba está mellor sen americanosestadounidenses.

Obviamente, xa non lembraba o da semana santa (con minúsculas) e as procesións, porque estaba bastante animado. Este ano volverá a gañar San Xoán? Sempre vai diante, o moi bastardo. Apoloxía da virxindade. Papóns.

Obviamente, os adultos con amigos imaxinarios son uns papóns. E son uns fillos de puta os que aínda por riba se fan donos da verdade e do que é bo ou malo. Falo en concreto da puta panda de católicos/cristiáns/apostólicos/romanos de merda que estes días desfilarán polas vilas do país, crendo seren os únicos bos da terra e do máis alá, sendo, como son, un feixe de subnormais reincidentes.

Obviamente, amo a todo o mundo e se hai que tomarlle unha, tómaselle e botámonos todos unhas risas.

Obviamente, estes días choverá.

Obviamente, yo vengo del hoyo-yo-yo, hoyo-yo-yo, hoyo-yo-yo. Tumbalacuribambaminegra.

Obviamente, embora teñamos que estar arrimados a máis non dar, comeremos o noso churrasco como boamente poidamos e cun sorriso. Con ilusión. Soñamos vergoñas.

Obviamente, Panamá, Brasil, Ecuador, Portugal, Brión, Bristol, Dublín e Ankara.

Obviamente, estamos de bobeira, estamos de bobeira, estamos de bobeira, estamos profundamente de bobeira, sentámonos e caemos e estamos de bobeira, cantamos ao estar de bobeira, de bobeira estamos e non o mudamos que estamos ben de bobeira, pasamos a noite enteira de bobeira...

Obviamente, alguén se gardou o dereito e o poder sobre as blasfemias. Mais debía estar de bobeira.

Obviamente, cada parroquia e cada vila ten o seu propio santo porque o único que fixo o cristianismo foi solapar os cultos pagáns precristiáns, pois o politeísmo cultural que aínda existe non acha compotencia no pretendido monoteísmo imposto dende a Igrexa.

Obviamente, isto non vai a ningures. O xoves cearemos por aí adiante.

Obviamente, estamos de bobeira.

08/04/2009 13:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

A peor semana santa do mundo

-Ben sei que ti me queres, mais quéresme mal.

Moito frío e tamén choiva. Botar un rebumbio o venres á tarde, que o día anterior saimos. Sen palabras e sen nada, que estivemos sen deus.

O sábado estivo Cristo morto, mais, de que comezou o domingo, tivemos que montar cristos. Obvio.

-Seis o nueve meses hará. Y no era tan fea.

Lamber pés. Lamber pés. Non existe a perfección. Chove, noite, silencio e frío.

Furón conversa con armadillo. Furón peludo, gato barriga para arriba.

Todo depende da muller que se cruce, todo depende GRANDIOSAMENTE dos campos no que se colleita a uva que dá sentido a todas estas noites de Raeiros e confusión feliz. Desorientación.

Post-coito.

Bis-coito.

Fuxide. Fuxide. Esvarade. Loitei contra a lei. Este é o meu dj.

-E que me trouxeches? Un cadáver viviente?

Domingo de resurrección. Baixar. Escoitar varias cancións ao frío da sombra. Voltar para casa. Así mellor. A soidade. Non me berredes.

Talvez porque non fostes quen de cumprir nin unha soa das túas promesas ou porque non queres un can preto. Activos de Raeiros medrando, non quedan pegadas no chan con Estrella.

O sol marchou da cidade.

-Nunca dejó de quererte.

Escoitamos os pasos das nubes.

Que máis dá? Dá igual. A tristeza vén igual. A tristeza, mira, nena, tamén é cousa de dous. Ao carón desas cousas e con persoas case núas e sen música que só tes música na cabeza. Sen música non é bonito.

Bonito.

-Yo-ya-te-digo-yo.

Hai cousas que só se poden dicir con silencio.

Con silenciador.

12/04/2009 19:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 124

En plan que aquí estamos los hijos de Guaicaipuro!

Hahahahaha...

Al carajo!

12/04/2009 23:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

He drives me

20090417121222-l-a7c0e3b1e3694f4496304e1d28413661.jpg

Levo toda a semana sen Internet na casa (prescolar na casa) e por iso non actualicei niente. Penso que para a semana xa terei os cables do router empalmados, así que xa porei os resultados do concurso do Paint e diversas caralladas.

Síntoo e tal. Abelleira.

Mentres non sabedes que facer, invito a que vos pasedes polo Myspace dos Süiss, no que xa temos colgados algúns dos novos temas. Todos grabados moi rusticamente, con mente rústica, ilusión mental e ningún Dj.

Agardo que vos mole, en especial, o tema This is my dj.

Be rabbit!

Be rabbit!

Até a seguinte!

17/04/2009 12:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

En Plan 125

20090420165719-inside.jpg

En plan... Ás veces.

Só ás veces.

20/04/2009 16:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Jesus fucking Christ

20090421004025-jesus-fucking-christ.jpg

-Fill me with that big cock, motherfucker.

21/04/2009 00:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Xa temos gañadores

20090421110019-ganadores.jpg

Despois de rebentarme o cerebelo e o bulbo raquítico en contas, aritméticas e regras de oito, xa temos as puntuacións finais de cada unha das obras presentadas ao concurso Paintéalle, beibe.

Categoría: a crise:

  1. O nacemento de Cris, a nena roxa: 4’75
  2. Ionki coruñento na estación de bus: 6’75
  3. Crise 1: 5’33
  4. As parrochiñas d’ouro non notan a crise: 5
  5. Parte da abaixo do edificio Chrysler: 5
  6. Zurullo: 7’4
  7. Crise 2: 6’67
  8. Sen título: 6’2
  9. Un euro para o Rei: 7’25

Categoría: libre.

  1. O tema que tocou era a puta polla, meu: 4’25
  2. Ramoncín, el rey del coño frito: 9’25
  3. Boikot tan cutre como o tipo do Trasgo: 4’67
  4. Non puido soportalo: 6’6
  5. E vén un cativo e amáñache o debuxo: 7
  6. Abstractantoabstractando: 6
  7. Mira una moderna punki ravera ramera: 7’33
  8. El abanico: 6’33
  9. Debuxo: 6’75

Así que podemos xa dicir que os gañadores deste concurso son Pepa Lamela, na categoría da crise, e Diego Díaz, na categoría libre.

Fico agradecido a todos pola vosa participación e pola vosa paciencia.

Os gañadores terán pronto novas dos seus premios... Que agardo sexan do seu gusto.

Vémonos!

21/04/2009 10:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 1 comentario.

Autoafirmarnos dentro da nosa cultura nacional

20090421162029-antenas.jpg

Para vender antenas.

21/04/2009 16:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Dei coa expresión

20090421220022-frijolito.jpg

A vitoria do Partido Popular nas últimas eleccións ten producido a mesma sensación que un experimenta cando, recén duchadiño, lle entran gañas de cagar... E caga.

Vale que o mundo non remata aí, mais non se dá moi ben.

Cagar despois de se duchar.

Era esa a sensación.

21/04/2009 22:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Concerto de THE

20090422105316-the.jpg

Este xoves, 23 de abril,  actuarán os THE cos Telephones Rouges na Sala Norfolk de Compostela, detrás da facultade de economía.

O concerto dará comezo ás 8 da tarde e o entrada custará 4 €.

22/04/2009 10:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Vicente Del Bosque

20090422111604-del-bosque.jpg

Patriota galego.

22/04/2009 11:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

E aínda por enriba

20090423164055-earphones.jpg

Os auriculares amoláronse.

23/04/2009 16:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 126

20090423205541-ow42vdkki630jb0ff74b.0.jpg

En plan Ghetto You!!!


I don´t believe that I will live forever
But I do believe that I will die
And I´m gonna drive by a hundred miles
`cause I´m a high-flying sucker with a super smile

23/04/2009 20:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Fútbol

20090424132744-futbolistas.jpg

Ultimamente estou comendo da orde de oitocentos milleiros de partidos de fútbol, entre Liga, Champions e outras caralladas. E a verdade é que me van prestando. Todo sexa dito.

O Barça xoga co Chelsea para a semana. Xa vimos os cuartos de final contra o Liverpool. O Madrid contra o Xetafe dando noxo. O Dépor, o Recre, o Arsenal, o Bilbao, o Bayern... Toda esa panda de subnormais que son os futbolistas, xa sabedes.

O Barça xoga co Chelsea a semana que vén e xa vimos os cuartos de final contra o Liverpool. Tremendo partidazo de volta. Vale.

Pois houbo un detalle que conseguiu que agora vaia con Chelsea a morte (sonvos así de sinxelo). Ao rematar o partido, caín na conta da canción que puxeron para celebrar o pase a semifinais: One step beyond dos Madness! Obviamente, a sentimentalidade fondamente ska xa fixo que me volvese un siareiro do Chelsea e só agardo que gañen o título para poder escoitar ese tema a todo trapo o día da final.

E, a coña, é que esta canción xa vén sendo empregada polo Chelsea para celebrar as vitorias. Así, podedes ver aquí como festexaron o pase á final da Champions do ano pasado...

Esta noite hai concertos en Elviña e, seica, imos irlle o comando de ex-hispánicos.

Gatillazo confirmado para o Castelo Rock.

Está chovendo. Teño frío.

Teño da orde de cinco quilogramos de mucosidades verdes gorxarriba-gorxabaixo. Teño da orde de oito quilogramos de malos pensamentos entrañables mentearriba-menteabaixo.

Ao final, todo se vai enchendo.

E nada máis queda baleiro.

O dito. Hai que gañar case sempre e bailar a de One step beyond.

24/04/2009 13:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Luis, un filólogo deleznable e entrañable a partes iguais

20090425201514-7ec-ixjfbjklcmrf8z2a.0.jpg

Boas, xentes dunha ou doutra banda cacofílmica! Hoxe contamos neste entrañable apartado do blogue coa presenza do Luis, simpático proxecto de anglofilólogo. Luisiño, que lo?

Que hai, Samueliño!

Imos indo, sobando pouco e con pouco tempo agora para todas estas cousas que disque facemos a xuventú por aí, pero co verán xa cerquiña.

Quero dicir que me enche de orgullo e satisfacción que me entrevistes no teu blog, xa podo morrer tranquilo!

Para quen non o saiba, Luis estuda na facultade de filoloxía da Coruña. A súa fama de turbochapón é coñecida todo ao longo e largo do corredor do primeiro andar e parte do segundo. Como che vai a carreira, meu? Agora que xa estás para rematar, que podes dicir de filoloxía inglesa na Coruña?

A carreira vai indo, e conto con rematar en xuño. Nisto, sinceramente, e aínda que sone a tópico, hai de todo. A xente en xeral ben, pero a maioría vai bastante ao seu rollo. Nas clases e entre os profesores hai desde impresentables personaxes aos cales odio con avaricia, a persoas entrañables como o grande Carlos, que explica literatura comparando as novelas con cancións de Metallica mentres fai air-guitar.

Como todos sabemos, a nosa facultade é tremendo putiferio, mais, ao tempo, ten algo de entrañable. Define a facultade con tres adxectivos, dúas cancións dos 90 e catro futbolistas profesionais:

Deleznable, recóndita e ao mesmo tempo marabillosa.

Romero, Raúl, Cantoná e Higuita

Green Day - Longview
The Verve - Bittersweet Symphony

Ben, e agora que rematas... Que vas facer para o ano? Un terceiro ciclo para seguir estando á mantenta dos pais? Extorsionarás ao empresariado de Culleredo con poemas en tortas de chocolate? Que vai ser dos teus espectáculos na cafetaría? Cóntanos, beibe.

Pois dependerá de se hai CAP ou non o hai e estas cousas, pero o plan é meterse polo máster de lingüística e seguir dándolle, e logo igual facer doutoramento en Inglés. Todo isto, a ser posible, sen moita mantenta dos pais, con moitas bolsas coma sempre.

Sobre a extorsión do empresariado de Culleredo creo que é moito máis fácil disfrazarme de descuartizador.

Os meus espectáculos na cafetería son a mellor comedia nunca feita na facultade, merecendo un posto no cadro de honra das frikadas filolóxicas con algún corto nodariano. Creo que o meu futuro está en conseguir indemnizacións por queimaduras provocadas nas cafeterías das facultades, sexa por cafés ou por bistés. Se non sae iso, sempre poderei ser camareiro e derramar os cafés accidentalmente sobre xente odiosa.

Coñecémonos o ano pasado nas aulas de pragmacelsiática e, desde aquela, até me tes arroupado para durmir. Pensas que a nosa relación seguirá este lindo progreso que só pode rematar nun casamento en praia tropical? Como se tomará Sandra (o rapaz é filólogo, mais ten moza) o tema?

Aiii canto tempo parece q pasou de pragmáticacelsiánica! Si, e até che arroupei alí polas Chantadas, que bonito :’)

Creo que nos temos que casar polo rito politeísta azteca de modo que poidamos ter cada un cincuenta matrimonios, que así malo sería que a Sandra lle parecese mal ou? O que si, temos que casar na praia do Freixo! E regalarnos unha caixa de bombóns!!... Aínda que bueno, na de San Francisco tamén vale.

Como é sabido por moitos, estás metido no asunto dos Comités. A ver... O té... Non se bebe? Tería que ser Bebités!

Sss!! Dixenche que non lle contaras a ninguén o do contrabando de bolsiñas de infusión!!! Ai si! Bebités! Que enxeñoso...!

Agora en serio. Fálanos do teu rol dentro desta organización e véndenos un pouco o asunto aos que pasamos do tema.

Buff, eu non che son nada de vender, eh, pero farei un intento.

(Modo publicidade: on)

Bueno, basicamente dedicámonos a defender os dereitos do estudantado e tentar conseguir un ensino galego, público, democrático e de calidade.

Eu veño sendo o que se le as leis e os decretos para logo metelos en queixas dicindo "polo artigo tal de tal lei isto non se pode facer", e así conseguir manter os dereitos dos estudantes.

E nada, que quen se queira meter nos Comités é benvido, prometo que hai xente normal e que conseguimos cousas, sobre todo en filoloxía, que se lles deixamos aos profesores habería anos que a metade das optativas da facultade terían desaparecido, por exemplo.

Agora andámoslle detras á da cafetería para que poña comida máis variada e menos fritanga e ás consellerías para ver se non poñen ese master que queren pór en vez do CAP.

(Modo publicidade: off)

Valora, en un perfecto castellano, el cambio de gobierno en la Junta de Galicia.

El cambio del gobierno autonómico de la región gallega es un hecho deleznable fruto de la psicología atrasada de los habitantes de esa región apartada y oscura. Que les quieres, si hasta te tienen dos nombres para su región! Que se decidan hombre, tanto subir y bajar y tanta mierda! Además, eso del dialecto gallego es una carajada, si quieren, que hablen español como la gente de bien y si no que no hablen. Galicia es una mierda.

En serio, a ver se só están catro anos.

Canto café tes tomado no que vai de curso?

A 4 cafés de media por día, 5 días á semana e 52 semanas ao ano... 1040 cafés ao ano!!! Mecagontal! Gasto unha pasta criminal en café!

Aínda que a pregunta óptima sería: Cantos cafés che caeron (ou tiraches) por riba no que vai de curso??

As túas tres peores borracheiras:

Creo que este dato xa é coñecido polo autor deste blogue, mais vouno compartir cos seus lectores.

-Cea de fin de curso de 4º da ESO, no Bosque, emborrachado durisimamente con Ribeiro (2 botellas e media). Típica borracheira adolescente que che fai renegar dunha bebida para o resto da eternidade.

-Día que deixei perdida a entrada do Patachim e posteriormente fun deixando un rastro de bilis do Patachim a Adelaida Muro, indo en 2º de Carreira.

-E a terceira está complicada, así que vou dicir dúas: o magosto de 1º e o día que baixei 3 cubalitros de vodka-limón en Carral e non din aberto a tempo a ventanilla do coche do meu amigo Adri volvendo para casa.

Agora xa pasamos á parte que gusta a todos, desde os pedófilos máis reincidentes até o cura máis pedófilo. Estou a falar desa na que poño palabriñas ao chou e ti posme o primeiro que se che pase polo bulbo raquítico. Dálle:

Altifalante:
basiointe
Elefante: olifante
Elegante: o innombrable nun ataúde
Petisco: tapa de croquetas cunha uña dentro.
Rock: &rolla

Até aquí o noso tempo, moferdoquer. Agradecido polo teu tempo. Vémonos polos corredores ou polos bares! Saúde!

25/04/2009 20:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos No hay comentarios. Comentar.

Nunca minto

Digo trinta mil verdades e algunha ha de se dar.

25/04/2009 21:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

É algo complicado

20090426110501-sangue1.jpg

Escribir co dedo corazón dereito fendido. Na miña última visita ao Rus, rematei saíndo do antro enchoupado no meu propio sangue, previo momento "imos desinfectar a este rapaz", no que un camareta e Pablo se dedicaron, ante a miña pasividade, a me empapar de auga osixenada. A barra de arriba do Rus ficou chea desa escuma branca que sae das feridas e dos muradáns sen ánimo.

Da miña penúltima visita ao Rus saira sen carteira. Desta saín con moito menos sangue.

A imaxe desta última vez foi a dun home na parte de abaixo, soíño, sangrando e enchendo a roupa de sangue, escoitando música reguleira.

Que podemos facer para sermos felices?

Non sei. Coller o autobús das 8:55 camiño da casa e que todo o mundo te mire porque, claro, parece que acabas de matar a alguén, non está tan ben como aparenta.

26/04/2009 11:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

O outro día

20090426162624-susurrar.jpg

Cantáronme esta canción ao ouvido.

26/04/2009 16:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Ao teu paso

recompilei
todos os nomes
de todos os idiomas
e insisto en que os imprimín
e triturei os folios
        proceso que me levou
        unhas quince horas

despois
cisquei todo polo chan

deixeime caer
enriba

durmín
e soñei
con rúas cheas
de pistoleiros
que sorrían
ao teu
paso

27/04/2009 15:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Se Castelao erguese a cabeza

20090427155329-castelao.jpg

Daríase coa tapa.

27/04/2009 15:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Os Maias (Eça de Queirós)

20090427214607-nuvem.jpg

Os deuses antigamente arranjavam essas coisas melhor, tinham uma nuvem que os tornava invisíveis. Nós não somos deuses, felizmente...

Ela sorriu.

27/04/2009 21:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Tres meses

levaba xa tres meses
dando aulas
sobre literatura do XX
e a xente agradecía as
miñas ideas redondas

era xoves
cando non pararon de chegar
mensaxes
ao meu móbil durante a aula

e case todas
    eran
    dela

linas á saída

respostei cunha
    única mensaxe

    cunha
    hora
    e
    un
    lugar

e non

despois non fun

fiquei en casa
tomando un té con vodka

28/04/2009 15:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Á miña décimo-terceira filla ilexítima

20090428201622-chus-lampreave.jpg

Chamareina Chuslampreave.

Escrito todo xunto.

Ás outras, que lles poñan o nome as nais.

28/04/2009 20:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

O complicado é iso, meu amigo

a febre das putas
non se afasta moito
da febre dos fachas
e
no entanto
é difícil non bater
con
unhas
ou outros
ao saír á rúa

28/04/2009 23:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Novo programa da TVG

20090429094348-manoel.jpg

A TVG prepara un novo programa diario de información e desinformación. O título deste será 45 minutos con Manuel Antonio e baseará a súa dinámica en pasar a realidade baixo a óptica do poeta de Rianxo.

Segundo se ten filtrado a un sector da prensa, na primeira emisión do informativo realizarase unha ouija para contactar directamente co autor de De catro a catro. Isto demostrará, unha vez máis, que na TVG non teñen medo algún por pór cadáveres ao temón dos seus produtos audiovisuais.

En declaracións a este bloguiño, o director de contidos da TVG foi quen de declarar:

-Recoñeso que fomos ao barato, mais o tema é que os poetas de calado sosial xa tiñan compromisos a varrelos. No entando, seguimos mantendo negosiasións cos heredeiros de Yolanda Castaño para ver se colabora no asunto.

-Yo... Yolanda Castaño aínda está viva, meu.

-Tiempo al tiempo.

29/04/2009 09:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Lied ohne worte

ti só me dabas
mala vida
e todo rematou
    contigo subindo
    no audi
    do máis papahostias
    da rexión

e todo rematou
    comigo bulindo
    cego e zeus-apocalipse
    entre saias
    e braguiñas húmidas

e todo comezara
    connosco asubiando
    cancións de guerra
    e desamor
    das que riamos

    invencíbeis

29/04/2009 19:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Igual xa a coñecedes

20090430134932-exames.jpg

Mais non vou deixar de vos recomendar que pasedes por esta páxina. Está dedicada a recoller erros nos exames na materia de Lingua e Literatura Galega de alumnos de bacharelato.

Ía pór algúns exemplos dos que hai colgados, mais évos mellor que os vexades vós mesmos.

Un blog para ler de principio a fin. Déixoo entre os meus enlaces.

30/04/2009 13:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Creo que vou marchar

a ver
onde cona vives?

    que non fai falta
    que me acompañes
   
    déixate estar


se non quixese acompañarte
non che diría nada

onde vives?

    preto da praza de lugo

hostia
boa zona
non?

    vivo con miña nai
    que lle pasa?


e teu pai?

    están separados

separados
ou divorciados?

    divorciados

xa

    xa que?

xa nada

mais case que
lle vou tomar
a última
aquí

    non me acompañas?

se quixese acompañarte
faríao
sen preguntarcho

30/04/2009 15:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 127

20090430222941-fry.jpg

En plan Philip J. Fry.

30/04/2009 22:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Concerto de THE na Coruña

20090430225117-cartelgarufa090509.jpg

O próximo sábado, 9 de maio, concerto de THE e Telephones Rouges na Sala Garufa.

Ás 22:30.

Entrada: 5 euros.

Entrada + 2 discos: 10 euros.

30/04/2009 22:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Un agarimo

20090430234737-tctogether.jpg

Un presente, vaia.

Clicade AQUÍ e clicade Click here to start download...

Son Tresure Cat (os antigos Karma to Burn!!!) e o disco chámase Choice Cuts.

Un discazo de Stoner-Rock!

30/04/2009 23:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]