Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2009.

Betis a segunda

20090601171054-betis-segunda.jpg

E esperemos que dentro duns anos disfrutemos dun Betis-Leganés.

01/06/2009 17:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

O concello de Cagas

20090601201528-cangas.jpg

Está que te cangas.

Supoño.

Que ben o paso estudando...

01/06/2009 20:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Com-puta-dora

relación fábulas

principio xeral formativo: aquélame os labios

relación iniciática

principio xeral formativo: déixate facer

relación estrutural

principio particular: cachas contra o cancelo

relación destreza do automatismo

principio xeral mutilante: creo que te quero demasiado

relación parella de ases

principio irónico: bragas do trinque

relación memoria de elefante

principio dicotomía elegante: contigo contigo é diferente


finalizada sondaxe
rematado proceso selectivo
maio 2010
pernas sen unha pinguiña de graxa
    ummm...

01/06/2009 20:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Bispos afirman que o aborto é moito peor que a pederastia

20090602215203-cura.jpg

En declaracións a este blogue, o representante dos bispos comentou:

-Só fodería... Cantos máis abortos, menos temos onde metela, menos pirolas polas que soprar e menos conas nas que xogar cos crucifixiños... Nada, nada. Menos aborto, máis canteira!

Continuaremos a desinformar.

02/06/2009 21:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

En verán duchámonos en auga quente

20090604092152-ducha.jpg

En inverno duchámonos en auga fría.

En primavera e outono deixamos que nos chova enriba.

Os chineses serán moitos, mais en cuestións de hixiene e de literatura portuguesa andan xustiños.

04/06/2009 09:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Eu sou de ninguém

Eu sou de todo o mundo.

Não é minha intenção fazer ninguém concordar ou discordar.

E teño que deixalo ir. Let it go. Let it grow.

Dous exames xa feitos. Dous exames xa feitos. Hai un coche preto (perto) do Juan Canalejo que é como o teu e miro a ver se estás e non estás porque para ser o teu coche non basta con ser como o teu coche. As cousas son o que son.

Onte traboume unha pequena serpe dunha cor entre verde e negra (preta) e Victorio & Lucchino dirán o que queiran.

Cachimbo. Manoel-Antonio xogaba ao chincho sen arriscar nunca. De menos dez en menos dez.

Compostela e choiva.

Muitos voltaram indignados, muitos voltaram atrás, muitos voltaram para onde nunca deveriam ter saido.

Eu sou de ninguém.

De ninguém.

05/06/2009 00:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Algo terán

non sei
que lles pasa ás árbores da urss

perderon a súa condición
de sementais
perderon a súa condición
de sementais
perderon a súa condición
de bebedoras afeccionadas
de sementais
e xa non se portan mal

05/06/2009 10:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Inglaterra, indixencia e outras decisións

20090606115123-decision.jpg

Cando os ingleses se xuntaron todos ao redor dunha mesa para decidir que palabras entrarían no idioma inglés, tiveron algun que outro momento de lucidez:

    Inglés baixiño: A ver, xa aclaramos que vaca pasará a se dicir cow e can dirase dog. Seguinte punto: como diremos crema e berrar.

    Inglés de gran cráneo e barba cutre: Buf, non estou para tomar decisións. Non estou nese plan.

    Inglés baixiño: Alguén ten unha idea?

    Inglés heterosexual: Alégrame que cheguemos a este punto, levo moito tempo traballando nisto. Sen ningunha conclusión, por certo.

    Inglés baixiño: ...

    Inglés heterosexual: Vale. Xa calo.

    Inglés miope: Por min podiamos dicir cream para falar da crema. E outra cousa, sabedes se botan o partido do Dépor na Sexta?

    Inglés obeso:
A min váleme o de cream.

    Inglés baixiño: Pois listo. E para berrar, que?

    Inglés hespañolista: Una cosa os digo, con todo esto creo que estamos imponiendo el inglés. Y, no sé vosotros, pero yo quiero elegir en que lengua o dialecto son educados mis ingleses-bebé.

    Inglés obeso: E se lle metemos un s ao comezo de cream e vía?

    Inglés iconoclasta:
Por min adiante.

    Inglés baixiño: En plan scream? Fica entón scream para berrar, beibes?

    Ingleses a coro: Claaaro, meu.

Estas sabias e meditadas decisións léxico-fonéticas tiveron algunha que outra feliz consecuencia. Entre estas, temos a de que, décadas despois, un grupo de metal (dos que querían transformar todo en metal), ao se veren na tesitura de compor unha canción publicitaria para unha marca de café imaxinaria, empregase estas dúas palabras nun dos mellores versos da literatura mundial:

    And scream for your cream!

Xa dixen noutra entrada que xa levo feitos dous exames (burros!), o último, de literatura portuguesa (con erótico resultado).  O próximo celebrarase (celebrate good times, come on!) o 15 deste mes. Para este exame xa me verei na obriga de enclaustrarme, física e mentalmente, polo cal, se xa até aquí cheguei feito un animal, podo acabar comunicándome mediante ouveos. Non sei manter unha conversa en condicións.

Onte fun xogar ao paddel. Chamáronme e fun. Durante o partido non deixei de pensar que os borrokas deberían practicar paddel,  en troca do pijerío, que é como é o tema. Tamén pensei en nomes de muller. Creo que era a segunda vez que o xogaba na miña vida. Son un paquete xogando e, non me digades como, mais acabei sangrando. Até xogando ao paddel acabo sangrando. Xeonllo en xogada espectacular, of course. Borrokas xogando ao paddel. Rapazas católicas con tirableques lanzando parafusos. Os obreiros do metal de Vigo.

Diante dunha oficina dunha caixa de aforros na Coruña, unha muller pide cartos, sentada no chan. Non está nada limpa: roupa rachada. Un minusválido indixente pasa na súa cadeira con rodas por diante, míraa de arriba abaixo e extrae un veredito. Os xuízos na pobreza son outra clase de xuízos. Licor café ás 7 e pico da tarde.

As decisións, amigo, as decisións.

Vou estudar.

Seguiremos desinformando.

06/06/2009 11:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

El Marqués de Txorrapelada (Koma)

Abran paso a su eminencia.
Abran paso que se acerca
el marqués.

07/06/2009 16:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Quero facerche un regalo (Xiana Arias Rego)

20090608092019-estruja.jpg

-Quero facerche un regalo. Algo que sempre quixeses.
-volver empezar
-iso é cousa túa
-unha máquina de café coma as dos bares
-feito

08/06/2009 09:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Que as tuas harpas façam uma revisão

subes ao urbano
e mentres pasas o cartón
polo lector
xa sabes que te está a mirar

ten un cinto azul
e tamén ollos de mala persoa

ten
por así dicilo
a xenreira de todos os pobos
precolombinos

sentas ao seu carón

    que tal?

    ben
    e ti?

    ben
    e ti?

    co corazón aberto
    xa dixen
    non?

    ben?

    si

    ben
    imos pola cidade

    gustas dela?

    da cidade?

    non
    da xenreira dos pobos precolombinos

    pero iso non o dixemos nós

    quen o dixo?

    díxoo o eu lírico
    narrativo
    ou como sexa

    aaa...

    ben
    e ti?


baixas do autobús

nunca confundas un autobús
cun puto poema
nin unha mala borracheira
cun baixón emocional
da hostia

08/06/2009 16:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Complexidade

20090609011650-maiorforella.jpg

Oh, faster! Faster! Yeah! Yeah! Don't stop! Don't stop! Fuck, yeah! Taste it! Open your mouth! Open your fucking mouth! Yeah! Faster! Yeah! Yeah! Agh! Woa! Fuck!

09/06/2009 01:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

I bought my baby a red radio

acababa de fuxir
do coche dunha morena
    pequena e sinxelamente moderna
        pouco linfática

e percorreu uns
dous quilómetros
até alcanzala
    xa marchaba

esta tamén era morena

caeu
    rebentado da carreira
        look
        he's runnin'
e bicou o chan
diante dela

cuspiu unha xoguiña
    que lle entrara na boca

ela entrou no portal
e subiu ao seu piso

el ficou na rúa
        where the streets
        have two names

e o moi gilipollas
vai
e cóntao na radio

09/06/2009 10:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Hanoi

20090609211037-hanoi.jpg

Hanoi é a capital de Vietnam.

Todos queremos ir a Hanoi.

09/06/2009 21:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Um conceito muito amplo que admite diversas definições

carreira continua
cinco horas arribabaixo
    un integrista do fitness
    nazi graxa lardo do bisté
cansa
cansa cansa
cansa cansa cansa correr tanto
    evaporación constante
ducha
enfilar para cama

espertar maniotas
traballo impostos hipotecaralladas
manter unha opinión
ser leal
ser fiel
equidistancia
e que dis?
e quen o sabe?
arrombar a vida
emocións cacharros cargados
    xeos xeos xeos desvirgados
escoitar rir sorrir manter un estado de desánimo
economía submerxida
    felicidade submexada
    mexada á altura do nocello
        consello de guerra

relación emocional
    coidado non nos agobiemos
    coitado
    non sabes o que queres
    se ti estiveses onda min
    tirar unha fotografía bicos lingua
    fotografías na cama
        lenzos brancos de encaixe
    suor cama
    nazis do sexo
        tócame naquel sitio
            lámbeme como onte
            non
            así non
            dixen como onte   
            non sabes facer nada
        tócame daquela forma
            déixao así non se pode
            déixoo así non se fode
    terra promesas
    tradición
    hipotecamadas de fillos
relación emocional política dos sogros
    ter un traballo
        boa cousa
    catolicismo non practicante
        boa cousa
    rapaz de ciencias
    coche novo do trinque
        véxote e véxome cando era novo
            mais non es novo
            cheira a morto
    boas intencións
    ficar a comer durmir na de invitados

os amigos de cando en cando
bar de sempre
historias nenos fumando no soto
    sotto voce susúrrame veñen teus pais
        o cigarro no peto
        lume e fume todo un
    risas despois das hostias pretéritas
contos
andar aos contos
cantos contos contas
resaca mulleres fodedumes partilladas
    conas que xa eran de todos
    conas das que até se opinaba
    taboleiro anuncios conas para grupo de teenagers
    mulleres non son persoas dicía dende a barra do bar
    e que ben recendían

rendir
rendirse
dicir a todo que si cando non
dicir a case todo que si cando sempre é que non
    asumir
ser un máis
arquivos datos persoais ser un número
votar mandar unha mensaxe en nadal
    ser especial para un grupo reducido de persoas
non transcender sobreporse ás derrotas
    disfrutar da nada
confiar nos demais
cada sorriso e cada momento especial
    facelacamaparadesfacelacamadesfacelotodo
desfalecer na cama

mañá será outro día

outro día exactamente
igual

09/06/2009 21:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Invítame

20090610230552-caracol.jpg

Quero ver a túa casa.

E coidar das túas finanzas.

10/06/2009 23:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Sempre estarei indignado

20090611184719-anoluz.jpg

Con que os anos luz sexan unha unidade de medida.

-Canto viño bebiches onte?

-Tres vatios uralita.

Nada.

Corolario: non mirar nunca directamente o fecho do cu de alguén que se chame Luz.

11/06/2009 18:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Feliz Nabidad

20090611223439-pantasma.jpg

Pederastía ou morte.

11/06/2009 22:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Bad mirror (The Vicious Five)

 

All eyes, all eyes, all eyes on me now.
Who am I, Who am I? Who am I trying to be now?
Don't touch me. Don't touch me. Don't touch me.
I don't feel good.
Just shut up. Just shut up. Just shut up.
Shut up and love me.
Shut up and love me.

We got enough self esteem to have no self esteem.
We're all ugly.

I wanna, I wanna, I wanna, I wanna break that mirror.
I'm gonna, I'm gonna, I'm gonna,
I'm gonna break that mirror.
I should've, I should've I should've,
I should've break that mirror.
It wouldn've, It wouldn've, It wouldn've,
It wouldn've break me.

We got enough self esteem to have no self esteem.
There's nothing beautiful here
We're all ugly.

12/06/2009 12:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Let's get away

20090612230155-fugida.jpg

Marchou coas gomas das bragas dadas de si propias. Bragas que non se mantiñan no seu sitio. Bragas polos nocellos. As bragas están unicamente definidas pola súa púbica situación, emprazamento. Bragas na boca non son bragas: son fenómenos atmosféricos. Choiva.

Obviamente, esquecera rotundamente o nome de case todos os nomes de varóns que a tiñan bicado intimamente (pescozo-ouvidos-clavícula) en favor do nome doutro varón con carreira case rematada.

O café axudábaa.

Todo soaba como se fosen problemas, mais as bragas non dicían o mesmo:

-Por aquí todo ben. Adiante.

Ela tamén sabía que, despois de tantos fracasos e tantos intentos de erguer a mirada (fracaso), non importaba nada moito, realmente. As bragas.

E marchou, como marchan todas.

12/06/2009 23:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

I think that someone is trying to kill me

20090613015652-fugida.jpg

Chegou feita merda, chorando (mais ben, intentando dar a impresión de estar a chorar). A vida non era o que ela esperaba. Nada ía saíndo como pensara nos bancos do parque mentres poñía nomes a todas as vellas que pasaban.

Chegou feita merda, sen ter puta idea de literatura soviética. As bragas había varios meses que non coñecían o sabor da versión que Eroski fixo do Ariel. Podíase saber o número exacto de días que as lavara por última vez se se contaban os aneis que había nas marcas do mexo e da merda. Contando os aneis como se fose unha árbore. Paleoecoloxía xenital.

Pediu que a escoitase durante uns minutos.

Obviamente, esquecera rotundamente todas as veces que lle tiña fallado. E non comprendeu que lle pechase a porta na cara, subise un pouco o volume da música e non quixese saber máis do asunto.

Chegou feita merda e, tal como chegou, marchou.

Marchou, como marchan todas.

13/06/2009 01:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Planificación verán 2009

20090613123254-area-mairo-036.jpg

Primeiro:

Estudo duro das materias das que me examinarei en setembro.

Datas: de luns a venres, desde finais de xuño até as propias datas do exame.
Lugar: no meu cuarto e nas bibliotecas que me deixen pasar.

Segundo:

Optimus Alive.

Grupos a ver: Metallica, Slipknot, Mastodon, Tv on the Radio, The Vicious Five e os que se poidan.
Datas: saída 8 de xullo, volta 10 de xullo.
Lugar: Paseo Marítimo de Algés, Oeiras, Lisboa.

Terceiro:

Festival Arreaocabo.

Grupos a ver: Betagarri, Lamatumbá, Boikot, Twenty Fighters.
Data: 18 de xullo.
Lugar: Celeiro.

Cuarto:

Maratón Fútbol de Salón de Baño.

Funcións a desempeñar: controlador de marcador e estatísticas variopintas, home sudado con fígado fóra.
Datas: 31 de xullo, 1 e 2 de agosto.
Lugar: Polideportivo de Miraflores, Muros.

Quinto:

Castelo Rock.

Grupos a ver: Siniestro Total, Boikot, Kogito, Ruxe Ruxe, Gatillazo, Doomsday clock.
Datas: 7 e 8 de agosto.
Lugar: Muros.


De momento, até aí. Agardo máis propostas. Saúde!

13/06/2009 12:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Néboa

20090614234526-neboa.jpg

Desde hai uns días hai néboa en Oleiros.

Séntalle ben a néboa a Oleiros en xuño.

Ceo gris.

Nada detrás.

E diante? O baleiro.

14/06/2009 23:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Non podía ter fillos

20090615000445-can-morto.jpg

E mercou un can.

Meteuno no útero.

E finxiu un parto.

Foi lamentábel.

15/06/2009 00:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Fuximos

20090616000656-estrada-deserto.jpg

É dicir, non puidemos ficar na vila. Como iamos ficar?

Nada, arrincamos segundo espertamos, que foi cando comezaron a petar na porta. Petaron cos cotelos, que é como se peta sempre. Non coas mans abertas, como fan os evanxelistas (relixiosos do carallo).

Saímos pola xanela traseira do cuarto. Non intentes abrir unha xaneliña con dúas sandías en lugar de mans.

O polbo que levabamos na cabeza a modo de perruca imposibilitou que vísemos o control que a policía estatal montara un quilómetro despois da estación de servicio. Vicio. Case todos os policías aquí eran conservadores, no que refire aos prebes e os condimentos. Odio este estado. Como iamos ficar? Non podiamos.

Conseguían esquivalo, malia ter o chan cheo de tonas de laranxa. O almorzo rebosáballe (ela sempre me mira cando a miro) pola comisura dos labios. A vila ficaba xa lonxe. Alcanzou un anaco de torta de amorodos e deuma a probar: Os vermes pensaban na nosa carne e na de todos os que deixabamos atrás. Confiaban na nosa carne.

Coma sempre, había un tolo no medio da estrada. Matariamolo sinxelamente porque lle imitaba a todos os nosos antigos amantes. Non o matamos. Mireina. Miroume. Ela sempre me mira cando a miro.

Fuximos.

Alguén rebentara a nosa felicidade había tempo e só había estrada que percorrer. O resto non tiña importancia.

O almorzo é, case seguro, a comida máis importante do día.

16/06/2009 00:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O conflito lingüístico

20090616162541-lingua.jpg

O conflito lingüístico fica resumido na dicotomía horizontal/vertical.

Vertical implica a morte do individuo.

Horizontal implica pracer.

16/06/2009 16:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

You have gone away

20090617183118-angola.jpg

Correndo. Correndo. Correndo. Correndo. Marchou correndo. Fixo un ruído moi parecido ao das tartarugas que caen a rolos polas costas. Correndo. Correndo. Como se fose o último que ía facer na súa vida e sen se amputar nin un só ollo, marchou correndo. Correndo.

Deixou os apuntamentos debaixo da mesa de traballo e marchou correndo. Escribiu tres ou nove brincadeiras cun xiz azul baixo os pés para correr máis rápido.

Non avisou nin ás inimigas máis afastadas (lonxe é algo relativo, pois se estás exactamente onde fica lonxe estás realmente preto dese lugar, claramente). A súa nai petou nas portas preguntando por ela, mais marchara correndo e a xente só lle indicaba que Muros ten xa menos gaivotas a estas alturas da partida.

O mundo toleara. Igual marchara debido a iso.

Alén disto, escribira cun xiz azul tres ou nove brincadeiras baixo os pés. As mulleres bulen.

Ela marchara.

Non importaba.

Había música, libros e unha bandeira de Angola.

17/06/2009 18:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Relación de inclusión

cando todos os músicos sexan violinistas
todos os peixes serán linguados

18/06/2009 23:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

As doce

20090618232140-reloxo.jpg

Son as doce.

As once.

Dez! Van nove.

Oito e pico. Sete mal contadas.

Seis e levo unha, cinco. Catro mesas para unha pata.

Tres tristes douses.

Un.

Cero rima con cero e remata esta entrada.

 

-non fagades caso ao que estades a ler. a consciencia é un invento. a consciencia é exactamente idéntica á idea de tocar o baixo, ver un partido e ter fame. os mistos son o cabreo. os mistos son xenreira pura. guindade mistos. facédeo por todos nós. que temos consciencia sabedores de que é un invento. zizou-

18/06/2009 23:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Hai algo que nos fai tremer

20090619162704-cunchas.jpg

As palabras non teñen utilidade.

Indiferenza.

19/06/2009 16:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Deixarédesme

morreu polas ás
morreu e mantívose doente
e preguntou a todos
    cando chegue co meu nome
    deixarédesme marchar?

20/06/2009 11:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Lucía, comando procrastinador severo

20090620155305-bu.jpg

Boas, amigos e amigas da manutención abusiva! Hoxe contamos coa presenza neste cutre bloguiño da última filóloga hispánica medianamente entrevistábel: Lucía. Como non podería ser doutro xeito, comezaremos como cómpre. Lucía, que lo?

Pues nada, por aquí procrastinando...

Como xa dixen antes, andas metida no alegre tema da filoloxía hispánica. Que poderías dicir dunha carreira como hispánicas na Coruña? Podes contestar, inclusive, sen ameazas.

Está muy arriba, uno siempre sube a filología. Es muy gris. Hay gente que pasea perros, un día se paseó un tipo en bata que se había ido del psiquiátrico que hay por allí. Desde que prohibieron fumar en los pasillas está en declive. En junio vienen hordas de economistas, aparejadores e informáticos que invaden nuestra biblioteca. Descubrí que hay un poeta que se llama Lorca que mola mil, flipas... Está guay para ir de reenganche. El magosto arrasa. Y... Quemaría a 2 o 3 profesores (¿esto es una amenaza?) y santificaría a Nodar, Yagüe y Celso. San Nodar fiesta nacional...

Unha vez rematada unha carreira, un sempre se ve na obriga de pensar en qué perderá o tempo despois. Que posibilidades manexas?

Irme. Lejos. Muy lejos.

Hai pouco fixeches o CAP e realizaches as prácticas no mesmo instituto ca min, coa mesma titora. Titora á marxe, como foi a experencia de dar aulas?

Curiosa. Hay mogollón de adolescentes.
Yo pensé que se habían acabado cuando terminé el instituto, pero no, sigue habiéndolos y hasta me hacían caso cuando les hablaba de las vanguardias. Está guay eso de poder contarle un montón de milongas a gente pequeñita y que aun encima te crean...

É verdade que ao teu primoxénito pensas chamalo, directamente, José Cuervo?

Sí, y lo llevaré a jugar con tu primogénito Azpilicueta.

Para quen queira ir guindarche petunia untadas en ketchup, diremos que vives por Bastiagueiro. Que opinión che merece a estatua do Che que puxo Gelo na rotonda? Sexamos francos, a quen porías ti?

Deberían cambiarla por una estatua de Stalin en invierno.

Unha sección que ultimamente causa sensación. Fálanos das túas tres peores borracheiras:

Una en la que me quede dormida en la paloma de la Plaza de Pontevedra y luego a media mañana subimos a filología a ver un recital de Méndez Ferrín, que no vino, y acabé a las 4 de la tarde en urgencias por una gastroenteritis, que compartieron solidariamente Pablo y Brais. Otra en la que llegué a mi casa y ante la imposibilidad de que las cosas dejasen de moverse me tuve que ir a dar vueltas por el jardín en bragas y me acabé quedando sobada en la hierba con mi perro y mi gata. Y luego pues lo mítico de vómitos, esguinces, exhibicionismos varios, no poder hablar ni entender nada cuando me hablan, volver a Bastiagueiro andando desde Coruña... Bu! sin más...

Os chineses piden auga quente nos casinos. Que cres que se inventarán os chineses sobre os galegos?

Dicen que llevamos un pulpo en la cabeza para aumentar el riego sanguíneo, lo que reduce a un 0,008753% las probabilidades de que tu lengua explote por mucho tiempo que lleves de pie... Flipa....

Agora que o Barça gañou o triplete, non che parece todo máis aburrido?

Que bah! Habiendo torneos tan divertidos como la copa de confederaciones, tan emocionantes... O si no la sub-21, que juegan genial, un control... Una técnica.... Iban primeros de grupo, ¿no?

Oh! Si! Agora ese momento no que poño palabras ao tuntún e ti pos o primeiro que se che pase polo bulbo raquítico:

Finlandia: Boli bic
Metal: Oscuro
Pelo: Tequila
Quilogramo: Correcaminos
Frankenstein: Salchicha

Todo o bo ten unha fin. Até aquí o noso tempo, rapaza. Graciñas pola túa colaboración e todo iso. Vémonos nas bibliotecas! Unha aperta forte!


Mu! O  como diríais tú y Ion: Vete pa tu puta casa!

20/06/2009 15:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 4 comentarios.

Adicións da época de exames

20090621113205-procrastinacion.jpg

Cando un está de exames, a procrastinación fai del un trapexo.

Ultimamente perdo o tempo na páxina de Setlist, entre outras cousas.

Outras cousas como ver documentais sobre o Metal.

Perder o tempo.

21/06/2009 11:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 130

20090621193434-estrada.jpg

En plan sen dicir palabra.

21/06/2009 19:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Basta ya (Habeas Corpus)

20090622162426-paz.jpg

Hace unos días caía muerto un policía.
Tres iban a ser los disparos que acabaron con su vida.
Hace unos días mataron a un policía.
Ejemplar trabajador, esposo y padre de familia.
Al día siguiente nadie hablaba de otra cosa,
al día siguiente no existía otra noticia.
Al día siguiente asistimos a su entierro y lloramos.
Cuando dijeron llorad, obedientes. Lloramos.
Dolidos por la pérdida de ese gran hombre,
hicimos nuestro el dolor de aquella familia.
Calificamos de inútil aquella última muerte.
Exigimos y rogamos, suplicamos que así fuese.
Sentimos nuestro cada pésame enviado.
Con él, dijeron, nos han matado a todos.
Guardamos luto y un minuto de silencio
junto a las Autoridades de cualquier color y signo.

Fuimos testigos de todo ese gran teatro.
De los comunicados de condena y de repulsa.
De las banderas que hondeaban a media asta,
de esa inmensa mayoría, de sus gritos,
del ya basta. Basta.

Asistimos a todas las concentraciones.
Fuimos a las mil y una manifestaciones.
Vestimos lazos de todos los colores.
Sus palabras permitieron que no dijésemos nada.
Aquellos días vestimos de tolerancia.
Cerramos filas en torno a la Democracia.
Ciudadanos bien, ciudadanos de bien
acusan no sé qué,
acusando a no sé quien.

El mismo día hubo una muerte sin noticia,
una de tantas que no se rentabilizan.
Una de tantas en las que es algún obrero
el que al igual que al vacío cae también en el olvido.
¿Qué valor tiene la muerte de un desgraciado?
El mismo valor que tuvo su nacimiento.
¿Dónde están sus viudas? ¿Dónde?
¿Dónde están sus hijos?
¿Dónde las condolencias?
¿Dónde tanto y tanto grito?

Fuimos testigos de todo ese gran teatro.
De los comunicados de condena y de repulsa.
De las banderas que hondeaban a media asta.
De esa inmensa mayoría,
de sus gritos, del ya basta.

Basta ya. Basta ya.

Ni sus manos son tan blancas.
Ni son blancas sus palomas.
Ni es tan blanca su bandera.
Ni tampoco sus entrañas.
Su cal si que es blanca.

22/06/2009 16:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

De botafume, botafumeiro

20090623165407-vedettes.jpg

De chave, chaveiro.

Feito xa o último exame, agora toca espallarse polo ar. Arrrggg... Teño setenta para setentembro.

Plan para a noite: confuso.

Plan para o resto de noites: confuso.

Té: si.

Chá: chá é té. Té: si.

Metallica agarda por nós! Alá vai! Mastodon agarda por nós! Miña nai! O resto tamén agarda por todos nós! Betagarri! Zutik! Zutik! Zutik!

Verán, borrascanticiclón, microclima, turista, festas orquestras de a peso, me das un beso te doy otro en la caluga, take your silly words e todo iso.

Verán, mal te vexo!

O venres temos o acto -sexual- da graduación. 18:30. Lerei o discurso, seica. Mal non pode ir, tendo esta clase de influencias oratorias.

Samo acércase ao micrófono:

¿Qué hora es? Son las diesiocho y treinta minutos. Tiene seTENta y DOS horas, a partir de este momento, el embajador de hispánicas para abandonar la facultad de filología, en solidaridad con inglesa y todo el pueblo de filología inglesa. Váyanse al carajo!

E despois, cea, saír e intentar -día seguinte, burros- volver a Muros despois de moitísimo tempo.

A euforia, a euforia, a euforia, a euforia é un invento. A euforia, a euforia. Bah! Bah!

Todos estes mandamentos resúmense nun:

ONDE ESTÁN AS BAILARINAS?!

23/06/2009 16:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Encontrar o tempo é perder o momento

20090624231812-canibal-3.jpg

Dá igual.

Dá igual.

Dá igual.

Dá igual.

Dá igual.

Dá igual. Dá absolutamente igual.

Dá igual.

Dá igual.

Non importa.

Pracer anal. Pracer anal. Pracer anual. Desastre anual. Pracer anal.

Dá igual. Non importa. Encontrar o tempo é perder o momento.

Son desigual. Dá igual. Mañá xa é xoves.

Vida polisilábica. Mínimo pracer. Dá igual. Pracer anal. Hei! Hei! Hurra!

Dá igual. Dá igual. Dá igual.

O mar! A euforia! A fraternidade! Morra o Dantas! Pim!

Madeira escura bosque erro. Non importa. Dá igual. Morra o Dantas! Pim! Morra, morra, morra! Pim!

Francisco Franco. Francisco Franco. Francisco Paco Franco. Paco. Morra o Dantas! Velocidade. Almanaques franquistas.

O mesmo camiño. Dá igual.

A torta de chocolate.

A fraternidade.

O tempo.

As vacas!

As vacas!

E unha soa sardiña.

24/06/2009 23:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Centrémonos

20090626095928-explosion.jpg

Hoxe acto de degradación á tarde na Facultade de Filoloxía. Ben. Lectura, uns petiscos, tomarlle algo antes da cea, cear e despois andar a rolos pola Coruña adiante.

Mañá -sábado, burricáns!- tocará intentar chegar á vila. Village people. Churrasco? San Pedro? Haberá alguén? Luck runs out.

O que não te mata tórna-te mais forte.

Foi un curso curioso, con moitos momentos complicados e duros de afrontar, mais todo saiu ben ao final. E se algo non saiu ben, non importa. Dá igual. Mostre as súas cicatrices. But we die hard...

Se nos matan o can... Mercamos outro can.

Durante este curso -atentos coa merda de exposición e consideracións cutreiras nas que vou ir caendo-  apareceu moita xente boa, ningunha persoa mala, encontrei un dos mellores libros que lin en tempo (O bosque harmonioso) e fomos facendo segundo viamos. E os erros... Dan igual. O que não te mata tórna-te mais forte.

A idea de ser forte non é algo que atraia moito, mais en inglés vaca dise cow.

Risefalldownriseagain.

Volveremos nuns días, se a vida acompaña. We die hard.

E unha cousa... Parabéns, Vito! Alegrón enorme! Arrasa!!! Xa o celebramos onte por ela na casa e teremos que facelo cando a vexamos outra vez!

26/06/2009 09:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

J'ai confiance

Tout va bien.

Y'a pas de problème.

27/06/2009 12:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]