Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2009.

Nalgures

Nalgún sitio entre unha excusa e unha mentira...

05/11/2009 22:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Título

20091106164345-choiva.jpg

Texto.

-en compostela hai tempo que non hai sol ou case non hai sol e chove e vas con paraugas tan grandes como o metro cadrado que está ao teu redor e non hai máis mundo en compostela nin en todo o país que o teu metro cadrado e todo o que pode defender o teu paraugas-

-volverei antes de saír o sol?-

-ninguén chorou-

Imos a Chantada. O resto xa se verá.

06/11/2009 16:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Cebra

20091106233911-cebra.jpg

A cebra non ten que correr máis que o león.

A cebra ten que correr máis que as outras cebras.

06/11/2009 23:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Matafocas

20091108152309-foca.jpg
  1. Se ten bigote, é unha foca.
  2. Se son máis de 60, son todas focas.
  3. Se toca a gaita, cachorro foca.
08/11/2009 15:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

O que non se perdoa e outras cancións

20091109180742-asubiar.jpg

Como non imos ser quen de estar perdidos? Se non temos onde ir!

Hai quen dixo -eu- que nunha despedida sempre soa Gluecifer. Onte soaba Titanium sunset. Hoxe pola mañá probouse con Coplas de negra inquietud e outras hostias similares.

O novo disco de Betagarri ten unhas pequenas pedras preciosas e o título é unha delas.

Bizitzari txistuka.

O novo disco de Betagarri titúlase Asubiando á vida.

Clases particulares de medo. Raiarse? Non. Eu? Non, eu non.

Esta mañá probouse con Put me on a plate. Nada.

Todos os partidos acaban en empate. Todos os poemas acaban en empate. Toda a felicidade acaba en empate.

Asubiamos á vida?

Aínda despois de foder todo? En serio que asubiamos?

Se todo pasou a mellor, esquezámolo.

Nas despedidas soa Gluecifer. Nas benvidas soa calquera merda.

Cando comezaba todo -todo- isto, lembro que un eixe da estupidez do momento era unha canción que pedía perdón. Pedía que a perdoasen. Agora a canción pregúntase como me vou perdoar?

Asubiamos e non entedemos como é que estamos perdidos se non temos onde ir.

09/11/2009 18:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Kaj ne bi odpuščali in druge pesmi

20091111231439-20091109180742-asubiar.jpg

Ker ne bomo, da bo kdo, da bodo izgubili? Če ne bi, če gre!

Je kdo rekel -I -, da vedno samo slovo Gluecifer. Včeraj je zvenel Titanium sončni zahod. Danes zjutraj poskušali na z Coplas črne inquietud in druge podobne hostias.

Rekordnih Betagarri je nekaj manjših dragi kamni in naziv, je eden izmed njih.

Bizitzari txistuka.

Rekordnih Betagarri je z naslovom žvižganje za življenje.

Zasebne lekcije v strahu. Raiarse? Ne. I? Ne, nisem.

Danes zjutraj se potrudil z dne Put me ploščo. Nada.

Vse stranke končal v tie. Vse pesmi končal v tie. Vse sreče konča v tie.

Mi piščalka za življenje?

Še vedno, ko gre gor vsi prekleto? In to resno whistle?

Če so vsi opravili najboljši, let's pozabi.

V samo slovesov Gluecifer. V samo pozdravlja vse sranje.

Ko se je začelo vse-vse - s tem, da je spomin os neumnosti trenutek je bil pesem, ki zahteva odpuščanje. Je zahteval, da se odpustil. Zdaj pesem sprašuje, kot sem pustimo, da se oprostim?

Mi piščalka in ne entedemos, kot je, da se izgubi, če ne bi, če gre.

11/11/2009 23:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Mata-mata-matafocas

20091112175411-focafoca.jpg

En Inglaterra os muros son focas.

12/11/2009 17:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Focas e cisnes

20091114013348-cisnecisne.jpg

Cando mates 113 focas, de dentro da 114 sairá un cisne.

Despois seguirás matando focas?

14/11/2009 01:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

A ela non lle ten conta

20091115144800-so.jpg

Por que estás soa?

15/11/2009 14:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Focas e patria

20091115215023-focamonxe.jpg

Ningunha foca di que pertence a unha patria.

Todas as focas teñen bigote.

Matémolas a todas.

15/11/2009 21:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Tirando da manta

por riba do metro oitenta
ningunha muller
sabe compartir unha cama

e
por debaixo

por debaixo
tampouco

17/11/2009 22:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Todos o sabemos

20091118183523-strifaiter.jpg

Todos sabemos que aquel primeiro combate do Street Fighter II no que se produciu un duplo k.o. (double k.o.) supuxo unha lección sobre como se poden vir a baixo os horizontes de expectativas.

Cando había máis de 4 rondas no Street Fighter II, algo estaba a pasar.

18/11/2009 18:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Compostela non ten porto

20091118190234-mar.jpg

Non teño calor nin frío...

Perdida para sempre a capacidade de sorpresa.

18/11/2009 19:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Bali

20091118230138-balu.jpg

Bali-Barcelona-Berlín-Beijing-Bos Aires-Bahamas-Belice-Bilbo para nos rir deles-Plátano Balú.

Plátano Balú.

18/11/2009 23:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Blasfemia pop

mecano en bjork!

19/11/2009 19:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

O que non mata unha foca

20091121091056-matafoca.jpg

O que non mata unha foca, faina máis forte.

Matádeas.

21/11/2009 09:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 133

20091121141343-vaca.jpg

En plan que?

Que devolva a bolsa?!

Non. Esta noite non nos pode faltar.

21/11/2009 14:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Por esta vez

Eu sempre sería unha canción distinta. Sería sempre as cancións malas que só enchen os discos e que nunca -xamais, vamos- se interpretan en directo. Sería todos os fracasos da industria musical. Non tería moita explicación, porque nada tería explicación e caería a noite.

SEGUNDO ACTO

Sería, sen dúbida, algún anuncio do Carrusel Deportivo, para me repetir no meu salón, no teu salón e no salón da xente que pensamos que coñecemos. Sería un anuncio de Chaskys ou de calquera cousa estaladiza.

CUARTO CAPÍTULO

Nada importaría moito, porque ao final as cousas non importan moito. E se morrese antes de espertar, por favor, agardaría que non rezásedes. A túa cama. A túa cama. A túa cama. Sería un e cada un dos teus contactos do feisbu para me desfigurar a faciana e lembrar que non lle botei collóns cando debía e que cando volva, todo espertará rachado e en anaquiños. Chaskys. Ti-Sabes-Que-Ti-Sabes-Que.

SEGUNDO ACTO

Máis sagrado ca ti. Máis sagrado ca ti. Máis sagrado que as grandes conas e que as grandes caídas na imbecilidade. Máis sagrado que todo o que nos poidamos ter dito. Esta noite vin o meu nome escrito con moitos U. Samuuu... Ti es-non-nada. Salón. O mundo débenos un salón.

ESPERANZA

Ducha de poder. Podémonos duchar? Duchas con auga polos lados. Eu báixomo na túa casa. Quero administrar as finanzas conxuntamente. Fagámonos un Líbano para os nosos adentros.

A CAMA

Agora durmiría no lume. Agora máis ou menos sería oitocentas bolsas de Chaskys -bolseiro- e agardaría que comezase o Carrusel Deportivo para acariñarche as pernas. As túas pernas co sol da fiestra. As túas pernas no domingo do mundial de ciclismo. O teu bosque e a túa árbore. Paseos, levar camisa ao monte. Descartar os nosos desexos porque o progreso é un atraso. Pinker. Pinker. Pinker. Hiroshima.

FRAN-FRAN-FRAN-FRANCAMENTE

Esta semana tiven -quixen- que borrar moitas das mensaxes do móbil porque non teño memoria -paradoxa- e lin as mensaxes de verán. No verán afinqueime á deixadez e ao medo. E hei volver cando ti xa non esteas e ese é o risco. Francia. Postais. Brazos. Tren. Poemas en medio de partidos de Champions League. Descanso. Empate a cero. Case chorar e non chorar e desfacerse por dentro.

E por unha vez. E por unha vez ser feliz. Por unha vez que me notes rir contigo. Que me notes construindo castelos no ar -aire. E por unha vez. Por unha vez estaba contigo estando só contigo eu só estando contigo. E aí podía darcho todo. E podía sentilo dentro. E podía con todas as cancións de merda para chas devolver con entrañas, tripas e etimoloxías das máis belas que nunca saberán os teus contactos do feisbu. Sufrir moitísimo contigo ao lado sorrindo e eu sorrindo.

Por unha vez. Só por esta vez -a miña vida- decidín morrer se morres. Ser tan egoísta que quero morrer da túa morte.

Que?

22/11/2009 11:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]