Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2009.

O antigos esquimais

20090706122058-albatros02.jpg

Os antigos esquimais deixaban escritos na area e cazaban albatros.

In albatros we trust!

We don’t know how to do with Silver Rose!

Somebody wants to execute him.

But he likes it...

06/07/2009 12:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Are you alive?

How does it feel to be alive?!

Voltamos vivos de Lisboa. We are alive. We are the world, we are the children.

Antes de soltar os titulares da viaxe, só dicir que os concertos foron impresionantes. Slipknot foi incríbel e cun directo mellor do que agardaba e Metallica estiveron inmellorabeis. Poño aquí o setlist do concerto que deron para que vos fagades unha idea:

1.- Blackened
2.- For Whom The Bell Tolls
3.- Holier Than Thou
4.- Leper Messiah
5.- Fade To Black
6.- Broken, Beat And Scarred
7.- Cyanide
8.- Sad But True
9.- One
10.- All Nightmare Long
11.- The Day That Never Comes
12.- Master Of Puppets
13.- Fight Fire With Fire
14.- Nothing Else Matters
15.- Enter Sandman

16.- Die, Die My Darling (versión dos Misfits)
17.- Whiplash
18.- Seek & Destroy

E da viaxe, dicir que foi, basicamente, unha viaxe que flipas! Titulares:

- Vendedor senegalés: España es la mejor gente del mundo. Cáceres, Huesca, Madrid, Zaragoza, Valencia, Barcelona, León, Jaén, Burgos, Albacete...
- Antonio Banderas, o peor camareiro do ano.
- A canadiense coa súa guitarra de Marrocos. A cervexa fai amigos!
- Pánico animal en Porto. Entre a matanza a paus e o susto a Pau.
- Onde ficamos? Radio comercial!
- Existen as portuguesas guapas? Unha ía andando para o norte, sería galega.
- O accidente que case nos papamos á altura do estadio do Porto.
- Idea chave: degustaçao.
- Fillas da puta das francesinhas. Molho matador.
- Quen vixía a praia en Espinho? Rex!
- Antonio Pena non colle na súa ducha!
- Antonio Pena: yo creo que los portugueses hace tiempo hicieron un pacto con los baldosines.
- O bocoi d’O Preço Certo, un home común.
- Sandra! As pizzas que?!

E moitas máis, seguro.

O dito: unha viaxe caralluda.

Caralluda que flipas!

13/07/2009 12:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Discurso graduación da promoción 2005-2009 de Filoloxía Galega da UDC

20090713124206-graduacion.jpg

Boa tarde.

Amigos, familiares, profesores e compañeiros, somos a promoción 2005-2009 de Filoloxía Galega. Si, somos poucos, abonda con botar unha ollada á nosa orla, mais foi moi diferente a forma de pasar pola carreira dos seis alumnos que hoxe nos graduamos. Desde aquelas que acudían ás aulas cunha devoción mesmo fervorosa, pasando polos que fomos loitando coa procrastinación, até os que focaron os seus esforzos na defensa das causas que consideraban xustas, sen esquecer aos compañeiros que foron caendo polo camiño… E a Farruco, que finalmente non se puido licenciar.

Alén disto, fomos, somos e seremos un grupo fortemente unido, un grupo en movemento e que non permanece alleo ao contexto cultural e social no que se encontra inmerso. Así, vimos nacer a aula Manuel María ou a sala Ricardo Carvalho Calero, demostrando recoñecer de quen somos debedores, mentres hai quen nunha errada reacción infantil se empeña en reclamar aulas para outros personaxes baixo o lema de Teruel existe... Aínda que nós seguimos sen o atopar no mapa do país. En fin, supoñemos que o día que caian na conta de que Vigo tamén existe igual comezan a reclamar a aula Gloria Lago.

O futuro parece escuro. Espectáculos lamentábeis, ridículos e ferintes como a derrogación do decreto do galego e o crecente odio ao noso idioma fan prever un camiño cheo de dificultades para nós como licenciados en Filoloxía Galega.  Mais que non se leven a engano, o desalento e o desánimo non figuran no noso vocabulario. Temos unha conciencia firme e sen estridencias. Temos unha identidade que compartimos e da que só fican fóra aqueles que fixeron do descoñecemento e do medo o seu xeito de vivir. Temos unha lingua e non temos medo a usala.

Non podemos deixar de agradecer fondamente a todas aquelas persoas que colaboraron na nosa formación ao longo destes anos, desde o primeiro até o último, sen excepcións. Tivemos a sorte de contar cun profesorado de mulleres e homes fortemente motivado, dialogante e moi interesado na nosa formación como profesionais da lingua e da nosa cultura. Como é lóxico e de agardar en calquera grupo social, houbo encontros e desencontros, sendo estes os menos, mais, sen dúbida, todos gardaremos un bo recordo desta etapa das nosas vidas. E, desde logo, cando nos pregunten oes, como é facer filoloxía galega na Coruña? Verémonos na obriga de responder como o faría un dos nosos profesores: apaixonante.

Tampouco queremos esquecer a todo o persoal da facultade sen o cal esta pequena familia non funcionaría e, tampouco, aos nosos compañeiros das outras filoloxías cos que, nun maior ou menor grao, mantivemos unha boa relación e unha convivencia axeitada. Chega con lembrar algunha das aulas das materias optativas que compartimos os tres grupos… Ou como baixabamos nos autobuses urbanos cada vez que celebrabamos un dos sucesosos magostos de filoloxía.

Unha especial mención, xa para ir rematando cos agradecementos, ás nosas familias, por nos apoiar ao longo deste tempo e encaixar ese golpe que supón o feito de escoitar: mamá, papá, vou estudar filoloxía. Tamén lembrar desde aquí aos nosos amigos, parellas, amantes de todo tipo e condición, por aturar que sempre houbese alguén disposto a lles correxir algunha colocación do pronome ou a lles recomendar un poemario de literatura caboverdiana e, por suposto, polo seu ánimo nos momento máis difíceis.

Nada máis pola nosa parte, só dicir que foi un pracer formarmos parte desta estraña familia e que por moito que o intenten, que saiban continuaremos a falar galego porque si, porque nos gosta, porque nos peta e queremos e nos dá a gaña.

Saúde!

13/07/2009 12:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Grabacións inéditas de Silver Rose e a súa compañía farmacéutica

20090713231800-silver-rose.jpg

Segundo parece, os que montan o myspace de Silver Rose & The Farmaceutic Co. tiveron acceso a un dos ensaios e puideron ratear algún tema novo.

O tema é xa coñecido polos que nalgunha ocasión puideron asistir a algunha das súas escasísimas actuacións.

Como vemos nesta fotografía, unha das poucas que temos de Silver Rose e na que o vemos nunha das súas farmacias preferidas, a elegancia e as substancias de dubidosa tolerancia para o ser humano seguen a ser a marca característica da vida deste sospeitoso artista e da súa obra.

He needs to talk with...

13/07/2009 23:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Aínda vos podedes apuntar

20090714163533-balonaso.jpg

O IX Campionato de Fútbol de Salón de Baño, na súa edición de 2009, celebrarase os días 31 de xullo e o 1 e o 2 de agosto no polideportivo de Miraflores, en Muros.

O custo da inscripción por equipo será de 40 €. Poderán apuntarse chamando ao teléfono 630 25 58 48.

Os premios serán os seguintes:

  • 1º Clasificado: 500 € + trofeo.
  • 2º Clasificado: 250 € + trofeo.

O sorteo terá lugar o día 30 de xullo ás 22 h. n'A Casa da Churra, na Praza da Pescadaría, en Muros. Tomádelle unha xa que ides.

14/07/2009 16:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Tensión

estivemos coas rapazas do edificio máis alto
e coas que non subían no elevador
    estivemos con elas cando todo ía ficando máis lonxe
    e menos alto
estivemos xusto detrás delas cando
        ao noso pesar
    todo ía ficando máis en silencio
    máis calado
e a calma rebentounos os ouvidos

14/07/2009 18:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Vivindo nun tempo tonto

20090716194446-bar.jpg

Sempre quixen dicir cousas como hai un millón de putas fitando o sol, mais ía ficando durmidiño e non había xeito de manifestar todo aquilo. Sempre quixen dicilo. Dá igual.

Onte pensei un poema longo, onte pensei poema. Poema e versos. E toda esa trapallada. Todo iso sobre parecer estar sentado e estar acacorentaesete. Clase media baixa.

Hai un espazo entre as tetas dun muradán que sempre fala de si como un desterrado que está alugado permanentemente á xenreira. Hai un espazo entre as tetas dese muradán que todos consideraban estar preparado para acoller esperanza e mariconadas do estilo. De feito, todos os síntomas de esperanza xorden exactamente de alí, mais a xenreira é a que o ten alugado de xeito permanente.

A miña vida, pequena.

Xusto entre ti mais eu.

Onte, xa o dixen, pensei un poema longo, pensei nun poema longo. Pensei longo poema.

Xusto entre as tetas, exactamente a dúas cuartas do embigo e, hostia, moi lonxe da capacidade lírica folcloricamente ligada aos que somos de costa falta todo o que xa me foi roubado e todo o que foi dado de balde para continuar abrindo camiño, abrindo paso.

-Déixame axudar.

-Non, agradecido.

Supoño que haberá que seguir coa música, repasando as traicións, analizando as miradas e escribindo mariconadas (pirola against ass) coma esta para chegar a dicir algún serán que hai un millón de putas fitando o sol.

Ti xa sabes o que quero.

16/07/2009 19:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Moita mafia

20090717211320-padrino.jpg

E morre entre as tomateiras.

17/07/2009 21:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Mudalo

20090719204950-agora.jpg

Queremos mudalo.

Para mellor.

Nada muda.

Tristemente, temos o que vemos.

19/07/2009 20:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Non mudalo

20090720091028-agora.jpg

Non o queremos mudar.

Nunca.

Malia que todo mude.

Felizmente, somos o que queremos ser e sempre ficará IGUAL aquilo que non queremos mudar.

E que rebente o mundo...

20/07/2009 09:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

MuD-NON-a-LO

20090720114450-agora.jpg

Malia que mundo mundalomundar-émoLO.

Tristelizmente, mellor, paramellor. ME. Vemosoque.

Mudanada, munada. Felistemente, peor que nunca nada xamáis.

Mudar e todo iso. Quer que sexa. Quer que for. Queremosquesi.

Adiante.

20/07/2009 11:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Mamoneo post-coitum

pim!
pam!
mamoneo post-coitum!

pim!
vacas e coros!
mamoneo post-coitum!

estúpida!
mongol!
mamoneo post-coitum!

set up my utero!
mamoneo post-felatio!

arrombándonos!
hixiene!
ducha post-coitum!

fuck me tender!
mamoneo post-coitum!

algún comentario?
faite a un lado!
mamoneo post-penetratio!

rachar-condón-rachado-seme-beizos!
merda de can!
mamoneo post-bukkake!

come and get it pirola na mesa!
pirola tesa!
erection post-erection!

exclamation-conxunto-de-berros!
break your ass!
scream post-anal!

mamoneo!
mamoneo!
mamoneo post-coitum!
mamoneo post-coitum!
post-post-post-coitum!
mamoneo post-coitum!

20/07/2009 21:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Culturistas sen lentes de sol

20090722151653-culturetas.jpg

Gran Canaria pode que sexa un país, non o imos discutir.

Onte espertei con esta canción de The Gossip en repeat na mente. A mente é un lugar para as amantes. O Corán é un best-seller.

Soñar que escapas a un bar de mesas redondas e baixiñas con alguén que podería ser un león diante. Conversas no cuarto de baño sobre tamaños de pirola. En consecuencia, fuxida peliculeira do bar de mesas redondas e relativamente baixiñas. Fuxir pola cidade adiante. Atoparse cun xitano que nos indica que nos vai roubar, un cu branco galego non ten nada que facer nese encontro racial. Hostias polo aire que non conectan coa faciana. Todo moi onírico.

Mensaxe.

Viva o viño.

Intercambio de mensaxes. Tal e como adoitan ser esta clase de renuncios.

E ás 2 da madrugada vas tomar un vaso de leite.

E pronuncias -ninguén o escoita, estás so- na túa cama e entre os teus lenzos preferidos:

-Cerdeña non existe.

Muros. Celeiro. Jaén. Granada. Carrasco. Oleiros. Cerdeña non existe.

Ao final, ninguén de nós será inocente.

Culturistas sen miopía. Fortes como se fosen inocentes.

O lume... Sempre o lume.

22/07/2009 15:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

E ele estava realmente morto

irmáns!
irmáns!

mataron o mestre!
mataron o fillo de deus!

irmáns
e agora que imos facer?
quen se fai cargo de cacharro?

    o vice-mesías

    obvio

22/07/2009 20:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Probádeo

20090722233849-merda.jpg

Se mirades pola parte de atrás do voso monitor, veredes a parte de atrás deste bloguiño e comprobaredes como intento unha e outra vez meter a pirola polo porto USB para traer até aquí todo este mon-te-de-mer-da.

As palabras, amigos, as palabras... Pobres delas...

O significado está sobrevalorado.

22/07/2009 23:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Moita carne

    estás de coña

    dime que estás
    de coña


oito inconsistencias
coma esta
mentres trataba de se colocar
novamente
as bragas
violetas

muller contra tremenda
pirola-grande-enorme

muller nerviosa
moita carne que
case a fende
e que
cando ve volver
novamente
tal ariete
só acerta
a berrar

    penergúmeno!   

23/07/2009 13:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Hai demasiado

20090724132614-bailes.jpg

Está ateigado.

Mil flequillos, mil pantalóns pitillo. A onde imos, meu?

Alá vai!

Un baile?

Be rabbit...

24/07/2009 13:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Danger!

20090727180052-perigo.jpg

Perigo. Coidado. Andade con coidado.

Hai que ter moito ollo cos bocatas de criollo.

Visitádenos a cabaseira e saberedes de que estamos a falar.

Xa de volta en Oleiros e gustaría de poder durmir para sempre. Os domingos de resaca, sol e cordas rotas. Fendidas, vaia.

E estás bo, home, malia que xa leves tres operacións enriba. E tamén gustamos de ti, intelixentemente.

Hai que ter moito ollo cos bocatas de criollo e hai que ter coidado co que non se dixo case nunca. Case nunca. E case sempre tamén. Suporemos que todos estamos onde debemos. E todos estamos por como bebemos.

Quixese durmir para sempre. Ficar durmido.

Díxose. A vida non pode ser tan puta que non sexa como ten que ser.

Non hai problema.

Que hora é no paraíso?

Esqueceremos todo?

27/07/2009 18:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Escolleremos

Entre este e este.

28/07/2009 14:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

París non é a cidade do amor

20090728214859-paris.jpg

-A cidade do amor é onde ti me digas.

Despois sorriu. Sempre sorría tras levar a contraria. Mesturouse co resto dos imbéciles que ateigaban o pub.

Ela mantivo a súa cervexa preto do embigo, para se enfriar algo o estómago. Vomitar e ter que escoitar esa clase de cousas do máis subnormal do lugar non presta a certas horas. París aínda lle lembraba tres ou catro nomes de varón.

Unha amiga turrou dela e explicoulle que tiñan que se mover a outro local onde estaban uns rapaces cos que acordaran verse.

Todos eran uns imbéciles.

E París non é a cidade do amor. Soberana subnormalada.

28/07/2009 21:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Semana lemística de "Goodfellas"

Neste piso lembraremos esta semana como a semana Uno de los nuestros (Goodfellas).

Aí vos deixo unha das esceas das que máis gusto. Tremenda coreografía.

29/07/2009 14:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Gato negro

20090729160408-gato.jpg

Gato negro. Gato negro. Gato negro toca a guitarra porque pensa en negro, gato negro.

Es un gato negro, gato negro. Ninguén che di nunca aquilo que realmente es, porque non importa, gato negro.

Cando todos fiquemos sen combustible, un sinal dirá: repostaría.

Repostaría, comer unha torta de chocolate. Automóbil que non se move. Gasoil merengue.

Gato negro.

29/07/2009 16:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Liberdade de expresión e maratóns de fútbol de salón

20090730143921-kop.jpg

Nunca vos comentei que hai un homiño que viaxa tamén no Cal Pita que é mallado a Ian Gibson. Sube na parada da Pezoca (na de Diego, vamos). Como non sei se é el ou non, algunha vez na que eu levaba un libro de Lorca, fixen por que o vise, dun xeito bastante estraño. Mais, en fin... Que vos vou contar?

Entereime de que o pasado día 24, en Compostela, tocaron os KOP. Aínda me estou a cagar en todo desde que souben do acontecemento. Merda!

Marcho hoxe cara Muros. Maratón de Félix. Aínda estades a tempo de vos apuntar.

As máquinas de café teñen avariada a ventolina.

O café erógase.

As cervexas con media raxiña de chourizo.

Empanada á que non se lle come o lardo.

Para tal fin, escóllelle o azucre.

Azucre. Cervexa. Azpilicuetémonos perdidamente.

Para a volta? Hostia! Para a volta moito máis!

30/07/2009 14:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Lámbeme

non teño saldo

30/07/2009 14:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]