![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2009. Durante pouco tempoPouco temporal, moitos chopos. Tamén viño e cervexa. Mamá cuchara. Drogas e sexo con palancas de cambio. O sicolóxico e máis o emocional. A figura da muller: po-der-en-trar-de-bal-de. Buscar un rebumbio de tres e fuxir de multitudes. E tamén cousas que prestan cero. Que prestan cero. Que prestan cero. Que non prestan, vaia. Hospital Modelo. Atomic Sandra Raquel Pé Escarallado. Sillón vermello, estar sentado. Senegal Brasilia Uganda Valdexería Repichoca. Coco Chanel. Superbowl: simio. Mono says Cállate. Voltar ao cuarto no que pasei o nadal. Voltar ao cuarto e ter que ir borrando mensaxes porque non collen máis apretados. E son mensaxes dos de nadal. Quero mensaxes do federer. Bágoas de Federer, zume de laranxa. Caldo vexetal. Samesugas. Txikia naiz means: son pequeno. Moito para min. Moito para ti. Felicidade: mundo moi reiterativo. Baixóns. Berrar. Apoiarse preto da fiestra. Fiestra: vidrombafado. Amar-odiar-amar-odiar. Solidariedade. Temporal. Cero. Moito para nós. E durante pouco tempo. Ovatiomesturei as cinzas de Imos bailar, nenos e nenas![]() Veña! Head, shoulders, knees and toes! Knees and toes!...
-admitimos familias problemáticas...- En serioXuntámonos e facemos isto?
A vidao cociñeiro de localia continúa Happy endnon estou de todo-seguro De ollos tortos e outras políticas de desigualdademalia aos evidentes indicios Cólleopois pasa que A felicidade non ten interese![]() Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Iso debeu pensar o simulacro de ionqui que caeu na estación de buses a iso das 22 horas. Hai un rato. Estaba eu papando frío tras media hora de agardar un bus e soaba Bob Marley e había un home rebentado no chan da estación de buses. Chegou unha ambulancia e levárono. Mentres estaba tirado no chan e non chegaba a ambulancia, os buses que marchaban tiñan o detalle de ir máis devagar para que os condutores e pasaxeiros disfrutasen do espectáculo. Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Bendito imbécil. Na estación de buses ves moita xente e moita xente que ten a mirada perdida dando mostras de ser todos moi profundos. A maiorías dos imbéciles da estación de buses somos moi profundos. Inclusive, se me apurades, o ionqui que estaba tirado mentres eu escoitaba Jammin'. Somos profundos porque escoitamos música moi profunda para a situación na que estamos inmersos e xa estamos de volta de nada e a vida, a vida é moi fodida, cariño. Mañá vaise asaltar Compostela pola vía traseira. Mañá imos saír en Compostela. Mañá acabaremos sendo unhas das persoas que andan por Compostela como moita xente que anda de noite por Compostela. O ionqui non virá, mais hai ionquis como para suplir a baixa. Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Só se enchen os hospitais, os vertedoiros, os peores bares e as tumbas. O demais segue a estar baleiro. Baleiro, digo. A felicidade non ten interese se non vén con unha carteira chea de diñeiro con números lindos. Pasamos o tempo ríndonos de nada, falando de nada, mirando, analisando, equivocando, valorando, meditando, reflexionando (noxo), cubrindo os ósos con carne e buscando carne. E non temos posibilidades. Non hai ningunha posibilidade. Xa está todo dito. Ninguén encontra ao outro. Xamáis. As persoas que imos vendo pasar somos, aínda que non queiramos, nós mesmos. Mirade nos ollos dos demáis e veredes cómo ides pasando. Ás veces, paseamos cun alma dentro sen reparar en nada. Bebemos demasiado. Estamos atrapados por un SINGULAR destino. Ninguén atopa ao outro. E a coña é que todos siguen buscando de cama en cama. O pode xa estar morto a estas horas. Teño un paxaro azul dentro do peito ao que só deixo saír polas noites, non? Pois non! Báixate do camión! Cando as mentes dan de si...![]() Nós intentamos tirar para diante e acabamos dicindo cousas como as que ides ler. Xa había tempo que non colgaba algúns dos cristos cerebrais do persoal. Agardo que vos molen. Aí van: -Eu mexei sangre. -No soy persona. Soy calle. (Mentes derretidas tras un exame) Voume![]() Vou para Compostela, mais deixo esta canción aquí. Gusto moito desta canción. Non hai problema que non teña solución. Está chovendo, Mamá Cuchara. Próxima estación: esperanza. Funme![]() Non o víchedes? Funme. OFF. No tren todo colle algo máis de sentido (sen sentido) e as nubes confírmano. Deus está morto hoxe. Odio el fútbol (Lendakaris Muertos)![]() Chuta-remata-y-gol! Chuta-remata-y-gol! A viaxe máis duraTi que navegaches por todo o mundo, agora tes que volver novamente dunha viaxe. Un día dixéchesme que sempre que escoitabas esta canción cando estabas lonxe dos teus, de nós, non che cabía a emoción no peito. Agora escóitoa e enténdote, París. Loita. Volve desta viaxe. Entrada de mércores á noiteTodo o mundo está a marchar da vila e de nós. Ás veces a vida é perfecta como as caras en televisión. Despois dunha tarde mergullado (submarine gun) en textos sobre literaturas africanas en lingua portuguesa, subo a un urbano cheo de erasmuses e, como predixo Joaquín, tiven que facer cola para subir a un urbano diante da miña facultade (algo inaudito se non estamos na festa do magosto). Como ía coa música a todo trapo para non ter que interpretar os seus diversos e simpáticos acentos, parece ser que se escoitaba a música máis alá do meu cráneo. Ao parecer, un grupo de franceses (francesas) viuse un pouco interesado polos sons trompetís que chegaban até eles e déronme un toque no cóbado (cóbado), quitei os cascos e oín que me preguntaban: -Pegdona, ¿qué escuchás? -Betagarri. -¿Comó? -Betagarri, é un grupo vasco de ska... -¡Ska! Nos gusta el ska... ¿Puedes pasagnos música de ska? E nada. Unha, a máis baixiña, sacou un portátil e metín o meu emepetresiño e, tras pasar os percances do antivirus, puiden meterlle un par de temas de Betagarri e algo de Skárnio. E todo no urbano. Dixéronme como se chamaban, mais xa non lembro que me dixeron, porque só me dediquei a intentar sorrir. Pola mañá pasei por un exame de historia da lingua para dar sinais de imbecilidade, humor de todo a cen e de ter os ollos case sen bágoas xa. O verso teño setenta para setentembro cobra sentido. Descentrado, como descolocado. Fóra de lugar. Ao final do día podo (poido) rematar en calquera sitio. Pedín o lectorado (leitorado) de español (hespañol) para Brasilia e non mo van dar. E se mo dan, algo pasará para que non vaia. De feito, xuraría que estou agardando que pase algo para que non vaia. Así son. O son do son. Hoxe no bus, con todos os pensamentos que teño estes días e todo o que lembro, pensei que debería haber un ceo para todos. É dicir, inclusive para os que se supón que son malos a ollos de case todos, como os xenocidas. Un ceo para os xenocidas, onde se pasen a eternidade dicíndolle a persoas que acoitelen almofadas e colchóns. E pensei, hostia, pensei que haberá un ceo a onde irei con toda a xente que coñezo e coñecín. E imaxinei sentado con todos vós (todo isto nun Cal Pita, claro) nunha mesa de madeira redonda enorme. Estaríamos todos aí. Supoño que, ao comezo, habería algún pequeno silencio, que rompería Pablo ou Félix. Mais, non sei, supoño que se é o ceo e todo ten que estar ben, o silencio só o podería romper Paula: -E que lo? Que vos contades? Hoxe no bus, tamén no bus, pensei que teño que mudar a imaxe que teño de fondo no móbil (grandes problemas da modernidade) e intentei tirar algunha foto ao meu entorno, mais ningunha cumpriu as espectativas. Estes días de messenger están ben. Falando con Marina, con Marina de Granada (Graná Capitá), Lu, Luis... A Luis tíñalle no móbil posto Luis Pragmática, mais o día que quedei con el para tomar un café, mentres o agardaba, mudeino a Luis Culleredo. Despois non apareceu, mais non importa. Luis arrasa. Como vos ten a xente no móbil posto? A miña avoa chámame Samooo... E hai xente que me chama Sa. Licencia total. Apareceu Juan. Juan é o buseiro por definición da liña Montrove-Oleiros. Regaloume/nos unha botella de licor café e fala sempre dunha tipa de Muros que é unha ninfómana. Había tempo que non o vía e pensei que o despediran (Juan é un bo peixe). Mais o tema foi que o operaron dunha variz. Despois, á altura de Perillo, un coche chocou contra o noso bus. Juan cambiou os papeis do seguro e só chegamos uns cinco minutos tarde. Juan é boa xente: -¡Bua, Samu, tenemos que salir a montarla! ¿Qué tal la italiana? -Pois tamén preocupada, que non sabíamos de ti, meu. A semana pasada, voltando de Compostela, mirei as nubes e entendín parte da esencia e de como o tempo non volve. Meu avó, hai xa uns anos, díxome coa mirada desorientada e firme: -O tempo pasa moi rápido, Samuel. O tempo pasa e parese mentira... Pero pasa a vida nun momento. Meu avó tenme dito esas cousas que poñen a un no seu sitio. Meu avó entrou en Sidney manexando un petroleiro. Estes días lembro todas as súas historias. Rotterdam. O Golfo Pérsico. Noruega! Meu avó faloume de estar lonxe e da felicidade pequena. Non quero botarte de menos, París. Sei como es, sei que mentres abuela se mete contigo e ti comes, miras para min ríndote. Coñezo todos os comentarios que fas sobre os partidos de fútbol. E que esta xente quei jana cartos, che! Que explicas todo cos dedos... Porque se algo ten esa forma, debúxalo no aire cos dedos, sinálasnos na mesa co índice e debúxalo no aire... E vémolo. En serio, teño grabado a lume o teu arrecendo a sal cando aínda navegabas no Norte en Muros e te pasabas por casa a saudar antes de subir a Muíño do Vento. E viñas cun gorriño... Es mariñeiro, París... E, non obstante, a última vez que estabamos hospital ti mais eu, estabas desexoso de saír de aí e que, fose o que fose que che pasese, puideses pintar. Gústache pintar, París. E todos che chaman se teñen que pintar a casa. Si, París. E sei o punto exacto da cociña no que te apoias e cruzas os brazos para escoitar o que se fala. E sei como saltas nas conversas. E agora... Meu, non sabes como se che bota de menos... Non tes nin idea... Só de pensarche aí... Non sigo. Até quando? (Gabriel O Pensador)![]() Não adianta olhar pro céu com muita fé e pouca luta Gabinete![]() Novamente un día longo mergullado (submarine-weapon without choice) na literatura africana e brasileira. Todo soa máis a Brasil se pegas a orella ao vidro dun urbano. Hoxe había menos erasmuses (por non dicir NINGÚN). Teño unha cadeira nova no meu cuarto e semella que podería ter o meu propio gabinete aquí. Respostaría a cuestións sobre derrubamentos emocionais con catro cousas das que escoitei en cancións. A miña cultura de merda. 1.- Los Suaves: La vida te va apuntando los pecados en secreto. Mañá vou a Compostela (a capital do país con dous nomes) e ficarei alá até o domingo. Da sexta-feira até o domingo. Todo soa máis a Brasil se sabes con quen estás a xogar. 2.- Calamaro: Los hombres no piensan solamente en dos cosas. Esos son los que tienen un solo corazón. Elegancia e exclusividade. Teño certo interese en saber cómo é o feito de estudar nas bibliotecas da capital do país con dous nomes. Entre visitas ao hospital: idas e voltas. Á mañá (as mañás de estudo na casa son certamente longas) vin o poemario que me colgaron n'A Regueifa no cuarto da miña irmá e, nun acto similar a unha autofelación (flexibilidade e autocontrol), mirei por Google adiante se había algunha referencia ao mesmo por aí adiante. Atopei que nalgunhas páxinas a xente colgou o poema Sociolingüística, que parece ser dos que mellor caeron. Mais, nun fotolog (encántame todo isto que vou dicir, en serio) atopei que unha rapaza tiña colgado un anaco do Manual da destrución que dicía a xente continúa crendo / nas relacións sentimentais / porque a xente é imbécil e dura. Creo que son uns bos versos para o día de hoxe e gustei de que alguén reparase neles. (Autofelación: culminada. Estado do proceso: engulindo seme) 3.- Gluecifer: You wanna live or do you wanna die? Non sei qué vai pasar de aquí en poucos días. Nin o quero saber. Descubrín yes.fm e nesas ando... Descubrindo grupos a base de ben. O ben pide papas cada día que pasa. Fixen arroz con salchichas e ovos. Esta noite lerei O Guaraní. Sandra chámame se lle dou un toque e quedei con ela que se lle daba un toque era porque andaba pola facultade para poder ir perder un rato mentres me tomo o meu capuccino de máquina (droga legal). Esta noite non durmimos. Todos queremos aos nosos amigos. 4.- Hora Zulú: Cada noche es la misma, tan sólo cambian los borrachos. Hai días que non contan. Mañá será outro día igual. Graciñas a todos. En Plan 117![]() En plan que saia o sol.
I can see you rushing through the door A loita é a miña primavera![]() A loita é a miña primavera e estamos de mar de fondo: inverno de terra terremota. -Samu, báixate do escenario, meu soliño. Lembramos máis que nunca, nun día coma este, que cando o amor nos chegou en dúas ocasións e nos mentiu en dúas ocasións, decidimos non voltar amar nunca máis. E sempre corremos: corremos e escapamos. É a nosa triste historia. Somos os covardes que ninguén quixo na súa mesa. Os do paseo baixo ningún sol estalado xa en tres lúas, por dúas ocasións. Vivo nun continuo desorde comigo mesmo no que manteño constantes conversas comigo mesmo e, visto isto, unha vez que saio de min... É unha putada. Maltratar a vida aos poucos e non crer xa en nada. Para o un de marzo imos ter eleccións no país con dous nomes e xa nin os candidatos (só hai tres candidatos, dinnos) son quen de mirar de fronte nos cartaces publicitarios da campaña. Todos aparecen mirando de lado, ao baleiro, coma perdidos en si mesmos. Tremenda putada. A miña teoría é que xa non son quen de nos aguantar a mirada, sabedores da mentira na que convertiron a súa propia existencia e motivación. Non penso votar a ningún partido que non leve no seu programa oito dos puntos do meu antigo programa electoral. Son todos uns covardes que falan algo alto e, despois, corren e escapan. Mais non dista moito do que todos facemos a diario. Todos. A loita é a miña primavera. Alcanzar non a alcanzarei, mais penso que pode ser a única causa xusta que queda entre tanta dor, tanta insensatez e tanta falta de poesía. Gustaría de poder dicírvolo en kimbundo, mais a obriga idiomática que non manteño con ninguén fará que volo diga nun estraño galego: o que se di é máis importante que o que se escribe. Amo esta filosofía mandinga. Que filosofía vai quedando en pé? Escoiteino o outro día: diversión! Miráchedes aos ollos a alguén hoxe? Eu probeino. E hai miradas que fusilan e que reflicten -á perfección- o patético que é un. E subes e colles sitio na biblioteca e séntaste e repasas e analisas e xogas co teu novo bolígrafo e caes na conta e vas coller o bus e volves e todo comeza XUSTO onde quedou sempre. Somos Bill Murray. Lemos atentamente o que deixou escrito Ana Paulo Tavares e detémonos a meditar: Quando inventas o mar Agora que xa meditamos, abrimos unha cervexa collida do frigorífico, berramos algo dun xeito moi covarde, corremos e escapamos. A loita é a miña primavera. E nela permanecerei. Comigo mesmo. E ninguén máis. Redacción: cousas que sei e cousas que non sei![]() Pois sei que me tocou unha invitación para un concerto o sábado no Playa (elplayaneno) e que non irei porque estou noutro sitio. Sei que en maio hai concerto de Berri Txarrak na Coruña, que haberá concerto de Millencolin en Compostela e coñezo os carteis do Viñarock deste ano e do Aúpa Lumbreiras. Sei que este ano fun ver a Betagarri a Pontedeume e que tocaron One step beyond. Sei que xa teño unha para setembro e agardo que non se me vaian sumando moitas máis. Non sei se me darán o lectorado. Sei que Brasilia é a capital de Brasil e que, pese ao que isto nos fai pensar, a capital de Rusia non é Rusilia. Sei de que se vai disfrazar a miña xente. Non sei o motivo que leva ao rapaz que temos na aulanet a parecer unha mestura entre o cantante de Coldplay e a idea que temos en occidente do que é un náufrago. Sei que continúo confiando na literatura e non nos literatos. Sei que a palabra literato apesta e é propia de imbéciles. Sei que mañá comeremos polo ao forno. Non sei que comerei o sabado. Sei que se agora estivesen Rancid tocando no parque que hai enfronte da miña casa, non me enteraría, porque escoito Rancid por uns cascos pequenos. Sei que estes cascos xa aguantaron máis do que adoitar aguantar uns cascos, así que o pesimismo indica que nalgún momento (no que menos cumpra) irán a pique. Non sei se Rancid seguen xuntos ou se non, mais tampouco me importa moito, pois deles só escoito catro temas, entre estes un tema xenial que é Daly city train. Non sei a quen interesa isto, sei que a ninguén. Sei que Cabo Verde é un refugallo xeográfico que conseguiu sacar adiante bos escritores. Mozambique tamén. As mãos dos pretos. Sei que Honwana tira contra do racismo. E fai ben. Non sei onde estiveron Amadou & Mariam até a data, mais a brillantez indica que sería estúpido falar de exemplos de superación (binomio estúpido xa de entrada). Sei que comín salmón na cafetaría da facultade de filoloxía e que había moito sol despois. Non sei canta distancia hai entre Bamako e A Zapateira, nin cantos buses tería que coller para voltar de todos os sitios aos que non fun aínda. Descoñezo totalmente quen é o meu representante no congreso mexicano. Nin idea teño de que hora é en México. Sei moitos diálogos e bobadas de películas e series e non son capaz de trasladar esa sabiduría a un plano útil. Non sei por que aínda non comezou a xira de Fermín Muguruza co seu novo disco, nin se Zebda o acompañarán. Sería unha posibilidade a termos en conta. Sei que, por moito que diga, nunca me porei a escribir en serio, porque sempre digo depender de mil cousas... E todas esas cousas van retrasando o que sexa que poida chegar a dicir un pirolo coma min. Non sei cando foi a última vez que os de Pignoise lanzaron un molotov contra a Ertzaintza. Sei que ás veces, cando comeza a saír o sol, a verdade é que empeza chover sangue. Sei o que é escoitar Rob Zombie na cafetaría dun hospital ti soíño mentres tomas o terceiro café do día. Non sei como son quen de facer tanto a mameluco (mama, mamón) emocionalmente. Sei que en inglés vaca dise cow. Non sei a que sabe a leite de pantera. Sei que pouca xente o sabe, o cal, obviamente, non é un dado a termos en conta, a verdade. Sei que na mesa que acompaña nas viaxes á miña cama, teño oito libros que pretendo ler en breve, o cal demostra que, pese a todo, queda algo de optimismo por entre as costelas. Sei que estamos todos tolos, mais que non estamos todos contentos. Sei que non teño un ordenador de sobremesa e non sei cando revivirá con toda a música que leva entre as costelas (optimismo). Sei que os pesimistas sempre se declaran realistas e non sei cando deixaremos de nos preocupar polo que somos. Non sei cantas clases de persoas hai. Igual hai xusto oito clases de persoas e coincide co número de libros que hai na mesa que hai ao carón da miña cama. Co cal, o destino pediría a berros que identificase cada libro cunha clase de persoas, embora sexa unha parida. Non sei por que me dicían que non deixase para mañá calquera cousa. Sei que se deixo para mañá calquera asunto que teña entre mans, dará IGUAL. Non sei cando comezará a pasar o grande pasado que agardo para todos nós. Sei que a idea de cómida rápida en Uganda debe ser como coller unha rotonda facendo o helicóptero (Levanta un brazo, levanta o outro... Fai o helicóptero!). Sei que despois do mércores de cinza non comeza a coresma. Sei que o cantante de Skalariak ten novo grupo. Sei o que din a metade das cancións que escoito. Non sei que din a metade das cancións que escoito. Son un mar de coherencia que carece de mareas coherentes. Non sei por que facemos o que facemos e sei que só bebería bos viños se a situación non o requerise. Sei como son os camiños tolos sen sentido. Sei que os descoñecidos temos as de perder ou gañar segundo o estilo do cabalo triunfador requira. Sei que me perdo en todo o que escribo e sei que os mandingas consideran moito máis importante o que se di que o que se escribe. Sei a que soan os Dandy Warhols. Sei saturar artigos con enlaces. Non sei canto tardarán todos os bispos que non acudiron ao meu parto en se poñer un anel no dedo gordo. Sei que non vou votar nas seguintes eleccións ou que, se o fago, non votarei a ningún partido que xa teña votado. Sei que (e istovai en serio totalmente) o corpo me pide meter dentro do sobre unha foto da cara de Popeye. Sei que a democracia é unha farsa enorme. Non sei como se pode falar de democracia nunha sociedade de clases como esta. Sei que dá igual. Non sei de onde saen os sorrisos. Sei de onde veñen as bágoas e o seu sabor. E do resto... Do resto xa o sabedes. Do resto non sei ABSOLUTAMENTE nada. En Plan 118![]() En plan Isiltzen Banaiz. Tiña que ser![]() E foi. Muchos hombres creen que soy un concepto o, quizás, que les complemento o que voy a darles vida. Sólo soy una mujer jodida que busca su paz de espíritu, no me asignes la tuya. Agora que cambio filmes por dados (de póquer), un pensa que (pensar xa é comezo dalgún erro) a aleatoriedade do dado non ten tanto de aleatorio e que cando un dado cae, non dispara, mais sabe cara onde apunta. Agora que bebo cervexa sempre que teño a mínima oportunidade e que sei que bebería un bo viño tinto sempre que a ocasión non o demandase, fico calado e nada espectante. A realidade sobrepasa. O que ves é o que hai. Cando a tristeza che dá a razón, todo o mundo sabe que cara amosa o dado. Son moitas historias as que xa nos foron pasando a todos como para permanecer coa mirada optimista. Agradable? Nesta escea está todo mal. Quizais xa son moitos erros para confiar nalgo aleatorio. Hai oitocentos lobos na porta do meu piso. Subo o volume. Escoito a lúa e non aos lobos. A escrita é unha pirola infectada de maldade e recollemos as nosas redes. Sabemos que a soidade é mala, mais peor son as bandeiras e levámolas por todos lados. Agradable? Agradable. Hit me hit me hit me I'm already on the ground... O oito![]() O oito é un número que rimar, rima con coito. Canto ao amor sen pantalóns. Puticlub forever. O meu número sempre foi o 13. Días de pasalas putas (puticlub-forever) e días de pasalo ben. Horas, coincidencias. O meu correo de hotmail (correo quente) era antes know13. Know por un tema de System of a Down e trece porque era o meu número (a ver se estamos atentos, que non quero repetir as cousas trese veses). Despois mudeino porque nunha época da miña vida cedín. E perdinme. Mais agora xa estou. Mais agora parece que teño algo de fixación co oito. E, sempre que escribo, o número que me aperece entre as poucas conexións mentais que permanecen intactas adoita (adoito) ser o oito ou, como moito, o oitenta e o oitocentos. É un mundo difícil. A felicidade dura un momento. Escribir é como facerlle o amor a todos os planetas sen agardar cumprir as súas esperanzas. Non quero sufrir, mais estou aquí. Percebeiros esquimais. Aizkolaris do FRE.LI.MO. Nápoles. O oito é un número. Vale. E non imos entrar en subnormaladas de dicir o oito é unha filosofía da vida e esquecémonos da dor... Espertamos de noite. Corremos. Cagamos no amor. Non existe arrepentimento se todo é como o sentimos. As noites de Avante, as noites de Louro, as noites de Lugo, as noites de Albacete, as noites de Nápoles, as noites de Coimbra, as noites de Muros (Muros). As mañás alegres con Mamá perfecta. Canto o meu canto antigo. Radiohead. Sons & Daughters. Tumbalacuribambaminegra. Golpéame. O corpo e os anacos de pizza corren e todas esas merdas que diría calquera poeta que non sae da súa cabana se o campo arde azul. Abrigos. Escuridade. Compañeiros de memoria útil. Programas. Nada de bicos franceses. Somos inocentes? Acordádesvos de Herodes (foder e comer, todo é un)? Que home! Verdade? Barba e xenocida... O que realmente queremos dun varón. Barón. Somos inocentes. Todos. Menos oito de nós.
-o efecto é o mesmo, as noites son as mesmas, as mañás son case sempre as mesmas, a poesía di máis ou menos o mesmo, os grupos que van aperecendo soan ao mesmo, o que nos piden é o mesmo de sempre, necesitas máis do mesmo, cantamos facendo Lalalalala... e é o mesmo de sempre, bailamos as mesmas cancións de sempre, sentimos o mesmo que foi sentindo o resto da humanidade porque foi o que nos ensinaron, confíamos nas mesmas merdas que xuramos non confiar e cremos sempre no mesmo-
Oito en punto. Ela acúsame de non ter sentimentos (Manuel Rivas)![]() Ela acúsame de non ter sentimentos Escoller![]() Soñei hoxe cunha biblioteca que nunca existirá na que dous clásicos da miña facultade falaban a voces mentres o resto os fitabamos e disfrutabamos (disfroita a froita). Esta fin de semana non soñei moito. Durmir pouco é o que toca no terceiro andar do Clínico de Compostela. Traqueotomía. Non hai médicos a fin de semana. Non pidas almofadas. Garda a que acades. As enfermeiras son as que fan funcionar un hospital, definitivamente. París é un titán. Todo o que dura un pesadelo e toda a xente que está/toda a xente que non está. Os de sempre sempre están. Agardo que haiba a suficiente calor para poder ir de pantalón curto até a facultade a ler algo (biblioteca, Lisa). E volver. Revólver. Hai tempo que non falo de armas neste blog. Nin de math-metal. A sorte esvaécese baixo as pontes. Manifestos destrutivos. Mentres a vida se volve unha infamia e ti vas correndo. Hunt you down without mercy... Cerodisfracismo. Cerosentatez. Cerorresponsabilidade. Cerocerismo. Ceroinfamia. A sorte persíguese e non somos fillos de ningún destino. Ao destino cúspesele se se quere, sempre que haxa un bo cambio de ritmo. Timor leste. Timor oriental. Devastación. O pulso firme. Coa man sinto o ritmo dun corazón que latexa por todos nós. Escollemos non pensar con oracións, sentencias, debuxos, imaxes, lembranzas, sons, arrecendos (recendos), fonemas, monemas, símbolos, sensacións, sentimentos, verdades (mentiras)... Escollemos pensar en cancións. Isto só será a nosa vida... Vale. Mais renunciamos a desaproveitala. Isto só é a nosa vida. Mais a túa sorte esvaécese... Cada día que pasa e perdes con parvadas é un día menos/máis. E todo marchará. Escoller é a chave. A modo de advertenciaa modo de advertencia Humilde fe![]() A estrutura que máis uso é CALQUERA MERDA + "é" + CALQUERA OUTRA MERDA. A vida é isto, os calpitas son outra cousa, beber mola como lle mola aos vellos e aos que fan montuning. Vai volver chover, seino. O bo tempo só intenta enganarnos creando unha falsa realidade. Ao final non saín (xa nunca saio). Teño en mente o xeito perfectamente ERRADO co cal escribir a grande novela galega deste século. Ando máis so que os pratos combinados do pleistoceno. Non saio de marcha (odio a idea saír de marcha). Ánxel Fole. Castelao Fole. Nós Folemos. Hai un rato lembrei a Andrade. Mañá falarei de Andrade aquí, porque nas pequenas historias están as grandes verdades. Sei que xa ninguén (naide) le esta páxina e que, quen o fai, o fai por algún motivo que seguramente sexa ERRADO. Pásanse a vida reflexionando sobre qué camiño tomar, sobre en qué momento está a herba do campo (e xa ninguén pensa en que no importante da herba é, sinxelamente, cánto se tardará un en caer nela para mirar as nubes), sobre en qué momento está todo... En que momento estamos? Somos o único ser vivo que gasta leite dos outros. Cando máis queres elevarte, máis abaixo apareces. Iso é a revolución: poñernos cegos á mínima. En que momento estamos? Humilde fe. A clase media debería rebentar. Os ricos deberían morrer todos. Os pobres deberían comer as tripas da clase media e dos ricos. As monxas son todas unhas putas. Ponme a un asasino en serie co pelo loiro e non me poñas a unha monxa. Putas monxas. En que momento estamos? Rendirse. Antifascismo de merda. Fascismo de gomina. Apoliticismo de merda e de sillón. Racismo por todos lados. O machismo nin se cuestiona. Nenas e nenos de papá. Nenos e nenas que non son de papá, mais como se o fosen. Xente en chándal. Xente que non din ter bandeira, mais que teñen as peores bandeiras. 23 de febreiro. 12 de outubro. Axitación. Praza de maio. Ulster. Hernani. Sowetto. Managua. Chiapas. Muxía. Acapulco City. Kansas. Texas. New York. Happy New York. En que momento estamos? Onde finou a felicidade? Non podemos dicir esta é a nosa verdade porque non temos nin unha soa verdade que non se demostrase ERRADA. Embora toda historia se amose como fiel ao guión que se lle esperaba. Derrotismo emocional. Paparrota cardíaca. Diarrea do sentimento. Os máis infames falan de infamia. Os máis intolerantes falan de tolerancia. A xente diferencia entre o lamentable dun atentado e o terrible dos que morren traballando. Temos un actor favorito e non temos un modelo de autobús favorito. Somos unhas putas da idea de nós mesmos. En que carallo de punto ERRADO estaremos? Estamos no punto de mira. Pásanse o tempo facendo borrón e conta nova. Conta comigo, amigo. Millo. Pregúntome se existe o ceo e os barrenos de seda. Estamos espertos cando buscamos respostas. Raiámonos e dóenos todo. Somos unhas putas do sentimento. En que punto estamos? Estamos ERRADOS? Que buscamos? As hostias non nos desilusionan. Ninguén pode desilusionarnos. Todo continúa en pé. O barco permanece na floriña da auga. As matanzas e os horrores que fomos vendo dan igual. Os F-18 descargaron estupidez sobre civís e dá igual. O napalm rebentou historias de amor e dá igual. Porque, pequena, saber en qué momento estamos é o que conta. Todas as persoas temos as nosas cousas. Eu teño as articulacións feitas caca. A rúa está chea de policías con pistolas. Danme máis medo que as decisións. Deus salve o rei. Deus salve o rei. Deus salve o rei. Deus salve o rei. Se a Madre Tareixa de Calcuta levantase a cabeza, dariase coa cabeza no teito do cadaleito. En que momento estaremos? Estamos en guerra, mais temos que reflexionar. Contra a desilusión: contradesilusión. Ilusión. -Que en que momento está a nosa cama, pequena? -... -Que non sei facer a cama? Vaia problema! O importante das camas non é saber facelas. O misterio das camas é cómo se desfán. Lavar os dentes engorda![]() Sei que o titular pode resultar algo chocante e a min tamén mo pareceu cando o lin, mais parece que é así. Ao parecer, os investigadores de non sei qué universidade de Noruega descubriron unha relación entre o estado de limpeza da cavidade bucal e o índice de masa corporal (estar máis ou menos fofainas). Segundo demostra o seu estudo, o cerebro reacciona dun ou doutro xeito segundo perciba que se atopa o proceso dixestivo polos estimulos que se lle mandan dende a boca. A ver se o explico. As terminacións nerviosas da boca, caso de percibiren que queda algo de comida (é dicir, sabor a comida) na cavidade bucal, mandan esta información ao cerebro, que interpreta que o proceso dixestivo está a ter comezo, co cal activa unha serie de actividades corporais que, como é o seu, consumen unha serie de enerxía. Este consumo enerxético representa unha porcentaxe certamente interesante, non se fala no artigo de algo meramente imperceptible Esas mesmas terminacións non envían esta información no caso de lavar a boca con unha pasta dentífrica normal, pois os sabores destas non se identifican como de elementos alimenticios. Deste xeito, os procesos que preparan o corpo para a dixestión no se activan. É máis, os procesos que xa están activos ven a súa actividade disminuída nunha porcentaxe, non moi alta, mais importante. No estudo analizouse durante meses a varios grupos de persoas (creo que se falaba da orde de 50), con diferentes metabolismos e de ambos os sexos, seguindo unha ou outra disciplina de limpeza da dentamia. Os resultados foron contundentes e confirmaron o anteriormente exposto. Así que xa podemos desterrar a imaxe do gordo cheirento. A ciencia da insalubridade chegou para quedarse. En Plan 119 e 120![]() 119.- En plan resentido. 120.- En plan saiu o sol e estou feliz de verdade. (’ta de bobe-’ta de bobe-’ta de bobeira...) AndradeNo partido de ida da semifinal de Champions de 2004 entre o Deportivo e o Porto, Andrade foi expulsado por agresión a Deco. A sanción foi confirmada polo comité días despois. Deco, de orixe brasileira e nacionalizado portugués, era compañeiro de selección e amigo de Andrade. Andrade sabíase amigo de Deco. Nun momento do partido (que podedes ver no vídeo que puxen arriba), Andrade comete unha pequena falta sobre Deco. Deco cae ao chan e Andrade dálle un toquiño no lombo co pé. Andrade ri. Deco fai que lle dan. Markus Merk, o árbitro do encontro, considerou que ese toque no lombo supoñía unha agresión e, en consecuencia, expulsou ao defensa deportivista. Markus Merk foi escollido mellor árbitro do mundo ese ano e o seguinte. Ese mesmo ano arbitrou a final da Eurocopa. O árbitro non tivo en conta que ambos os dous eran amigos e que o toque na lombo era un xesto de camaradaría. No vídeo podedes ver cómo ri Jorge Andrade despois do toque. No vídeo (1:51) podedes ver como Andrade lle di algo así como "He is my friend" repetidas veces. O árbitro non entende o que é a amizade e expulsa a Andrade. Deco non di nada. Andrade sae do terreo laiándose. O árbitro non entende o xesto de amizade feito por Andrade. Andrade non puido xogar o partido de volta. Por aquela, Andrade era o defensa en mellor forma de Europa. En lugar de Andrade, no partido de volta xogou César. César era un tronquete. Na ida o resultado foi 0-0. Na volta, Deco encarou a César (tronco) veu de fronte chegar a Deco. Deco deixou o pé e César fixo o resto. Pena máxima. Derlei bate a Molina e clasifica ao Porto para a final. O Porto gañaría a Champions. O árbitro non entendeu a amizade. Andrade non xogou. O seu substituto cometeu falta no área sobre o amigo de Andrade. Unha cidade como A Coruña e un equipo relativamente pequeno como o Deportivo quedou sen equipo na final da Champions. Supoño que sobran lexisladores e xuíces. Supoño que faltan máis persoas e máis amigos. Faltan máis persoas que entendan o que é amizade e que non todo son agresións. Supoño que habería que medir todo con máis calma. Supoño que hai xente que ve o lado malo de todo o que pasa e pode pensar que aquí estamos para pór trabas á felicidade dos demais. Mais non é así. E sei que hai cousas difíciles de comprender, mais non nos cansemos de buscar o lado bo da xente. Hai xente con ilusión, aínda queda xente con ilusión. Busquemos o lado bo. É tan sinxelo![]() Como o que fun pensando durante o día de hoxe que ía pór aquí. Ao final non puxen nada diso. Nin as cancións que pensaba (ultimamente escoito moi pouca variedade). É tan sinxelo coma iso. Rematar no Viñarrock, en Coimbra, en Lisboa, en Brasilia, en Ortigueira, en Muros, no meu cuarto, nos coches oníricos, nos portais rotos ou por romper, nos sofás epilépticos, nas frangullas de pilas recargables, no medio de oitocentas relacións (das que todos pensamos que teñen algunha que OUTRA pingueira). Cantas veces puideron morrer todas esas persoas coas que falamos un pouco e non sabemos se seguen aí? Que pasa cos tuentis da xente que morre? A onde van as frases que o msn non envía? Cantos toques se teñen dado sen acender o móbil? Algunha vez nos cruzamos con alguén escoitando no seu emepetrés o que nós escoitabamos no noso emepetrés? Cantas entradas falando de mil paridas e do tristes que somos/estamos mentres sorrimos ao andar por aí? Canta profundidade temos, hostia. Somos todos tan caralludos. Proximamente, novo concurso. Ídevos preparando, lacazáns. Non dixen nada de todo o que soño e non o vou facer. Atolondrado. Non gandul franco mester do estado de percepción. Os fracasos e os garaxes. As miradas e os pósters aleatorios. As fotografías e os ramos de margaridas. As baladas e os morfemas socráticos. As leis naturais e os chaveiros de equipos de segunda división vidos a menos. As barbas de mentira e os brincos de prata. Os billetes para o cinema e os eucaliptos do día. As putas e os poetas dan medo. A sociedade lévaos perseguindo durante séculos. Son perigosos. E neste país non hai nin do un nin do outro. Hai putadas e poesía, mais non hai executores. Gandul franco. Mester. Estado soño que o vou facer. Non o dixen. Ave amarela. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Non, esta noite tampouco. Facer bromas aos amigos facendo que morrestes e despois aparecerlle cunha capa branca por riba do corpo e facer Bu e coller e rir todos e chorar algúns bulir cada un para o seu cuarto e hoxe non morrería por ti cariño non morrería nin por min nin por todos os meus compañeiros o deportivo é unha merda de equipo ou é peor que calquera neno con deformacións oculares imprevistas. Bu! Creo que non te vas asustar cando te berre un Bu ao ouvido, mileidi. Que me queres? Que me queres? É tan sinxelo...
Just tonight I would, I would lay here for you Teño a miña casa nun zapato![]() Quérote máis que ao meu zapato vello.
-cando volva do andar de neuroloxía montamos un concurso, vale?- -canto o meu canto antigo...- -tumbalacuribambaminegra-
TUMBA! TUMBA! TUMBA! TUMBA! TUMBA! TUMBA! Heterosexualidade ao carallo![]() Clive Owen, deixaría que me fixeses de todo. De todo malo. Gudeljtodas esas poetas Tres veces a tiro (Habeas Corpus)![]() BretañaGranBretañaAntesRoja |
Archivos
TemasEnlaces
|