![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2009. Corações, mentes e veias abertasxa vai para Algo do que non temos falado aínda![]() Non vos encanta cando estades buscando os calcetíns, colledes o pantalón que está ao carón da cama, tirado, sacudídelo e saen os calcetíns disparados polas pernas do pantalón? Sumatra, capital? El-Hoyo!![]() Nós viñemos de Sumatra con cincocentos ou seiscentos quilogramos de fracasos nos petos. Viñemos sempre derrotados, xa antes de comezar, chegando ao descanso con algo de ánimo. Índonos para casa sorrindo, mais orgullosos dentro da nosa condición de perdedores perennes. Esta fin de semana, o Illa de Sumatra gañou 10-9 ao Reyca. Este sábado houbo seis homes que alcanzaron un estado de ánimo estúpido de non cagar en cinco meses. Cando levas toda a vida perdendo, unha vitoria é unha illa. Verdes e negros, viñemos da xungla de Sumatra. Viñemos de Sumatra. Viñemos do fondo de Sumatra, da Sumatra profunda. Viñemos de El-Hoyo. Primeiras celebracións da vitoria do Illa de Sumatra![]() Aí temos ao xogador que anotou o tanto da vitoria celebrándoo con parte do equipo e da afección. Revolución (Lendakaris Muertos)![]() Vivo con mis padres Emepetresiño morto![]() Escoitar conversas de bus. Rapaza de Foz fala con un coruñento (pero, oye, chorbo): -E que tal a ponte? -Nada, al final no fuimos a Gijón. Fuimos a Albacete. Y tú? -En Foz, pero aburrida, que na ponte é o mítico de que marcha todo o mundo pasa-la ponte por aí e non hai nadie. -Ya. Es que en el puente es la mítica que se va todo el mundo. Eu son pobre, meu. Aínda non saín da Península Ibérica. Nin collín un avión. Nin son moderno, nin teño unhas Rayban, nin camisas a cadros, nin pantalón verdes ou azuis. Unha sorte fuxir desa puta clase media? Pull & Bear: amansiortega’s way o life. One wild shot. Non é mítico irse de viaxe. Punto. Se pensades que os cartos non son un problema é porque os tedes. Culpa miña ir escoitando outras conversas. Marchena, Manhattan, Berlín. O buseiro de hoxe do Oleiros-Sada amosou ás claras ser un paquete guiando un vehículo da maneira. Aparcar por dúas veces mal no propio andén, case levar un coche por diante do Juan Canalejo e despois fixo que unha vella soltase un Aiii! de vella, por botar a andar antes de que a señora en cuestión se sentase. Total. Ao primeiro que me dea un emepetrés... Augas mil. Ecuador. A momia de Lenin dá o pregón na praza Maior: -E xa dá comezo a festa de exaltación do Cogomelo de Trasmontes! Somos libres. 100.000 Remords![]() -Samo, e esta entrada? -Non sei... -Ti nunca sabes nada. -E así me vai. No entanto, a próxima vez, irei. -Nunca hai próxima vez, meu. Chelsea - Barça![]() Supoño que gañará o Barça, porque Chelsea... Con eses dentes... Ten que volver gañar o humano sobre o moralque dis? quen? Ninguén pode escapar![]() Á beleza dun Citroën AX. Acabo de espertar dunha sesta![]() E pensei que era mañá. Estou como se me desen unha malleira e totalmente desorientado. Arf! But... He's alive!![]() -He was dead and now he’s alive... He has gone back! Fucking Jesus Christ! He’s a zombie! Milleiros de galegos facendo o imbécilque nisto non fica A quen se lle conte![]() No pasado mes de abril, os xemelgos Staelens, dous belgas afincados en Amberes, pasaron á historia da crónica negra deste país por un caso realmente estúpido. O maior dos dous, Raymond, participou na versión belga do programa Cifras e letras, na que, tras pasar cousa de tres meses initerrumpidos sen ser derrotado, acumulou uns 2 millóns de euros en premios (véxase a diferenza evidente na contía dos premios con respecto á versión da TVG). O irmán menor, Jan, que estivo ao lado del durante todo ese tempo apoiándoo e alentándoo, agardaba que, ao remate deste período, Raymond recompensase a súa compañía con parte do diñeiro obtido. Raymond non só non lle arriou un mísero céntimo, senón que rompeu todo contacto con Jan. Isto, a verdade, foi algo bastante parvo, pois ambos os dous vivían na mesma rúa. O caso foi que, inundado nunha fonda e estrema xenreira, Jan contratou os servizos dun asasino a soldo para acabar coa vida do seu irmán, pois as circunstancias e a lei belga (segundo entendín no artigo que acabo de ler) farían que Jan herdase todo o seu patromonio de xeito directo, inclusive sen pagar ningún tipo de imposto. O asasino en cuestión, un tal Marc Braine, parece ser que foi o amante dun compañeiro de cuarto de Jan no seu período universitario na facultade de ciencias da Brexgata University Academy. O cal, aos meus ollos, non deixa de ser curioso Pois ben, tras facer chegar ao asasino unha fotografía de Raymond e realizar un seguimento deste durante semanas, o Marc Braine colleu e matou ao Jan! Dende un principio, segundo confirmaron os departamento de policía encargado do caso, confundiu aos xemelgos, co cal, Jan costeou por completo o seu propio asasinato! Na actualidade, Marc Braine está pendiente de xuízo e Raymond, o irmán que continúa vivo grazas á incompetencia do anterior, traballa nunha canle privada da televisión belga como comentarista dun reality baseado na vida dos dragóns da Illa de Comodo. Íspeme a modo que teño présa (Antón Reixa)![]() íspeme a modo que teño présa E o búfalo dixo ao morrer![]() -Hahaha... Non fixen nin tuenti, nin facebook! NormalmenteNormalmente, a escolla da música en resaca bule por corredoiras habitualmente pouco lúcidas. E, normalmente, sempre afirmo que a mellor canción para unha resaca desas nas que estás feito merda é Get off, dos Dandy Warhols. No entanto, hoxe escollín como tema para desfrutar do meu lamentábel estado este tema de Inadaptats. Continúo sen emepetrés. Así me vai. Despois fago algunha entrada que me apetece colgar. Perfectosó se atreveu Pecadopor que tes De que vas?![]() Non sei. E a onde vas? Pois tampouco sei. E por que non usas trazos para marcar o diálogo? Porque aínda non aprendín a sorrir. Es un corazón salvaxe? Paxe-traxe-garaxe. Que? Nada. Non vas a ningures? Ningures queda moi preto. Fumas? Ás veces. O tabaco mata, sabes? Xa levo morto moito tempo. Iso non é teu, xa o sabes? Si, mais tampouco sei dicirche nada novo. Maldición! Mala letrae pode que dieste Labirinto![]() Sei que, se algo se pode facer mal, heino de facer fatal, patas arriba e cun dubidoso recendo a derrota. Vale. E sei que no momento de escoller entre o bo e o mal camiño, sinxelamente, ficarei fitando ambas as opcións lambendo a tapa dun iogur de marca branca. Até aí, concordamos ti mais eu. Os labirintos e todas esas cousas que, realmente, non existen evítanse con facilidade unha vez que sabes que son a túa invención (do latín IMBECILE). Recuperámonos, collemos aire e pensamos na morte. Querémonos ver mortos (xa hai tempo que estou morto) e, xusto entón, todo se volve transparente: diáfano. A idea é a de sempre: unha única vida e unha única forma de saír dela. Nada nos esganou nunca. Non hai asfixia. Collemos aire e pensámonos. É nese momento no que el aparece coa mirada perdida (e encontrada), resollando. Ela é o aire. Non existe labirinto. Non hai asfixia. Collemos pulos, collemos aire. E pensámonos. Isto só era a nosa vida. O gumeapértame a alma A brasileira de Prazins (Camilo Castelo Branco)![]() Os melancólicos são os mais vexados pelo Demónio. Poughkeepsie![]() The Conductor: Last stop: the Moon. This stop is the Moon. A miserábel arte de gardar un segredo![]() Morreu Antonio Vega... E só me pregunto se estaría emparentado con Vega o do Street Fighter. Ascende a 80 o número de mortos tralo anuncio de Zapatero![]() Malia que xa había un tempo que o número de persoas que intentan entrar nos estado hespañol de xeito ilegal diminuíra considerabelmente, debido, en parte, á feble situación económica que atravesa; nestes últimos días estamos a ser partícipes dunha avalancha humana sen precedentes na historia moderna, isto é, dende que Ramoncín, El rey del pollo frito, entrou nas nosas vidas e mentes. Se os anteriores movementos migratorios estaban protagonizados por persoas procedentes de Latinoamérica ou da África subsahariana (ambos os dous, termos intencionadamente inconcretos), nesta ocasión, quen se agolpa nas fronteiras, valados e diferentes ferraganchos que os mandatarios hespañois tiveron a ben pór por se entraba xente e nos comía son frikis e acnéicos afeccionados á informática de todos os países e rexións do mundo. Como é ben sabido, no transcurso do debate do estado da nación (nación neste contexto refírese ao reino hespañol), o presidente do mesmo fixo o seguinte anuncio (traducimos por considerar inintelixíbel o dialecto empregado polo moreno en cuestión): -Meus, a partir de agora, aos pícaros de quinto de primaria darémoslles un portátil para enredaren, faceren un tuenti e comezaren a descubrir a súa tenra sexualidade. Amén disto, tamén lle poremos no maletín do portátil unha chapa coa cara de Rubalcaba, mais iso xa é outro asunto. A nova non tardou en percorrer o mundo grazas á rede e manadas de frikis, diferentes gordos onanistas e fans da saga Star Wars en xeral foron fletando autocarros para chegaren até as fronteiras estatais. As autoridades víronse desbordadas e sen capacidade para controlar a situación, o que culminou en toda clase de avalanchas, cobadazos, descargas eléctricas (os frikis traen os seus antigos equipos informáticos) e situacións confusas sen final feliz (cousa que nunca pasa se non está Hugh Grant de por medio). Resultado? De momento xa son 80 os mortos nesta catástrofe que non sabemos cando rematará. De todos os xeitos, non falamos de persoas, falamos de frikis. E esta noite...![]() Berri Txarrak. En Plan 128![]() Exactamente, en plan como esta canción... Sobre todo cando vai chegando o minuto 3:50. En plan suicide & redemption. Antonio Vega casou en Las Vegas![]() Antonio Flores levoulle flores. Vida interior![]() Reencontreime cun buseiro do que xa vos falei hai tempo. Collín o Oleiros-Sada da 1:55. O caso é que, como xa comentei no seu momento, o tipo conduce a toda hostia. -nótese que non vou falar da vella de pelo cardado que tirou do bolso un espelliño para se pintar os labios como se fose unha sioux- Ben, tras varios amagos de accidentes, acercámonos á parada que está á altura de Icaria, por abaixo, preto dun dos cincocentos consecionarios que hai por alí. Parada: muller de mediana idade (media aritmética resultado de sumar a idade da primeira menstruación e a esperanza de vida para unha muller na Europa atlántica e dividir entre dous) e rapaciña pequena. Segundo se vai acercando (vai freando, claro, parvos!), xa comeza a saudar á cativa con unha cara de felicidade flipante. Saúdaa. Muller e pícara suben ao bus. Quito os cascos do emepetrés (xa vos falarei do novo emepetresiño, que non é novo) para interpretar mellor a situación. A rapaciña dálle bico ao buseiro. Non entendo nada. Rapaciña séntase xusto detrás do asento do condutor, ao lado dunha vella (putas vellas de merda, habiades de morrer a metade), axudada polo que xa nese momento sabía que era a nai. Nai mantense de pé no corredor do bus. Conversa entre cativa e vella: -¡Ah! ¿Y ese es tu padre, entonces? -Si. -¡Ah! Yo pensé que era un gitano... Iba a llamar a la policía... (A vella sorrí, a nena sorrí, a nai medio-sorrí, os demais viaxeiros sorrín) Poño os cascos outra vez. Encántame o novo disco de Sepultura. Os xordos falan![]() E non o saben. Actitud libre y sana (Habeas Corpus)![]() Drogas, más y más y más drogas, Morre E. Honda![]() Paro cardíaco. Por bocoi. Death Magnetic![]() Non o podo afirmar rotundamente, mais penso que, se non o mellor, é un dos mellores discos destes anos. Javi Navarro anuncia a súa retirada![]() Tras abandonar o fútbol profesional xa se dedicará de cheo ao seu labor como asasino. Estrañarémoste, Javi. Cianinaesta só era a nosa vida Show me what you gotnon foi quen de Crítica n'A Nosa Terra![]() No semanario A Nosa Terra desta semana (nº 1360, correspondente ao 21 de maio de 2009) poderedes atopar unha crítica ao meu poemario Manual da destrución, que colgara hai cousa dun ano n’A Regueifa. Xa me comentaredes. Saúdos! Estamos no tempo![]() O pescozo? Mal, igual de mal, noxento. O estudo? Regular, igual de regular. Os brincos? Igual de batasúnicos. O ego? Igual, a rentes do chan. O vocabulario? Escaso, igual de escaso. Os escritos? Igual de parados, parado occidental, mátalle o carallo. A folga do metal? Disque hai tregua, iso non soa ben. Viaxes? Agardando confirmar algún fracaso. O blog? Xa ves. Vexo e, por certo, cando volverás pór os diálogos estes con trazos e ben diferenciados? Cando mo pidas. Pois faino, por favor. -Veña. -Que é iso de estamos no tempo? -Que máis dá? -Certo. -... -... -O ano que vén...? -Betis-Leganés! -Casa comigo! -Hahaha... Caféa noite na que nos Hoxe non chove![]() Hoxe non chove. Hoxe non chove. Hoxe non chove. Con el primer beso casi siempre voy preso e hoxe non chove. Hoxe non chove. Convencerse de que hoxe non chove. Non chove, non, non e non. Hoxe non cae unha sóa gota. Temos que aprender a ser máis duros. Non chove. Non. Non podemos prometer o que non sabemos. Non falta frialdade, hoxe non chove. Non hai frío. Non chove. Non me digas que chove, porque non chove. Hai catro variantes do verbo sufrir nas nubes, mais non chove. Non chove, non. Temos unha espiña chantada no lombo, e que? Hoxe non chove. Non chove. Estado do asunto![]() O mércores teño exame de Literatura III. Estou mirando da orde de cincocentos quilogramos de bibliografía ao día (ao mellor, algo menos). O mércores é a final da Champions. A crítica ao poemario é na edición impresa d’A Nosa Terra, non na dixital (polo menos non está colgada), que mo pregunta moita xente (milleiros de persoas). Acabo de disfrutar dun momento sumamente onanista ao mergullarme un ratiño no google e ver algunhas opinións sobre o poemario. E, ao dicilo aquí, confírmome como pervertido non-silencioso. Barulleiro, vamos. Hoxe chegou ás miñas mans (estas expresións apetrenan, seino) o libro cos textos premiados pola UDC no Premio de Creación Literaria do ano pasado:
Todo o mundo debería ler O bosque harmonioso, de Augusto Abelaira. Probabelmente, unha das mellores obras que lin en toda a miña vida, con moita diferenza. Ti es a miña droga. Vamos, muller. Ti es a miña avoa, vamos mellor. Ti tes a miña. Voamos mellor. Ti ves a miña. Eu vexo a túa. Sesenta e nove caralladas. Mañá máis e mellor. A beleza son catro casas![]() Non vaiades pensar. O Azpilicueta évos bo viño. Se colles toda a beleza e a metes nunha botella de viño, non che saen moito máis de catro casas. Cousas que se aprenden estudando a época das Irmandades da Fala![]() Risco dáballe ao cannabis. Como as fotografías eran en branco e negro, non se lle nota o vermelliño dos ollos. Xa sabemos a que se dedicaban os do cenáculo ourensán... Xente nova, leña verde. Todo é fume! Estatísticas![]() Canción asubiada até apestar no día de hoxe: -Sabbra Cadabra - Metallica (versión de Black Sabbath, parvos!) Canción creada hoxe: Huesos de cristal, Grupos a ver en directo: -Betagallica. -Metallarri. Doenza que non existe: -Vexiguite. Enunciados que non emitín estes días baixo ningún concepto: -Toda a xente de Oleiros, nos noventa, tiña a mesma pel. -O zombie de Xosé Cuíña pasea polos tramos sen finalizar do AVE. -Nin un so pingüín morre cando alguén acende un misto. -Mayor Oreja es un ser vivo y, por lo tanto, que se encarguen los de Greenpeace. -Dieste tivo a idea de escribir A fiestra valdeira despois de comprender que era mellor non usar os lentes chungos que popularizaron Risco ou Castelao. Trucos de maxia realizados diante dun cuarteto vocal de nenos turcochipriotas mudos dos que fuxen ante a primeira chegada de anduriñas dispostas a se depositaren nos niños que os seus veciños, afeccionados incondicionais ás masacres malamente estudadas, crearon en aulas especiais de horario noturno das que tiveron que pagar a matrícula en billetes de un céntimo que eles mesmos, en estreita colaboración cos seus escrotos, tiveron que deseñar mentres escoitaban un unplugged de Joselito: -Cero. Importancia que teñen as cousas: -Cero. Seguidores rexistrados na nova asociación "Filovaginas Hispánicas": -Fidel Castro. -Madamme Madmamama. -Francisco Franco Bahamonde. Cafés tomados por Luis ao saír da biblioteca: -Cero. Tomou patacas. Significado de "prevaricação" segundo o Dicionário Priberam: 1. Acto ou efeito de prevaricar. Significado de "prevaricar" segundo o Dicionário Priberam: 1. Trair, por interesse ou má-fé, os deveres do seu cargo ou ministério. Ideas para novo poemario: -Cúmulo de ocorrencias noturnas ao ficar esperto debido a chourizo rebelde. Champions League. Mañá: -Máis. En Plan 129![]() En plan Solitude e tranquilo. Reflexión rápida sobre a idea de decepción![]() A decepción non é que estea nas situacións que un vai vivindo, reside no propio xeito de rematar de cabeza das putas almas que fomos moldeando ao longo deste tempo. Outside. Inside. Seguramente o último que pasou pola mente de Hemingway, ademais do chumbo que cuspiu a escopeta, foi que el nunca tivo puta idea de cómo marcar os tempos para realizar un bo remate de cabeza. Borradortiña un borrador gardado O venres pode ser un bo día para que morra un deussupoño que podemos xustificar Xordoxordo Martes trece![]() Ou venres santo? Non te leves a enganoenchín de suor Se me cruzan temas![]() Descuberto grupo: Vento dell’est. Membros de Banda Bassotti. Aniversario de Roque. Se me cruzan temas. Banda Bassotti MEANS Roque, máis ou menos. |
Archivos
TemasEnlaces
|