Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2009.

María Vence, patriota lalinense

20090301213430-eu.jpg

Xentes destas e outras psicoesferas da rede, voltan a este puto bloguiño as entrevistas! E que mellor xeito de facelo que traendo a este sacrosanto lugar a un persoeiro -personaxe- tan inmenso como María? Moitos a coñeceredes por María Vence, mais ela ten máis apelidos e máis cousas que contarnos. Pasando xa ao tema, non podemos comezar esta entrevista sen che preguntar: María, que lo?

Preparando a caipirinha-party desta noite e baixando trapalladas de internet...

Como moitos saben e outros descoñecen, es unha periodista licenciada con regusto a Lalín. Como ves o panorama para a xente que fai periodismo? Como foi a túa experiencia na carreira e ao saír dela?

Pasei catro anos fantásticos na cafetería da facultade, con Suso camareiro, Jose fillo de Suso, Andrea neta de Suso, os da clase, os que só vinhan de visita, bebendo cervexa e cubatas a calquera hora do día e comendo todas as warradas industriais da cafetería. Ás veces fun a clase, pero esa é con diferencia a parte menos interesante e máis espútrida da minha carreira.

Agora seica andas metida nunha especie de posgrao ou algo que rima con posgrao. Fálanos do tema. Canto vale a matrícula? Cóbranvos as fotocopias?

Pois sim, é un posgrao de cooperación internacional, un deses nos que pagas unha burrada e logo o resto é todo de jratis e teste que ir tres meses a algures a facer prácticas e es moi feliz, porque realmente es feliz e vas a clase e esas cousas porque cres que é interesante. Algo que nunca ocorreu mentres estudei xornalismo.

Como é que aínda non te detiveron?


Iso mesmo se prejuntan meus pais

A canción popular di aquilo de A la de una, con Herri Batasuna. A la de dos, ETA mátalos... E á de catro?

Reacciono mellor a estas cuestións baixoo efecto de determinadas substancias...

Explica as consecuencias psicolóxicas que ten vivir fronte ao Sande.


Mudeime a ista casa polas espectativas alcólicas que presentaba e desde esas nunca máis volvín entrar no Sande. Agora pensen...

Se no monte gaiás dedicasen todos os edificios e caralladas de cemento para seren empregados como puticlubs, canto tardaría en chegar a independencia?

E se fose un complexo residencial okupa?

Algún proxecto, viaxe, idea, empanada de lorcho, etc. Á vista?

Ummm assim assim inmediato esta finde vou a Lalín, váleche?

Pasando ao puramente escatolóxico-amoroso, seica coñeciches en Nova Iorque a un rapaz de Cangas que vive en Euskadi e nesas andas... Son gañas de complicarse ou como vai?

Definitivamente son ganhas de complicarse amplamente satisfactorias

As túas tres peores borracheiras:

Non me lembro...

Agora a parte que fai as delicias de nenos e, polo tanto, de tanto pederasta. A parte na que poño palabras ao choue ti pos o primeiro que se che pase polo bulbo raquítico:

Camaleón
:  Fiji
Mundo: fascistas
Estación: tren
Hespaña: pim pam pum
Futuro: agobio

Pois até aquí o noso tempo, beibe. Graciñas polo teu tempo, agardo que che vaia todo xenial e que nos vexamos pronto. Unha aperta forte e moitas cacas! Pim pam pum!

01/03/2009 21:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos No hay comentarios. Comentar.

Demofarsa (Camarada Kalashnikov)

20090301223322-demcracia.gif

Els polítics del moment, discuteixen pel govern
S´acosten les eleccions i els errors han de tapar.
Una estratègia han creat, han de fer un bon paper.
Per que aquesta democràcia és una farsa!

Es creen noves lleis, es reforma tot l´estat,
Tot segueix el seu camí però ningú se´n ha adonat
De que tot és igual els de dalt son els de dalt!
Per que aquesta democràcia és una farsa!

Aquesta és la seva democràcia!
És aquesta la seva llibertat?

A les urnes a votar, és la nostra llibertat,
No hi ha molt per escollir, tots son iguals de farsants!

No hi ha dretes ni esquerres, sols promeses, més promeses
I cap d´ells complirà, el que van predicant!

Aquesta és la seva democràcia!
Nostra no és la seva democràcia,
És aquesta la seva llibertat!

Democràcia en diuen al joc del capital,
On tots els polítics obeeixen als mes rics.
Per molts sistemes, per molts governs,
No canvia res!
Els que tenen diners i tenen accions,
Son els que mouen el món.

01/03/2009 22:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Fodémola

20090301230506-feijoo.jpg

Emigro.

Y a partir de ahora este blog será en castellano. Y con muchas más jotas, como Feijoo.

01/03/2009 23:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 7 comentarios.

Morta en vida

cunha escaleira de cor
    só igualou a aposta

despois curtou o pelo
e chamou a casa

02/03/2009 11:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Le plus beau

le plus beau
estás máis buena que dios
o teu sexo no teu sexo
petróleo: caramba!
e todos nos imos levantando
    porque arrecende a
navajas a la plancha

02/03/2009 11:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Não botei os pés no chão

non puxen os pés no chan
miradas cheas de
    ranelato de
    estroncio
e domingos nos que ela
    decide
e non poñemos os pés no chan

02/03/2009 11:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Vitroclén

nunha pelexa a morte
entre
marta sánchez
e a
felicidade
alguén me deu
un toque ao móbil
e bebín quince litros
de
vitroclén

02/03/2009 11:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Pareces moi nova e pasámolo moi ben xuntos

sempre se fala
de susan sarandon
como unha muller
moi comprometida

mais non sei
se estou nese punto

02/03/2009 11:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Enoloxía

hostia

vaia merda de viño
é este

normal

éche un
rectoanal de amandi

02/03/2009 11:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Anda solto

la pasma anda buscando
a jimmy jazz
e eu levo unha mamada no corpo
que non vexo camiño

02/03/2009 11:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A desilusão adormece o desejo

a desilusión
e
a carencia masiva de sidra
nada teñen que dicir
sobre as bufandas
burberry

lendoiro ficha
calquera que non teña sida

02/03/2009 11:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Acordeón

cando fermín muguruza
violou aquel
acordeón
ninguén esperaba
que o instrumento
ao cabo de oito meses
dese á luz
a xurxosouto

02/03/2009 21:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Dr. Doutor

pois
sigo preferindo
al doctor martín
que a house

un home que se chama
    casa
ten coña
porque
    home
é algo do estilo

mañá deixo a bebida

fixo

03/03/2009 01:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Sen mareas

a esquizofrenia
nunca tivo mareas
e paseo sobre as costas
de todos os mentireiros
que din
vivir
ao seu propio xeito

máis cedo
ou
máis tarde
só haberá desilusión

03/03/2009 01:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Todas

todas
me minten
e viven
para contalo

de min
non se agarda nada máis

onte deille un
cobadazo
a un neno
retrasado
mentres escoitaba algo
de mahler

03/03/2009 01:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Igual é todo como a alma de Excálibur

20090304224912-porta.jpg

Ou non.

Mais o que si que é seguro, se atendemos ás ensinanzas que puidemos tirar de The Simpsons, é que a única diferenza entre ter, ou non, alma está en que as portas automáticas non se abren ante a túa chegada.

Na estación de tren de Coruña, unha porta automática fixo unha pequena análise da miña e foi abrindo aos poucos. Moi devagar. Sen présa.

Debo ter a alma fofa.

04/03/2009 22:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Hernani

escribo
mentres unha rapaza
me mira dende a cama

ten unha ferida infectada
preto da boca

puxo a radio

atentado en hernani

apaga a radio

foderemos

chamará ao seu mozo

almorzaremos algo
do que sobrou da cea

04/03/2009 22:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Poetas de merda

que máis darán
cicerón ou catulo
se non teño
botas
para botar
unha pachanga

punteirolos polo medio

04/03/2009 22:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Put me on a plate (Gluecifer)

20090305150057-dedo.jpg

I'm a full three course tonight
I'm a tummy rollercoaster allright
Drowned in sauce, egg on top,
all the sides with a big fat butter dollop
I'm a full fuckin dinner to night,
outta sight all right

Why don't you go right on and put me on a plate now?
Put me on a plate now
I am done and ready to eat

You can sit right down and dig into the good stuff
so good that you can never get enough
got me tickling from my head to my feet

I'm like butter on the toast just right
Like the gravy on the roast so right
Book yourself a table for a weekday lunch
Call the maitre' dee know you got that hunch
Peek into the kitchen you can hear what it says
Bring a big napkin this is gonna be a big mess

Why don't you go right on and put me on a plate now?
Put me on a plate now
I am done and ready to eat

You can sit right down and dig into the good stuff
so good that you can never get enough
got me tickling from my head to my feet

Grab a knife and fork and spoon
Got a table ready at noon
Have a grape or
Have a prune
Come alone or bring a goon
Like a wham bam leg o lamb egg and chips and ham
Like a ding dong sing song bangin on the gong
Like a woo hoo kung fu pepper in a curry stew
Tick tock bomb clock ready for the food shock

05/03/2009 15:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

O meu reinado

Eu non son o rei de min mesmo;
non me goberno nin me decreto
e camiño mirando o chan ou o ceo.
Non me obedezo dentro de ningunha lei
e só me chegan palabras que saben a mar.
Un camposanto de ollares,
unha coroa de xenreira e cuspe verde,
un prado cadáver
de tanto caer e saloucar
no serán da noite dos días todos,
réstame decisión ante os teus ollos.
Non me represento,
interpreto sons humanos de pensamentos inhumanos
feitos xa no amencer do futuro
mentindo cada paso sen deixar de fuxirme.
Eu non son un rei.
Un Marilyn Monroe no tempo dos Irmandiños.

05/03/2009 20:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Mujer de tetas pequeñas se pasea desnuda por las calles de Budapest

20090306133914-blackmamba2.jpg

Do que non quedan dúbidas é de que agora medimos moito máis que cando tiñamos cinco anos.

06/03/2009 13:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Nunca máis

cando vaiamos partir da praia
aparecerá a figura
da experiencia
    viva como a dor
e conservará
o noso tempo pasado
presente
e futuro
para non volvermos
nunca máis
a mirada abaixo

06/03/2009 13:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

2 minutos e medio

20090306212218-corte.jpg

É o tempo que pode aguantar unha persoa sen poñer os cascos do emepetresiño con Berri Txarrak a todo trapo ao entrar no Corte Inglés e ver o que un recoñece como votantes de la derecha hespañolista tras unha tarde intentando ler, e entender, algo de Xente ao lonxe (cuxo autor é o que Lorca chamaba "la loca gallega").

Unha vez, un colega que se foi de xira polas herriko tabernas díxome que quixera confraternizar cun grupiño de vascos e dixéralles que escoitaba Berri Txarrak. A resposta dos tipos en cuestión foi, en palabras do meu colega:

-¿Pero qué dices? ¡Pero si Berri Txarrak son unos blandos, pues! ¡Aquí lo escuchan los de UPN!

06/03/2009 21:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Aos galego-falantes que ides quedando

20090306214000-misto.jpg

Cando empregades o verbo quentar e cando o verbo quecer (ou aquecer)?

Explícome: poñédeme exemplos nos que empreguedes un e non o outro.

Por exemplo: a comida, quentádela ou quecédela? Cando se refire a partes do corpo, como dicides? Ao exercicio preparatorio antes dun exercicio máis intenso como vos referides? Empregádelo de forma distinta segundo ao que vos refirades? En que expresións usades sempre unha delas e non a outra? En fin, todo o que me poidades aportar será tido en conta.

Grazas por adiantado, beibes.

06/03/2009 21:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Ela chamábase Carme

20090307200810-rua.jpg

Claro, ela era de boa familia, quero dicir, era dunha familia de fillos-de-puta desagradecidos, que é iso no que consisten as boas familias. O pai tiña dous ou tres barcos e unha tenda de bricolaxe e merdas desa índole. A nai tiña pelo loiro e un todoterreo, polo cal non fai falla que me dilate na súa descrición. Eran unha puta familia de ben.

Antes de facer os dezaoito anos -lembremos que era de boa familia- xa o pai lle tiña botada un ollo a un cochiño para a súa filliña. Só tivo que conseguir o permiso de condución e xa tiña un coche na porta da casa. Dunha das casas que tiñan, claro.

En canto a rapaces, non sei se é que non se podía queixar ou se os que se podían queixar eran eles. Ninguén a lembraba sen mozo. Saltando de mozo en mozo, con breves períodos de solapamento, isto é, que antes de saltar dun mozo a outro había períodos de partillar a cona entre eles. Emoticornos. Carme non dubida, sabe onde apunta. Os poucos casos nos que se chegaron a enterar do asunto os dous protagonistas varóns a reacción de ambos os dous foi a de se sentiren queridos e especiais. A amor, como o fútbol-sala amateur, é unha imbecilidade.

Ía estudar algo así como económicas ou empresariais e tiña o pelo ben peiteado case sempre.

En maio adoitábanlle dar baixóns. Mais dá igual, non?

O conto, é que xa estaba no seu segundo ano universitario. Dende que comezara a estudar na universidade xa saltara e pasara polos prepucios de oito rapaces (Carme, estás baixando a media!) e tivo a mala sorte de que, entre eses oito, se atopaba Paulo. A Paulo deixárao por Cons (alcume de escura procedencia. Seguramente, estúpida procedencia). Cons tiña un Ford Fiesta amarelo e herpes labial.

Paulo era (encántannos!) un resentido. O que tiña de bo e de antihespañol, tíñao de resentido.

Pois nunha noite dese segundo ano universitario, Carme e Cons (Cons non coñecía a Paulo, como se fará ver) deron en entrar no pub polo que andaba Paulo, mamado perdido. No pub soaba algunha merda de Fito (todas as cancións de Fito están feitas pensando en xente co mesmo gusto que todo o mundo e son pura merda) e toda a xente presente se sentía moi ben, ou moi mal (que é o mesmo), consigo mesmos.

Paulo ve a Carme. Coloca un pouco os lentes. Moita xente e non se pode acercar. Carme ve a Paulo. Cons nota que se ven. Paulo ri. Carme responde cun riso. É neste momento cando Carme xa a fodeu.

Paulo alcanza a berrar entre canción e canción (o que pon a música non é moi hábil e entre canción e canción hai un brevísimo silencio):

-Deberías chamarte Gloria!

Carme pensa que escoitou mal. Pide un cacharro de ron con coca-cola. Carme fuma camel, mais dá igual, non?

Cons comeza a se mosquear coas miradas (Paulo ri) que lle vai mandando de cando en cando á súa moza o tipo dos lentes.

-Deberías chamarte Gloria!

Carme mira o móbil de cando en cando. Ningunha mensaxe. Ningún toque. Está co seu mozo e non ten amigas das que se lembran de unha cando sae. Carme toca o bico da cona un momento mentres Cons mira un televisor que hai no local. Paulo está máis preto agora. Cons nótao. Paulo é (amámolo!) un resentido.

Paulo aproxímase á parella. Apaga un cigarro que leva mediado na palma da man.

Cons párao coa man antes de que se aproxime máis a Carme (hai unha xeración de rapaces de pirolas pequenas que, como moito, estudaron un ciclo de grau superior e que miden os seus logros con diñeiro, violencia e conquistas de conas).

Cons dille:

-Oes? Que tes? Que é iso de deberías chamarte Gloria? Pásache algo?

-Ei-ei-ei... Hahaha... Tranquilidade. Ti es o que estás AGORA con ela, non?

-Si, que tes? Que é iso de que andas berrando?

-Debería chamarse Gloria.

Paulo recúa. Ri. Chega á barra. Non di nada ao camareiro e xa ten un vaso de algo con algo. É o único que está sentado na barra nun bar cheo de papahostias.

Pasa o tempo.

O bar vai pechar. Era o último bar. Hai que ir para casa.

Carme e Cons saen entre risos. Risos que se apagan ao ver a Paulo tirado na beirarrúa: mamado perdido. Paulo ri, claro:

-Deberías chamarte Gloria, Carme.

-A ver? A que vén que lle andes dicindo iso? Que che pasa, fillo-de-puta?

Paulo é (adorámolo!) un resentido borracho:

-Nunca escoitaches que todo o mundo ten os seus quince minutos de Gloria?

07/03/2009 20:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Go home, British soldiers (Banda Bassotti)

20090308155934-british-soldiers.jpg

Go on home, British soldiers, go on home.
Have you got no fuckin’ homes of your own?
For eight hundred years, we’ve fought you without fear
and we will fight you for eight hundred more.

If you stay, British soldiers, if you stay,
you will never ever beat the IRA.
The fourteen men in Derry are the last that you will bury
so take a tip and leave us while you may.

No, we’re not British, we’re not Saxon, we’re not English.
We’re Irish! And proud we are to be.
So fuck your Union Jack, we want our country back.
We want to see old Ireland free once more.

Well, we’re fighting British soldiers for the cause.
We’ll never bow to soldiers because
throughout our history we were born to be free,
So get out British bastards, leave us be.

08/03/2009 15:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Elegancia

enfermeiras amarelas
médicos verdes
enterradores de traxe
   
    elegancia da morte
   
    dóeme a estética

08/03/2009 22:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 121

20090308232318-espera.jpg

En plan que estou perdendo un tempo precioso comigo mesmo.

Ti que facías cando a vida e o mundo te miraban?

08/03/2009 23:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Reflexionade, nenos e nenas

20090309153149-reflexion.png

Todo aquel que teña un mínimo de amor propio é un traidor en potencia.

09/03/2009 15:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

I Concurso de creación artística co Paint "Paintéalle, beibe!"

20090309224322-pintor.jpg

Amigos e amigas da arte de todo a cen, ante a escasa demanda de novos concursos no mundo da rede, nace un novo concurso neste sacrosanto sitio! E, mantendo a liña estúpida de anteriores concursos, este non vai quedar atrás do feito até o de agora!

Nesta ocasión facemos un chamamento a retomar esa arma de fascinantes posibilidades retro que é o Paint que ten o Windows e imos pedirvos que deades a vosa imaxinación de si!

O obxectivo será, como case sempre, botarnos unhas risas. Así que agardo que colaboredes e pensade que un debuxo de Paint non vos levará moito tempo e moita complicasión.

As regras do asunto seranvos estas:

  1. Cada participante fará dous debuxos co Paint. Un cun tema dado e outro cun tema libre, a escoller polo participante.
  2. Os debuxos non poderán conter imaxes copiadas doutros arquivos nin movidas así (nada de copiar imaxes e pegalas por riba, nin nada así). A coña é que o curredes vos coas ferramentas de debuxo do programa.
  3. Non se poderá pór texto nos debuxos.
  4. Cada participante porá título á súa obra de temática libre.
  5. Non existe censura de ningunha clase.
  6. Os debuxos serán enviados en formato JPG. Cando os gardedes, só tedes que escoller este formato en lugar do BMP.
  7. O correo ao que se mandarán os debuxos será: painteallebeibe@hotmail.com
  8. O prazo de envío das obras rematará o 27 de marzo, deste mes. É tempo abondo, tendo en conta que os debuxos os podedes facer en nadiña.
  9. Unha vez rematado o prazo, colgaranse os debuxos de cada participante en cada sección (tema dado e tema libre) para a súa votación. O prazo de votacións rematará o 8 de abril.
  10. Só poderán votar os participantes no concurso, co cal se identificarán en cada voto co seu correo electrónico.
  11. As votacións serán de 0 a 10, sendo o 0 unha caca e o 10 unha pasada de obra de arte. A nota final, será a media aritmética (quedádevos co tema). Unha vez rematadas as votacións, xa teremos gañadores.
  12. O tema dado para un dos debuxos será, como non podía ser outro: a crise.
  13. O premio terá que ver co motivo do concurso.

Listo. Se hai algunha dúbida, preguntade sen medo.

Painteádelle, beibes!

09/03/2009 22:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 4 comentarios.

Reporteiro intentando dar a nova dos resultados electorais en Galicia

 

Foille imposible dicir a secuencia maioría absoluta.

10/03/2009 17:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Xente ao lonxe (Eduardo Blanco-Amor)

20090311145512-blanco-amor.jpg

A verba mesma non só me somella a máis allea do mundo sinón a máis ridícula que se pode decir. "Amor" deberá escribirse somente en tarxetas postáis, nas varillax dos abanos ou decirse de noite, aos quince anos, bailando o vals.

11/03/2009 14:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Atún

20090311160417-atun.jpg

Veremos bailar a lúa.

Son unha lata de atún. Imos ao baile?

Atún-atún-atún-atún...

11/03/2009 16:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Pensar muito faz mal

20090312005756-cuba.jpg

E todo-todo-todo vai estar ben.

Tiven, hai nada, a sensación que se tiña antes cando nenos e era día de festa. Volvías da praia e xa estaban probando son os da orquestra (quero un departamento universitario dedicado ao estudo en profundidade dos nomes das orquestras). Tiven esa mesma sensación térmica. Pouco sol, nada de frío. Ningún bañador. Cero areas.

Onte, no mesmo bus (baixemos da facultade, nenos!) vin unha rapaza que case me rouba unha casaca (a gris que teño co parche de Banda Bassotti) en verán. Hoxe non ía nese bus (só fodería). No Cal Pita de volta a casa ía a rapaza que vive nunha canción de La Rue Ketanou.

Esta música causa sensación.

Mirar neste bloguiño os arquivos do 2006 e 2007?

Ai-ai-ai... Non me copiedes as cousas do bloguiño... Meu pobre... Para catro cousiñas semi-orixinais que ten... Mar de fondo de forza tres a catro. De catro a catro. Manuelantoniadas.

Imos ao baile?

Agora mesmo, e dígoo totalmente en serio, só quero estar en Cuba. A mesma historia e despois todo é mentira: unha dose de indiferencia. Fame e frío.

Cuba, que linda é Cuba!

Creo que gusto bastante da miña carreira.

Touriño e Quintana foron parvos e non foron quen de transmitir unha idea clara sobre o problema lingüístico para afogar as críticas do bando hespañolista, tendo a lei e a razón do seu lado. Parvos e incompetentes.

Feijoo tamén é parvo, claro.

Feijoo, Quintana e Touriño nunha lata de atún.

Boto de menos Cuba. Quero estar agora mesmo na illa.

Teléfono. Prostitución. Onanismo. Alejandro Sanz. Estamos ao fresco. Mañá máis.

Amo Cuba! Fideeel! Fidel-Fidel-Fidel! Fideeel! Fideeel!

Hoxe foi o 11 de marzo e mañá tamén morrerá xente.

12/03/2009 00:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Dende o comezo até o último

20090313020725-fidel-castro.jpg

Erguerse. A primeira canción que me pide o corpo é esta de Banda Bassotti.

O buseiro que podería ser unha buseira (ao principio chameino Buseroa para reflectir a flexión Busero-a, mais pareceume que quedaba como un nome vasco... E deixeino así) colleu a rotonda (glorieta militarrak) pola esquerda. Isto, se o pensades, é collela polo lado que non é. Co cal puido ouvir o meu aplauso (plas-plas) dende o fondo do autobús.

Se en clase me preguntan:

-E logo, non fuches á conferencia do profesor Non-sei-qué-hostias?

Sendo o nome Non-sei-qué-hostias o nome dun importante algo nalgunha disciplina que non sei, véxome na obriga de respostar (real como a vida mesma, lamentablemente):

-Non vou a cousas. Eu, se non poñen tapa, non vou.

Claro.

E lembrando entón a canción dos Siniestro Total e observando a mudanza de rollo que se está a producir na súa vida,  un áchase na (na-na-naaa-na-ná!) obriga de tirar a seguinte reviravolta a modo de conclusión:

¡Cuánta vieja y yo que puta!

E despois odias ás nais de 4x4 das que levan aos fillos a colexios privados porque sabes que son o que son (pim-pam-pum), mais ves a algún pirolo (posiblemente, hespañol) nun descapotable (ultimamente ando algo abertzale, mais é un proceso natural e, polo tanto, lindísimo) e pensas o que pensa toda a xente de MUROS cando ve un descapotable:

-Vaille cajar dentro unha javiota.

Entón ves a relación evidente entre o condutor do carro e a ave que defeca sobre este, pois a mascota do PUTO PARTIDO POPULAR é un paxaro que come o lixo e despois caga enriba da xente.

E, case para rematar, un vello na para do autobús (a que hai preto da estación de servicio da Vedra onde para o urbano universitario), cun escarvadentes e, no entanto, sen dentes. Co cal... Que carallo escarvaría o meu? Digades o que digades, a combinación de cores na roupa e o bastón que empregaba a bote de pau de golf co lixo dábanlle dereito a todo. Traxes, escarvadentes e mandíbulas ao ar.

Escoitade, xa van chegando os primeiros debuxos para o concurso! Non deixedes de mandar os vosos! Por certo, estades como chotas!

Buseroa colleu a rotonda por dentro e aniquilou unha corrente de pensamento actual neste país con dous nomes.

13/03/2009 02:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Chupacabras (Groovie Ghoulie)

 

¡Cuidado!
¡Tenga cuidado!
¡Cuidado!
¡Tenga cuidado!

¡Chupacabras! ¡Chupacabras!

13/03/2009 14:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Filosofía da saudade

a ver
nenos
saudade

    olaaa señor

14/03/2009 11:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Sinceramente

20090314190850-simpsonpulpfiction5.jpg

Penso que todos precisamos que apareza un Van Houten nalgún momento das nosas vidas.

14/03/2009 19:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Son súper ben súper súper ben

20090314212627-superben.jpg

Cando voltaba da Coruña esta mañá no meu autobusiño (Buseroa guiando), vin dende a xanela que ficaba á miña dereita (isquierda-derecha-left-right) o Gordo (a un dos buseiros calpitienses chamámolo o Gordo).

Vino á altura dos Castros, ao volante dun Ford Escort, dos vellos, de cor verde. Ía sorrindo. Rindo. Cousa estraña no Gordo.

É un home engulido no corpo dun buseiro contra a súa vontade e demostra sempre que pode que odia a vida que leva e, en consecuencia, a dos demáis.

Pois o Gordo sorría. E o motivo, penso, debía ser a compañía que tiña: unha muller (sexo feminino). O Gordo pode estar feliz. Comprobado.

O mellor foi que, uns 36 segundos despois, xa camiño da Glorieta que hai preto do Canalejo (que non fica moi canalejos dos Castros), vin ir andando cara un futuro incerto a outro dos grandes buseiros da historia moderna da compañía Cal Pita: Acebes.

Acebes parécese moito ao político homónimo (de aí o nome, trencos!).

Pois Acebes ía xa co seu look de buseiro (estou falando das 10:07 da mañá dun sábado), mais con cara de volver de esmorga. Acebes podería ter unha curiosa e envexábel historia de relacións co elemento químico-divino (alcol). Quero dicir que, non sabendo se isto é así, todo encaixa docemente á perfección.

Son súper súper ben, embora pareza o contrario.

Levo un par de semanas a base de literatura galega do XX e, saia como me saia o exame do luns (segunda-feira), eu son súper súper ben ben ben súper súper. Non hai fallo.

Tiven varias ideas xenias, como sempre, e a ver qué pasa.

CAMBIO DE SECUENCIA e ninguén se percatou do tema.

Coidado.

Teña coidado!

14/03/2009 21:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Pouco ou nada

20090315162914-salpicon.jpg

Na literatura galega da primeira metade do XX non se fala case nada do salpicón de marisco.

15/03/2009 16:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Sábado e domingo

20090315213613-rubiagalega.jpg

Sábado e domingo na casa, estudando para o parcial de mañá, luns.

Como non teño un computador no meu cuarto (un que funcione), fedellei entre os discos que teño por aí e escollín como música para o estudo, sobre todo, o Infest de Papa Roach. Mundo musical bacharelato.

Con isto, que quero dicir?

Nada, a verdade.

Aquilino, Ricardo e Ánxel danzan ás voltas mentres soa Dead cell. O exilio foi cousa ben fodida, amigos e amigas.

Mañá teño o parcial e, aprobe ou non, a vida seguirá.

O veciño toca a frauta e, en inglés, vaca dise cow.

15/03/2009 21:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Primeira experiencia coital

20090316162623-schw4391.gif

Encántame ese punto en todo exame no que pos unha machada tipo primeira experiencia coital e tiras para adiante de forma elegante.

Xa fixen o exame e, ao saír, dinme conta de que hai un sol de carallo. E só tes gañas de andar en coche escoitando Babylon Circus coas fiestras baixas.

Na cuarta temos cea en Compostela. De Oleiros a Compostela haberá unhas 370089 cuartas. Cuarta arriba, cuarta abaixo.

Elegancia.

Dáme de beber!

16/03/2009 16:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Absolutamente todo

20090317174420-depende.jpg

Depende do día.

Ou, como moito, do gadis.

17/03/2009 17:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Atención

embora non teña que dicir
heime sobrepoñer ao silencio
    ollar o espírito da nada
co xerme xa da estupidez infinita
e afogar
os camiños polos que desfilamos
        sen prestar atención

17/03/2009 19:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 122

20090317201451-ska-rude-baile.jpg

En plan skin, mais sen buscalo...

Ai-ai-ai...

En consecuencia, bailo.

17/03/2009 20:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Imos facelo ben

20090318011255-skinheadtrain00.jpg

Porque hai bo tempo, imos facelo ben. Veña, dálle ao play aí arriba e escoita o tema.

Coller un tren é cousa ben linda, beibe. E máis se hai un bo tempo coma este. E se nos imos xuntar case todos (menos Pena e Alba) na cea. Alba diría: Estamos todos menos eu... Bueno, menos yo y... Antoniopena!

Hai bo tempo e todo nos pide pouca roupa e fiestras baixas en medios de transporte. No medio e medio.

-Papá, e se a guerra a gañasen, en lugar dos fascistas, os calvos... Que pasaría?

-Hai moitos fascistas calvos.

-Vale. E se a gañasen os homosexuais?

-Hai moitos fascistas homosexuais.

-Dos que chuchan pirolas?

-E dos que queren chuchalas e non poden porque non teñen pirola que chuchar.

-Entendo. Entón, podemos dicir que a guerra tamén a gañaron os homosexuais e os calvos?

-Por poder, podes dicir que o Valencia é ao fútbol o que Hitler á bisutaría.

-Que ten que ver con nada o de Hitler?

-Pois agora que o dis... Dicir, díxeno ao chou, mais parece haber relación entre o dos fascistas (e o dos homosexuais) co de que me viñese Hitler á mente.

-Papá, Hitler chuchaba pirolas?

-Igual quería facelo, mais dende logo non o conseguía. Fillo, ninguén que teña as súas necesidades sexuais cubertas con plenitude e fluídos vai facer o mal.

-Iso explica por que me quedei sen ir de excursión cos de clase aos Picos de Europa?

-Túa nai éche un asunto complicado.

-E ti un fascista.

Os neonazis adoptaron a estética dos auténticos Skinheads xamaiquinos.

Literatura ilusa. RENFE skin. Cervexabarín. Muesliberados. Tabacollóns asmáticos.

Seguide participando no concurso, beibes! O día festivo no día do pai, coas vosas (agardo) xenerosas resacas, pode ser un bo momento pseudocreativo. Painteádelle!

Disfrutade o que vos toque disfrutar.

Saúde!

Give it to me!

18/03/2009 01:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

En caso de herrero

20090323113937-senor.jpg

Cuchara de palillo.

Relación de cousas fantasmagóricas que vin nesta ponte:

  • Un gato bailando funky e despois vomitando.
  • Un home de barbas e unha rapaza apegada -descoñecidos ambos os dous- a un sillón ao saír do cuarto de Agus.
  • Mil goles en contra.
  • Un viño de 2’50 que sabía mil veces mellor que un de 5 e pico.
  • O noxo e o patetismo que son quen de alcanzar.
  • Coche petado de maleta xigante comigo debaixo.
  • Coche petado con pasaxeiros e condutora berrando a de Como yo te amo.

Relación de cancións cantarruxeadas por min nesta ponte:

París vai ben. Ramona de Luisa de Noia vai ben.

Son neto de Ramona de Luisa de Noia e de Juan Manuel de Empanada da Virxe (París). Agustín é neto de Lola Caracusta e de Pés de Plomo. Pena é fillo de Minguita do Centro Médico. É a modernidade, beibes.

Ponte: praia, sol, micropachangas, viño na Churra, mirra no cuarto, tortilla no Patrón, cubata, luriñas no Pachanga, xeados en ningún bar, cañas no Mariñeiro, vídeo de KOP con Sergent García de fondo, pouca poesía, moito de dar noxo (moito), moito desequilibrio... Oreka.

Cando teña un fillo/a (non cando teña unha filloa, non confundirnos), cantareille moi malamante a de Mamá Cuchara. Mais antes fareime a Panamericana de arriba até abaixo. Chile.

Nunca serei un señor.

Tudo vai ficar bem.

23/03/2009 11:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Perverso

camiñas perdido
    confundido
espertas na sobredose
    malia o medo
    e engaiolado
    polo ciclo sen saída
que devoran os poucos
fíos
sen atar
que deixa o sistema

23/03/2009 12:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Minuto dezaoito

xusto no minuto dezaoito
do segundo tempo
do
vilarreal
athletic
o narrador
e os comentaristas
dixeron
   
    parece mentira
    que nesta época
    aínda haxa
    mil millóns de persoas
    que pasan fame

    é unha vergoña

despois entrou
joseba llorente
por nihat

    tiro de eguren

    detén gorka

24/03/2009 17:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Delinquiendo (Los Berzas)

20090324181210-deinquente.jpg

Delinquiendo. Me paso todo del día delinquiendo:
aparcando el coche en doble fila,
pidiendo sin recetas medicinas.
Delinquiendo. No pago nunca una puta factura,
los semáforos en ámbar me la sudan
y tiro al suelo la basura.
¡Delinquiendo! Llamo a los timbres y salgo corriendo,
en el autobús nunca cedo el asiento,
compro un disco, me lo grabo y lo devuelvo.

¡Vivo fuera de la ley!
¡Vivo fuera de la ley!
¡Vivo fuera de la ley!
¡2 y 2 son 6!
Lalaralalalá...

Delinquiendo. En la biblioteca fotocopio libros,
me tiro pedos en los ascensores,
me cuelgan hasta el suelo los cojones.
Delinquiendo. Llamo siempre a cobro revertido,
escupo flemas verdes en la calle
y echo mi aliento en los escaparates.
¡Delinquiendo! Pinto bigotes a los monumentos,
me cago en todo lo que se mueve
y también en todo lo que esta quieto.

¡Vivo fuera de la ley!
¡Vivo fuera de la ley!
¡Vivo fuera de la ley!
¡2 y 2 son 6!
Lalaralalalá...

Delinquiendo. Termino las canciones cuando me sale del pijo.

24/03/2009 18:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

4%

o 86%
das miñas grandes decisións
foron tomadas
    isto é
tomeinas
ou viaxando nun autobús
ou cagando
ou estando totalmente bébedo

un non menos importante
4%
desas decisións importantes
tomeinas
    isto é
foron tomadas
facendo todo iso
ao tempo

24/03/2009 18:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 123

20090324205342-labirinto.png

En plan zure atzetik.

 

Zurekin maitemintzen banaiz
Laberintoan sartuko al naiz

24/03/2009 20:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Comunismobesidade

si

o que queirades

mais
mao tse-tung
era
un molete

25/03/2009 14:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

A que estás agardando, beibe?

20090325171118-obama.jpg

Amigos e amigas da pintura prescolar, xa está chegando o último día para presentardes os vosos debuxos ao I Concurso de creación artística co Paint "Paintéalle, beibe" e, se ben ao comezo todo era ilusión, ultimamente baixou o ánimo creador.

Bótadelle unha ollada ás normas e mandade as vosas creacións a: painteallebeibe@hotmail.com

A que agardas, beibe?

25/03/2009 17:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Bo verán

chegabamos
dúas horas tarde
ao convite

recibiunos un señor fibroso

pasamos ao comedor
baixo a mirada de todos aqueles imbéciles

    nunca vaias coa túa moza
    a un casamento
    de dous ex
    comúns a ambos

ela colleume
da man

mirámonos

demos a volta
e marchamos

ao subir ao taxi
amoseille unha botella
de tinto que conseguira levar

ela sorriu

tirou do bolso
unha botella de chivas

sorrimos

ao chegar ao hotel
decatámonos de que
esqueceramos
o viño no taxi

sorrimos

    ía ser un bo verán

25/03/2009 23:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Filólocos (Nacusiña Productions)

Curtametraxe do 2006 feita por alumnos de Filoloxía Hispánica da UDC entre os que me atopaba. Curtametraxe feita como traballo para unha materia da carreira.

 

26/03/2009 19:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Pantagruélico

se a primeira palabra
que di a nosa filla
non é

    pantagruélico

sepultarémola
baixo
oitocentos ferrados
de cunchas

26/03/2009 19:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Se parades a pensar

20090326224810-arf.jpg

Darédesvos conta que hai unha serie de palabras que só se poden dicir un número limitado de veces durante o tempo que dura unha vida. Por exemplo, fantasmagórico (palabra castellana) é unha palabra que non debería ser dita máis de cinco veces durante o tempo que dura unha vida.

Claro. Despois chega Pablo e mete na túa vida unha palabra como caliginoso (palabra castellana) e confírmase a teoría.

Todos deberíamos comezar a falar con palabras que se digan menos veces, menos as nosas fillas, como xa ilustrei cun poema-de-merda. Os poemas e todo iso non teñen nada que ver con nada, xa o sabedes. Despois dou máis mostras do asunto.

Tornei en bus e Juan voltou darme saúdos para Sara (el di dale besos a la italiana, porque Juan é o que se chama un bo peixe, con todo o encanto que iso implica).

Ás 12 e algo de mañá (sexta-feira), collerei tren camiño de Compostela (Compostelaaa, vila morenaaa) para chegar a unha hora concreta. Irei escoitando moitas cancións e, entre elas, esta cancionciña de Zebda (que teñen un directo bastante xeitoso). Deberíades -recomendación- aproveitar os enlaces que vos poño, amigos e amigas da pornoescolástica finesecular.

Ía pór un artigo no bloguiño para que me desedes ideas de cancións para cantar durante esta fin de semana. Os que máis ou menos me coñezades saberedes que me paso épocas da miña vida apalancado en varios versos con melodía acompañante. E pensei:

-Samu, meu, por que non deixas en mans desta xentalla a decisión inconsciente de meterche na cabeciña (eufemismo) unha canción para andar cantando polo mundo adiante?

E diredes:

-Samu, tío, de verdade é así como pensas? Falando contigo mesmo?

E direi:

-Mama Cuchara, aliviame. Esta lloviendo, yo tengo frío...

E diredes:

-Samu, estámosche falando todos a coro a través do teu bloguiño e a través da túa propia mente nun diálogo ficticio: non é momento de que te poñas a escribir algo que poderías estar cantando! Ante todo, seriedade, pardiez!

Contestarei con sorna e ánimo de brincadeira:

-A ver, para empezar, manteño os diálogos imaxinarios comigo mesmo que me dá a gaña. Segundo, lo mismo que digo una cosa, te digo la otra. E último, quen vos deu posibilidade de opinar o que queirades (fri-espich)?

E vos diredes a coro:

-Eladio, ¡qué viene! ¡Betis-Leganés!

E eu sentenciarei:

-Sexa como sexa, cada ano as festas son menos festas e para catro veciños que somos, non imos levarnos mal. Ábrelle aí un Azpilicueta que invita la casa.

Total, que andamos felices. E se non estades nese mesmo punto e non gustades da canción que vos deixo aí arriba (modo feliz: ON), vou pór unha serie de temas para os vosos posibles estados de ánimo:

  1. Estou de festa e métome heroína.
  2. Estou de festa e fumo tellas de uralita.
  3. Estou triste porque se divorcian meus pais.
  4. Estou triste porque me deixou a miña actual parella, snif, snif...
  5. Estou feliz, súbome a un coche e percorro mil quilómetros a toda hostia cunha botella de qüisqui na man.
  6. Está bo tempo, vou á praia no coche coas fiestras abertas.
  7. Son imbécil e sorrío pola rúa.
  8. Son imbécil e créome diferente.
  9. Son imbécil e vou a misa.
  10. Son imbécil e amósolle a pilila a nenos de catro anos.

Que listaxe máis estúpida!

A vida baixo o mar é moito mellor!

Este artigo non existiu e sinto se te puxestes a lelo, beibe. Seguide a mandar debuxos para o concurso! Cando volte de Compostela, colgo todo o que me chegase, aviso.

Unha aperta a todos!

26/03/2009 22:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

E non voltei

xa tiñamos un apartamento
unha hipoteca
un can feo como un can
e un fillo con actividades extraescolares

había unha serie de actividades
pensadas para iren fillos e pais xuntos
e
    para terme lonxe de casa
a miña muller apuntounos a min e ao cativo
a un obradoiro

levantei da mesa
mentres o pequeno remataba de pintar
o cinceiro que fixeramos

fun ao cuarto de baño
lavar as mans

atopei un pai
    padrenuestroenticreemos
xogando coa súa man
esquerda
baixo as bragas da súa filla

tusín

carraspexei

marchou avergoñado

a pequena ficou pálida

acerqueime

susurrei no seu
ouvido

    voulle pegar un tiro
    a teu pai


lavei as mans
e sequeinas
sen deixar de mirala

cando saín do cuarto de baño
vin un pequeno sorriso na súa faciana

collín o cinceiro

collín o meu fillo

marchei e non voltei

27/03/2009 10:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ramoncín, el rey del coño frito

20090329160443-ramoncin.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Boikot tan cutre como o tipo do Trasgo

20090329160528-trasgo.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Non puido soportalo

20090329160618--non.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

E vén un cativo e amáñache o debuxo

20090329160709-e.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Abstractantoabstractando

20090329160808-abstractantoabstractando.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Mira una moderna punki ravera ramera

20090329160854-mira-una-moderna-punki-ravera-ramera.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

El abanico

20090329160924-el-abanico.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

O nacemento de Cris, a pequena nena roxa

20090329155109-o-nacemento.jpg

Categoría: a crise

29/03/2009 15:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Ionki coruñento na estación de bus

20090329155534--ionkicorunentonaestaciondebus.jpg

Categoría: a crise.

29/03/2009 15:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Crise 1

20090329155829-crisis.jpg

Categoría: a crise

29/03/2009 15:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

As parrochiñas d'ouro non notan a crise

20090329155932-euro.jpg

Categoría: a crise.

29/03/2009 15:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Parte de abaixo do edificio Chrysler

20090329160044-debuxo-crise-parte-de-abaixo-do-edificio-chrysler-.jpg

Categoría: a crise:

29/03/2009 16:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Zurullo

20090329160122-zurullo.jpg

Categoría: a crise.

29/03/2009 16:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Crise 2

20090329160215-crisiis.jpg

Categoría: a crise.

29/03/2009 16:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Sen título

20090329160305-untitled.jpg

Categoría: a crise.

29/03/2009 16:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

O tema que tocou era a puta polla, meu

20090329160408-o-tema-que-tocou-era-a-puta-polla-meu.jpg

Categoría: libre.

29/03/2009 16:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Debuxo

20090330114340-dibujo.jpg

Categoría: libre.

30/03/2009 11:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO No hay comentarios. Comentar.

Un euro para o Rei

20090331195902-un-euro-para-el-rey.jpg

Categoría: a crise.

31/03/2009 19:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 1 comentario.

A votar, beibes!

20090329162720-feijoo.jpg

Xa están colgadas todas as obras presentadas ao I Concurso de Creación Artística co Paint "Paintéalle, beibe". Lembramos a normativa das votacións:

  1. Unha vez rematado o prazo, colgaranse os debuxos de cada participante en cada sección (tema dado e tema libre) para a súa votación. O prazo de votacións rematará o 8 de abril.
  2. Só poderán votar os participantes no concurso, co cal se identificarán en cada voto co seu correo electrónico.
  3. As votacións serán de 0 a 10, sendo o 0 unha caca e o 10 unha pasada de obra de arte. A nota final, será a media aritmética (quedádevos co tema). Unha vez rematadas as votacións, xa teremos gañadores.

A isto vaise engadir unha nova regra, para garantir a transparencia da votación, e é que os participantes deberán enviar as súas votacións ao correo do concurso. No caso de estiver colgadas as votacións publicamente, sería sinxelo facer que uns ou outros saisen coa vitoria. Lembramos que o correo do concurso é: painteallebeibe@hotmail.com

Así, terán que votar todas as obras de 0 a 10, a excepción da súa propia (só fodería). As obras presentadas (isto póñoo para que fagades un copia-pega e vaia todo máis rápido):

Categoría: a crise:

  1. O nacemento de Cris, a nena roxa:
  2. Ionki coruñento na estación de bus:
  3. Crise 1:
  4. As parrochiñas d’ouro non notan a crise:
  5. Parte da abaixo do edificio Chrysler:
  6. Zurullo:
  7. Crise 2:
  8. Sen título:
  9. Un euro para o Rei:

Categoría: libre.

  1. O tema que tocou era a puta polla, meu.
  2. Ramoncín, el rey del coño frito.
  3. Boikot tan cutre como o tipo do Trasgo.
  4. Non puido soportalo.
  5. E vén un cativo e amáñache o debuxo.
  6. Abstractantoabstractando:
  7. Mira una moderna punki ravera ramera:
  8. El abanico:
  9. Debuxo:

Aí están todos.

Os participantes, copiades e pegades os títulos e mandádelos ao correo coas vosas votacións.

Os que non participástedes, copiades e pegades e poñedes as vosas votacións como comentario nesta entrada e así vemos cales foron de máis gusto entre o magnífico público que nos acompaña.

Agradecido a todos pola vosa colaboración!

A votar, beibes!

31/03/2009 19:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 2 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]