Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2009.

Brasília diz não

20090803171413-na-casa.jpg

Merda.

03/08/2009 17:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O que non te mata

20090803202850-lobo.jpg

O que non te mata, tórnate máis forte...

Disque.

Sempre poñen empanada, admitámolo.

03/08/2009 20:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O mesías

20090804131722-siameses.jpg

O mesías é siamés e ten dúas carreiras.

04/08/2009 13:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Para saber a idade dun coruñento

20090805161518-aneis.jpg

O mellor é tronzalo ao medio e contar os aneis.

05/08/2009 16:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Cando menos o agardemos

20090806210003-poquer.jpg

Comerei pan Bimbo.

Bailemos el bimbó!

Mañá Muros. Gramática do texto. Mañá gramática de Muros. Muros textualmente explícito soñando modo real. Calor. Costa arriba. Silver Rose.

Costarriba. Bimbo. Cachimbo póquer.

Bah...

06/08/2009 20:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Como se meten cinco elefantes nun seiscentos?

20090810112235-elefantes.jpg

-Encofrándoos.

Venres á mañá. Cal Pita. Unha señora detén o autobús no medio da estrada facendo agardar ao condutor por alguén que nunca viría. Estación de trens. Atópome cun clon de Bunbury, mais sen guitarra. Agardar Castromil, subir Castromil, non hai sol até a entrada en Serres.

Ir ensaiar. Silver Rose. A balada de Antonio Pena.

Praia a dedo até San Francisco, auga fría. Pasar por Area Maior. Mercar pack cervexas, pór ao frío, pizza e Pipi Estrada.

Botellón lento e curto. Carlos inflexíbel! Añoranza! Entrar xa na metade de Gatillazo e disfrutar moitísimo de Kogito. Bailoteo.

Espertar cedo. Té. Cachelada con garfo e coitelo como un auténtico imbécil. A Esteiro. Amazónicas, believe in your dreams! Sofía gardamallas! Vamos, Carballeira! María coces cósmicas! Lucía facendo bloqueos na área coas mans! Ahá!

Johnny 0 - Illa de Sumatra 2.

Exclusiva ionqui: La reina y la princesa se besan!

-Que? Que é iso?

-La cabritilla.

Un perro tenía yo... Que... Un flipe de perro!

Encofrando elefantes. Soterrando vivos aos do PP, coas mans saíndo por fóra. Morreu Jarque e éntrame a paranoia interna, pois xa hai tempo escribira algo co tipo de por medio...

Boikot moito mellor do agardado, é dicir, moito mellor que Arreaocabo. A Siniestro faltáronlle temas (Tan hermoso, que?). Por certo, Doomsday Clock seguen a ser do mellor da zona. Krakovia era un grupo para comezar, non para pechar o festival.

E, todo sexa dito, cada ano que pasa o festival vai moito a mellor, na calidade dos grupos, na organización e en ambiente. Esqueceremos, entón, o prezo da priba, que xustificamos co tema de que é de balde a entrada, a verdade.

Despois a Louro a debatir, falar de música e para casa. E camiño de casa atoparese ao Kukas na Alameda. A quen se lle conte...

Mañá de domingo resaca, borracheira. Praia auga suxa fría resaca. Cristo ameaza ao berro de Manolooo... Volvemos, atasco en Coristanco e xa.

Esta fin de semana... The Hives, e quen sabe...

10/08/2009 11:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

A relixión chamará á súa porta

20090811144548-xesus.jpg

Teña coidado.

11/08/2009 14:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Haydn, onde estiveches todo este tempo?

20090811201903-haydn2.jpg

-Morto.

-Oh, perdoa...

11/08/2009 20:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O meu primeiro fillo

20090812205020-pipi.jpg

Chamarase Pipi Estrada.

E o segundo, Ratman.

12/08/2009 20:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

A idea é, máis ou menos, esta

20090812221042-biblioteca.jpg

Acababa de pasar unha ambulancia e todos na biblioteca agardaron a que o son se evaecese para continuar co estudo, aínda que a verdade sexa que estudar non sexa unha puta solución para nada e ao final todo se resuma en ter onde caer morto.

Ela sentarase (ao dicir ela xa vos quero ver pensando nunha muller duns vintedous anos moi ben levados, cunha pel perfecta, ollos verdes como unha xerra de cerámica e o suficientemente interesante como para desviar a mirada nunha final de Champions durante uns segundos) fronte a el cando comezara a resumir o segundo apartado do temario.

Hostias, el xa comeza a mirala e a pretender non amosar que é un dos moitos imbéciles que cren na ilusión, malia ter levado unha serie constante de fungueirazos na vida. El faise o tonto (non lle custa). Preguntarlle o nome sería un erro. Mirala directamente estando tan preto podería ser interpretado como VIOLACIÓN. Preguntarlle o nome... É dicir, preguntarlle o nome suporía:

  1. Tirar os cascos do emepetrés.
  2. Chamar a súa atención.
  3. Valorar a reacción, buscando o momento axeitado para facer pregunta.
  4. Preguntar o nome da rapaza.
  5. Entendelo, porque tanto tempo cos cascos teñen ao rapaz xordo de todo.
  6. Pensar en que facer con esa información
  7. Pór os cascos outra vez?

Non. Desde logo, non vai preguntar como se chama. Aínda que, claro, podería facelo escribindo unha pregunta nun papel que lle pasaría suavemente... Mariconada. Tremenda mariconada. Unha vez que vise o papel, miraría para el, e, cando o fixese, el emitiría un amago de sorriso que conlevaría estreitar a distancia entre ollo e ollo co cal os seus lentes se elevarían dun xeito que el sabía moi ridículo. Tiña uns lentes ridículos... Para que hostias estaba pensando en que todo iso podía ter éxito?

Pois porque o éxito non lle importaba.

Só a posibilidade de actuar.

Ela continuaba esquematizando os seus apuntamentos. Letra redondeada, como case todas as mulleres neste puto país. Entón el pensa que se todos eses condenados grafemas fosen algo máis rectilíneos... Ummm... Entón si... Entón si. Ergueríase enerxicamente, é dicir, algo rápido, tirando coa cadeira ao chan e berraríalle algunha incongruencia do tipo:

-Ti! Eu! O meu piso! Agora! A pelo!

Xa, claro... Igual pensa iso porque ela o que realmente ten é unha letra redondeada e el, coma sempre, non fai outra cousa que se agarrar a todo o que non É.

Non. A opción do papel ten que ser a mellor, for como for. Así que, collerá un folio no portafolios (o pracer da repetición léxica en bruto), escribirá coa súa mellor letra (maiúsculas) algo do tipo:

-Perdoa, poderías dicirme como te chamas?

E, despois, pasarallo, fixará a mirada na xanela (vas chegar lonxe, rapaz) e agardará unha resposta da categoría EMOCIONAL desta estratexia de sachabragas de biblioteca...

Nada. Marchou. Ela marchou.

Si.

Sempre marchan.

En fin...

Terceiro apartado do temario...

Desta tampouco sae de pobre. O éxito non importa.

12/08/2009 22:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Inverno

20090813174520-inverno.jpg

Que veña xa o inverno! E que sexa bo!

13/08/2009 17:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 131

20090813181111-ganar.jpg

En plan 131, día 13 e demasiado adito á idea de que o subidón da derrota e idéntico, en parte, ao baixón da vitoria.

En plan sen intención de perder, nin de gañar.

Non existen os puntos intermedios.

13/08/2009 18:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Algo non funciona

20090814163242-robertplant.jpg

Cando un 50% da xente en Galiza non leva uns pantalóns como Robert Plant nos seus mellores tempos.

Habería que facer un mapiña que explicitase por qué lugares aínda se continúan a usar, con isoglosas e de todo.

Mañá: Angus Young e a necesidade de mudar de estilo algunha vez na vida.

14/08/2009 16:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Xa o dixo Frank Zappa

20090815132144-zappa.jpg

Se acabas por ter unha vida tediosa e miserábel porque fixeches caso aos teus pais, aos teus profesores, ao teu crego ou a algunha persoa da televisión, dicíndoche como conducir a túa vida, entón a culpa é só túa e merécelo.

15/08/2009 13:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O Everton

20090815194352-everton.jpg

O Everton é unha coladeira.

Deberían despedir o adestrador e contratar a Santino Corleone.

Veña, ímonos mentalizar...

15/08/2009 19:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Chámame

20090816205052-telefono.jpg

Teño todo preparado, falei xa con aquel tipo.

Está todo listo.

Chámame.

Non contestarei.

16/08/2009 20:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Suor

20090817150647-deserto.jpg

Fálasme da Supercopa e penso en suor, de Godfather e toda mafia e só vexo suor. Disme algo dun alpinista que non debe dar mágoa por estar morto nunha montaña xeada e non deixo de pensar en suor.

Suor. Aínda que me falas de música, de Mahler, de The Dandy Warhols... Nada, só penso en suor. E só noto suor. Non sei que razóns ten Pepe Blanco para estar contento polos novos reforzos na loita contra a contaminación no mar, porque eu penso en suor. E nos Cal Pitas con suor. E en estudar con suor preto de cadeiras cheas de suor e en sofás verdes onde só se pode suar.

E quero que haxa frío, néboa ou choiva fría e penso en suor. Frego o chan da cociña e hai suor. Como e hai suor. Dúchome e hai suor. Saimos de noite e entramos nun bar e, ademáis de imbéciles e putas, hai suor. Non hai case lúas con tanta suor, como se fose unha noxenta canción de rock hispano.

E nada, dálle, dálle, dálle ao que queiras, dime o que queiras, mais non deixo de ver suor e suor e máis suor.

Usain Bolt corre máis que todo cristo e... Mira como lle cae a suor! A suor da túa cona! Petrarca loitaba coa suor? Non me paro a pensar niso, hai de-ma-sia-da suor.

A violencia e a valencia interior das palabras e a suor. Glándulas sudoríparas on parade!

O desxeo é un invento. É arbitrario. Obama no Gran Canón.

Apago o computador.

Moita suor.

17/08/2009 15:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Gramática de valencias

20090818143708-evaristo.jpg

E ti fálasme de valencia?

18/08/2009 14:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Ola

20090819142208-leviatan.jpg

Son Leviatán. Soy profesor nativo de gallego. Me gusta el mar, las rapazas y el plagio.

19/08/2009 14:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

You rise

20090820182052-caida.jpg

You fall.

20/08/2009 18:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Todas

20090820185827-mastodon1.jpg

Si.

Todas as cancións deberían ser esta canción.

20/08/2009 18:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Proposta para inverno 2010-2011

20090821194729-cervo.jpg

Cazar cervos guindándolles á cabeza todos as propostas que non foron a ningures.

21/08/2009 19:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Titanio

20090822151356-berro.jpg

Os accidentes do sol co titanio e as árbores que dan balóns.

Se non sabe que só as árbores dan balóns, xa se pode ir preparando...

Titanio e postas de sol.

22/08/2009 17:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

That golden rule (Biffy Clyro)

This river is particularly sinister...

22/08/2009 17:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 132

20090823154057-execucion.jpg

En plan cantando sen parar I think that someone is trying to kill me...

23/08/2009 15:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Con probabilidade, un dos mellores poemas do mundo

a felicidade está ben
porque non ten case nada de malo e sorrís
e tamén o nadal
    oh si
o nadal está ben comer e beber
e tamén a primavera o verán
e o outono non
    o outono ten moitas follas polo chan
as mulleres están ben
e recenden ben e son suaves
    algunhas
        polo menos as mellores son suaves
e a felicidade está moi ben
porque non estás triste
e
    oh si

24/08/2009 15:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Non sei ti

mais eu xogo coa idea de desabrochar

24/08/2009 21:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Do pouco tempo que vivín en Louro

20090824213403-alfombra.jpg

Lembro algunhas cousas soltas. Entre elas, que para ir ao colexio até Valdexería, collía o autobús nº 1 dos Ferrín que, despois de levar aos cativos de Louro deica a súa escola, transportaba aos do Espírito Santo e o resto da costa que baixa por Campo das Cortes.

Pois ben, daquel condutor lembro que, alén de ser unha excelente mostra do que debería ser alguén que vivía nos oitenta (80's) e un tipo que me caía especialmente simpático por darme tanta conversa no traxecto diario de Fontecomido ao Espírito Santo, sempre poñía Cadena 100.

Xa non tiña consciencia de que esa radiofórmula continuaba a existir.

Até esta mañá.

Ás 9:30 aínda estaba na casa debatindo coa necesidade que tiña de facer un depósito a curto prazo no retrete (cagar). Finalmente, como o tempo se me botaba enriba (oitocentos reloxos en avalancha), optei por reter a merda no meu intestino grazas aos meus esfínteres de aceiro e saír atropeladamente cara o Cal Pita. Esta saída pouco planificada conlevou que non me dese na volta de me pór os auriculares do emepetresiño, co cal me vin na situación de ter que escoitar o mundo externo a min propio.

Subo ao autobús (-Ei, marcho que teño que coller o bus) e vexo que gastamos condutor novo! Home lixeiramente calvo (estou a ser bo co nachiño). O pouco pelo que resiste pegado ao cráneo é longo, unhas dúas cuartas, e está engominado até o punto de dicir: miau! Ten dous aneis de ouro que só se poderían entender nos dedos dun rapeiro da Costa Oeste norteamericana (non confundamos con nortemaricona).

E que soaba, amigos e amigas? Si, tiña sintonizada Cadena 100.

O estilo é garante dunha vida saudábel e fértil!

Todos os condutores de autobuses deberían escoitar Cadena 100 mentres están a traballar!

E non a Fermín Muguruza!

24/08/2009 21:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Sylvia Saint, nova responsábel do proxecto da Cidade da Cultura

20090825175814-feijoo.jpg

Segundo fontes próximas á cúpula dirixente do novo goberno galego (gallego), o presidente Feijoo fará público o nomeamento de Sylvia Saint como nova directora do proxecto do monte Gaiás nas vindeiras datas.

Ao parecer, o presidente xa pensara durante a campaña electoral na recoñecida estrela do porno para desenvolver o seu soño, mais non expuxera esta idea por non confiar de cheo na disposición de esta a formar parte desta aventura pseudocultural. Porén, as negociacións, levadas baixo unha confidencialidade mesmo estrema, chegaron á súa fin o pasado sábado, tras unha esmorga de varios días e para alegría de ambas as partes (xenitais).

O presidente galego continúa, deste xeito, a súa política cultural, sen caer en contradicións de ningunha clase. Esta política basearíase no principio motor de foder, pois, se xa foderon todo o avanzado até a data en materia de normalización lingüística, como non deixar en mans dunha profesional do asunto o que se supón (termo derivado do nome supositorio) será o referente do país en materia cultural?

Seguiremos a desinformar.

25/08/2009 17:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Algo imos ter que facer

20090826151456-disparo.jpg

Algo imos ter que facer con esta canción.

Non sei. Algo se nos ocurrirá.

-En algo estarás pensando.

Si, algo emotivo-sexual. Algo así.

-Xa.

26/08/2009 15:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Uralita

20090827201004-berro.jpg

Os accidentes previstos do sol coa uralita e as paradas de autobús sen música.

Se non sabe que só as paradas de autobús non teñen música, xa pode ir calculando o volume da súa caída...

Uralita e paradas de autobús.

27/08/2009 20:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Trilateral onanism

20090828150723-cordeiro.jpg

Trilateral onanism. Multiperspectiva do antigo réxime do amor. Recursos para as alarmas.

Parados ante a porta. Karma to Burn. A república á que ninguén perdoou.

Supervisamos os panos da mesa. Rachamos o ceo con indirectas. Voitres detectivescos.

A liberdade do arneirón. A liberdade do arneirón. Quen vai mirar por nós?

Unha formación metafórica ex-voadora.

O teste de Dillinger seguirémolo como se fose a execución de todos os altifalantes. Follow the meat... Follow the meat... Follow the meat... Follow the meat... Follow it... Follow the meat...

Bologna. Bologna.

Carne picada.

Carne picada.

Carne picada.

Follow it.

Meat.

Meat.

Trilateral onanism.

Culto á nada.

28/08/2009 15:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Ao final

20090829100706-de-niro.jpg

Ao final.

29/08/2009 10:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Intelixencia militar

20090829192449-tontada.jpg

Acabo de ver unha nova sobre un militar do exército español morto no Líbano.

Segundo parece, faleceu mentres estaba a practicar deporte.

É dicir, foi a un conflito internacional, e faleceu dunha parada cardiorrespiratoria mentres andaba a enredar. 21 anos e parada cardiorrespiratoria... Estaba en forma.

Despois, botade un ollo á edición dixital en galego de La Voz de Galicia. É para rir.

E, xa por último, só traervos isto que acabo de atopar mentres buscaba unha imaxe para ilustrar esta entrada de merda. vola deixo. A quen vos lembra?

29/08/2009 19:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 2 comentarios.

Railroad man (Eels)

30/08/2009 13:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Comezo

20090830205322-de-niro.jpg

Comezo.

30/08/2009 20:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O que non te mata

20090831193538-de-niro-de-niro2.jpg

O que non te mata só é un aviso de que o fará máis adiante.

31/08/2009 19:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]