![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2009. Grande![]() Grande. E frío. Así foi. Aperta atlántica. Castañazo Rock 2009![]() Chantada. Mercado gandeiro. 21:00. 7 de novembro. Talco + Dixebra + Peste & Sida + Kogito + Skandalo GZ. 5 €. Para máis información, clicade aquí. A próxima vez que nos vexamos![]() A próxima vez que nos vexamos será co horario de Compostela. Centrémonos![]() Se dixese centrémonos alguén me diría centre de centro e monos de simios e xogaría coa idea de monos situados nun punto xeográfico concreto. E iso é o que quero. Cando querer só son seis letras. Amor é unha palabra de catro letras. Desde hai certo tempo levo gardada unha idea para un poemario (Samu, as pallas fainas na casa!) cun título bastante directo. Pasteloso, si, mais é o que vou facer a día de hoxe. Medo. Medo a que? Pois medo a un mesmo. Love is a four letter word! Os malabarismos son cousas de outro tempo. Os malabarismos son cousas de outro tempo. Os malabarismos son cousas-de-ou-tro-tem-po. Definitivamente, todo este ano fica recollido no disco Death Magnetic. Sei que é bastante patético estar tan ligado a un disco con tanta difusión e, posiblemente, con tan pouco calado. Mais sei que o entendes. Saiu Gramática grazas a un Spit it out! (tremenda mentira-saiu grazas a horas e horas de Steven Pinker-de colchóns con auga osixenada-etimoloxías-e un sublime etcétera) Hai algo que nos abate sen piedade. Érgueste, caes, estás no fondo e volves a te erguer! O que non te mata, lembras? O que non te mata, acabará por te facer máis forte. Este verán, hostia! Este verán! Un dos momentos máis comigo mesmo deste verán foi -triste, seino- escoitar Broken, beat & scarred en Lisboa. Cando aqueles multimillonarios dicían o de Show your scars, eu estaba a golpearme o brazo. Non sei se o facía por me notar o sangue, por buscar sangue... Sei que me lembrei do teu Eto’o na final da Champions e de que este año vamos a ganarlo todooo... Son un armadillo. Dos que fan calquera carallada e despois se enroscan e van a rolos. Ti es un gato. Antes soñaba contigo, ahora no me dejas dormir. Que diría Yosi. Levo agarrándome a cousas que fun entendo como malas para me defender (armadillo) e fun repetindo as mesmas respostas de merda a aquilo que se me viña enriba (pipiestradismo). Que vou ser eu un puma?! Son un armadillo. Ti es un gato. Seisculos escuros. Escarabellos. Area Maior. O rus? Si. Claro. Karma to Burn. God put a rainbow in the sky. Suicide & Redemption. Procrastinación. Roberto di que... Roberto di que temos que ir xuntos polo mundo adiante. El año que viene vamos a ganarlo todo![]() Porque somos los mejores. JemingüeiErnest Heminfgway non foi quen de descubrir os hercios. E agora non é xudeu. A vida normal![]() A día de hoxe, todos os elevadores de Compostela están avariados. E cando digo todos, digo todos. Se me dixesen que Compostela tiña este clima, amputábame a pirola e dáballa de cear aos cans. Chuviacalor. Molladuras e suar. Total, que teño a gorxa baixo mínimos. Inda non sei nada do de Vigo. Ondas vitais do mar de Vigo. Estómago de ivo pro feno. Onte vin a última de Tarantino. Roque non puido vir ao plan que el mesmo ideara porque tiña que traballar. E fastidoume porque sei que lle ía molar. Quero ir a unha obra de teatro na Nasa. Tamén a un concerto de Samesugas. Ao Castañazo. O tempo está por chegar onda min. Desde a fiestra do meu cuarto pode verse á xente traballando no Tribunal de Contas. Danme igual. Só tapan un pouco do ceo negro desta cidade. Libredón. Antes ou despois ficarei durmido. Quero que chegue o frío. Entérrame de noite. Odio o sol. Quero durmir tranquilo. Vivo nun cuarto. Por que non un momento para pensar? O noso segredo. O noso tesouro. Son un León![]() Este sábado estarei no XII Certame Internacional de Regueifas no Verbum de Vigo lendo algún dos meus escritos e as mans de todas as octoxenarias que se presten. O acto comezará ás 7 e eu seica farei o ridículo a iso das 8:15. Por certo, agora parece ser que me apelido León! Culpa miña por pór no Manual da destrución Samuel L. París. Aí vos deixo a miña presentación do díptico do evento. Xa irei colgando cousas sobre o asunto. Por certo, agardo ansioso ideas para a miña intervención. Dispoño de 15 minutos. Xa me diredes. Paz e leóns! Vo-ca-li-ce![]()
ToTo To To Todas as noites son iguais e o mellor que fixen hoxe foi limpar a fiestra do meu cuarto. Ode triunfal (Álvaro Campos)![]() À dolorosa luz das grandes lâmpadas eléctricas da fábrica O único pasaxeitoSen moito xeiro. Novos medos![]() Que os do Eroski non me traian a compra, porque xa tardan... Entrega do premio do III Certame de Relato Curto "A Orola"![]() Mañá, sábado día 17 de outubro faráse entrega do premio á gañadora do III Certame de Relato Curto A Orola. Terá lugar no Local Social de Sorribos sobre as oito da tarde, en Abelleira (Muros). Acodirei en condición de artista teenager reverbenación e farei lectura dalgúns textos do Manual da destrución e outros irrecitábeis máis. Eu iría. Non sei vós. Para catro veciños que somos... Avisados estades! Despois non veñades chorando... Rain-rain-rainmaker![]() Segundo a Lei de axuizamento civil de 1881, en Compostela a temperatura xoga como nun bambán. Vai e vén. Desde que vin para Compostela (o outono) xa pasaron cousas a jodelas. O bambán. Hoxe chegou unha carta. Un paquete. Cando baixo pola rúa da Rosa e está chovendo, fágoo devagar, para non esvarar. Manifestación. Homes de barba e mulleres sen barba. Mazás e Aurum de a litro. E hoxe escoitei tamén esta canción. Esta entrada apesta, mais xa me asentarei, xa me farei coa posición e xa o direi. Feixocobeo ten cabeza de vaca. A leite das vacas. Nós mamamos leite dos outros. Crónica do asunto en AbelleiraPara os que non estivéchedes e para os que si, podedes clicar AQUÍ e ver a crónica do tema. James K. Polk![]() James K. Polk. Irlandescocés. Tivo que admitilo. Vou-co-rren-doLuns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo. Dufresne, se non queres o báter, doucho para ti![]() Andy se arrastró hacia la libertad a través de quinientas yardas de residuos malolientes que no puedo imaginar. O quizás no quiera imaginarlo. Quinientas yardas. Es la longitud de cinco campos de fútbol, casi media milla. Andy Dufresne se arrastró por un río de mierda y salió limpio al otro lado... A quen se lle conte... Non hai vergoña nin hai nada. |
Archivos
TemasEnlaces
|