Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes al tema Pallas mentais.

09/05/2008

Com um poderoso sentido visual

na região administrativa da
constância
vale a pena visitar o venerábel frenopático

um nutriente essencial para
esse velho demônio
que supera a própria justiça
de um papagaio que você pediu a deus

engraçadas e absurdas

sinónimo antigo de garganta
converte-se em pó

atravessou-lhe um braço
de parte a parte
e foi sentar-se em um estrado de altura
a esperar subterrâneas formações
de
raiva

-chamem-lhe vida-
09/05/2008 13:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

27/04/2008

Algumas alterações na cabeça e no peito

a túa pequena mulleriña
e a miña
pasean hoxe sen saber falar realmente
ningunha outra lingua
que os cafés da tarde entenden que non é así

a gaivota asubía un bellaciaocalquera
todos iremos a resoar fronte ao deus que non
analisa a terra e non entendo porque me sinto
perdido

somos os últimos indios galegos
pés negros
pés de piche e polo piche
e
a
paz
dos percebes zen
27/04/2008 18:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

O sabor da passada ao paraíso

acabo de espertar
e esta vila camiña por debaixo do ceo
e as rapazas míranme con interese
etnográfico

tirei beneficio dalgún casco
dalgunha cervexa
e arrinqueille a vida
a unha araña

coa resaca dos deuses
todo resulta tan obvio e as mulleres
falan de amantes
de nunca
de sempre
de todo iso
e aínda queda cervexa quente

dubido
dous segundos

bebo cervexa quente

non me importa a convención sobre
os dereitos do neno

alguén exerce de minusválido
e tal e como vexo que abre o día
ese alguén é o que decide
toda esta merda
27/04/2008 16:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

24/04/2008

Você deve responder quando virou altar de adoração

é o sujeito
que contagia liderança
multiespecialista
a atração principal dum fatalismo telúrico
ao que ele
que se dizia ateu-graças-a-deus
prantou a certeza
de berrar sozinho no deserto

deixa-me ir contigo!
24/04/2008 23:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

24/03/2008

Biografía: Júlio Prestes

20080324151445-julio.jpg

Júlio Prestes de Albuquerque (Itapetininga, 15 de marzo de 1882 — São Paulo, 9 de Febreiro de 1946) foi un político brasileiro.

Chegou a ser presidente do estado de São Paulo.

Nado nunha humilde familia rica até máis non poder, a infancia do Júlio foi moito triste, mais, tamén, moito feliz.

Ingresa no Instituto Brasileiro de Estudos Importantes á idade de trece anos e pico, co que se ve na obriga de abandoar o seo da familia á idade de trece anos e pico. Ano arriba, ano abaixo. O seu ingreso nesta institución será de moita importancia na vida do Júlio. Será na residencia masculina onde terá a súa primeira erección, no seu adolescente pirolo, mentres mira unha rachiña de carballo. Júlio comezará, entón, a ter relacións con toda clase de elementos vexetais falecidos.

Abandoa o Instituto Brasileiro de Estudos Importantes para pasar a formar parte do alumnado da Facultade de Letras e Almofadas do estado de São Paulo. Alí coñecerá á que sería a súa dona ao longo da súa vida: un libro de receitas de cociña turca. Cursa estudos de Enxeñería Autocompracente acadando os mellores resultados da historia da facultade, que fora estreada había uns meses, semanas quizáis.

Tras obter o título na súa carreira, pasa a ser presidente do estado de São Paulo nun proceso escuro e brillante, sen pasar por mans do electorado e a base de lamber os cantos de moedas que xa estaban fóra de curso.

O 3 de xuño de 1934 érguese á súa hora e dá un paseo.

Chegando ao solpor da súa vida, decide mercar un gato.

O gato sería chamado Burgos, para lembrar os seus anos mozos nas provincias de Suráfrica. O gato, ter, tiña tres patas e unha tamén máis, o que facía do gato, posiblemente, un gato de catro patas, se temos en conta que a cabeza non conta precisamente como pata. O gato, Burgos, gustaba en exceso e tamén.

Por outra banda, a banda de música. A banda de música na que militaba o gato en cuestión viuse na obriga de alugar os seus instrumentos a calquera persoa de máis de oitenta anos e por debaixo do punto da morte para obter beneficios (véxase A banda musical, o diñeiro e Burgos, un libro de Vicente Bosco Pantocrátor, de 1983, editado por Vicente Bosco Edicións).

Júlio morreu e con el os seus órganos, que os levaba pegados a si mesmo.

Durante todo o tempo que pasou de baixa, non percibiu un so peso e as margaridas en flor.

24/03/2008 15:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

18/03/2008

Há gente esquisita como tu descreveste

na fin
as cagadas brandas
son
todo o que teñen que ser
e as ánimas da xente non nacida
non me importan
esta noite

18/03/2008 01:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

30/01/2008

Belcebú

apertas
risas
praias
bágoas
apoio
carreiras e máis todo iso

vinte dous
afundindo no azul

non vou estar sempre aí

pero os meus ósos
tenderán a se aliñar
sinalando a dirección
contraria ao teu
descorazonamento

30/01/2008 14:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

28/01/2008

Xa estaba morto

hai días malos
días nos que a noite chega antes de tempo
e nin peta
nin dá un toque cando
está chegando ao portal

hai días fodidos
nos que todo doe
nos que
calquera
cousiña
sen importancia
doe

hai días nos que
se non fose
por a fotografía
túa
que teño diante miña
mantería
esta pistola na man
e rebentaríame
o cerebro
agora
xa
sen nada máis que dicir

e o día que te vaias

a pistola
rirá
rirá con estrondo
incrible
sabedora
de que chegou o seu momento
de lucimento persoal

o día que ti non sexas
ireime
xunto coa túa existencia
a buscar a
felicidade
noutro sitio

fóra desta vida

sen ti
non quero
pido papas
voume
mátome

en serio

o día que
apareza morto
a xente dirá

pois falaba en serio

como que
xa o falara?

si
escribira
algo ao respecto

demo de rapaz

de ave rapaz

son un fillo de puta
moi tonto

e sen ti
non quero

non quero seguir

non podería seguir

non o intentaría
sen ti

28/01/2008 10:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

27/01/2008

Desfago desafogo fogo

ao principio
entendinte

despois
tratei de entenderte

agora
escribo
porque me tocas
tanto as pelotas
que cortarche a cara
e os collóns
para que non quede unha pinga do teu
sangue
tórnase
lóxico

27/01/2008 17:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

26/01/2008

Baixa do riso e corre

un coiro tenue
un coiro que envolve

a felicidade non é máis

sempre xamáis

unha ringleira de anciáns
que agochan tras de si unha paisaxe
na que describes a felicidade en diminutos círculos

coma se fose o que vexo

anajado

anajado

pensando só no anajado que se está

felicidade

como un lobo esganado polo gando ceibe

saltando sen pálpebras

espido

26/01/2008 11:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

23/01/2008

Un ollo chora, o outro non chora

faláchedesme sobre
o xeito no que había de borrar
as miñas bágoas
tan lonxe da casa

que todo podería mudar
que desaparecería a morte entre
os dedos e as miñas mans negras

sei dun lugar ónde
todo o mundo sería feliz

coñezo a estrada
e as indicacións necesarias
para chegar até alí

pero non estou advertido
sobre o xeito
no que había
de deixar todo ben feito

así que
por favor
non sexades impacientes
porque a eternidade
só será un tempo
e pintarei todos os vosos sorrisos
cunha morea de lume

23/01/2008 18:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

22/01/2008

Sexo oral lúdico

cómesma

e contas vinte

22/01/2008 13:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

20/01/2008

Bombalabombalabombalabombalabombalá

comecei a fumar
comecei a beber
comecei a despeitearme
comecei a durmir
e comecei de novo

e baixo pola estrada
dándolle
toques ao persoal
de abordaxe

e ska ska ska ska ska

iso non mo quita
nin deus

e digo un
digo dous
digo tres
digo

entre o dito
e o feito
o camiño
é estreito

20/01/2008 12:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

18/01/2008

Baixando a media

o cárcere
o cancro
a palabra
eu son moi poucos
prohibido ser eu
prohibido non crer en nada disto
non vou negar a verdade
non vou berrar
non vou sen voz
matarei a gandhi
matei a cristo inmundo
mátame a liberdade na que non me remexo
ninguén é capaz de entender
ninguén entende
algo pasará cando falle
algo pasará e será malo
son libre
se puidese
comería cada mañá impregnada de plástico
ou vidro
ou residuos orgánicos
insistirei no meu cárcere
batendo o lombo contra as paredes
como un acto de ledicia
opositarei á dor
como un feito de consciencia
desilusión non é cando non hai ilusión
moderaránme con centos de cordas na miña gorxa
sen pel
freando cada impulso cara a firmeza
da mobilidade
crearei un mundo meu sen máis que
montóns de pedras
árbores
e un único mar

18/01/2008 15:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

17/01/2008

Información

só cando hai lume
lembras a auga?

querida

vaporizou o mar enteiro
mentres agardabas
o incendio

17/01/2008 21:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

16/01/2008

Guerreiro desertor

dáme todas a lembranzas que tiraches

dáme un mar

e dáme unha bandeira co teu nome

non preciso máis nada
para bautizar esta dor

16/01/2008 21:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

11/01/2008

O partisano oceánico

un corpo nu
sinalando o ceo
con brazos
longos como
un infinito de raiba

no ceo

a noite

no mar

un corpo nu

un home sen máis
que el mesmo

el mesmo
e a dor da realidade
que non presta

sinalando o ceo
sen dicir
máis nada
que un silencio que fala
de todo o
preciso

o silencio
que soa
como soará a mellor
sección de ventos
do teu corazón

todo debería ter a súa porcentaxe de música
todo debería estar quentiño e salgado
todo debería emocionar

e así é

todo ten a súa porcentaxe de música
todo está quentiño e salgado
todo emociona

a liberdade é un cárcere
a dor é unha navallada na gorxa
o sangue é un berro
a xente que te rodea é decorado
as vogais son vísceras
o corazón é carne
a alma non é

dime algo noutra lingua
para levalo a onde
a vida se transforma
e muda
e cambia
e é coma ti

unha cousiña bela
quentiña e
salgada

11/01/2008 23:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

03/01/2008

Anticristo sudamericano

queda totalmente
demostrado
que se pode
apagar o monitor
empregando
un libro de galeano
e que soe marilyn manson
ao mesmo tempo

03/01/2008 19:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

02/01/2008

Quando meno te lo aspetti la tua vita può cambiare

ódiote
dentro de
útero petrificado
con sete rampas
por recalificar
car
car
car
teño un coche
tan amarelo
que non existe

02/01/2008 16:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

01/01/2008

01.01.08. 07:48

só necesito tres instantes
para dicir que quero fusilarme aos teus pés
berrando oito palabras da máis bela
canción de guerra

01/01/2008 21:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

28/12/2007

Cráneo

a cera escorrega polas paredes
e as paredes son de cera
a cera
debería ser vermella
e dos teus ollos
caen pinguiñas de cera
vermella
que escorren até bicar
a túa paz

calculas o rédito
e alguén está dentro do lobo
matouse un home diante de ti
e detivécheste a apalparte
diante de el

hai alguén dentro de cada
pinga de cera
que escorre entre
o coiro do lobo
e pode que non sexas
ti

ti escoitando
esta cera escorrer
e a paz do lobo
escrita en coiro
vermello

28/12/2007 10:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

04/12/2007

Na miña man

estás na miña man
e bícote coa lingua
que aínda sabe
a ron

dende que te deixei
tirado na palma
da miña man
o pulso
experimenta chocantes
feitizos

alcanzas ese estado
de locuacidade
que non estaba no convenio
e perdes a vez

e polícromo pedestal
gobernas

na miña man

04/12/2007 14:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

02/12/2007

Leven os meus ósos onde non haxa

non imos salvar nada

falecerá todo
e o poder fará calquera
cousa
e as gaivotas
serán gaivotas

había ben tempo
que non pronunciaba ningún hache
e había ben tempo
que non agardaba
que me levases ao sol
na procura
de palabras e verbas
e outras cousas
nas que meter risos
e tolemias

falecerá todo
e a sorte fará do ceo
un corpo negro
chamicento

chas chas chas chas...

chamicento

pintas esqueletos
e poslle lingua
pero non lle pos
ollos

pos pos pos pos...

pospós
ao meu esqueleto
na beira da túa cama
e agardas que rece
ou fale con deus
ou coa puta da súa existencia

voume arrincar
a pel a chantadas
e tirar o que me quede
pegado
aos ósos
cun coitelo que leve
grabado o nome
dalgún pai morto

o que raspe
será o meu almorzo
na mañá tranquila
e nos teus ollos
famentos

fame de esquizofrénica
levedade
eterna

02/12/2007 12:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

29/11/2007

Faltan anos de poesía

non existen xa as grandes
historias
mandas unha mensaxe
fas unha chamada
e mírante
e non hai música escollida
e non hai música escollida
e non hai música escollida
cos dentes negros de risa
non hai final
e por iso non hai historias
grandes
tontear
amar
foder
entender
confúndese todo e non
hai música

o amor é un amigo

29/11/2007 16:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

28/11/2007

Italia

o teu inverno é un palacio
es a máis bela
inda que eu te miraba
nun cabalo a motor
respirabamos forte
sen humor
un puño alemán
retornarei ao sol coa miña dor
o exército di que
o vai mudar
un asalto ao ceo
rápido
rápido
máis rápido
ronda as pólas
que envellecen
ao rachar na mañá

o meu amor
vai a este ritmo
o meu amor
vai a este ritmo
o meu amor
e non o teu
que non é
o meu amor
vai a este ritmo
e non o teu
falo do meu
do meu amor
de este ritmo
que é o ritmo
ao que vai
o meu amor

28/11/2007 22:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

19/11/2007

Tróuxente ao mundo

millóns de imaxes
de suposta felicidade
e só
quero unha tixola
con tomate
ovos enteiros
paos que saiban a marisco
e merda a rebentar

19/11/2007 16:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

09/11/2007

Acelerações...

(Abre a porta. Paseniño. Cristais e máis son de cristais.)

-No fondo da miña alma un gran furado segue caendo no fondo da miña alma e semella non ter fin.

(Máis preto agora. Séntase ao carón de ANXO SOVIÉTICO.)

-E no fondo da miña mirada, nas mañás de inverno, un furado semella medrar e non ter fin nestas mañás de inverno.

(Treme o corazón. Tira do gabán algunha clase de caixiña por abrir. Amósaa coidadoso.)

-Non vas dicir nada sobre todo isto?

-Poderíamos morrer en calquera intre. Non permitirei que as miñas derradeiras palabras sexan mirándoche os ollos.

-E caer no furado...

-Tampouco falarei disto coa túa alma.

(Érguese. Pode ter algún plano tatuado nos brazos furados.)

-Explícame os detalles.

-Nunca os houbo.

09/11/2007 16:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

29/10/2007

Sintrom

con gañas de poñer toda a carne
a galopín galopín
xeando o horario válido
non teño calefacción interna
non teño combustión interna
non teño motor de explosión

e múdalle o respiro
e rebéntate vida apagada
e cobras e pero meogo

cada hora
cada día
sexa o que sexa
sostén marrón
cor carne
cor de carne de muller maior
e o sintrom a cada paso
e os vellos ven

saber vivir

pero só lles ensinan a

saber morrer

e ela nada no mar
como unha caldeirada descontruída de raia
sen meterse raias
gramos e tres miligramos

tres son multitude
onde caben dous caben tres
tres illos
tres illos sofás da apocalipse

o meu sangue xornal gratuíto
o teu sangue xornal gratuíto
xuntando para os teus gastiños

metinme tres gramos de gastiños
esta fin de semana
e a queixada quéixaseme
seme
seme
seme que me corrín agora

sintrom coágulo
sintrom vellos en colas
sintrom a-rre-de-mo-ca-ra-llo-co-no-vo-sen-tro
médico

aos poucos

aos vellos lonxe mellor

temos a todos os poetas
tomando sintrom
temos a un exército de poetas
pendientes das receitas
temos a un coito de poetas
coa vacina da gripe achís xesús
saúde

nada nada

aquí non se salva ninguén

sintrom coágulo
sintrom vellas cardadas
sintrom corazón espectantes

sintrom nin som

29/10/2007 23:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 5 comentarios.

Espertando so

son o rei da traición
e neste novo amencer
de estómago revolto
vereime na obriga
de engulir o directo
de manu chao
e deixar que me estoupen
as veas
e o pracer

a un pé escaso da decadencia
a un pé escaso da tolemia
a un pé de todo o malo
nesta flutuación constante

comandante en xefe
de calquera
navío de bandeira vermella
e tripulación deshonrosa

nas amigas
nos amigos
nos risos
e nas apertas
e nas forzas
que saen de onde
o demo esqueceu o seu
cometido

nunha viraxe moliña

presente
aquí presente

sei que me podedes
evitar sen moita dificultade
e que sobro
e que estou de máis

por iso
a depresión
é simple
comprensión
e a vida é un corazón fendido

fun o cego

o que non sabía

29/10/2007 20:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

24/10/2007

Verde e dura

unha flema nas pálpebras
unha flema nas pálpebras
que se perdeu na gorxa
toleou
e apareceu nas pálpebras
preguntando
cómo foi que chegou até aí

24/10/2007 08:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

23/10/2007

Pequena homenaxe aos autobuses vermellos que se din urbanos

e polo camiño perdinme
mirei os apuntamentos
cambiei de canción
pero o aleatorio do mp3
xogoume unha nova mala pasada
e lembreime de todo o malo
pero agora o que importa é o exame
inda que saiba que non é así

23/10/2007 23:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

14/10/2007

Certo sabor hoolligan

un mes
dous
tres
catro meses

e a miñas unllas
foron medrando
o suficiente
como para chantarmas
no lado contrario
e levantar
algo
de pel

ti bicáchela
bicaches esa pel

esperma

seme

esperma

pelo

esperma

ti bicáchela

levantei a pel
enteira

a pel que estaba no lado contrario
e debaixo
do lugar que ocupaba

cuspín
mentres pronunciaba
o meu nome
e o título
dalgunha canción
de piperrak

14/10/2007 16:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

12/10/2007

Caer

achei
tras toxicómana búsqueda
con qué dicirvos isto
e
máis tarde
algo de antes
e non sei
ónde caerá o cabelo
da tarde interesada en
verme caer

12/10/2007 19:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

10/10/2007

E non vai por ninguén

odiaba á neniña mongólica
que agardaba
á súa beira
que chegase
o inverno

odiaba que a neniña fose
tan mongólica
tan retrasada

chegou a casa
deitouse na cama
e leu algo
ao que non prestou moita atención
porque así
é a vida

10/10/2007 21:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

09/10/2007

Diario dun sicópata - Sábado pola mañá

estaba sentado
en certas
cantidades de pedra
mollada

os ollos
inquietos
pero pechados

ao seu redor
moscas
machos
mequetrefes sen reino
sorrisos
de mequetrefes
de patufos
unha morea de
imbéciles e estúpidos

estaba sentado
e calmo

na calma que intimida

non tiña unha lei

el ten vinteún
pero semella que ten vintedous

e saltou
e atacou
a cada mosca
mequetrefe
a cada macho que non sabe que
o seu reino
lindo
é intocable

matou cada mosca
nun intre
grazas
a un lindo ak 47
que tiña o seu corazón
guerrilleiro
do vietcong

está moi tolo
non durme
ten moito tempo libre
morderá no pescozo
e arrincará carne
nesa mesma chantada

baixou pola rúa
sen que ninguén
lle fixese
moito caso

09/10/2007 20:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

08/10/2007

Meridiano cero

neses momentos nos que quero supoñer
a mitos da poesía
pretendendo entender
a maxia de aquel silencio no tempo da cafeína

xa chegaches até aquí
sen ser un santo

queimando a inercia dunha noite
sen cabalos amarelos

para isto mellor quedabas
na casa ou no día de mañá

Poucas luces...
poucas Luces...
Poucas luceS...
poucaS Luces...

o erro non está no que non dis
está en voltar sacar valor

mergullados en trinta e tres
gramos
de quicio
de onde tirar conclusións nefastas

lume rodea os ollos a cada paso

08/10/2007 21:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

27/09/2007

Riso nananá

porque se fose
o demo

o inferno

os teus peitos

27/09/2007 13:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

25/09/2007

Cecebre

cando vas no oleiros-sada
e pasas preto
dunha rotonda
hai un cartaz
de sinalización
que marca a dirección para
cecebre

e alguén engadiu
un novo

bre

e pon

cecebrebre

paréceme unha grandeza

sempre que por alí
paso

penso que o debería meter nalgunha
poesía

pero finalmente escribín isto
para celebrar
que o lembrei

e

por certo

a vosa vida
ten máis de min
que de vós mesmos

25/09/2007 18:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

18/07/2007

Comecei escribindo unha tolemia, pero creo que te quero tanto que non puiden deixar de dicilo

a alma
suspira
e achégase
cansa
ao corredor
ración de arroz
ración de tomate

o xerme
que cuspín
ao amencer
ilegalizouse
a si mesmo
no mesmo
intre
e no mesmo
intre
intre
intre

entre
vostede

entre
a ración de arroz
e a ración de tomate
o planeta
entra
nunha idea
que non pode
ser desaloxada

os papeis
nos que alguén escribe
unha hora

unha pedrada

na barricada
naceu
unha idea
tan pobre
como a propia
idea
de barricada

ración de arroz
ración de arroz

arredeime
alporiceime
e tiven unha teima

quen non queima
as cousas que lle miran
sinxelamente
polo cheiro
que desprenden
non merece
outra cousa
que non sexa
rematar
todas as palabras
en on

asíon
queon
caladeon
nonon
vaiadeson
foderon
unon
deuson

vexo os bos asuntos
apróboos
e paso
e continúo co mal

confúndeme o mar

ración de arroz

un segundo
coa miña singradura
perdida
por toda a poesía do mundo

quei te quero

18/07/2007 10:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

14/07/2007

y el mesías lo llamó pedro

estrela
creste unha estrela
creste unha estrela
e fáloche
de kortatu

non me falas
non me falas de peixes
en serio
non o fas
e dáme igual

dáme noxo o tempo no que
che tocou vivir
dáme medo o tempo
de antes
de cando
de cando
xa sabes
de cando antes

as miñas armas teñen nome ruso
as miñas armas son de coiro
as miñas armas resecas
catolicismo entre as unllas
política dentro das enxivas

as balas irán máis rápìdas
que ti
crecerán entre os segundos de ti a min

durmo nun zulo
o zulo para min
pídomo
é para min
este zulo
por hoxe
mañá o mundo vai estalar

sangando nunha esquina estou cómodo
pero ti non o sabes
impotencia dinlle os enterados
sangando nunha esquina estou ao meu
tranquilo
pero pensas que non

eu aí estou ben

tortúrame
veña
home
ponte a iso
tortúrame
mentres descanso
miles de palabras
silencio
miles de palabras

voume ao meu zulo

gorxas
mundo
terra
forza
descanso

minto se digo que me molesta
o que pensas

tortúrame

mira que vivir
para escoitar
palabras de podre
poder
non é decencia
non é infelicidade

ledicia de seguir
de verte nunha esquina

vou a falar de kortatu

un bico

a outro vaqueiro máis

lalalalaralalalá...

14/07/2007 16:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

03/07/2007

Inflames

en calzóns
e calcetíns
un rei
camiña
pola rúa

en calzóns
e calcetíns
un rei
fodeu
a unha raíña
e tiveron
un fillo

en calzóns
e calcetíns
escoito
in flames
pero
non teño calimocho
cun vasiño
de pipas
ao lado

en calzóns
e calcetíns
doume conta
do pouco que vou durmir
esta noite

en calzóns
e calcetíns
e cun camisero
de manga
longa
e larga

03/07/2007 10:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

Momento breve en chamada telefónica

se nalgún intre
avanza o pobo
e a ti fáltache
o meu presente
sopra só un pouquiño
e xa estou aí

03/07/2007 10:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

26/06/2007

Amantes

eles ámante
eles ámante
eles ámante
el ámate
e eu
amante

mellor amantes
que despois

26/06/2007 10:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Hespaña

o allo comido
rebélase dende o estómago

na procura de novas
alianzas bélicas
recompón o seu estado optimista

europa e madrid
manteñen o seu rexime

animismo dixestivo!
que viva a folga emocional!
sentimentos á rúa en coitos!

as graxas afastadas
como símbolo de benvida
ao estado libre asociado da vitoria

rh dixestivo
rh light
rh ao espeto

condenando a fame
e comendo requente
coas mans limpas
de sangue galega

mentres se come non se fala
mentres se fode non se fela
mentres se pode non se come
e fodemos

gernika love parade
muiñeira sound machine
aizkolari bass boost
mystical old percebeiros

kokotxas ao leite da galiza insurxente
sen xente
que non mame do lado azul
da hespaña

hespaña

cueiro do sentimento

triste e áceda
e inexistente hespaña

26/06/2007 10:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

25/06/2007

Alemaña

falo alemán
cando escoito pianos
pero entendo mellor o riso
epifónico gastroenterítico

falo alemán
pero non a vexo
e cando menos o agardamos
todo é do xeito que procede

falo alemán
e tócame no meu cadaleito

falo alemán
e o común deixa
impar a tanta microonda

falo alemán
en bancos de madeira
e coa democracia ás costas

falo alemán
dende o cume do organigrama
do opus nun potente berro

falo alemán
mais universalizo o medo
do pretérito cheo de orgasmos

falo alemán
máis preto
máis preto agora
e bailas comigo

falo alemán
con violencia

falo alemán
ao aire libre e baixo
vixianza

falo alemán
e quedan
corenta ferrados
de vómito
nas pálpebras

falo alemán
para satisfacer
as túas gañas de verme
perder

25/06/2007 12:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

20/06/2007

Ceibe

a vida que só existe
aquí
é a miña liberdade
confinada e confiada

estreita a mar
esta liberdade
que sabe de dar sustos ao
inxusto xusto cando
a liberdade vén

e condeado a marxinar
o talento
a vertixe é un impulso

poética de arró
cinexética de arró
arró amante
arró especulador constitucional

no chan e non no suave
no chan suave
suaviza o chan esta liberdade

catorce nais de deus
turrando do mesmo feto
infecto dun cancro de caramelo

catorce nais de deus
agardando novamente
ao son financieiro dun cárcere
sen ouro

seccionar as linguas
seccionar un bico con lingua
seccionar a saliva dese bico
seccionar ese bico sempre
cun coitelo amante do sida

liberdade

20/06/2007 12:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

18/06/2007

Visión esaxerada da persoa colindante

achei o
teu
equilibrio
ético-estético
e semelloume
tan patético
que te prendín lume
cun chisqueiro
que nos regalaron

un chisqueiro
de publicidade

18/06/2007 10:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

15/06/2007

Ottobre vedrá

20070615122820-frontal.jpeg

quizáis desde que a soidade
goberna na túa vida
vas caendo na conta de todo
o que deixaches marchar
de todo
o que puideches chegar a vivir
mais
o tempo non é un xogo de maxia
o tempo non pensa en ti
e non volta
máis
e só es unha escrava do mesmo
as oportunidades
escoitan as túas pegadas por o corredor
e pechan
forte
a porta
antes de que ti chegues
co teu sorriso
co que pretendes dicir
aos teus aditos
que non pasa nada
que todo vai ben
cousa que
ti mesma
sabes que non é certo
e novamente intentarás enganarte

eu estou no teu cuarto agora
mesmo
e non o sabes

non chegará nunca aquilo
que dis agardar
porque xamáis pensaches
no verdadeiro modo de acadar aquilo
que dis agardar
e dis agardar
cousas que nunca poderás alcanzar
por animar
sempre
a imaxe da frustración
que dis ter
pero que
ti mesma
sabes que non existe
non es unha persoa frustrada
es unha persoa
que vive no momento
que se deixa levar por a corrente
que só protesta o mal presente
pero que non fai nada por mudalo
porque
realmente
así é cómo queres que estean as cousas
non hai bágoas por todo o que é
non hai bágoas por todo o que non será
só quedan
bágoas
túas
por todo aquilo que non tes
sinxelamente
porque non educaches
a túa capacidade de frustración
algo que adoita pasar
cando a unha se lle dá todo feito
mastigado
e cando captar a atención
de todos os tontos
coma nós
pode chegar a ser tan sinxelo
e así será sempre
non mudarás nunca
poderás dicir o que queiras
para afrontar a problemática dun momento
taparás o dano feito
ocultarás os erros cometidos
restaraslles importanza
e crerás a túa propia versión dos feitos
só afrontarás cada problema do momento
tratarás do que che fai chorar agora
antes de afrontar o teu verdadeiro
problema
que non é outro que levar
unha vida
encamiñada
á nada persoal
a ningún lugar realmente
satisfactorio
pero
por sorte
porque as persoas coma ti
lamentablemente para o equilibrio
universal
teñen sorte
posiblemente inmerecida
esa sorte
fará que teñas ao teu carón
supoño
a alguén moito mellor ca ti
e moi tonto
ou tonta
que estará aí para
poder arrincarche un sorriso tonto
día tras día
e
deste xeito
facer dunha existencia na nada
unha farsa
sobre a que nunca pensarás
e na que vivirás feliz
tendo mil cousiñas que non valerán para nada
tendo mil amigos que non valerán para nada
tendo mil orgasmos finxidos
tendo mil sensacións de un catálago de emocións
que ti considerarás correctas ou válidas
e esas
e non as outras que ti non concibes
serán as cousiñas
que vaias sentindo dende hoxe
até
o teu finamento
porque
se non o sabes
do mesmo xeito que eu hei de morrer
ti has de morrer
e cando chegue
ese intre
no que eu morra
estarei tan sumamente alonxado da idea
da túa persoa
que a ledicia inundará ese paso
á nada
mais
o teu paso será un mero trámite
pois pasar
da nada
á nada
non é meritorio

estou no teu cuarto agora mesmo
e dis
que non o sabes

15/06/2007 12:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

Unha e outra vez

co meu teclado hai palabras que non podo escribir
e
por moito que o procure
só me saen outras
verbas
como
dominación
dominio
domingo
domesticado
domo teléfono domo domo domo domo domo
domo do que seguirei escribindo estas
mesmas verbas
unha e outra vez

15/06/2007 12:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Ventre

abriu o ventre
do seu amado
e gardou unha pequena dúbida
sobre el
alí dentro

bebeu un grolo de auga

os que falan castelán
fan mal
os que falan galego
fan mal
os que non falan
van falando dos outros
e fan mal

aquela muller tamén fixo mal
pero non o entendeu así

e pagouno

15/06/2007 09:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

14/06/2007

Australia

ten unha camiseta
que pon
australia
e di que australia
é un gran sitio
para ver crecer á túa familia
ter unha bonita posesión
terreal
adorar aos teus deuses
durmir nas noites de inverno
e escoitar as túas propias palabras

as miñas palabras
teñen algo de melancolía
e algo de min mesmo

14/06/2007 10:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Bailando na rúa mentres a vida se esgota

ao mellor a vida
que queren que leve
non me convence

ao mellor
só me vence

ao mellor
entre tanto devaneo
o prazo
vence

e todo ao carallo

14/06/2007 09:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

11/06/2007

Pasado o control de calidade

o amor é unha puta
moi cara
e no peto
só teño a tarxeta do bus
urbano

unha pequena vida
un pequeno corazón

11/06/2007 10:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Dóeme o alento

nalgúns casos
como os que verán a continuación
a morte do paciente
foi un mero trámite burocrático

matoume unha noite
e nela mantivenme á espectativa

escribirei cen veces a mesma oración
non mandarei calar
non porei distancia por medio
non escaparei ao son das túas ás

vendín aos meus fillos por diñeiro
vendinme porque si
porque quixen

cada vez que morre un neno
parpadea un animal por extinguir
que levo no fondo do peito
e que berra cando me miras
e fago que non te vexo

11/06/2007 09:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

08/06/2007

Idéntica simpatía

redúndabanse o un ao outro

ela ratificouno
no cargo

cargou un rato
con el
e ficou
queda

el congregouse
no envés de ela mesma
e sincronizáronse
sen querer

sindicouse
con tremendo aceno

compaxinaron
o horario de ambas sinagogas
e acadaron unha idéntica simpatía

08/06/2007 10:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

07/06/2007

O outro lado do que alguén chama terrorismo

achegouse silencioso
ao automóbil
baixo a luz do faro

observou a matrícula
e pensou un pequeno xogo
de palabras
coas letras da mesma

sorriu por esa inspiración
estúpida

pegouna como adoitaba
e marchou
asegurándose de que ninguén
o vise

tatarexaba unha canción
infantil sobre un rato
e un gato e como pelaxaban
por un anaco de comida

cando estalou o
automóbil
el xa non estaba tatarexando
nin lembraba a matrícula

07/06/2007 14:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

06/06/2007

Paul newman y opio

pon pon pon...
y las luces de mi cuarto comienzan a bailar por placer...
esta noche son tres tiempos...
pon pon pon...
vendo mi quién soy yo...
para ver planteamientos meritorios...

06/06/2007 18:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Peitos pequenos

un día collín
un resfriado

solteino

seguín escoitando
o que dicía esa rapaza
morena
de peitos pequenos

06/06/2007 18:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

05/06/2007

Trainspoittéame até chegar a cuenca

esta noite
ímolo facer tan de vagar
que estarás dentro
de algún filme
escocés
e serás unha menor de idade

05/06/2007 12:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Fascinación

provocando medo
e quizáis

badakit ikusi dut eta

nunca se ergueu un pobo en armas
nunca escoitei ningún grito
non vin ningún crime

badakit ikusi dut eta

que si
que o vin
e que se me chantou
entre o brazo e o pulmón
esquerdo

badakit ikusi dut eta

o amor é paranoia

05/06/2007 10:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Eu quixese ter un millón de amigos e coselos a todos cunhas follas de loureiro

só desexo que cando leas isto
penses no peor
na merda que che sae do cu
e cres que non é tan parte de ti
como o cerebro co que desconfías
que penses en todas as cousas que odias
que penses en todas as putadas
que te fixeron
todos as hostias que te metiches
que vexas e lembres toda a merda
que tragaches
que volvas ao teu peor accidente
á túa experiencia máis dolorosa
a todas as mortes que viches
e que penses en todos os erros que cometiches
e que xa non podes mudar
en todo o tempo que xa malgastaches
en todo o que non pode ser
en todos os dias que choraches
e ninguén estaba alí

non se merecen

05/06/2007 10:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

04/06/2007

Disque

só me dixo
que o voso personaxe
non saiu na última tempada dos simpsons

04/06/2007 19:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Unha especie de "pogo-relation"

a miña moza
precisa un novo órgano

unha dama cunha cullerada
de prebe

a miña moza
perténceme

é miña

e vouna comer

unha dama cunha cullerada
de prebe

a miña moza
é un primeiro prato
con noces
do país

voute matar
nun estado libre

a miña moza
como unha merda grande

noces do país
que mudan de discurso

04/06/2007 10:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Licor café

20070604095108-licorca.jpg

licor café
licor café
licor cafecta a todo cavilar
licor cafea ás mulleres que pasan
licor café
licor café
licor café
licor cafermenta os miolos
licoruñeses café
licorpulentas damas café
licornudo do mundo café
licor caferve no sangue
licortisona café
licorenta úteros de café
licor cafertiliza a alma
licorniscando sempre café
licordilleira nai do café
licor café
licor café
licorcafé
licocafé
licoafé
licafé
lifé
fe
é
é
é
é licor café

04/06/2007 09:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

01/06/2007

Intencións

tirareime
no fondo da igrexa municipal
para ver como as pombas
eurocomunistas
din se hai boas ou mellores intencións

01/06/2007 13:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

30/05/2007

Galiza history XIS

20070530101548-paranoico.jpg

home branco
con aspiracións negras
camiña
bébedo
a través de
un amago de capital do cristianismo
e fita
bloques de hormigón
de posesión fascista
para sentirse
un personaxe desdobrado
e comeza o seu propio filme
que apetrena a calimotxo
txotxo
txotxo
lámbelhe o txotxo
oes? lámbe
lho
a una txica lhelhe
que te comprenda de verdaz
que sea tenaz
y sagaz
a la que darle la paz
paz paz paz paz
kill paz
y adiós mosquitos

30/05/2007 10:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Long time

manteño unha relación
sentimental
con un folio

o folio mantén unha relación
sentimental
con unha botelliña de viño tinto

a botella de viño mantén unha relación
sentimental
con un metro cadrado de beirarrúa

o metro cadrado está que non o cre

30/05/2007 10:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Preto

aténdote
téndote preto

aprétote preto
téndote
e téndome ante ti
pretendéndote

tes que deterte
e deixar patente
que todo o que atente
contra ti
é
pura
maxia
bastarda

30/05/2007 10:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

29/05/2007

Caldeirada de raia

por todas as mulleres que nunca tiven
escribo isto
por todas as mulleres
que non sei nin qué voz teñen
escribo isto
por todas as mulleres
que non saben quén es ti
escribo isto
por todas as mulleres
escribo isto
e por todos nós
permanezo calado

hoxe comerei caldeirada de raia
porque me gusta moito

29/05/2007 10:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

28/05/2007

Somos o que comemos, un título un tanto estúpido para algo coma isto

somos unha letra
do infinito de letras
e na literatura
esquiva
da literatura da ferruxe

somos a malversación
de deusas que precisamente sen motivo
atenden aos seus neniños orfos

tres números esquecidos e máis tres números
agnósticos da paixón merdenta

os penes
e as pirolas
unidos por fin
nun sindicato do sexo
infinitamente agradecido
ao pofalisético
amor

28/05/2007 14:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Arte que se agocha no atentado

20070528141248-car-bomb-explosion-lebanon.jpg

négome a negarme négome
non
que non
hostia
puta
poutas e máis poutas
e luras
e luras e luras
e en lira
delirarei novamente
e o pobo deixará de ter medo
e sairá da lama
lama lama
dalai lama da lama
cun lema
por bandeira
e cantarei
con lume
con traicións
e nada que ver coa normativa
e a ferruxe
e as cervexas gratuítas
da noite escura
manifesta a túa intención
mala puta
puta puta
puta
puta
putiña linda
que vas no asento de atrás
e alí irás
sempre
mentres agardo
sentado
na beirarrúa
puta
puta
puta
poutas e máis poutas
e luras
e delirios
e montes de cervexa
gratuíta

quero a paz
e dignidade

inda que a busque
nun caldeiro
verde
verde
verde

puta

28/05/2007 14:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Será mellor

pelo gris descarta
aneis dourados
no encontro coa xiada
que incorpora cinza
ao querereite despois de morta

28/05/2007 09:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Proposta de cansión para os Kenodí?!

20070528093630-laporta.jpg

non me importa
a xente á que lle importo
non lle importo
á xente que me importa

joan laporta
coa pirola torta
joan laporta
uoh! uoh! uoh!

quei toleas
quei dis
quei a rascas
quei vajeas

joan laporta
coa pirola torta
joan laporta
uoh! uoh! uoh!

sistematisa
bandullos peludos
de resaca
vellos na misa

joan laporta
coa pirola torta
joan laporta
uoh! uoh! uoh!

joan laporta
tírate da dársena
joan laporta
tírate da dársena

joan laporta
tírate da dársena
joan laporta...
ponte las medias!

28/05/2007 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

24/05/2007

Todos os meus amigos están mortos

mensaxe número
un

mensaxe recibida
onte
ás
dezasete horas
cinco minutos

oes?
que chamaba para dicir que
que finalmente

que ao final
non vou poder quedar contigo

xa te imaxinas de qué vai
o tema

en fin

nada

iso

espero que non che pareza mal

veña

vémonos

cóidate

inicio
todos los programas
winamp
winamp
file
play file
subir un nivel
subir un nivel
subir un nivel
subir un nivel
mi disco
turbonegro
party animals
02-turbonegro_-_all_my_friends_are_dead-sms

where are your friends?

24/05/2007 05:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

23/05/2007

Contra os maiores estúpidos, os xoves que se cren adultos e son igualmente estúpidos e tamén contra todo o que nos moleste

20070523023644-old-men-eating-de-250.jpg

cando os pais
aínda falaban de deus aos fillos
e os enganaban co inferno
con deus
cos pecados

cando o tabú do sexo
aínda estaba

cando a morte seguía sendo un tabú
alá nos oitenta
e centos de rapaces e rapazas
caeron na heroína

cando os avós
creron a franco
creron na patria
na bandeira
e no fascismo bo

cando o respecto
era unha obriga

cando o amor seguía unha convención

cando a violencia

cando a estupidez
era realmente estúpida
e non o que nós
agora facemos de ela

somos a xeración
do oitenta e catro

a que non sabe de qué foron os oitenta
e dános igual a movida
a legalización do partido comunista
o estatuto de autonomía
as olimpiadas
as autoestradas que rachan calquera cousa

non nos facemos as mesmas preguntas que vós

nin temos preguntas

somos esa xeración
que só
ten respostas

non queremos loitar por nada
non hai unha guerra xusta
non queremos ideais

a miña xeración
ao igual que eu
só queremos ser felices

o resto é merda

así que
que vos fodan
coa vosa relixión
coa vosa política
coa vosa publicidade
co voso non bebades
non fumedes
non nifredes
non berredes
non saltes
non te movas

somos nós

a xeración do pogo

que lle atopou o gosto
a golpearse sorrindo

somos os da nada

non teremos nome

non seremos hippies
non marcaremos o porvir

porque somos nós

somos realmente libres

os do oitenta e catro

somos libres

somos bukowski

maiores
de merda
oxalá estivesedes xa mortos

o día que a nosa xeración
goberne
aquí
a resaca será o único patrimonio da humanidade
e será tan
e tan
fodidamente bonito
que o resto

dará igual

23/05/2007 02:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Dimensión individual de algo que o conxunto da sociedade non considera importante

fronte come tempo
home entende muller
muller fode home
deus garda mobles
revolución non decide
perpetuo é pouca cousa
pausa bautiza soidade
todo clasifica agosto eterno catro direccións
e bícome a min mesmo brutalmente
e cando chega agosto eterno
camiño en catro direccións
perpetuando esa decisión
que deus
mantivo sobre aquela muller
aquel home
e aquel breve tempo de unión

23/05/2007 02:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

22/05/2007

Un céntimo

só porque as películas
teñen detrás
a grandes compositores e grandes orquestras
sinfónicas ou afónicas
non debemos pensar que xa se ten
creado
a mellor banda sonora orixinal

a mellor banda sonora
era o vento aquel
movendo todo un campo verde
por edificar
que probablemente
só vale
un céntimo

22/05/2007 06:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Cubata

o teu cubata
acaba de finxir un orgasmo
e di que fará boicot aos produtos cataláns

seica escoita a cope

22/05/2007 06:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

21/05/2007

Deixádeme cantar

encántame o teu son
ao marchar lonxe

lévasme arredor de ti na túa gorxa
e atraveso o teu cabelo lonxe de ti

déixasme ser un cohete bélico
que non pasa o control de calidade
e que caduca cada segundo mil veces a cada hora

marcharán pouco a pouco todos os amigos
marcharán pouco a pouco todas as cancións
marcharán pouco a pouco e pouco a pouco quedaremos sos

sos coas ecuacións
sos coa nosa gheada e co noso programa electoral
incumprido

non mo podo crer
e o seguinte enunciado será outro máis

a primavera fracasou con nós

agardo o verán
na primavera
como último
ou como derradeiro
obxectivo

e lévasme fóra a algunha bodega progresiva

a pé de páxina
os artigos azuis
as pallas mentais
ser un concurso
baixar por entre os caracteres coa camisa
rachada e arrecendendo docemente
a whisky de menos de cinco euros

devalúa o universo enteiro
e que estale a fiestra universal
en oito versos
que conformen
dúas cobras unísonas

achar o medieval das horas

ser un alalás do querer chegar a ser

a raia no pelo
o pelo na raia
meterse unha raia de pelo
matar un camarada por puro aburrimento
e soterralo na area mollada

os nomes con hiatos
e que fabrican recordos
tenderán á emancipación testicular
da noite da maldita primavera

coordina
alporiza
pasa o ferro ao ferro e ao cobre lindo

non gañar todo
renunciar
atopar a sexta conxugación
entre dous pezóns de uralita
que canten saetas africanas

os homes malos
regresarán
os homes malos
ensinarán o que saben
os homes malos
pensarán en ti
os homes malos
confundidos e lamentables

os números!
a paz!
a paisaxe!
as vitaminas da senectude!

recoller a semente das secuencias
e andar agardando que chova rosa
descoidar o aire morrendo de frío

lévasme fóra coa túa saúde
e nun mar de dúbidas
negro negro negro do algo debeu pasar

non poñas escusas
non lamentes
non intentes mellorar

sinxelamente evoluciona no problema

soporta o trebón seguindo
o trebón

o trebón polo trebón non ten sentido
entende iso
entende o trebón por o trebón

treme no trebón estudando
a súa tolemia de trebón

camiña con améndoas nos pés
e améndoas nas orellas

colga na lúa pólas de toxo
e que a chorima
goberne dende a noite
até ao último adeus

21/05/2007 02:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Eroatzu berratik arte

errako charra libre naizka
porru baterri
mohi tzianai badi tetxa
libre charra

errako tzianai

tugu bede
erri erri erri!

barroku nortezu
egara arrean lurranandea
batei

zertadia joantzen
banaikak

errako tzianai
errako charra
egara nortezu banaikak

21/05/2007 02:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Agra de cemento

quedou a durmir
na túa casa
nesa piscina de vinagre
que recoñeces como fogar
e o noso querido
xove amigo con carreira
por rematar
rebaixou esta noite o ritmo da súa dieta
sexual
e foi un auténtico
porco
de intentos caníbales
tras entender que non precisa
máis nada
que unha piscina de vinagre
que un par de grolos máis
que mentirlle ao amor da súa infancia
que morrer diariamente nese bucle
da mazá apodrecida
en
perder o tempo sempre

21/05/2007 02:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

O estilo do cabalo perdedor

estamos na idade
axeitada

no momento xusto e á hora indicada
polo marcador rectilíneo

así que
agardemos un pouco máis

esta quenda
hai que perdela

21/05/2007 02:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

16/05/2007

Durmiñón

tiven un encontro sexual
cunha iguana

realizamos o coito

mal sexo o que se mantén cunha iguana

hoxe quedei cun rodaballo

practicaráme unha felación

non sei ónde durmirei mañá

16/05/2007 09:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Como unha cona

coma unha cona
enorme que se come todo o que vai quedando
no fondo da caixa do último disco
que mercou unha teenager solucionadora
do exercicio tres

como unha cona
así
hoxe serei un gran poeta
bastardo
fillo da estupidez sublime
e das noites epentéticas nas que me alporizan
as flores azuis no meu peito
peludo

como un gran poeta
que saberá do seme que desaparece nas bocas
de homes maiores con engurras baixo o papo
e ao que se lle transparentarán os tumores
baixo a camisa clara de manga curta

un gran poeta
como unha cona
sorrinte
húmida
e iconoclasta

16/05/2007 09:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

15/05/2007

Por confirmar

entre o camiño
e a evidencia do esputo
áchase a galaxia por confirmar

éxodo indocumentado
e manufacturación indulxente

neglixencia no solpor
e fición resplandecente

aí áchase a galaxia por confirmar

entre a evidencia
do esputo

e o camiño

15/05/2007 09:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Fite

todo
o mesmo
encadeado
un máis
seremos un máis
a sombra
igual
de escura
o pelo
igual de longo
ou de curto
os euros
no mesmo continente
obedeceremos as mesmas
leis
seremos
unha máis
a vida pasa
e nada muda
non existe unha gran depresión
non saín á rúa
ver unha gran guerra
as mortes violentas
non van comigo
nin contigo
o cancro
témolo aí
e arrecende a fume negro

o lume quedou
no teu ollo esquerdo
mentres fitabas
a lúa

15/05/2007 09:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

10/05/2007

Helena

arredismo indeliberado
e transmítesme incertezas sobre
denotacións que confunden

embarúllanme os pretextos
teus
execrables e copiosos

o nome non cerca
todo o teu significado

e mudareino en min

non te chamas como me dis que te chamas

es helena

e sempre te chamarei
así para os meus ineficaces adentros
engreídos

helena

10/05/2007 09:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Rick Mayall

20070510095038-youngones-3.jpg

menisco
menisco
mira qué me tocas o carallo
menisco

todo empesou cun traballo de hispano
mentres unha fransesa se ría de min
porque vibrei cando te fuches a paseo
menisco

imos en trens diferentes
menisco

ás veces
roto
ás veces
enteiro

pero sempre
presente
menisco

e agora que pareso parvo
coas miñas trécolas
riste de min
menisco

só algo temos en común
menisco

que os dous precisamos

petróleo

10/05/2007 09:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

09/05/2007

Idiota

o piche bifúrcaseme
ledo
entre os miolos que non se manifestan
e lémbrote nos meus brazos cheos de magoaduras
saúdandome xentilmente
dende o teu ostracismo idiota

09/05/2007 09:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

08/05/2007

Funk the love

meu ritmo funk
no fondo da lepra
que non atopa saída

e es un dicir

es coma quen di

e o meu ritmo funk
agroma
debaixo da pel que bico
e cantamos xuntos
para saír do silencio da cama branquiña
que sempre fará ruído de máis
que sempre será antiespañola por puro masoquismo
patriótico
e o lume da túa entreperna recompón tres almas alleas

e sabes ti
que o cantar que levas baixo a pel
é o meu ritmo funk
infectando o teu corpo

maniféstate
como unha deusa do funk
baixo a miña pel
e escribe en madeira coas túas unllas
sen cor

maniféstate
como unha festa funk
sen brazos alzados

maniféstate
e lévame
no teu arrolar funk
co que servir á túa entreperna
compoñedora de almas alleas

entreperna libertaria

sinxelamente húmida

e máis grande
é o teu honor

lingua funk

somos funk

08/05/2007 09:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

0% de materia gris

se pascual funciona

nestea furrula

08/05/2007 09:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

07/05/2007

Recitade isto en conmemoración vosa

amén

así sexa pois
a desfeita

en calzóns
e logaritmos nos arrós
e NON VAI IMPORTAR
a miña alma
é un pantera negra
a miña alma
é o miño
o meniño
o niño onde descanso
co demo por bandeira

o teu dixérono outros

roubei secuestrei
pedínlle o imposto
revolucionario
á túa boca
BUCAL BUCAL BUCAL
BUCAL

demasiado tarde
fara foder
farar
farásito pantástico

epéntese lonxitudinal

os teus excesos tivéronme
nunha ciencia fición
e os meus dedos
lembran a túa boca
VAXINAL VAXINAL VAXINAL
ANAL
BUCAL

obrigado
e esquecido
como o almanaque
que nacerá nunha cova
autorizada para
o
terrorismo

07/05/2007 09:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Dramatismo

algún día

e pode que non tarde moito

algún día
digo
escribirei unha grandísima peza
teatral
sobre a placa placa dental

placa placa
dental

e durará o que dura unha porción
individual
de felicidade

é dicir

uns vinte minutos

dependerá do atasco

07/05/2007 09:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

04/05/2007

Non sei diferenciar o amor de calquera outra sensación térmica

20070504101035-flipado.jpg

os bicos non son nada
o odio gaña tranquilamente ao quérote meu amor
ríndeste ao sexo solitario
á música en doses individuais
na economía como na vida
nunca serás ninguén
tes bolígrafos de publicidade
camisetas con marcas que son publicidade
consumes publicidade da propia publicidade
os coches están feitos en cadeas estúpidas
as pizzas están precociñadas
chatear deforma todo e ti pensas que as cousas
son como ti quererías que fosen
os porros saben distinto de como arrecenden
a cervexa sabe mellor do que pensabas
a muller da túa vida só será alguén que
sempre estivo aí
as mulleres poñen maquillaxe
os homes esbardallan
os nenos engánchanse ao que sexa
os vellos critican todo iso e apestan a vello
vomitar non engana nunca
en todas as canles botan o mesmo
case toda a xente é racista
se tes cona é probable que sexas machista
ou que defendas un feminismo de pastel
só deberiamos ter dous pares de zapatos
non cambiaremos máis de móbil
non lle pediremos nada a un músico
os recordos non son obxectos
as mochilas empréganse para levar cousas
as modas pasan
as mulleres pasan
os amores pesan
os homes pesan
os nenos son parvos dende que son nenos
o cinema é máis noxento que a vida
esperar é un incentivo para suicidarse
a política non fai nada que non sexa por ela mesma
o euro é dar diñeiro aos ricos
a meteoroloxía non se aproxima
a cobertura é un eufemismo
deberiamos ler máis cousas que queiramos ler
abortar rebéntache o corpo
a relixión para os mortos
a relixión para parvos
os deuses para os mortos e os parvos
crede en vós mortos
bebede de todo a todas horas
renunciade aos grandes éxitos da industria musical
fuxide das estreas cinematográficas
regalade anacos da vosa propia pel
non teremos mascotas
non temeremos ás multas
non choraremos por amores perdidos
o amor son os amigos
as bandeiras son de tea
a roupa está feita de tea
non defendas ningunha patria
aprende a escoitar e a non escoitar
renuncia ao bo
méxate enriba
cúspete na palma da man
lambe o máis sagrado que teñas
e mata o mito sempre
non creremos na sorte nin no destino
pensaremos emocións
no lugar de fillos teremos crías de araña
falaremos en balde
queimaremos a nosa herdanza e o voso patrimonio
nos cumpreanos acenderemos as candeas
mais non as apagaremos xamáis
a sesta non é rendible
o almorzo merece un cuarto de hora
deberíase comer so
a uralita ten que voltar
a cosmética é un invento da prostitución
aburrámonos todos xuntos
miremos raro ás vellas
non combinedes as cores dos mobles
os ácaros non poden con ninguén
a botánica é aburrida
a raiba é pasaxeira case sempre
ou sempre debería selo
o ouro e o chumbo son metais
faremos o amor no altar
as miradas son himnos apátridas
non queda nada sagrado
nunca o houbo
non está máis triste aquel que chora
come moita froita e busca a túa
rompe un mando da televisión
ponte a mesa a ti mesmo para ti
os folios en branco son un insulto
arrincaremos todos os botóns vermellos
depilaremos os dentes
guindaremos homofóbicos ao lume
non se pon o sol nas cidades
a túa canción preferida non debería ser unha puta balada
as baterías esgótanse sempre
a metrosexualidade colinda coa asexualidade
renuncia a triunfar
pídelle un autógrafo a un terrorista
fai o contrario do revés patas arriba
organiza o teu propio paraíso fiscal
fumemos a nosa caspa
falar de un mesmo é falar mal de un mesmo
dá todo por perdido
vende camisetas con fotos do teu ano
finxe o teu nacemento
dille aos teus que os queres
se é que os queres
amamantar un rinoceronte será místico
acode á ópera cun litro de mocho
e pide outra
o pogo será baile rexional de todas as rexións
os presidentes levarán moño
e non mandarán nada a ninguén
confía nos amantes
non no amor
ama persoas
nunca ao propio amor
non digas moito a palabra amor
non te afeites as cellas
busca o teu metro cadrado amarelo
emborráchate e enorgullécete
dille o que pensas
e arrepíntete
non lle deas a ninguén o queira de ti
ou pertenceráslle
a diarrea é xusta
cásate só coa quinta persoa que cho pida
pero abandóaa ao cuarto de hora
as venéreas van ben
xa hai demasiadas cousas con coca cola
queremos un sagrario con ollos de obispos
ninguén é o noso dono
morde eucaliptos
os chaveiros son unha ciencia por estudar
os indios americanos non facían o indio
a kale borroka ilumina a noite escura
as fiestras son condutos ao exterior de fóra
grámpate as orellas ao maxilar inferior
só lle importamos ás nosas familias
fidel castro chegou a ser máis vello que hitler
rompe co teu mozo con rimas
bebe zume de leituga
escaiólate a lingua e berra nomes de mulleres
ameacemos aos nosos veciños con notas en ramos de margaridas
galicia e galiza poderían ser sitios distintos
escribamos co cóbado os nosos desexos na area mollada
os furados serán efímeros
deixemos todo
paremos
vaiámonos lonxe de nós mesmos
sexamos o resto do mundo
engrandezamos a nosa lenda
sexamos todo aquilo que queiramos non ser

04/05/2007 10:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

Sobre festas e outros eventos

baixades mañá á festa?

non

e lo?

é venres

e que?

que pasa os venres?

o venres é o meu día
de sexo sen protección

sen protección de que?

sentimental

a culpa xa é miña

por preguntar

04/05/2007 10:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Non te van escoitar

ás 8:22
da mañá
o fume comezaba a entrar no seu cuarto

pasou á acción

rompeu a porta

agora o fume entrou
con máis facilidade

morreu ao cabo
dun cuarto de hora
afogada polo fume

era realmente forte
para romper unha porta
e suficientemente
estúpida

agora son as 8:24
e xa case ninguén a lembra

04/05/2007 09:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

02/05/2007

am o te am or te

d d d ddededededé dedeé
no so no son non non nosonson
dereitabababassrrrrretreble de tarxeeetamilitarra
e veñoooocompa
pa
pa paparandotodooodoododododoooodantesodantes
dequeque
q
ue que quetiitititititití dDdDdD
ichexeschexeschesdischesesesesdixesesdichososososoosSósos
e tiVésSENDODODOaDOR
dededededosdededasdedeóndevés
ámoteteteTEEEEEEEEEEamorteamorteamoteamorteEMORTETERMOAmorte

temoamarteateamorte

CacaCAcCCAcccAAACCCAaaaaamoteamorteunmontedemorteTETETEtete
tTTTttTTtTTtTE
am orte de am arte
at e am orte

02/05/2007 09:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 7 comentarios.

Cóbado

o meu cóbado
son dezasete etarras
cubertos de chorima
que ao se espertaren
na beira de un compás
catro por catro
entenden
como voa o amor epiléptico

02/05/2007 09:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Tenrura

non quero coller
e chegar esta noite
até a túa porta outra vez
e non quero escoitar
cancións de amor
ou de distancia
que falen de ceos
desas cancións
con bonitas ideas
hoxe non quero
limparme os ollos
ao verte
nin quero facelo por ti
non quero que todo
estea ben
non quero
axeonllarme nin quero
bicarte
non quero nin o desexo
hoxe

hoxe quero
beber cervexa
como se fose a última vez
e soltar risotadas
de solteiro
estando so
nunha estación
de tren
e
ser
a mirada de clint eastwood

02/05/2007 09:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

27/04/2007

Sorriso

es a miña cronista
dos anos trinta
e a miña promesa é que non perderei
un único partido
en corenta e seis minutos

empátasme sempre
na última quenda
e derrótome fluíndo
como cocaína literaria que se axusta
a min e a ti

remátase unha epístola
e aquí chegan
os campos de hamburguesa
con graxa de pachanga
e soa o teléfono
e non es ti

fun educado nunha canción de guerra
fun maltratado vendo un río
fun un termo incondicional
e a miña nena
voa

vas deixar o maremoto
sen dados máxicos
sen peitos negros
sen cabelos de azucre con insomnio

termei da túa sinatura
durante dezaseis anos
case dun tirón
e é por min que non o podes deixar

figúraseme este serán
no que non como facultades perdidas
e mesturadas no teu abdome de raíña
estúpida
que renuncia ao posto de primoxénita
na morte necrolóxica

arríncate ese sorriso
tan lindo
e regálamo
envolto en ti mesma

27/04/2007 10:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

25/04/2007

A cidade de deus

a cidade de deus
quedou pequena para os nosos heroes

a cidade de deus
non sempre mantén unha orde axeitada

a nosa lealtade
á heroína
que me queres dicir
quei toleas
cánto se tarda en cociñar
e que logo se come
e este ano hai pouco turista
abrígate ben
e coidado coas correntes
eléctricas
e chama aos do xallas
outra vez
e aí anda
e xa empeza
e non calas
e saíches a teu pai

a cidade de deus
dá positivo sempre
e anda na droga
e o peor é para a familia
e anda na merda
e empeza cos porros e xa se sabe
e ten una chispiña enriba
pero é festa
e xa se sabe
xa andaba con malas compañas
e santa compaña
e rabúñame o escepticismo
e escoita ben que este ano
trouxeron unha boa orquestra

a cidade de deus
desespera
cando non hai pachanga
e a ver se xuntamos xente
e fai ti os equipos
e facemos tres equipos
e non vou no teu equipo
e apostamos unhas cañas
e es un amarrón
e menudo paquete
e sempre é a rei de pista
e o republicanismo chora na banda
e somos unha banda de carallo

a cidade de deus
é natural compatriota e sae sempre en padiola
analogamente ao que agardabamos
e para catro veciños que somos
e ti non pos para as festas
e ti goberna na túa casa
e foi cambiar as flores ao cemiterio
e bótame un toriño de xarda

e somos vítimas
de todo isto

amamos a cidade

e non amamos a deus

de feito

odiamos a deus

25/04/2007 09:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Autodiagnóstico contraproducente

admirábaste de todo o que perderas

había tempo que lembrabas o que perderas

non virás á porta da ermida a agardarte

milagrosamente entendes a lírica case antipática

deixáchesme aquí enxalzado e dunha guisa escornabois

ignominioso apampado pícaro patrañeiro absorto

nacida para a penetración e a estreiteza

es penetrable

es fodible

es comestible

es obvia

só porque

entendes que só é porque

máis ou menos deste xeito

teñamos algo de diversión

séntate no aire e na fin

na práctica queda todo correcto e totalmente

40 comprimidos recubertos de ti

40 seráns pasando o control de fritura dun modo notable

40 horas de fuxida de melodía de vida de hipocresía

40 desvaríos na chama

39 memorias sen carapela

deveces atravesando a conquista do escenario da vida contra o vento

afónico escolasticismo de todo o pobo saltando

quizáis unha tómbola sexa o teu enganche

posuído por un abdome con corpo de muller nova

beberaxe do que non sei ónde vivo

até cagarte en ti mesma enriba por todas partes nos petos e na alma

0'4 mililitros de extinción

25/04/2007 09:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Aproximación á apoteose

os touros viven na terra
e a lúa vive no ceo
as botellas de cabreiroá viven na neveira
e o príncipe eristoff vive no meu fígado

25/04/2007 09:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Anecdoticoito

foi metendo
pouco a pouco
o dedo máis longo
dentro da pantalla do seu móbil

mantívose viva
vendo cómo o seu móbil
a inmobilizaba
e fixo do seu corpo
algo que quedará
moito
mellor
en vacacións

precisamos demasiado diñeiro
para todo isto

o sexo remata
cun orgasmo
ou cunha cagada na boca

un é un final esperable

o outro

unha grandeza

25/04/2007 09:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

24/04/2007

Blackened

...trámites sexuais correspondentes
ás seguintes informacións
recibidas
polo comité de atención ao atormentado
e conseguintes medidas de advertencia...

rexeitamento do nudismo:
-esterco en pupila

rexeitamento do bico no abdome:
-es