![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2009. Míticas polladas![]() Hai unha palabra que é POLLADAS que, ao se pronunciar, sempre queda mellor se dis MÍTICAS POLLADAS. Mañá, ás 23 h., no Pozo do Cachón (Baño/Serres/Valdexería/Muros/Galiza(cia)), haberá concerto de Süiss e Metralla. Entrada totalmente de balde (só fodería). Prometemos tocar desnudos de gorxa para abaixo (pasamontañas e tal, si). Víndelle alí antes de saír e ijual xa saides un pouco calsados. Se chove estade tranquis, que é baixo teito. Cheiro fatal. Saín da ducha apestando. Botádeme xel. Fin de ano pasou. Como pasa sempre. Excepto no 1876, non pasou e voltou atrás até 1765, creando un boquete espazo-temporal de dimensións considerablemente estúpidas. Yo soy José Canseco! Tamén son deus. Estooo lo inventé yo... Bah! Nada máis. 1ª canción do ano: Gold Lion. Están chovendo cascos de bala, como en cámara lenta. Veña! Mañá todos no Cachón! A la de una...! Ai-ai-ai-ai...![]() Selección de persoal totalmente fallida. Erro tras erro. Como mola facer o imbécil sabendo que só o fas porque realmente es imbécil e que rápido cambian os estados de ánimo e desánimo. Desalento. Ao noso principio vital vánselle engadindo ideas. Na vida hai que ter ilusión, tirar para diante, beber sempre un pouco máis e non mirar atrás. E, de todos xeitos, a vida continúa a ser o mesmo sempre. Nin dous 1000 nove nin nada. Mil 9 trinta e 6. Monótona. O outro día -sábado á mañá- tiñamos por Muros a un borracho de barbas dirixindo o tráfico a berros no aparcadoiro que hai a carón do porto (el relleno). Por momentos, inclusive, se permitiu o intentar pór dereita a matrícula dun coche que había por alí aparcado. Nisto que se lle acercou un notas a berrarlle en modo "a ver, ho, déixate estar". Mentres, polo paseo, un ionki dos clásicos-clásicos contemplaba o cadro de dor mentres seguía o seu camiño. Este ionki, mirou ao resto da xente que presenciaba o espectáculo e sentenciou cun ton de lástima: -Como estamos... Claro, unha primeira lectura desta expresión levoume a pensar que se un ionki chega a dicir doutra persoa que está a ter un comportamento discutible, moi mal ten que estar o fulano en cuestión. E, deste xeito, como o ionki se reclama a si mesmo un lugar entre a decencia. Claro, nunha segunda lectura, atendendo ao apartado gramatical, fíxome caer na conta do uso da primeira persoa do plural (ou cuarta persoa, como queirades). Así, este home marcou unha relación evidente entre o protagonista do aparcadoiro e el mesmo. Entendín así que el mesmo se entendeu representante do borracho do aparcadoiro e, como encargado de comunicar aos demais cómo estaba a situación, achegou unha mensaxe de autocompaixón dende a lado escuramente feliz da ionkez no nadal. Voltei a escribir -e non falo deste puto blog de merda. Nadal de escribir merdas. De pasalo mal. Nadal de chorar. Rafael Nadal. Marcelo Ríos. Quei me río en nadal. O concerto foi daquela maneira de tal xeito. Facer o mongol facer o imbécil sabéndose un imbécil e... Aiaiai... Bailar... Este é o meu DJ! E eu bailo... Esta noite temos a mítica cea que celebramos o día de reis. Pena ten unha óptica. Onte voltou o frío. Hai xeo no mar. E peixes mortos. E comezamos a bailar. Esta noite temos a mítica cea de ir tomarlle un churrasco comer polbo e igual tamén patacas e CRIOLLITOS. Que rápido mudamos de estar nunha punta a estar na outra! Que poucas palabras fan falla para marchar! Cantas para volver! Que poucas palabras fan falla para volver! Canto ska nos queda! E canta boa música! E cantas persoas collen dentro dunha cebola sen pulir! Que lonxe queda un corpo do que debería ser un corpo! Cantos anuncios de colonias e fragancias e esencias! E que pouco bailamos! Que horarios máis raros temos que non gardamos un ratiño para bailar todos xuntos! Imos pola rúa. Non somos seres humanos cunha experiencia divina. Bailamos. A desilusión debería non ter cabida nas nosas vidas, non é? Onte comín unha completa sen cebola e, se unha película se para para pór publicidade, apago a televisión. O nadal de Combo. A desilusión contrasta con toda esta música. Comezamos a bailar... Ai-ai-ai-ai... Tenis de futbito![]() Non mos quito. Xa de volta de Muros. Coa sensación de levar oito meses na vila e de me ter baixado a pelo o pouco que puidese quedar a estas alturas do ano nas naves industriais da familia Raeiros. Tú verás. Es navidad. Nadal estraño en grado estremo. Demasiado hospital para o gusto de ninguén e demasiadas bágoas por todos lados e demasiado agobio e alcol mal repartido. Demasiado instinto asasino con algunha continuación. Romper. Demasiada choiva en moto. Demasiadas vitorias agónicas que se foron quedando en NADA. Mellores xogadores do partido e concertos rápidos. Erros e todo iso. Na vida hai que ter ilusión. Figos pasos. Pasos fixos. Granturismeo: o xusto. Un, dous, tres, catro, sinco, seis, sete, sota, cabalo, rei, un, dous, tres... Caramelazos dos reis. Frío moito frío moito frio de deus. Concertos. Telefonía inmóbil. Non saber falar xa coas persoas. Xa de volta. Chamada da policía a casa: hemos encontrado sus efectos personales. Oh! Xenial! Encántame que digan "efectos personales" (e vou directamente á expresión e non a xogos como "defectos persoais"). Díxomo e quedeime semi-pillado pensando en que efectos produzo ou padezo. Apatía, cansanzo, saturación, desesperación, noxo, fastidio (pero que fas, tidio?!) e merdas polo estilo. Espertar o día de reises cantando como un energúmeno a de Mamá perfecta. En 200 anos: todos seremos chineses. Apocalipse, segundo Félix. Hai que tirar para diante. Todo o mundo confiando nas súas catro merdas. Somos quen de todo. Capacitados para todo. Viaxamos. Voamos. Caemos. Erguémonos. Viaxamos. Estamos de volta. Xa me quitei os tenis de futbito. Xa hai tempo. Diñeiro!![]() Euro! Traballo! Monopoly!
(Para concursar en Password hai que ser retrasado, polo visto) Metendo oito elefantes nun elevador hidráulico![]() O porteiro do deportivo dame igual. A tristeza é unha doenza de transmisión sexual. A tristeza é unha materia troncal. Non optativa. Sempre estou lonxe. Amo a Randy Hickey. Cárcere, coitelo e bico![]() Soñei que estabamos nun cárcere e que conseguía que estourase unha bomba no outro lado do edificio para saír pola banda contraria con outros compañeiros que foron caendo pouco a pouco nas mans dos gardas e dos lobiscáns que nos seguían e despois entraba nunha especie de casa abandoada na que me metía na cociña para armarme cun coitelo enormísimo que empregaba para acoitelar a unha garda que me perseguía e sentín como a atravesaba co coitelo e carne tocando co ferro do coitelo e despois a muller pedíame un bico porque nunca a bicaran e díxenlle que pasaba de todo e que aprendese a vivir a vida e se deixase de andar pendiente de presos e cousas así que a vida había que vivila e que así aprendería e a verdade é que non ía aprender un carallo porque ía morrer e cando morres, hostia, cando morres dá igual o que tes aprendido. As cousas non se fan por collóns![]() Fanse porque si, como moito. Por fígado, como pouco. -desde sempre- Nós lapidamos o can tiñoso![]() Lembro cando matamos o can tiñoso. Íamos até os topes de birra e ninguén nos agardaba en ningún bar. Coma sempre. Atopámolo de fronte nunha corredoira. Non sei por qué hostias nos meteramos por aquela corredoira, porque non collía de camiño a ningures. Supoño que a collemos por iso. Atopámolo de fronte e el xa viu o que se lle viña enriba e mexou. Hai a quen lle prestan as mexadas e a aquel can tiñoso tamén parecía que lle prestaban. O seu último desexo foi botar unha mexada contra unha muro. A mexada foi escorrendo pola pista e chegou até os pés de algún de nós. Dábanos igual. Nós fomos os que o lapidamos. Ninguén o ía botar de menos e lapidámolo porque queríamos que nos lapidasen a nós. Dábanos igual. Os cans mortos son como as mulleres e como os homes mortos. Un de nós, cando xa rematamos de tirarlle as pedras que íamos collendo do propio muro, pegoulle unha patada no peito e saiulle un anaquiño de pulmón. Dous de nós vomitaron. Nós matamos o can tiñoso como uns auténticos alcólicos covardes e cando chegamos a casa case ningún sabía de que eran as manchas de sangue. Mais sabíamos todas as mentiras que nos contaran esa noite. A xente minte. O can tiñoso morreu lapidado. Matámolo nós. Botándose ao humor![]() "Se nasese noutro sitio botaríame ao humor. Montaría un tren, faría a funsión e pasaría o sombreiro. Sinco euros por actuasión. Con catro actuasións ao día, son vinte euros. E con vinte euros ao día vives. Ademais vivindo no tren" A vida: versión 2.0![]() Na vida hai que ter ilusión, tirar para diante, beber sempre un pouco máis, non mirar atrás e sempre cun sorriso. Michellemichelle ten dezanove anos Somos chamados a crer em muitas verdades que não podemos explicarimos tendo máis e máis Em braços tão ligeiroscando me dixeches Contradição de bêbado sem exageroso xeixo é Recomenda![]() Acabo de me pasar polo blog amigo CCCP e ver un enlace a unha curta á que penso que poderiades botarlle un ollo. A curta titúlase Pim pam pum e clicando no nome xa podedes vela. Agardo que vos guste. As mãos dos pretos (Luis Bernardo Honwana)![]() Já nem sei a que propósito é que isso vinha, mas o Senhor Professor disse um dia que as palmas das mãos dos pretos são mais claras do que o resto do corpo porque ainda há poucos séculos os avós deles andavam com elas apoiadas ao chão, como os bichos do mato, sem as exporem ao sol, que lhes ia escurecendo o resto do corpo. Lembrei-me disto quando o Senhor Padre, depois de dizer na catequese que nós não prestávamos mesmo para nada e que até os pretos eram melhores do que nós, voltou a falar nisso de as mãos deles serem mais claras, dizendo que isso era assim porque eles, às escondidas, andavam sempre de mãos postas, a rezar. Eu achei um piadão tal essa coisa de as mãos dos pretos serem mais claras que agora é ver-me a não largar seja quem for enquanto não me disser porque é que eles têm as palmas das mãos tão claras. A Dona Dores, por exemplo, disse-me que Deus fez-lhes as mãos assim mais claras para não sujarem a comida que fazem para os seus patrões ou qualquer outra coisa que lhes mandem fazer e que não deva ficar senão limpa. O Senhor Antunes da Coca-Cola, que só aparece na vila de vez em quando, quando as coca-colas das cantinas já tenham sido todas vendidas, disse-me que tudo o que tinham contado era aldrabice. Claro que não sei se realmente era, mas ele garanti-me que era. Depois de eu lhe dizer que sim, que era aldrabice, ele contou então o que sabia desta coisa das mãos dos pretos. Assim: "Antigamente, há muitos anos, Deus, Nosso Senhor Jesus Cristo, Virgem Maria São Pedro, muitos outros sxantos, todos os anjos que nessa altura estavam no céu e algumas pessoas que tinham morrido e ido para o céu, fizeram uma reunião e decidiram fazer pretos. Sabes Como? Pegaram barro, enfiaram-no em moldes usados e para cozer o barro das criaturas levaram-nas para os fornos celestes; como tinham pressa e não houvesse lugar nenhum, ao pé do brasido, penduraram-nas nas chaminés. Fumo, fumo, fumo e aí tens escurinhos como carvões. E tu agora queres saber porque é que as mãos deles ficaram brancas? Pois então se eles tiveram de se agarrar enquanto o barro deles cozia?!" Depois de contar isto o Senhor Antunes e os outros Senhores que estavam à minha volta desataram a rir, todos satisfeitos. Nesse mesmo dia, o Senhor Frias chamou-me, depois de o Senhor Antunes se ter ido embora, e disse-me que tudo o que eu tinha estado ali a ouvir de boca aberta era uma grandissíssima pêta. Coisa certa certinha sobre isso das mãos dos pretos era o que ele sabia: que Deus acabava de fazer os homens e mandava-os tomar banho num lago do céu. Depois do banho as pessoas estavam branquinhas. Os pretos, como foram feitos de madrugada e a essa hora a água do lago estivesse muito fria, só tinham molhado as palmas das mãos e as plantas dos pés, antes dce se vestirem e virem para o mundo. Mas eu li num livro por acaso falava disso, que os pretos têm as mãos assim mais claras por viverem encurvados, sempre a apanhar algodão branco de Virgínia e de mais não sei aonde. Já se vê que a Dona Estefânia não concordou quando eu lhe disse isso. Para ela é só por as mãos desbotarem à força de tão lavadas. Bem, eu não se o que vá pensar disso tudo, mas a verdade é que ainda que calosas e gretadas, as mãos dum preto são sempre mais claras que todo o resto dele. Essa é que é essa! A min ha mãe é a única que deve ter razão sobre essa questão de as mãos de um preto serem mais claras do que o resto do corpo. No dia em que falámos disso, eu e ela, estava-lhe eu a contar o que sabia dessa questão e ela já estava farta de se rir. O que achei esquisito foi que ela não me dissesse logo o que pensava disso tudo, quando eu quis saber, e só tivesse respondido depois de se fartar de ver que eu não me cansava de insistir sobre a coisa, e mesmo assim a chorar, agarrada à barriga como quem não pode mais de tanto rir. O que ela me disse foi mais ou menos isot: "Deus fez os pretos porque tinha de os haver. Tinha de os haver, meu filho, Ele pensou que realmente tinha de os haver... Depois arrependeu-se de ter os feito porque os outros homens se riam deles e levavam-nos para as casas deles para os pôr a servir como escravos ou pouco mais. Mas como Ele já não os pudesse fazer ficar brancos porque os que já se tinham habituado a vê-los pretos reclamariam, fez com que as palmas das mãos deles ficassem exactamente como as palamas das mãos dos outros homens. E sabes porque é que foi? Claro que não sabes e não admira porque muitos e muitos não sabem. Pois olha: foi para mostrar que o que os homens fazem, é apenas obra dos homens... Que o que os homens fazem, é feito por mãos iguais, mãos de pessoas que se tiverem juízo sabem que antes de serem qualquer outra coisa são homens. Deve ter sido a pensar assim que Ele fez com que as mãos dos pretos fossem iguais às mãos dos homens que dão graças a Deus por não serem pretos". Depois de dizer isso tudo, a minha mãe beijou-me as mãos. Quando fugi para o quintal, para jogar à bola, ia a pensar que nunca tinha visto uma pessoa a chorar tanto sem que ninguém lhe tivesse batido. Até que a água caiu do céuisto chámase Não seráno punto inexacto Last night I woke alone with a whisper in my earbotar de menos No tingues por (Obrint Pas)![]() No estàs sol,
Non estás so, Redencióntodo o que dura un pesadelo Tres de catrolembro Estação: aumentar volumea loura guiaba ao cego Pubaos poucos Telegraph Road (Dire Straits)![]() You know I’d sooner forget but I remember those nights Destrozado![]() Feito trizas. Concertazo de Betagarri en Pontedeume. Tocaron todo o que tiñan que tocar (as poucas ausencias que houbo non pasaron factura). Euri tanta bakoitzean... Verde... La chica del Batzoki... Grandola, vila morena... Txikia naiz... Baldin Bada!!! E momentazo total cando en Revolution Mix se marcaron mil puntazos! Meteron da orde de mil temas a maiores no medio da súa versión de Bella, ciao. Entre estes temas arrasaron metendo a súa versión da Rianxeira e.... One step beyond de cabo a rabo! Estou rebentado. Momento cando o baixista me ve a tatuaxe e se queda en plan... Tío, fóiseche! Grandes Betagarri! Eskerrik asko! Vaguedásunha vez tiven un cravo Na chegada a Ourense da penúltima locomotoravelaí vén velaí vén En Plan 114![]() En plan tarde de sábado irreflexivamente patas-arriba, mais sen estar nun portal sen quedarse coa idea de nada. Porque case nunca me quedo coa idea de nada. A música soa unicamente por un dos altifalantes e é lamentable como o outro se queda con cara de papahostias. Café tamén nunha taza que pon TARDE. Botar de menos é o primeiro paso para seguir botando de menos. Quizais hoxe sería o día para unha boa sorpresa ou para unha boa conversa das de estar sentado tranquilamente, mais non. Esta tarde quedamos na casa, café e música polo altifalante que teño á esquerda. Soportando menos, cada vez menos. Pouco aguante. A fin de contas, nunca chegan os días polos que agardamos. Os días van sendo sen máis. En plan as cousas están así e os sábados pola tarde son como xesucristo nun tacatá. Voan e errano manifesto da luz da rúa Percebendo a borrasca, baixou a cabeçaa maior parte da xente que le poesía Disposiciónabriu os ollos Louisiananon cría que as chinelas fosen tan Cousa dun cuarto de horacreo que todo o que lemos é pura merda Algo así, por dicilo en baixo -ssshhh...-![]() Cansadísimo quedándose sempre no mesmo sitio máis ou menos quedándose no mesmo sitio como se durmísemos sen nos sorprender de que se vaia en bus botando de menos estar con alguén falando e tamén disfrutando do bus por fin disfrutando dos urbanos completamente repletos de nada e todos eses contrastes tan profundos que non o son tanto e despois de comprobar que a xente se come todos os libros sobre toponimia que poderían ter existido a estas alturas do mes e xa é xaneiro e os máis escépticos -MIL CAFÉS AO DÍA- e todos os lugares que imos deixando atrás sen pisar e todas as persoas que non coñeces e non sabes se queres coñecer e que son exactamente as mesmas que todas as persoas que non coñeces e estás desexoso de coñecer porque todas as persoas finalmente son a mesma persoa e todas van e imos fallando e todas as historias que van chegando aos nosos ouvidos soan a algo fenomenal. Mañá seguirei estando aquí. Canto se quere todo o mundo, verdade? Kiss me: I’m drunk. -perro imbécil- Conversae este quen é? Amateurao mellor Gazaun sandwich Lóstregos e miradase non ves esta noite Míticas polladas: Manu Chao![]() Como todos sabemos, os directos de Manu Chao están bastante ben para o que é Manu Chao como exemplo da especie humana (unha especie de gremlin depilado no que a corpo se refire). Até aí, vale. Tamén sabemos, os que o escoitamos e os fumadores de herba en xeral, o gusto que ten por meter as súas míticas polladas nas cancións de estudo (que despois tamén mete nalgunhas caralladas en directo). Todos recoñecemos o mítico DING! (que soa como un microondas cando remata o tempo programado) que mete en moitas cancións, así como as locucións que mete polo medio. Asimesmo, sabemos que as súas letras non significan nada e, por iso, están ben (mamá perfecta déjame yo bailar tumbalacuri bamba mi negra tumba, non significa moito). Unha vez exposta esta serie de senrazóns, froito dunha mente que a día de hoxe só entende o que pasou en Portugal no século XVI, quero facer un inquérito entre todos vós, amigos e amigas das perdas de tempo inexplicables: Cantas locucións destas que sempre mete Manu Chao nas súas cancións poderemos dicir entre todos? Empezo eu:
León de ourodebuxoume un león de ouro Jabe izan arte + Txikia Naiz (Betagarri)Vídeo do concerto en Pontedeume. Aí saímos Roque, a miña irmá e o que vos fala facendo o gañán a máis non poder! Hahahaha... Votemos a THE todos collidos da man![]() Miguel, Carlos e Brais chegaron co seu grupo THE ás semifinais do Proyecto Demo. Agora só resta que vos pasedes pola páxina do asunto para votalos e conseguir que pasen á final. Non vos levará moito tempo, así que non sexades cans. Despois, se acaban tocando no FIB, todos lles poderemos pedir entradas e cousas así. Hahaha... E xa sabedes, dicídelle aos vosos coñecidos que se pasen a votalos, que para catro veciños que somos... Veña! Aúpa THE! Y ahora el corasón lo ponemos en la isquierdadeberíamos pensar As coisas surgirão como realmente sãotodas as lúas morren na miña alma Quen é a flor?![]() Ti. E nós. Todos nós. Treboada. Temporal. Ao lado de calquera. Adverbio temporal. Literatura portuguesa. Artrite, diabete, asma. Impotencia. Cartón do bus que non vai. Conversas que non van. Habitantes de todo o mundo. Fechadiños en catro paredes. Polo menos contamos catro paredes. Rendirnos ao ano. Alá vai! A música non é o que dura, é o que ocupa. A música non é o que ocupa, é o dano que fai. A música non é o dano que fai, é todo aquilo que salva. Non hai cartos. Non hai tempo. Sobra tempo. Costa abaixo. Costa arriba. O vento dun lado. O vento do outro lado. Aprender. Esquecer. Volver aprender. Esquecer novamente. Darse conta de que non e de que si. Sacar forzas. Fuxir. Meter forzas, gardar forzas. Non ter forzas. Esforzarse. Por que non crecen os nenos dentro dos pais? Que facía deus antes de facer o universo? Deus é unha ilusión. E todo acaba rematando unha e outra vez cunha desilusión. Próxima estación? Rexurdimerdaparo un momento Farías mellor coidando o teu negocio![]() A subnormalada de reflexión esperable: despois do temporal vén a calma. Puagh! E despois virá outro temporal. Agotamos todas as posibilidades de de de cura. Non sirven os Gluecifer, nin as cervexas, nin a poesía, nin os porros, nin o amor, nin a auga, nin a ilusión. Quen pode disipar a felicidade? Quen pode disipar a tristeza? Ninguén pode. Teño o ouvido cada día máis pequeno. Chama a deus. Merece un disparo entre os ollos. Nunca asoma a cara. Case collemos ao fillo, mais tamén escapou. O espírito santo é o único listo de toda esta historia. Nunca se presentou. Necesitas amor, necesitas amor... Plaxiarei a Bukowskit tantas veces como crea necesario e seguirei coa miña vida sinxela na que as complicacións frustran para darlle sentido. Un só pode crer en si mesmo e no primeiro disco de System of a Down? Que va! Crede tamén nos areeiros, nos que recollen peras en abril, nos anestesistas, nas mulleres que tardan en pedir a parada do autobús, nos funcionarios de prisións, nos cans que non ouvean, no céspede sen curtar, nos pedófilos asiáticos, nos minerais, nos panos da man marróns, nas boas cagadas da conciencia, nos dedos que chegan a sangrar e en vós mesmos, mais en vós crede só o xusto. Porque vos estades e nos estamos a enganar oitocentas veces. A vida é unha puta moi cara e no peto só teño o cartón do bus urbano. Deus merece un disparo entre os ollosun home Análise política evidentesi Ao final sempre é o mesmo puto contoa man no peto Só ás veces![]() Só ás veces perdes a cabeza e colles a apareces nunha festa en Muxía na que tras unha porta hai da orde de 8 mulleres e homes fodendo todos contra todos e hai unha muller duns trinta e poucos que che mira aberta totalmente de pernas e só lla tes que meter para que despois veña un hespañol duns cincuenta e algo a acariñarte o cu que, como se chama Berto Boavista (ascendencia lusa), ten a ocorrencia de pintarche dous "B" -un en cada cacha- e colles e vaste de alí todo alumeado nun coche que lle colliches a alguén que che dá igual. Chegas a unha especie de hostal onde te agarda unha muller duns vinte e poucos cunha cama lixada totalmente de maquillaxe e suor. Poste a catro patas, o cu para arriba e dislle: -Mira que hostias me pintaron nas cachas! Ela mira o cu con cada "B" en cada cacha e pregunta: -Quen é BOB? Mais isto só pasa ás veces. A maior parte das veces quédaste en casa perdendo a cabeza por case todo o que non está sendo na túa vida e que vas asumindo a base de literatura de merda e cervexa boa. A miña cidade é unha idea que teño en mente. Gañas de marchar. E imos quedándonos... Só moi poucas veces![]() Moi, moi poucas veces. Malditos catecúmenosmaldigo o imbécil Neoliberalismohai algo de cacofónico Case ningunha vez![]() Moi poucas veces, case ningunha. Tamén o din en Australia. Está chovendoTeño frío. E se vos digo...![]() Que estou feliz, mais sen motivo. Que non teño case ningún motivo para ser feliz. A neve é branca. Os exames, os traballos, erguémonos moi cedo para ir a sitios que non nos gustan, aguantamos a xente que igual non nos cae ben e somos felices. Imos felices. A música e coller os autobuses polos pelos. As-re-la-cións humanas e todo ese xogo e imos felices. A música. Comida o suficientemente lenta. Os fracasos, os ordenadoras/computadores que rebentan enteiros e din até aquí, meu. E imos felices. Somos felices. Somos seres felices. Felizonia. Altos índices de felicidade. Entroido, nadal, verán, primavera, inverno, praia, pachanga na praia, as praias seguen estando aí e nos estamos abrigadísimos, mais somos felices. Amamos a líderes, debates de cousas que importan unha merda, xente que se mata dun xeito cómico e rimos. Rimos. Sorrimos. Felicidade. Lembrades? Cando todos éramos felices? Ou aínda o somos? Ou só o estamos? Cero motivos de ser felices. Ou de estalo. Falar. Felar. Fallar. Rebentar. Hablar. Talking to me. Fálame enteiro de arriba a abaixo. Senegal. Hoxe daríavos unha aperta a un e cada un de vós. A todos. A todos os que estades na miña vida, aos que saichedes da miña vida, aos que estades por entrar. A todos. Séculos de felicidade. Moita xente xa non está. Botámolos de menos, porque somos felices e queremos que sexan felices coma nós. Que felices somos! Que ben nos caemos! E hai moi pouco tempo que estamos todos aquí. O conto este. Parece que os bos tempos foron hai tempo. Ou están sendo. Sempre será o pasado. E o presente tamén será. E o futuro que xa foi. Felicidade en termos estrictos. Cantas persoas te miraron hoxe? Cantas persoas pensaron en ti hoxe? E cantas pensaron para ben en ti? O mundo ESTÁ aí ao lado. Nin pelexas, nin malas miradas. Como cando dabas unha aperta suando, cando chorabas de felicidade, cando os amigos, a familia, a xente que queres e que te quere, cando todo iso. Estamos agora mesmo todos alí. Así de inconexo con todo. Así de desmoralizante, así de recargante. Somos seres felices. Non hai outra forma de saber que estamos vivos. Hai que bicar a derrota mil veces para mirar arriba e ser feliz novamente, na derrota, preto dela, lonxe dela. Como referente. Sen problemas. Con todos os problemas. Todos os países son un invento. Temos moi malas ideas. E ti? Se non estás feliz, cólloche no aire e bailamos. Ou dáme unha aperta. Dámonos unha aperta. E así de triste toda esta felicidade. Escribir non é feliz. Se pensas que o vai ser, non o é. Non vai ser nada do que estás pensando. Non vai vir nada do que pensas. Ímonos levar moitas máis hostias. Somos felices. Sómolo. Escolle o teu metro cadrado amarelo. Baila. Cuspe e baila. Baila, choca, tírate. Fai que corres, mais non corras. Vai para atrás. Esvara. Esvara. Esvara. Esvara. Esvara. Abrigodepeldar guerra Ao asunto![]() Lembrades que hai tempo colgara un poemario na Regueifa? Pois agora os amigos de THE tamén colgaron un EP que podedes baixar de balde e sen risco de coller ningunha venérea. Só tedes que vos pasar polo enlace que teño aí ao lado onde pon A Regueifa ou, o que xa vos vai flipar tela, CLICAR AQUÍ para descarregar o asunto. Ademais, recomendo que vos perdades un pouco polas páxinas d' A Regueifa, porque vos poden prestar moitos dos discos que hai por aí, así como a literatura que hai por aí ciscada. Comezando xa polo dos amigos de Franc3s pasando por outros como Novedades Carminha ou Qualia (que me teñen bastante flipado). Euquisei, navegade pola páxina, porque non ten desperdicio. E non deixedes de votar aos THE no proyecto demo! Que os queremos na final! Choiva![]() A choiva é un elemento líquido que te rodea por todos lados menos por dentro e cando te entra dentro é como se chorase a túa alma e despois -despois sempre pasa isto- paseas polo que alguén considera unha cidade TOTALMENTE so e pos unha canción en repeat. E soa esta canción seguido. Vas chorar? Non vas chorar? Estás so. Lémbrao. Estás so, con choiva por fóra -a choiva rodea por todos lados MENOS por dentro e cando rodea por dentro quedas feito unha merda. Tes choiva dentro e unha canción en repeat. Está chovendo. Es feliz. Estás so. Es feliz. Está chovendo. Escoitei esta canción hoxe con todos vós e non o sabíades. Está chovendo. Mil choivas! Inundado. -alíviame- En Plan 115![]() En plan baguette. Durante moito tempoMetía e sacaba música do meu emepetresiño semimorto. De todas as cancións que entraban e saían, sempre había unha que podía tirar para diante ela soa. Podía meter só reggae dentro, que aí quedaba. Ou o peor metal, ou as popeiradas menos contribuíntes ao equilibrio sísmico-emocional, ou ska máis de festa. Aí quedaba. Supoño que sempre hai un momento do día no que un precisaba escoitar algo como God save the IRA. O meu ordenador está morto. Levo toda a puta semana escoitando Manu Chao como se me fose a vida niso -semanuchao- e sendo feliz sen motivo aparente, xa sabedes. E escoito esta canción e sei que ten a capacidade de conmutar calquera cousa. Eu-que-sei. Non me apetece escoitar cousas como God save the IRA, realmente. Encántame esta canción. Din God save the IRA. Está chovendo. |
Archivos
TemasEnlaces
|