![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Tontadas. Dufresne, se non queres o báter, doucho para ti![]() Andy se arrastró hacia la libertad a través de quinientas yardas de residuos malolientes que no puedo imaginar. O quizás no quiera imaginarlo. Quinientas yardas. Es la longitud de cinco campos de fútbol, casi media milla. Andy Dufresne se arrastró por un río de mierda y salió limpio al otro lado... A quen se lle conte... Non hai vergoña nin hai nada. Vou-co-rren-doLuns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo. James K. Polk![]() James K. Polk. Irlandescocés. Tivo que admitilo. Crónica do asunto en AbelleiraPara os que non estivéchedes e para os que si, podedes clicar AQUÍ e ver a crónica do tema. Rain-rain-rainmaker![]() Segundo a Lei de axuizamento civil de 1881, en Compostela a temperatura xoga como nun bambán. Vai e vén. Desde que vin para Compostela (o outono) xa pasaron cousas a jodelas. O bambán. Hoxe chegou unha carta. Un paquete. Cando baixo pola rúa da Rosa e está chovendo, fágoo devagar, para non esvarar. Manifestación. Homes de barba e mulleres sen barba. Mazás e Aurum de a litro. E hoxe escoitei tamén esta canción. Esta entrada apesta, mais xa me asentarei, xa me farei coa posición e xa o direi. Feixocobeo ten cabeza de vaca. A leite das vacas. Nós mamamos leite dos outros. Entrega do premio do III Certame de Relato Curto "A Orola"![]() Mañá, sábado día 17 de outubro faráse entrega do premio á gañadora do III Certame de Relato Curto A Orola. Terá lugar no Local Social de Sorribos sobre as oito da tarde, en Abelleira (Muros). Acodirei en condición de artista teenager reverbenación e farei lectura dalgúns textos do Manual da destrución e outros irrecitábeis máis. Eu iría. Non sei vós. Para catro veciños que somos... Avisados estades! Despois non veñades chorando... Novos medos![]() Que os do Eroski non me traian a compra, porque xa tardan... O único pasaxeitoSen moito xeiro. ToTo To To Todas as noites son iguais e o mellor que fixen hoxe foi limpar a fiestra do meu cuarto. Vo-ca-li-ce![]()
Son un León![]() Este sábado estarei no XII Certame Internacional de Regueifas no Verbum de Vigo lendo algún dos meus escritos e as mans de todas as octoxenarias que se presten. O acto comezará ás 7 e eu seica farei o ridículo a iso das 8:15. Por certo, agora parece ser que me apelido León! Culpa miña por pór no Manual da destrución Samuel L. París. Aí vos deixo a miña presentación do díptico do evento. Xa irei colgando cousas sobre o asunto. Por certo, agardo ansioso ideas para a miña intervención. Dispoño de 15 minutos. Xa me diredes. Paz e leóns! A vida normal![]() A día de hoxe, todos os elevadores de Compostela están avariados. E cando digo todos, digo todos. Se me dixesen que Compostela tiña este clima, amputábame a pirola e dáballa de cear aos cans. Chuviacalor. Molladuras e suar. Total, que teño a gorxa baixo mínimos. Inda non sei nada do de Vigo. Ondas vitais do mar de Vigo. Estómago de ivo pro feno. Onte vin a última de Tarantino. Roque non puido vir ao plan que el mesmo ideara porque tiña que traballar. E fastidoume porque sei que lle ía molar. Quero ir a unha obra de teatro na Nasa. Tamén a un concerto de Samesugas. Ao Castañazo. O tempo está por chegar onda min. Desde a fiestra do meu cuarto pode verse á xente traballando no Tribunal de Contas. Danme igual. Só tapan un pouco do ceo negro desta cidade. Libredón. Antes ou despois ficarei durmido. Quero que chegue o frío. Entérrame de noite. Odio o sol. Quero durmir tranquilo. Vivo nun cuarto. Por que non un momento para pensar? O noso segredo. O noso tesouro. JemingüeiErnest Heminfgway non foi quen de descubrir os hercios. E agora non é xudeu. El año que viene vamos a ganarlo todo![]() Porque somos los mejores. Centrémonos![]() Se dixese centrémonos alguén me diría centre de centro e monos de simios e xogaría coa idea de monos situados nun punto xeográfico concreto. E iso é o que quero. Cando querer só son seis letras. Amor é unha palabra de catro letras. Desde hai certo tempo levo gardada unha idea para un poemario (Samu, as pallas fainas na casa!) cun título bastante directo. Pasteloso, si, mais é o que vou facer a día de hoxe. Medo. Medo a que? Pois medo a un mesmo. Love is a four letter word! Os malabarismos son cousas de outro tempo. Os malabarismos son cousas de outro tempo. Os malabarismos son cousas-de-ou-tro-tem-po. Definitivamente, todo este ano fica recollido no disco Death Magnetic. Sei que é bastante patético estar tan ligado a un disco con tanta difusión e, posiblemente, con tan pouco calado. Mais sei que o entendes. Saiu Gramática grazas a un Spit it out! (tremenda mentira-saiu grazas a horas e horas de Steven Pinker-de colchóns con auga osixenada-etimoloxías-e un sublime etcétera) Hai algo que nos abate sen piedade. Érgueste, caes, estás no fondo e volves a te erguer! O que non te mata, lembras? O que non te mata, acabará por te facer máis forte. Este verán, hostia! Este verán! Un dos momentos máis comigo mesmo deste verán foi -triste, seino- escoitar Broken, beat & scarred en Lisboa. Cando aqueles multimillonarios dicían o de Show your scars, eu estaba a golpearme o brazo. Non sei se o facía por me notar o sangue, por buscar sangue... Sei que me lembrei do teu Eto’o na final da Champions e de que este año vamos a ganarlo todooo... Son un armadillo. Dos que fan calquera carallada e despois se enroscan e van a rolos. Ti es un gato. Antes soñaba contigo, ahora no me dejas dormir. Que diría Yosi. Levo agarrándome a cousas que fun entendo como malas para me defender (armadillo) e fun repetindo as mesmas respostas de merda a aquilo que se me viña enriba (pipiestradismo). Que vou ser eu un puma?! Son un armadillo. Ti es un gato. Seisculos escuros. Escarabellos. Area Maior. O rus? Si. Claro. Karma to Burn. God put a rainbow in the sky. Suicide & Redemption. Procrastinación. Roberto di que... Roberto di que temos que ir xuntos polo mundo adiante. A próxima vez que nos vexamos![]() A próxima vez que nos vexamos será co horario de Compostela. Castañazo Rock 2009![]() Chantada. Mercado gandeiro. 21:00. 7 de novembro. Talco + Dixebra + Peste & Sida + Kogito + Skandalo GZ. 5 €. Para máis información, clicade aquí. Grande![]() Grande. E frío. Así foi. Aperta atlántica. A CompostelaAlá vai! Quen saiba dalguén que estea a buscar compañeiro de piso en Compostela, que se poña en contacto comigo ou acabarei vivindo na rúa. Graciñas a todos. Novena canción no último disco de Metallica![]() Exactamente iso. Novena canción do último disco de Metallica: Suicide & Redemption. Novidades dos Kenodí?!![]() Recomendo que vos pasedes polo bloguiño dos Kenodí?! para verdes as súas últimas novidades. Ou, directamente, que vos pasedes polo seu myspace. Estes cativos chegarán lonxe! Non sei cómo che vou cantar isto![]() Supoño que xa ecualicei os meus fillos futuros e non sei cómo che cantar nada de todo isto. Nenos bailando en tarimas![]() Pedagogós! A dor non ten párroco![]() Isto é, a dor non ten cura. Outro outono![]() Outo outrono. Palabras![]() Palabras son todo. Etc. A respiração do minuto 6:57![]() E o berro a seguir. Obrigado a todos pelo apoio. Tienes dos carreras y no te enteras de nada... Graciñas a todos e todas! A quen se lle conte... Dúas licenciaturas... Não é prioritário![]() Não pensava ganhar tão cedo. Não preciso de cor![]() Não preciso deixar sinais visíveis. Hai dous anos![]() Hai dous anos colguei no blog un poema de Bukowski. O día anterior colgara a de Sputnik Monroe... You wanna live or do you wanna die... Não preciso me drogar para ser um desastre![]() Não preciso ser um gênio para ser humano I don´t need no dirty bloody money... Abateram-me![]() Está cansado de mim? Eu não tenho inimigos!
2:24... Spit it out! Quindecim![]() Non me preguntedes por que, mais, despois de dicir fourteen, o corpo pídeme dicir sixteen. Contando ovellas![]() Contando ovellas e o vellas que son. O vellas que son as ovellas. Arf-arf-arf-arf-arf-arf... Aquilo que queira acabar contigo...![]() Case mellor telo á túa beira. Non imos a ningures. Non hai présa. Corremos. Non. Non corremos. Andamos devagar. Antigo![]() Antigo antigo antigo un abrigo antigo. Sería máis feliz con acentos gráficos agora. O que te mata![]() O que te mata... Ben, non sei que é o que te mata, mais sei o que non te mata: o pracer. O que? O que non te mata!![]() O que non te mata é mellor que beba. Oh! Que? Nooon... Té? Mata![]() O que non te mata, te mata y te arrebata y todo el mundo dise... Max Factor! O que non te mata-ta-ta-ta-ta![]() O que non te mata, rebéntate. O que non te mata e todo iso![]() Bla-bla-bla-bla-bla... Comezo![]() Comezo. Ao final![]() Ao final. Trilateral onanism![]() Trilateral onanism. Multiperspectiva do antigo réxime do amor. Recursos para as alarmas. Parados ante a porta. Karma to Burn. A república á que ninguén perdoou. Supervisamos os panos da mesa. Rachamos o ceo con indirectas. Voitres detectivescos. A liberdade do arneirón. A liberdade do arneirón. Quen vai mirar por nós? Unha formación metafórica ex-voadora. O teste de Dillinger seguirémolo como se fose a execución de todos os altifalantes. Follow the meat... Follow the meat... Follow the meat... Follow the meat... Follow it... Follow the meat... Bologna. Bologna. Carne picada. Carne picada. Carne picada. Follow it. Meat. Meat. Trilateral onanism. Culto á nada. Uralita![]() Os accidentes previstos do sol coa uralita e as paradas de autobús sen música. Se non sabe que só as paradas de autobús non teñen música, xa pode ir calculando o volume da súa caída... Uralita e paradas de autobús. Algo imos ter que facer![]() Algo imos ter que facer con esta canción. Non sei. Algo se nos ocurrirá. -En algo estarás pensando. Si, algo emotivo-sexual. Algo así. -Xa. Do pouco tempo que vivín en Louro![]() Lembro algunhas cousas soltas. Entre elas, que para ir ao colexio até Valdexería, collía o autobús nº 1 dos Ferrín que, despois de levar aos cativos de Louro deica a súa escola, transportaba aos do Espírito Santo e o resto da costa que baixa por Campo das Cortes. Pois ben, daquel condutor lembro que, alén de ser unha excelente mostra do que debería ser alguén que vivía nos oitenta (80's) e un tipo que me caía especialmente simpático por darme tanta conversa no traxecto diario de Fontecomido ao Espírito Santo, sempre poñía Cadena 100. Xa non tiña consciencia de que esa radiofórmula continuaba a existir. Até esta mañá. Ás 9:30 aínda estaba na casa debatindo coa necesidade que tiña de facer un depósito a curto prazo no retrete (cagar). Finalmente, como o tempo se me botaba enriba (oitocentos reloxos en avalancha), optei por reter a merda no meu intestino grazas aos meus esfínteres de aceiro e saír atropeladamente cara o Cal Pita. Esta saída pouco planificada conlevou que non me dese na volta de me pór os auriculares do emepetresiño, co cal me vin na situación de ter que escoitar o mundo externo a min propio. Subo ao autobús (-Ei, marcho que teño que coller o bus) e vexo que gastamos condutor novo! Home lixeiramente calvo (estou a ser bo co nachiño). O pouco pelo que resiste pegado ao cráneo é longo, unhas dúas cuartas, e está engominado até o punto de dicir: miau! Ten dous aneis de ouro que só se poderían entender nos dedos dun rapeiro da Costa Oeste norteamericana (non confundamos con nortemaricona). E que soaba, amigos e amigas? Si, tiña sintonizada Cadena 100. O estilo é garante dunha vida saudábel e fértil! Todos os condutores de autobuses deberían escoitar Cadena 100 mentres están a traballar! E non a Fermín Muguruza! Titanio![]() Os accidentes do sol co titanio e as árbores que dan balóns. Se non sabe que só as árbores dan balóns, xa se pode ir preparando... Titanio e postas de sol. Proposta para inverno 2010-2011![]() Cazar cervos guindándolles á cabeza todos as propostas que non foron a ningures. You rise![]() You fall. Ola![]() Son Leviatán. Soy profesor nativo de gallego. Me gusta el mar, las rapazas y el plagio. Gramática de valencias![]() E ti fálasme de valencia? Suor![]() Fálasme da Supercopa e penso en suor, de Godfather e toda mafia e só vexo suor. Disme algo dun alpinista que non debe dar mágoa por estar morto nunha montaña xeada e non deixo de pensar en suor. Suor. Aínda que me falas de música, de Mahler, de The Dandy Warhols... Nada, só penso en suor. E só noto suor. Non sei que razóns ten Pepe Blanco para estar contento polos novos reforzos na loita contra a contaminación no mar, porque eu penso en suor. E nos Cal Pitas con suor. E en estudar con suor preto de cadeiras cheas de suor e en sofás verdes onde só se pode suar. E quero que haxa frío, néboa ou choiva fría e penso en suor. Frego o chan da cociña e hai suor. Como e hai suor. Dúchome e hai suor. Saimos de noite e entramos nun bar e, ademáis de imbéciles e putas, hai suor. Non hai case lúas con tanta suor, como se fose unha noxenta canción de rock hispano. E nada, dálle, dálle, dálle ao que queiras, dime o que queiras, mais non deixo de ver suor e suor e máis suor. Usain Bolt corre máis que todo cristo e... Mira como lle cae a suor! A suor da túa cona! Petrarca loitaba coa suor? Non me paro a pensar niso, hai de-ma-sia-da suor. A violencia e a valencia interior das palabras e a suor. Glándulas sudoríparas on parade! O desxeo é un invento. É arbitrario. Obama no Gran Canón. Apago o computador. Moita suor. Chámame![]() Teño todo preparado, falei xa con aquel tipo. Está todo listo. Chámame. Non contestarei. O Everton![]() O Everton é unha coladeira. Deberían despedir o adestrador e contratar a Santino Corleone. Veña, ímonos mentalizar... Xa o dixo Frank Zappa![]() Se acabas por ter unha vida tediosa e miserábel porque fixeches caso aos teus pais, aos teus profesores, ao teu crego ou a algunha persoa da televisión, dicíndoche como conducir a túa vida, entón a culpa é só túa e merécelo. Inverno![]() Que veña xa o inverno! E que sexa bo! O meu primeiro fillo![]() Chamarase Pipi Estrada. E o segundo, Ratman. Haydn, onde estiveches todo este tempo?![]() -Morto. -Oh, perdoa... Como se meten cinco elefantes nun seiscentos?![]() -Encofrándoos. Venres á mañá. Cal Pita. Unha señora detén o autobús no medio da estrada facendo agardar ao condutor por alguén que nunca viría. Estación de trens. Atópome cun clon de Bunbury, mais sen guitarra. Agardar Castromil, subir Castromil, non hai sol até a entrada en Serres. Ir ensaiar. Silver Rose. A balada de Antonio Pena. Praia a dedo até San Francisco, auga fría. Pasar por Area Maior. Mercar pack cervexas, pór ao frío, pizza e Pipi Estrada. Botellón lento e curto. Carlos inflexíbel! Añoranza! Entrar xa na metade de Gatillazo e disfrutar moitísimo de Kogito. Bailoteo. Espertar cedo. Té. Cachelada con garfo e coitelo como un auténtico imbécil. A Esteiro. Amazónicas, believe in your dreams! Sofía gardamallas! Vamos, Carballeira! María coces cósmicas! Lucía facendo bloqueos na área coas mans! Ahá! Johnny 0 - Illa de Sumatra 2. Exclusiva ionqui: La reina y la princesa se besan! -Que? Que é iso? Un perro tenía yo... Que... Un flipe de perro! Encofrando elefantes. Soterrando vivos aos do PP, coas mans saíndo por fóra. Morreu Jarque e éntrame a paranoia interna, pois xa hai tempo escribira algo co tipo de por medio... Boikot moito mellor do agardado, é dicir, moito mellor que Arreaocabo. A Siniestro faltáronlle temas (Tan hermoso, que?). Por certo, Doomsday Clock seguen a ser do mellor da zona. Krakovia era un grupo para comezar, non para pechar o festival. E, todo sexa dito, cada ano que pasa o festival vai moito a mellor, na calidade dos grupos, na organización e en ambiente. Esqueceremos, entón, o prezo da priba, que xustificamos co tema de que é de balde a entrada, a verdade. Despois a Louro a debatir, falar de música e para casa. E camiño de casa atoparese ao Kukas na Alameda. A quen se lle conte... Mañá de domingo resaca, borracheira. Praia auga suxa fría resaca. Cristo ameaza ao berro de Manolooo... Volvemos, atasco en Coristanco e xa. Esta fin de semana... The Hives, e quen sabe... Cando menos o agardemos![]() Comerei pan Bimbo. Bailemos el bimbó! Mañá Muros. Gramática do texto. Mañá gramática de Muros. Muros textualmente explícito soñando modo real. Calor. Costa arriba. Silver Rose. Costarriba. Bimbo. Cachimbo póquer. Bah... O que non te mata![]() O que non te mata, tórnate máis forte... Disque. Sempre poñen empanada, admitámolo. Brasília diz não![]() Merda. Liberdade de expresión e maratóns de fútbol de salón![]() Nunca vos comentei que hai un homiño que viaxa tamén no Cal Pita que é mallado a Ian Gibson. Sube na parada da Pezoca (na de Diego, vamos). Como non sei se é el ou non, algunha vez na que eu levaba un libro de Lorca, fixen por que o vise, dun xeito bastante estraño. Mais, en fin... Que vos vou contar? Entereime de que o pasado día 24, en Compostela, tocaron os KOP. Aínda me estou a cagar en todo desde que souben do acontecemento. Merda! Marcho hoxe cara Muros. Maratón de Félix. Aínda estades a tempo de vos apuntar. As máquinas de café teñen avariada a ventolina. O café erógase. As cervexas con media raxiña de chourizo. Empanada á que non se lle come o lardo. Para tal fin, escóllelle o azucre. Azucre. Cervexa. Azpilicuetémonos perdidamente. Para a volta? Hostia! Para a volta moito máis! Gato negro![]() Gato negro. Gato negro. Gato negro toca a guitarra porque pensa en negro, gato negro. Es un gato negro, gato negro. Ninguén che di nunca aquilo que realmente es, porque non importa, gato negro. Cando todos fiquemos sen combustible, un sinal dirá: repostaría. Repostaría, comer unha torta de chocolate. Automóbil que non se move. Gasoil merengue. Gato negro. Semana lemística de "Goodfellas"Neste piso lembraremos esta semana como a semana Uno de los nuestros (Goodfellas). Aí vos deixo unha das esceas das que máis gusto. Tremenda coreografía. París non é a cidade do amor![]() -A cidade do amor é onde ti me digas. Despois sorriu. Sempre sorría tras levar a contraria. Mesturouse co resto dos imbéciles que ateigaban o pub. Ela mantivo a súa cervexa preto do embigo, para se enfriar algo o estómago. Vomitar e ter que escoitar esa clase de cousas do máis subnormal do lugar non presta a certas horas. París aínda lle lembraba tres ou catro nomes de varón. Unha amiga turrou dela e explicoulle que tiñan que se mover a outro local onde estaban uns rapaces cos que acordaran verse. Todos eran uns imbéciles. E París non é a cidade do amor. Soberana subnormalada. Danger!![]() Perigo. Coidado. Andade con coidado. Hai que ter moito ollo cos bocatas de criollo. Visitádenos a cabaseira e saberedes de que estamos a falar. Xa de volta en Oleiros e gustaría de poder durmir para sempre. Os domingos de resaca, sol e cordas rotas. Fendidas, vaia. E estás bo, home, malia que xa leves tres operacións enriba. E tamén gustamos de ti, intelixentemente. Hai que ter moito ollo cos bocatas de criollo e hai que ter coidado co que non se dixo case nunca. Case nunca. E case sempre tamén. Suporemos que todos estamos onde debemos. E todos estamos por como bebemos. Quixese durmir para sempre. Ficar durmido. Díxose. A vida non pode ser tan puta que non sexa como ten que ser. Non hai problema. Que hora é no paraíso? Esqueceremos todo? Hai demasiado![]() Está ateigado. Mil flequillos, mil pantalóns pitillo. A onde imos, meu? Alá vai! Un baile? Be rabbit... Culturistas sen lentes de sol![]() Gran Canaria pode que sexa un país, non o imos discutir. Onte espertei con esta canción de The Gossip en repeat na mente. A mente é un lugar para as amantes. O Corán é un best-seller. Soñar que escapas a un bar de mesas redondas e baixiñas con alguén que podería ser un león diante. Conversas no cuarto de baño sobre tamaños de pirola. En consecuencia, fuxida peliculeira do bar de mesas redondas e relativamente baixiñas. Fuxir pola cidade adiante. Atoparse cun xitano que nos indica que nos vai roubar, un cu branco galego non ten nada que facer nese encontro racial. Hostias polo aire que non conectan coa faciana. Todo moi onírico. Mensaxe. Viva o viño. Intercambio de mensaxes. Tal e como adoitan ser esta clase de renuncios. E ás 2 da madrugada vas tomar un vaso de leite. E pronuncias -ninguén o escoita, estás so- na túa cama e entre os teus lenzos preferidos: -Cerdeña non existe. Muros. Celeiro. Jaén. Granada. Carrasco. Oleiros. Cerdeña non existe. Ao final, ninguén de nós será inocente. Culturistas sen miopía. Fortes como se fosen inocentes. O lume... Sempre o lume. MuD-NON-a-LO![]() Malia que mundo mundalomundar-émoLO. Tristelizmente, mellor, paramellor. ME. Vemosoque. Mudanada, munada. Felistemente, peor que nunca nada xamáis. Mudar e todo iso. Quer que sexa. Quer que for. Queremosquesi. Adiante. Non mudalo![]() Non o queremos mudar. Nunca. Malia que todo mude. Felizmente, somos o que queremos ser e sempre ficará IGUAL aquilo que non queremos mudar. E que rebente o mundo... Mudalo![]() Queremos mudalo. Para mellor. Nada muda. Tristemente, temos o que vemos. Vivindo nun tempo tonto![]() Sempre quixen dicir cousas como hai un millón de putas fitando o sol, mais ía ficando durmidiño e non había xeito de manifestar todo aquilo. Sempre quixen dicilo. Dá igual. Onte pensei un poema longo, onte pensei poema. Poema e versos. E toda esa trapallada. Todo iso sobre parecer estar sentado e estar acacorentaesete. Clase media baixa. Hai un espazo entre as tetas dun muradán que sempre fala de si como un desterrado que está alugado permanentemente á xenreira. Hai un espazo entre as tetas dese muradán que todos consideraban estar preparado para acoller esperanza e mariconadas do estilo. De feito, todos os síntomas de esperanza xorden exactamente de alí, mais a xenreira é a que o ten alugado de xeito permanente. A miña vida, pequena. Xusto entre ti mais eu. Onte, xa o dixen, pensei un poema longo, pensei nun poema longo. Pensei longo poema. Xusto entre as tetas, exactamente a dúas cuartas do embigo e, hostia, moi lonxe da capacidade lírica folcloricamente ligada aos que somos de costa falta todo o que xa me foi roubado e todo o que foi dado de balde para continuar abrindo camiño, abrindo paso. -Déixame axudar. -Non, agradecido. Supoño que haberá que seguir coa música, repasando as traicións, analizando as miradas e escribindo mariconadas (pirola against ass) coma esta para chegar a dicir algún serán que hai un millón de putas fitando o sol. Ti xa sabes o que quero. Aínda vos podedes apuntar![]() O IX Campionato de Fútbol de Salón de Baño, na súa edición de 2009, celebrarase os días 31 de xullo e o 1 e o 2 de agosto no polideportivo de Miraflores, en Muros. O custo da inscripción por equipo será de 40 €. Poderán apuntarse chamando ao teléfono 630 25 58 48. Os premios serán os seguintes:
O sorteo terá lugar o día 30 de xullo ás 22 h. n'A Casa da Churra, na Praza da Pescadaría, en Muros. Tomádelle unha xa que ides. Grabacións inéditas de Silver Rose e a súa compañía farmacéutica![]() Segundo parece, os que montan o myspace de Silver Rose & The Farmaceutic Co. tiveron acceso a un dos ensaios e puideron ratear algún tema novo. O tema é xa coñecido polos que nalgunha ocasión puideron asistir a algunha das súas escasísimas actuacións. Como vemos nesta fotografía, unha das poucas que temos de Silver Rose e na que o vemos nunha das súas farmacias preferidas, a elegancia e as substancias de dubidosa tolerancia para o ser humano seguen a ser a marca característica da vida deste sospeitoso artista e da súa obra. He needs to talk with... Are you alive?How does it feel to be alive?! Voltamos vivos de Lisboa. We are alive. We are the world, we are the children. Antes de soltar os titulares da viaxe, só dicir que os concertos foron impresionantes. Slipknot foi incríbel e cun directo mellor do que agardaba e Metallica estiveron inmellorabeis. Poño aquí o setlist do concerto que deron para que vos fagades unha idea: 1.- Blackened E da viaxe, dicir que foi, basicamente, unha viaxe que flipas! Titulares: - Vendedor senegalés: España es la mejor gente del mundo. Cáceres, Huesca, Madrid, Zaragoza, Valencia, Barcelona, León, Jaén, Burgos, Albacete... E moitas máis, seguro. O dito: unha viaxe caralluda. Caralluda que flipas! O antigos esquimais![]() Os antigos esquimais deixaban escritos na area e cazaban albatros. In albatros we trust! We don’t know how to do with Silver Rose! Somebody wants to execute him. But he likes it... J'ai confianceTout va bien. Centrémonos![]() Hoxe acto de degradación á tarde na Facultade de Filoloxía. Ben. Lectura, uns petiscos, tomarlle algo antes da cea, cear e despois andar a rolos pola Coruña adiante. Mañá -sábado, burricáns!- tocará intentar chegar á vila. Village people. Churrasco? San Pedro? Haberá alguén? Luck runs out. O que não te mata tórna-te mais forte. Foi un curso curioso, con moitos momentos complicados e duros de afrontar, mais todo saiu ben ao final. E se algo non saiu ben, non importa. Dá igual. Mostre as súas cicatrices. But we die hard... Se nos matan o can... Mercamos outro can. Durante este curso -atentos coa merda de exposición e consideracións cutreiras nas que vou ir caendo- apareceu moita xente boa, ningunha persoa mala, encontrei un dos mellores libros que lin en tempo (O bosque harmonioso) e fomos facendo segundo viamos. E os erros... Dan igual. O que não te mata tórna-te mais forte. A idea de ser forte non é algo que atraia moito, mais en inglés vaca dise cow. Risefalldownriseagain. Volveremos nuns días, se a vida acompaña. We die hard. E unha cousa... Parabéns, Vito! Alegrón enorme! Arrasa!!! Xa o celebramos onte por ela na casa e teremos que facelo cando a vexamos outra vez! Encontrar o tempo é perder o momento![]() Dá igual. Dá igual. Dá igual. Dá igual. Dá igual. Dá igual. Dá absolutamente igual. Dá igual. Dá igual. Non importa. Pracer anal. Pracer anal. Pracer anual. Desastre anual. Pracer anal. Dá igual. Non importa. Encontrar o tempo é perder o momento. Son desigual. Dá igual. Mañá xa é xoves. Vida polisilábica. Mínimo pracer. Dá igual. Pracer anal. Hei! Hei! Hurra! Dá igual. Dá igual. Dá igual. O mar! A euforia! A fraternidade! Morra o Dantas! Pim! Madeira escura bosque erro. Non importa. Dá igual. Morra o Dantas! Pim! Morra, morra, morra! Pim! Francisco Franco. Francisco Franco. Francisco Paco Franco. Paco. Morra o Dantas! Velocidade. Almanaques franquistas. O mesmo camiño. Dá igual. A torta de chocolate. A fraternidade. O tempo. As vacas! As vacas! E unha soa sardiña. De botafume, botafumeiro![]() De chave, chaveiro. Feito xa o último exame, agora toca espallarse polo ar. Arrrggg... Teño setenta para setentembro. Plan para a noite: confuso. Plan para o resto de noites: confuso. Té: si. Chá: chá é té. Té: si. Metallica agarda por nós! Alá vai! Mastodon agarda por nós! Miña nai! O resto tamén agarda por todos nós! Betagarri! Zutik! Zutik! Zutik! Verán, borrascanticiclón, microclima, turista, festas orquestras de a peso, me das un beso te doy otro en la caluga, take your silly words e todo iso. Verán, mal te vexo! O venres temos o acto -sexual- da graduación. 18:30. Lerei o discurso, seica. Mal non pode ir, tendo esta clase de influencias oratorias. Samo acércase ao micrófono: ¿Qué hora es? Son las diesiocho y treinta minutos. Tiene seTENta y DOS horas, a partir de este momento, el embajador de hispánicas para abandonar la facultad de filología, en solidaridad con inglesa y todo el pueblo de filología inglesa. Váyanse al carajo! E despois, cea, saír e intentar -día seguinte, burros- volver a Muros despois de moitísimo tempo. A euforia, a euforia, a euforia, a euforia é un invento. A euforia, a euforia. Bah! Bah! Todos estes mandamentos resúmense nun: ONDE ESTÁN AS BAILARINAS?! Adicións da época de examesHai algo que nos fai tremer![]() As palabras non teñen utilidade. Indiferenza. As doce![]() Son as doce. As once. Dez! Van nove. Oito e pico. Sete mal contadas. Seis e levo unha, cinco. Catro mesas para unha pata. Tres tristes douses. Un. Cero rima con cero e remata esta entrada.
-non fagades caso ao que estades a ler. a consciencia é un invento. a consciencia é exactamente idéntica á idea de tocar o baixo, ver un partido e ter fame. os mistos son o cabreo. os mistos son xenreira pura. guindade mistos. facédeo por todos nós. que temos consciencia sabedores de que é un invento. zizou- You have gone away![]() Correndo. Correndo. Correndo. Correndo. Marchou correndo. Fixo un ruído moi parecido ao das tartarugas que caen a rolos polas costas. Correndo. Correndo. Como se fose o último que ía facer na súa vida e sen se amputar nin un só ollo, marchou correndo. Correndo. Deixou os apuntamentos debaixo da mesa de traballo e marchou correndo. Escribiu tres ou nove brincadeiras cun xiz azul baixo os pés para correr máis rápido. Non avisou nin ás inimigas máis afastadas (lonxe é algo relativo, pois se estás exactamente onde fica lonxe estás realmente preto dese lugar, claramente). A súa nai petou nas portas preguntando por ela, mais marchara correndo e a xente só lle indicaba que Muros ten xa menos gaivotas a estas alturas da partida. O mundo toleara. Igual marchara debido a iso. Alén disto, escribira cun xiz azul tres ou nove brincadeiras baixo os pés. As mulleres bulen. Ela marchara. Non importaba. Había música, libros e unha bandeira de Angola. Fuximos![]() É dicir, non puidemos ficar na vila. Como iamos ficar? Nada, arrincamos segundo espertamos, que foi cando comezaron a petar na porta. Petaron cos cotelos, que é como se peta sempre. Non coas mans abertas, como fan os evanxelistas (relixiosos do carallo). Saímos pola xanela traseira do cuarto. Non intentes abrir unha xaneliña con dúas sandías en lugar de mans. O polbo que levabamos na cabeza a modo de perruca imposibilitou que vísemos o control que a policía estatal montara un quilómetro despois da estación de servicio. Vicio. Case todos os policías aquí eran conservadores, no que refire aos prebes e os condimentos. Odio este estado. Como iamos ficar? Non podiamos. Conseguían esquivalo, malia ter o chan cheo de tonas de laranxa. O almorzo rebosáballe (ela sempre me mira cando a miro) pola comisura dos labios. A vila ficaba xa lonxe. Alcanzou un anaco de torta de amorodos e deuma a probar: Os vermes pensaban na nosa carne e na de todos os que deixabamos atrás. Confiaban na nosa carne. Coma sempre, había un tolo no medio da estrada. Matariamolo sinxelamente porque lle imitaba a todos os nosos antigos amantes. Non o matamos. Mireina. Miroume. Ela sempre me mira cando a miro. Fuximos. Alguén rebentara a nosa felicidade había tempo e só había estrada que percorrer. O resto non tiña importancia. O almorzo é, case seguro, a comida máis importante do día. Néboa![]() Desde hai uns días hai néboa en Oleiros. Séntalle ben a néboa a Oleiros en xuño. Ceo gris. Nada detrás. E diante? O baleiro. Planificación verán 2009![]() Primeiro: Datas: de luns a venres, desde finais de xuño até as propias datas do exame. Segundo: I think that someone is trying to kill me![]() Chegou feita merda, chorando (mais ben, intentando dar a impresión de estar a chorar). A vida non era o que ela esperaba. Nada ía saíndo como pensara nos bancos do parque mentres poñía nomes a todas as vellas que pasaban. Chegou feita merda, sen ter puta idea de literatura soviética. As bragas había varios meses que non coñecían o sabor da versión que Eroski fixo do Ariel. Podíase saber o número exacto de días que as lavara por última vez se se contaban os aneis que había nas marcas do mexo e da merda. Contando os aneis como se fose unha árbore. Paleoecoloxía xenital. Pediu que a escoitase durante uns minutos. Obviamente, esquecera rotundamente todas as veces que lle tiña fallado. E non comprendeu que lle pechase a porta na cara, subise un pouco o volume da música e non quixese saber máis do asunto. Chegou feita merda e, tal como chegou, marchou. Marchou, como marchan todas. Let's get away![]() Marchou coas gomas das bragas dadas de si propias. Bragas que non se mantiñan no seu sitio. Bragas polos nocellos. As bragas están unicamente definidas pola súa púbica situación, emprazamento. Bragas na boca non son bragas: son fenómenos atmosféricos. Choiva. Obviamente, esquecera rotundamente o nome de case todos os nomes de varóns que a tiñan bicado intimamente (pescozo-ouvidos-clavícula) en favor do nome doutro varón con carreira case rematada. O café axudábaa. Todo soaba como se fosen problemas, mais as bragas non dicían o mesmo: -Por aquí todo ben. Adiante. Ela tamén sabía que, despois de tantos fracasos e tantos intentos de erguer a mirada (fracaso), non importaba nada moito, realmente. As bragas. E marchou, como marchan todas. Invítame![]() Quero ver a túa casa. E coidar das túas finanzas. Hanoi![]() Hanoi é a capital de Vietnam. Todos queremos ir a Hanoi. Inglaterra, indixencia e outras decisións![]() Cando os ingleses se xuntaron todos ao redor dunha mesa para decidir que palabras entrarían no idioma inglés, tiveron algun que outro momento de lucidez: Eu sou de ninguémEu sou de todo o mundo. Não é minha intenção fazer ninguém concordar ou discordar. E teño que deixalo ir. Let it go. Let it grow. Dous exames xa feitos. Dous exames xa feitos. Hai un coche preto (perto) do Juan Canalejo que é como o teu e miro a ver se estás e non estás porque para ser o teu coche non basta con ser como o teu coche. As cousas son o que son. Onte traboume unha pequena serpe dunha cor entre verde e negra (preta) e Victorio & Lucchino dirán o que queiran. Cachimbo. Manoel-Antonio xogaba ao chincho sen arriscar nunca. De menos dez en menos dez. Compostela e choiva. Muitos voltaram indignados, muitos voltaram atrás, muitos voltaram para onde nunca deveriam ter saido. Eu sou de ninguém. De ninguém. O concello de Cagas![]() Está que te cangas. Supoño. Que ben o paso estudando... Se me cruzan temas![]() Descuberto grupo: Vento dell’est. Membros de Banda Bassotti. Aniversario de Roque. Se me cruzan temas. Banda Bassotti MEANS Roque, máis ou menos. Martes trece![]() Ou venres santo? Estatísticas![]() Canción asubiada até apestar no día de hoxe: -Sabbra Cadabra - Metallica (versión de Black Sabbath, parvos!) Canción creada hoxe: Huesos de cristal, Grupos a ver en directo: -Betagallica. -Metallarri. Doenza que non existe: -Vexiguite. Enunciados que non emitín estes días baixo ningún concepto: -Toda a xente de Oleiros, nos noventa, tiña a mesma pel. -O zombie de Xosé Cuíña pasea polos tramos sen finalizar do AVE. -Nin un so pingüín morre cando alguén acende un misto. -Mayor Oreja es un ser vivo y, por lo tanto, que se encarguen los de Greenpeace. -Dieste tivo a idea de escribir A fiestra valdeira despois de comprender que era mellor non usar os lentes chungos que popularizaron Risco ou Castelao. Trucos de maxia realizados diante dun cuarteto vocal de nenos turcochipriotas mudos dos que fuxen ante a primeira chegada de anduriñas dispostas a se depositaren nos niños que os seus veciños, afeccionados incondicionais ás masacres malamente estudadas, crearon en aulas especiais de horario noturno das que tiveron que pagar a matrícula en billetes de un céntimo que eles mesmos, en estreita colaboración cos seus escrotos, tiveron que deseñar mentres escoitaban un unplugged de Joselito: -Cero. Importancia que teñen as cousas: -Cero. Seguidores rexistrados na nova asociación "Filovaginas Hispánicas": -Fidel Castro. -Madamme Madmamama. -Francisco Franco Bahamonde. Cafés tomados por Luis ao saír da biblioteca: -Cero. Tomou patacas. Significado de "prevaricação" segundo o Dicionário Priberam: 1. Acto ou efeito de prevaricar. Significado de "prevaricar" segundo o Dicionário Priberam: 1. Trair, por interesse ou má-fé, os deveres do seu cargo ou ministério. Ideas para novo poemario: -Cúmulo de ocorrencias noturnas ao ficar esperto debido a chourizo rebelde. Champions League. Mañá: -Máis. Cousas que se aprenden estudando a época das Irmandades da Fala![]() Risco dáballe ao cannabis. Como as fotografías eran en branco e negro, non se lle nota o vermelliño dos ollos. Xa sabemos a que se dedicaban os do cenáculo ourensán... Xente nova, leña verde. Todo é fume! A beleza son catro casas![]() Non vaiades pensar. O Azpilicueta évos bo viño. Se colles toda a beleza e a metes nunha botella de viño, non che saen moito máis de catro casas. Estado do asunto![]() O mércores teño exame de Literatura III. Estou mirando da orde de cincocentos quilogramos de bibliografía ao día (ao mellor, algo menos). O mércores é a final da Champions. A crítica ao poemario é na edición impresa d’A Nosa Terra, non na dixital (polo menos non está colgada), que mo pregunta moita xente (milleiros de persoas). Acabo de disfrutar dun momento sumamente onanista ao mergullarme un ratiño no google e ver algunhas opinións sobre o poemario. E, ao dicilo aquí, confírmome como pervertido non-silencioso. Barulleiro, vamos. Hoxe chegou ás miñas mans (estas expresións apetrenan, seino) o libro cos textos premiados pola UDC no Premio de Creación Literaria do ano pasado:
Todo o mundo debería ler O bosque harmonioso, de Augusto Abelaira. Probabelmente, unha das mellores obras que lin en toda a miña vida, con moita diferenza. Ti es a miña droga. Vamos, muller. Ti es a miña avoa, vamos mellor. Ti tes a miña. Voamos mellor. Ti ves a miña. Eu vexo a túa. Sesenta e nove caralladas. Mañá máis e mellor. Hoxe non chove![]() Hoxe non chove. Hoxe non chove. Hoxe non chove. Con el primer beso casi siempre voy preso e hoxe non chove. Hoxe non chove. Convencerse de que hoxe non chove. Non chove, non, non e non. Hoxe non cae unha sóa gota. Temos que aprender a ser máis duros. Non chove. Non. Non podemos prometer o que non sabemos. Non falta frialdade, hoxe non chove. Non hai frío. Non chove. Non me digas que chove, porque non chove. Hai catro variantes do verbo sufrir nas nubes, mais non chove. Non chove, non. Temos unha espiña chantada no lombo, e que? Hoxe non chove. Non chove. Estamos no tempo![]() O pescozo? Mal, igual de mal, noxento. O estudo? Regular, igual de regular. Os brincos? Igual de batasúnicos. O ego? Igual, a rentes do chan. O vocabulario? Escaso, igual de escaso. Os escritos? Igual de parados, parado occidental, mátalle o carallo. A folga do metal? Disque hai tregua, iso non soa ben. Viaxes? Agardando confirmar algún fracaso. O blog? Xa ves. Vexo e, por certo, cando volverás pór os diálogos estes con trazos e ben diferenciados? Cando mo pidas. Pois faino, por favor. -Veña. -Que é iso de estamos no tempo? -Que máis dá? -Certo. -... -... -O ano que vén...? -Betis-Leganés! -Casa comigo! -Hahaha... Crítica n'A Nosa Terra![]() No semanario A Nosa Terra desta semana (nº 1360, correspondente ao 21 de maio de 2009) poderedes atopar unha crítica ao meu poemario Manual da destrución, que colgara hai cousa dun ano n’A Regueifa. Xa me comentaredes. Saúdos! Javi Navarro anuncia a súa retirada![]() Tras abandonar o fútbol profesional xa se dedicará de cheo ao seu labor como asasino. Estrañarémoste, Javi. Morre E. Honda![]() Paro cardíaco. Por bocoi. Vida interior![]() Reencontreime cun buseiro do que xa vos falei hai tempo. Collín o Oleiros-Sada da 1:55. O caso é que, como xa comentei no seu momento, o tipo conduce a toda hostia. -nótese que non vou falar da vella de pelo cardado que tirou do bolso un espelliño para se pintar os labios como se fose unha sioux- Ben, tras varios amagos de accidentes, acercámonos á parada que está á altura de Icaria, por abaixo, preto dun dos cincocentos consecionarios que hai por alí. Parada: muller de mediana idade (media aritmética resultado de sumar a idade da primeira menstruación e a esperanza de vida para unha muller na Europa atlántica e dividir entre dous) e rapaciña pequena. Segundo se vai acercando (vai freando, claro, parvos!), xa comeza a saudar á cativa con unha cara de felicidade flipante. Saúdaa. Muller e pícara suben ao bus. Quito os cascos do emepetrés (xa vos falarei do novo emepetresiño, que non é novo) para interpretar mellor a situación. A rapaciña dálle bico ao buseiro. Non entendo nada. Rapaciña séntase xusto detrás do asento do condutor, ao lado dunha vella (putas vellas de merda, habiades de morrer a metade), axudada polo que xa nese momento sabía que era a nai. Nai mantense de pé no corredor do bus. Conversa entre cativa e vella: -¡Ah! ¿Y ese es tu padre, entonces? -Si. -¡Ah! Yo pensé que era un gitano... Iba a llamar a la policía... (A vella sorrí, a nena sorrí, a nai medio-sorrí, os demais viaxeiros sorrín) Poño os cascos outra vez. Encántame o novo disco de Sepultura. Antonio Vega casou en Las Vegas![]() Antonio Flores levoulle flores. E esta noite...![]() Berri Txarrak. Ascende a 80 o número de mortos tralo anuncio de Zapatero![]() Malia que xa había un tempo que o número de persoas que intentan entrar nos estado hespañol de xeito ilegal diminuíra considerabelmente, debido, en parte, á feble situación económica que atravesa; nestes últimos días estamos a ser partícipes dunha avalancha humana sen precedentes na historia moderna, isto é, dende que Ramoncín, El rey del pollo frito, entrou nas nosas vidas e mentes. Se os anteriores movementos migratorios estaban protagonizados por persoas procedentes de Latinoamérica ou da África subsahariana (ambos os dous, termos intencionadamente inconcretos), nesta ocasión, quen se agolpa nas fronteiras, valados e diferentes ferraganchos que os mandatarios hespañois tiveron a ben pór por se entraba xente e nos comía son frikis e acnéicos afeccionados á informática de todos os países e rexións do mundo. Como é ben sabido, no transcurso do debate do estado da nación (nación neste contexto refírese ao reino hespañol), o presidente do mesmo fixo o seguinte anuncio (traducimos por considerar inintelixíbel o dialecto empregado polo moreno en cuestión): -Meus, a partir de agora, aos pícaros de quinto de primaria darémoslles un portátil para enredaren, faceren un tuenti e comezaren a descubrir a súa tenra sexualidade. Amén disto, tamén lle poremos no maletín do portátil unha chapa coa cara de Rubalcaba, mais iso xa é outro asunto. A nova non tardou en percorrer o mundo grazas á rede e manadas de frikis, diferentes gordos onanistas e fans da saga Star Wars en xeral foron fletando autocarros para chegaren até as fronteiras estatais. As autoridades víronse desbordadas e sen capacidade para controlar a situación, o que culminou en toda clase de avalanchas, cobadazos, descargas eléctricas (os frikis traen os seus antigos equipos informáticos) e situacións confusas sen final feliz (cousa que nunca pasa se non está Hugh Grant de por medio). Resultado? De momento xa son 80 os mortos nesta catástrofe que non sabemos cando rematará. De todos os xeitos, non falamos de persoas, falamos de frikis. A miserábel arte de gardar un segredo![]() Morreu Antonio Vega... E só me pregunto se estaría emparentado con Vega o do Street Fighter. Poughkeepsie![]() The Conductor: Last stop: the Moon. This stop is the Moon. Labirinto![]() Sei que, se algo se pode facer mal, heino de facer fatal, patas arriba e cun dubidoso recendo a derrota. Vale. E sei que no momento de escoller entre o bo e o mal camiño, sinxelamente, ficarei fitando ambas as opcións lambendo a tapa dun iogur de marca branca. Até aí, concordamos ti mais eu. Os labirintos e todas esas cousas que, realmente, non existen evítanse con facilidade unha vez que sabes que son a túa invención (do latín IMBECILE). Recuperámonos, collemos aire e pensamos na morte. Querémonos ver mortos (xa hai tempo que estou morto) e, xusto entón, todo se volve transparente: diáfano. A idea é a de sempre: unha única vida e unha única forma de saír dela. Nada nos esganou nunca. Non hai asfixia. Collemos aire e pensámonos. É nese momento no que el aparece coa mirada perdida (e encontrada), resollando. Ela é o aire. Non existe labirinto. Non hai asfixia. Collemos pulos, collemos aire. E pensámonos. Isto só era a nosa vida. De que vas?![]() Non sei. E a onde vas? Pois tampouco sei. E por que non usas trazos para marcar o diálogo? Porque aínda non aprendín a sorrir. Es un corazón salvaxe? Paxe-traxe-garaxe. Que? Nada. Non vas a ningures? Ningures queda moi preto. Fumas? Ás veces. O tabaco mata, sabes? Xa levo morto moito tempo. Iso non é teu, xa o sabes? Si, mais tampouco sei dicirche nada novo. Maldición! NormalmenteNormalmente, a escolla da música en resaca bule por corredoiras habitualmente pouco lúcidas. E, normalmente, sempre afirmo que a mellor canción para unha resaca desas nas que estás feito merda é Get off, dos Dandy Warhols. No entanto, hoxe escollín como tema para desfrutar do meu lamentábel estado este tema de Inadaptats. Continúo sen emepetrés. Así me vai. Despois fago algunha entrada que me apetece colgar. E o búfalo dixo ao morrer![]() -Hahaha... Non fixen nin tuenti, nin facebook! A quen se lle conte![]() No pasado mes de abril, os xemelgos Staelens, dous belgas afincados en Amberes, pasaron á historia da crónica negra deste país por un caso realmente estúpido. O maior dos dous, Raymond, participou na versión belga do programa Cifras e letras, na que, tras pasar cousa de tres meses initerrumpidos sen ser derrotado, acumulou uns 2 millóns de euros en premios (véxase a diferenza evidente na contía dos premios con respecto á versión da TVG). O irmán menor, Jan, que estivo ao lado del durante todo ese tempo apoiándoo e alentándoo, agardaba que, ao remate deste período, Raymond recompensase a súa compañía con parte do diñeiro obtido. Raymond non só non lle arriou un mísero céntimo, senón que rompeu todo contacto con Jan. Isto, a verdade, foi algo bastante parvo, pois ambos os dous vivían na mesma rúa. O caso foi que, inundado nunha fonda e estrema xenreira, Jan contratou os servizos dun asasino a soldo para acabar coa vida do seu irmán, pois as circunstancias e a lei belga (segundo entendín no artigo que acabo de ler) farían que Jan herdase todo o seu patromonio de xeito directo, inclusive sen pagar ningún tipo de imposto. O asasino en cuestión, un tal Marc Braine, parece ser que foi o amante dun compañeiro de cuarto de Jan no seu período universitario na facultade de ciencias da Brexgata University Academy. O cal, aos meus ollos, non deixa de ser curioso Pois ben, tras facer chegar ao asasino unha fotografía de Raymond e realizar un seguimento deste durante semanas, o Marc Braine colleu e matou ao Jan! Dende un principio, segundo confirmaron os departamento de policía encargado do caso, confundiu aos xemelgos, co cal, Jan costeou por completo o seu propio asasinato! Na actualidade, Marc Braine está pendiente de xuízo e Raymond, o irmán que continúa vivo grazas á incompetencia do anterior, traballa nunha canle privada da televisión belga como comentarista dun reality baseado na vida dos dragóns da Illa de Comodo. Acabo de espertar dunha sesta![]() E pensei que era mañá. Estou como se me desen unha malleira e totalmente desorientado. Arf! Chelsea - Barça![]() Supoño que gañará o Barça, porque Chelsea... Con eses dentes... 100.000 Remords![]() -Samo, e esta entrada? -Non sei... -Ti nunca sabes nada. -E así me vai. No entanto, a próxima vez, irei. -Nunca hai próxima vez, meu. Primeiras celebracións da vitoria do Illa de Sumatra![]() Aí temos ao xogador que anotou o tanto da vitoria celebrándoo con parte do equipo e da afección. Sumatra, capital? El-Hoyo!![]() Nós viñemos de Sumatra con cincocentos ou seiscentos quilogramos de fracasos nos petos. Viñemos sempre derrotados, xa antes de comezar, chegando ao descanso con algo de ánimo. Índonos para casa sorrindo, mais orgullosos dentro da nosa condición de perdedores perennes. Esta fin de semana, o Illa de Sumatra gañou 10-9 ao Reyca. Este sábado houbo seis homes que alcanzaron un estado de ánimo estúpido de non cagar en cinco meses. Cando levas toda a vida perdendo, unha vitoria é unha illa. Verdes e negros, viñemos da xungla de Sumatra. Viñemos de Sumatra. Viñemos do fondo de Sumatra, da Sumatra profunda. Viñemos de El-Hoyo. Algo do que non temos falado aínda![]() Non vos encanta cando estades buscando os calcetíns, colledes o pantalón que está ao carón da cama, tirado, sacudídelo e saen os calcetíns disparados polas pernas do pantalón? Un agarimo![]() Un presente, vaia. Clicade AQUÍ e clicade Click here to start download... Son Tresure Cat (os antigos Karma to Burn!!!) e o disco chámase Choice Cuts. Un discazo de Stoner-Rock! Concerto de THE na Coruña![]() O próximo sábado, 9 de maio, concerto de THE e Telephones Rouges na Sala Garufa. Ás 22:30. Entrada: 5 euros. Entrada + 2 discos: 10 euros. Igual xa a coñecedes![]() Mais non vou deixar de vos recomendar que pasedes por esta páxina. Está dedicada a recoller erros nos exames na materia de Lingua e Literatura Galega de alumnos de bacharelato. Ía pór algúns exemplos dos que hai colgados, mais évos mellor que os vexades vós mesmos. Un blog para ler de principio a fin. Déixoo entre os meus enlaces. Novo programa da TVG![]() A TVG prepara un novo programa diario de información e desinformación. O título deste será 45 minutos con Manuel Antonio e baseará a súa dinámica en pasar a realidade baixo a óptica do poeta de Rianxo. Segundo se ten filtrado a un sector da prensa, na primeira emisión do informativo realizarase unha ouija para contactar directamente co autor de De catro a catro. Isto demostrará, unha vez máis, que na TVG non teñen medo algún por pór cadáveres ao temón dos seus produtos audiovisuais. En declaracións a este bloguiño, o director de contidos da TVG foi quen de declarar: -Recoñeso que fomos ao barato, mais o tema é que os poetas de calado sosial xa tiñan compromisos a varrelos. No entando, seguimos mantendo negosiasións cos heredeiros de Yolanda Castaño para ver se colabora no asunto. -Yo... Yolanda Castaño aínda está viva, meu. -Tiempo al tiempo. Á miña décimo-terceira filla ilexítima![]() Chamareina Chuslampreave. Escrito todo xunto. Ás outras, que lles poñan o nome as nais. Se Castelao erguese a cabeza![]() Daríase coa tapa. O outro día![]() Cantáronme esta canción ao ouvido. É algo complicado![]() Escribir co dedo corazón dereito fendido. Na miña última visita ao Rus, rematei saíndo do antro enchoupado no meu propio sangue, previo momento "imos desinfectar a este rapaz", no que un camareta e Pablo se dedicaron, ante a miña pasividade, a me empapar de auga osixenada. A barra de arriba do Rus ficou chea desa escuma branca que sae das feridas e dos muradáns sen ánimo. Da miña penúltima visita ao Rus saira sen carteira. Desta saín con moito menos sangue. A imaxe desta última vez foi a dun home na parte de abaixo, soíño, sangrando e enchendo a roupa de sangue, escoitando música reguleira. Que podemos facer para sermos felices? Non sei. Coller o autobús das 8:55 camiño da casa e que todo o mundo te mire porque, claro, parece que acabas de matar a alguén, non está tan ben como aparenta. Nunca mintoDigo trinta mil verdades e algunha ha de se dar. Fútbol![]() Ultimamente estou comendo da orde de oitocentos milleiros de partidos de fútbol, entre Liga, Champions e outras caralladas. E a verdade é que me van prestando. Todo sexa dito. O Barça xoga co Chelsea para a semana. Xa vimos os cuartos de final contra o Liverpool. O Madrid contra o Xetafe dando noxo. O Dépor, o Recre, o Arsenal, o Bilbao, o Bayern... Toda esa panda de subnormais que son os futbolistas, xa sabedes. O Barça xoga co Chelsea a semana que vén e xa vimos os cuartos de final contra o Liverpool. Tremendo partidazo de volta. Vale. Pois houbo un detalle que conseguiu que agora vaia con Chelsea a morte (sonvos así de sinxelo). Ao rematar o partido, caín na conta da canción que puxeron para celebrar o pase a semifinais: One step beyond dos Madness! Obviamente, a sentimentalidade fondamente ska xa fixo que me volvese un siareiro do Chelsea e só agardo que gañen o título para poder escoitar ese tema a todo trapo o día da final. E, a coña, é que esta canción xa vén sendo empregada polo Chelsea para celebrar as vitorias. Así, podedes ver aquí como festexaron o pase á final da Champions do ano pasado... Esta noite hai concertos en Elviña e, seica, imos irlle o comando de ex-hispánicos. Gatillazo confirmado para o Castelo Rock. Está chovendo. Teño frío. Teño da orde de cinco quilogramos de mucosidades verdes gorxarriba-gorxabaixo. Teño da orde de oito quilogramos de malos pensamentos entrañables mentearriba-menteabaixo. Ao final, todo se vai enchendo. E nada máis queda baleiro. O dito. Hai que gañar case sempre e bailar a de One step beyond. E aínda por enriba![]() Os auriculares amoláronse. Concerto de THE![]() Este xoves, 23 de abril, actuarán os THE cos Telephones Rouges na Sala Norfolk de Compostela, detrás da facultade de economía. O concerto dará comezo ás 8 da tarde e o entrada custará 4 €. He drives me![]() Levo toda a semana sen Internet na casa (prescolar na casa) e por iso non actualicei niente. Penso que para a semana xa terei os cables do router empalmados, así que xa porei os resultados do concurso do Paint e diversas caralladas. Síntoo e tal. Abelleira. Mentres non sabedes que facer, invito a que vos pasedes polo Myspace dos Süiss, no que xa temos colgados algúns dos novos temas. Todos grabados moi rusticamente, con mente rústica, ilusión mental e ningún Dj. Agardo que vos mole, en especial, o tema This is my dj. Be rabbit! Be rabbit! Até a seguinte! A peor semana santa do mundo-Ben sei que ti me queres, mais quéresme mal. Moito frío e tamén choiva. Botar un rebumbio o venres á tarde, que o día anterior saimos. Sen palabras e sen nada, que estivemos sen deus. O sábado estivo Cristo morto, mais, de que comezou o domingo, tivemos que montar cristos. Obvio. -Seis o nueve meses hará. Y no era tan fea. Lamber pés. Lamber pés. Non existe a perfección. Chove, noite, silencio e frío. Furón conversa con armadillo. Furón peludo, gato barriga para arriba. Todo depende da muller que se cruce, todo depende GRANDIOSAMENTE dos campos no que se colleita a uva que dá sentido a todas estas noites de Raeiros e confusión feliz. Desorientación. Post-coito. Bis-coito. Fuxide. Fuxide. Esvarade. Loitei contra a lei. Este é o meu dj. -E que me trouxeches? Un cadáver viviente? Domingo de resurrección. Baixar. Escoitar varias cancións ao frío da sombra. Voltar para casa. Así mellor. A soidade. Non me berredes. Talvez porque non fostes quen de cumprir nin unha soa das túas promesas ou porque non queres un can preto. Activos de Raeiros medrando, non quedan pegadas no chan con Estrella. O sol marchou da cidade. -Nunca dejó de quererte. Escoitamos os pasos das nubes. Que máis dá? Dá igual. A tristeza vén igual. A tristeza, mira, nena, tamén é cousa de dous. Ao carón desas cousas e con persoas case núas e sen música que só tes música na cabeza. Sen música non é bonito. Bonito. -Yo-ya-te-digo-yo. Hai cousas que só se poden dicir con silencio. Con silenciador. Obviamente![]() Obviamente, onde estea o estado de embriaguez, que se quite o hespañol. Vale. Obviamente, Cuba está mellor sen americanosestadounidenses. Obviamente, xa non lembraba o da semana santa (con minúsculas) e as procesións, porque estaba bastante animado. Este ano volverá a gañar San Xoán? Sempre vai diante, o moi bastardo. Apoloxía da virxindade. Papóns. Obviamente, os adultos con amigos imaxinarios son uns papóns. E son uns fillos de puta os que aínda por riba se fan donos da verdade e do que é bo ou malo. Falo en concreto da puta panda de católicos/cristiáns/apostólicos/romanos de merda que estes días desfilarán polas vilas do país, crendo seren os únicos bos da terra e do máis alá, sendo, como son, un feixe de subnormais reincidentes. Obviamente, amo a todo o mundo e se hai que tomarlle unha, tómaselle e botámonos todos unhas risas. Obviamente, estes días choverá. Obviamente, yo vengo del hoyo-yo-yo, hoyo-yo-yo, hoyo-yo-yo. Tumbalacuribambaminegra. Obviamente, embora teñamos que estar arrimados a máis non dar, comeremos o noso churrasco como boamente poidamos e cun sorriso. Con ilusión. Soñamos vergoñas. Obviamente, Panamá, Brasil, Ecuador, Portugal, Brión, Bristol, Dublín e Ankara. Obviamente, estamos de bobeira, estamos de bobeira, estamos de bobeira, estamos profundamente de bobeira, sentámonos e caemos e estamos de bobeira, cantamos ao estar de bobeira, de bobeira estamos e non o mudamos que estamos ben de bobeira, pasamos a noite enteira de bobeira... Obviamente, alguén se gardou o dereito e o poder sobre as blasfemias. Mais debía estar de bobeira. Obviamente, cada parroquia e cada vila ten o seu propio santo porque o único que fixo o cristianismo foi solapar os cultos pagáns precristiáns, pois o politeísmo cultural que aínda existe non acha compotencia no pretendido monoteísmo imposto dende a Igrexa. Obviamente, isto non vai a ningures. O xoves cearemos por aí adiante. Obviamente, estamos de bobeira. Dentro do noso figurado baleiro só fica en pé a arrogancia![]() Imaxínate, digo, imaxínate que quizais somos realmente así e, vamos, nena, esquezamos todo menos aqueles momentos nos que chorabamos e pensabamos que nos queríamos. Que non te deitarías comigo embora fose o último heroinómano sobre a terra? Nunca pensaría iso, pois a heroína xa está moi fóra de moda. Da moda, digo. E imaxínate que somos realmente así e que cando lle dixemos a toda esa xente que a queríamos, realmente a queríamos. Non é posible, xa o sei. Mais... Eu que sei. Sería bonito. Comemos atún. As túas braguiñas, a túa soidade de estar soa, as túas pernas morenas e suaves e todos os amigos que tes deixado atrás. Todos os amigos que deixaches atrás. Puxécheste triste. Portazo. Imaxínao. E imaxina que realmente somos todos así. Que as nosas historias non pasan a ningún estado novo, que todas se repiten e que non hai nada novo. O alcol comeunos enteiros, os nosos vicios, as nosas chorradas. A cama que se moveu de tanto foder. As sabas/lenzos que se moveron de tanto foder. As masturbacións gratuítas. O NON SABER EN QUE PUNTO ESTAMOS. Deterse a pensar. Pensar en catro cousas. Imaxina que todos os textos que escriben os úteros que riman en consoante realmente reflicten aquilo que as rochas pensan. As rochas non pensan. A xente ten programas preferidos. As produtoras deben estar partíndose o rabo. Churrasco. Con ron. Con zume de amorodo. Dáme igual todo o que me digades. Se non falo eu, non me interesa. O egoísmo está ben unha vez que o asumes. Carballeira. Mulleres que son madeira seca. Fume negro. Fume gris. Todo ben. E alá vai. Co cu sentado e no primeiro asalto a vida... Desconfía dos escritos nos que che falen da vida, de como son as cousas, da verdade, da ilusión... Confía nos pomos das portas, nos pezóns dos rapaces de quince anos aos que ninguén fala á saída do instituto. O resto... O resto é tontería. Café con gasoil. Lagartos con pestanas amarelas. Paris Hilton liada co porteiro do Porto F. C. Fodemos a vista co fluxo seminal de estudantes de bacharelato. Citas con videoclips. Armaduras animais. Eu penso que todo o que define Galiza/Galicia é o feito de ter dous nomes e a sobredose de rotondas que temos no corpo. As rúas, o entroido e as copas que levamos no corpo. A mala vida pasará. Temos ilusión e o teléfono de moitas boas persoas. Enfestaremos as rúas como no entroido. Dentro do noso figurado baleiro só fica en pé a arrogancia. E por iso nos queremos. A palabra que dá sentido a todo é: carisma. O que chega ao corazón remata por conquistar a tristeza. Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece. Alegría. Patchanka sound, morena! Bala perdida. Bala perdida. Eu sígote. Sígote. Ten coidado. Hunt you down without mercy![]() -jonyudaungüizaumersi- Imaxinade formigas levando unha melón de bo tamaño. A idea é que se ve un melón escorrendo polo chan pouquiño a pouco, mais non se ven as formigas. Vale. Agora pensade nun feto hiperactivo, un feto que xa quere saír antes de tempo do útero materno e que xa quere botar a andar antes de tempo. A nai déitase no chan. Tanta hiperactividade tradúcese en que o feto saca os peíños pola cona da nai. A nai está deitada, mais ao botaren a andar os peíños do feto (que se mantén en situación intrauterina), semella que a nai esvara polo chan e que se move por forzas alleas a ela propia. Tras esta recreación, damos paso ás inconsistencias. A festa é a nosa loita. A loita é a nosa festa. Botamos unha sesta. Sobrevivín á convención en Compostela. Apagón. Elfos. Terabytes de pornogarcía. Paco-paco-paco e a drojanocolacao. Almorzar so. Bus so. Xantar so. Cear so. Andar so. Durmir so. Espertar so. Freelance, beibe. Toda a fin de semana con I fought the law... E remata novamente con All nightmare long. -jonyudaungüizaumersi- Luck runs out. Luck runs out. Luck runs out. Luck runs out. Luck runs out. Bah... I fought the luck... And I won. E nós: coa cara ao vento, o corazón ao vento e os xeonllos baixo terraTren compostela coller mirar de facer maleta claro a maleta hai que facela non desfacela mais o misterio das camas é COMO se desfán que xa o deixou dito reixa hai tempo menos febre máis supradyn menos de todo menos poesía menos conversas menos compañía SANTA COMPAÑA case ningunha e coller tren comer pasta meter todo nunha maleta pequena maleta militarrak love is another preocupation non pensedes tampouco este altifalante pouco me di mujer de tetas pequeñas intentando saltar del armario se destroza los meniscos contra la cómoda y se siente segura se siente bien kick out the jams e todo o que se poña por diante os sesenta pasaron e escoitar fortunate son a día de onte non ten moito mérito e vou seguir con catro cousas máis menos dani güiza estas entradas son indixeríbeis como teño o estómago cos antibióticos e despois tamén a almofada manchada de sangue e non é ningún deses días nos que me siento bien y me siento seguro os coágulos van en castellano, beibes. Marcho. Agardo sobrevivirme. PARTICIPANTES do CONCURSO: votade como se agarda de vós, beibes. NON PARTICIPANTES: votade tal como se agarda de voçés. Jolene-jolene-jolene... Confidencia a contraflor: sempre que falei de Jolene neste bloguiño, souben exactamente de quen estaba a falar. E Jolene marchou pola noite adiante... E xa hai que non sei de ela. Lembrade. Lémbrao, Jolene.
Son as 13:13. Perfecto. Nada excesivamente novo![]() E volta ao médico esta mañá e, si, novo diagnóstico. E novas caralladas para tomar. Medicamentos. Xa van uns catro/cinco días entre delirios e baixadas físico-anímicas e remontadas en modo noite de Copa do Rei (nótese que non digo Champions debido á cutrez das remontadas, amparándome no escudo constitucional-balompédico). E pasan os días e, o máis que fixen, foi colgar os debuxos no bloguiño para que case ninguén dixese nada ao respecto. Vendo freakadas en youtube (moita freakada de deus). Temos que ir algún ano ao Rock-am-ring, beibes. Embora non estea confirmado o cartel do Castelo Rock de momento, ten boa pinta o asunto se vemos os grupos nomeados na enquisa que teñen montada na páxina. Entre eles, hai grupos que xa teño moi pipeados. Aos Banda Bassotti xa os vin unhas 4 veces, penso, e gáñanse a todos os que os ven. E Obrint Pas teñen un directo caralludo. Obviamente, recomendaría o traer, dentro desta liña ska, a Betagarri ou, xa vendo que pode vir á Península (actuará para a semana en Barcelona), rachar con todo e traer a Toots & The Maytals. E dentro dun panorama máis rock, por que non probar cun dos, probablemente, mellores grupos rock que naceu neste país: Samesugas? E Berri Txarrak son un seguro. Non sei, o que veña, benvido será, que para algo o asunto é de balde e xa fan abondo co que se moven os da asociación. Malia todos os indicios, as rúas non están cheas de emos que se suicidasen. Todos os bohemios que poidades ver, sexa na Coruña ou en Compostela (ela-ela-ela), teñen unha forte inversión detrás. Sexa paterna ou do que sexa. Todos visten como pobres ou como modernos-de-merda, mais non o son, que van a moitos sitios. E se hai crise, non a notan moito. E teñen grandes ideas e grandes visións da vida e ven filmes dos que non escoitastes falar e música rara que non tería por que gustar. Ela-ela-ela... A que se supón que será a nova presidenta do Parlamento Basco non sabe falar eusquera (éuscaro). É un lindo cadro do que se supón que é unha muller de dereitas. Ai... Parece que o BNG se presentará ás eleccións europeas (theeeechaaaampiooons...) en listaxes conxuntas con ERC e Aralar. O malo é, que se agora quero votar a Aralar, tamén teño que votar ao BNG (tiña que dicilo). Non sei a que agardades para comezar a dicir cousas sobre os debuxos... Non vos fagades de menos, beibes. Por certo, certos popis pasaron agora a modernos-de-merda. E o preocupante non son os modernos-de-merda dos nosos días, beibes, pois... Cal será o seguinte paso? En que mutarán? Nada máis. A doutora díxome que non bicase a ninguén. E para iso estudan tantos anos? Matade o tempo e facédelle un nicho. Se parades a pensar![]() Darédesvos conta que hai unha serie de palabras que só se poden dicir un número limitado de veces durante o tempo que dura unha vida. Por exemplo, fantasmagórico (palabra castellana) é unha palabra que non debería ser dita máis de cinco veces durante o tempo que dura unha vida. Claro. Despois chega Pablo e mete na túa vida unha palabra como caliginoso (palabra castellana) e confírmase a teoría. Todos deberíamos comezar a falar con palabras que se digan menos veces, menos as nosas fillas, como xa ilustrei cun poema-de-merda. Os poemas e todo iso non teñen nada que ver con nada, xa o sabedes. Despois dou máis mostras do asunto. Tornei en bus e Juan voltou darme saúdos para Sara (el di dale besos a la italiana, porque Juan é o que se chama un bo peixe, con todo o encanto que iso implica). Ás 12 e algo de mañá (sexta-feira), collerei tren camiño de Compostela (Compostelaaa, vila morenaaa) para chegar a unha hora concreta. Irei escoitando moitas cancións e, entre elas, esta cancionciña de Zebda (que teñen un directo bastante xeitoso). Deberíades -recomendación- aproveitar os enlaces que vos poño, amigos e amigas da pornoescolástica finesecular. Ía pór un artigo no bloguiño para que me desedes ideas de cancións para cantar durante esta fin de semana. Os que máis ou menos me coñezades saberedes que me paso épocas da miña vida apalancado en varios versos con melodía acompañante. E pensei: -Samu, meu, por que non deixas en mans desta xentalla a decisión inconsciente de meterche na cabeciña (eufemismo) unha canción para andar cantando polo mundo adiante? E diredes: -Samu, tío, de verdade é así como pensas? Falando contigo mesmo? E direi: -Mama Cuchara, aliviame. Esta lloviendo, yo tengo frío... E diredes: -Samu, estámosche falando todos a coro a través do teu bloguiño e a través da túa propia mente nun diálogo ficticio: non é momento de que te poñas a escribir algo que poderías estar cantando! Ante todo, seriedade, pardiez! Contestarei con sorna e ánimo de brincadeira: -A ver, para empezar, manteño os diálogos imaxinarios comigo mesmo que me dá a gaña. Segundo, lo mismo que digo una cosa, te digo la otra. E último, quen vos deu posibilidade de opinar o que queirades (fri-espich)? E vos diredes a coro: -Eladio, ¡qué viene! ¡Betis-Leganés! E eu sentenciarei: -Sexa como sexa, cada ano as festas son menos festas e para catro veciños que somos, non imos levarnos mal. Ábrelle aí un Azpilicueta que invita la casa. Total, que andamos felices. E se non estades nese mesmo punto e non gustades da canción que vos deixo aí arriba (modo feliz: ON), vou pór unha serie de temas para os vosos posibles estados de ánimo:
Que listaxe máis estúpida! A vida baixo o mar é moito mellor! Este artigo non existiu e sinto se te puxestes a lelo, beibe. Seguide a mandar debuxos para o concurso! Cando volte de Compostela, colgo todo o que me chegase, aviso. Unha aperta a todos! En caso de herrero![]() Cuchara de palillo. Relación de cousas fantasmagóricas que vin nesta ponte:
Relación de cancións cantarruxeadas por min nesta ponte:
París vai ben. Ramona de Luisa de Noia vai ben. Son neto de Ramona de Luisa de Noia e de Juan Manuel de Empanada da Virxe (París). Agustín é neto de Lola Caracusta e de Pés de Plomo. Pena é fillo de Minguita do Centro Médico. É a modernidade, beibes. Ponte: praia, sol, micropachangas, viño na Churra, mirra no cuarto, tortilla no Patrón, cubata, luriñas no Pachanga, xeados en ningún bar, cañas no Mariñeiro, vídeo de KOP con Sergent García de fondo, pouca poesía, moito de dar noxo (moito), moito desequilibrio... Oreka. Cando teña un fillo/a (non cando teña unha filloa, non confundirnos), cantareille moi malamante a de Mamá Cuchara. Mais antes fareime a Panamericana de arriba até abaixo. Chile. Nunca serei un señor. Tudo vai ficar bem. Imos facelo ben![]() Porque hai bo tempo, imos facelo ben. Veña, dálle ao play aí arriba e escoita o tema. Coller un tren é cousa ben linda, beibe. E máis se hai un bo tempo coma este. E se nos imos xuntar case todos (menos Pena e Alba) na cea. Alba diría: Estamos todos menos eu... Bueno, menos yo y... Antoniopena! Hai bo tempo e todo nos pide pouca roupa e fiestras baixas en medios de transporte. No medio e medio. -Papá, e se a guerra a gañasen, en lugar dos fascistas, os calvos... Que pasaría? -Hai moitos fascistas calvos. -Vale. E se a gañasen os homosexuais? -Hai moitos fascistas homosexuais. -Dos que chuchan pirolas? -E dos que queren chuchalas e non poden porque non teñen pirola que chuchar. -Entendo. Entón, podemos dicir que a guerra tamén a gañaron os homosexuais e os calvos? -Por poder, podes dicir que o Valencia é ao fútbol o que Hitler á bisutaría. -Que ten que ver con nada o de Hitler? -Pois agora que o dis... Dicir, díxeno ao chou, mais parece haber relación entre o dos fascistas (e o dos homosexuais) co de que me viñese Hitler á mente. -Papá, Hitler chuchaba pirolas? -Igual quería facelo, mais dende logo non o conseguía. Fillo, ninguén que teña as súas necesidades sexuais cubertas con plenitude e fluídos vai facer o mal. -Iso explica por que me quedei sen ir de excursión cos de clase aos Picos de Europa? -Túa nai éche un asunto complicado. -E ti un fascista. Os neonazis adoptaron a estética dos auténticos Skinheads xamaiquinos. Literatura ilusa. RENFE skin. Cervexabarín. Muesliberados. Tabacollóns asmáticos. Seguide participando no concurso, beibes! O día festivo no día do pai, coas vosas (agardo) xenerosas resacas, pode ser un bo momento pseudocreativo. Painteádelle! Disfrutade o que vos toque disfrutar. Saúde! Give it to me! Primeira experiencia coital![]() Encántame ese punto en todo exame no que pos unha machada tipo primeira experiencia coital e tiras para adiante de forma elegante. Xa fixen o exame e, ao saír, dinme conta de que hai un sol de carallo. E só tes gañas de andar en coche escoitando Babylon Circus coas fiestras baixas. Na cuarta temos cea en Compostela. De Oleiros a Compostela haberá unhas 370089 cuartas. Cuarta arriba, cuarta abaixo. Elegancia. Dáme de beber! Sábado e domingo![]() Sábado e domingo na casa, estudando para o parcial de mañá, luns. Como non teño un computador no meu cuarto (un que funcione), fedellei entre os discos que teño por aí e escollín como música para o estudo, sobre todo, o Infest de Papa Roach. Mundo musical bacharelato. Con isto, que quero dicir? Nada, a verdade. Aquilino, Ricardo e Ánxel danzan ás voltas mentres soa Dead cell. O exilio foi cousa ben fodida, amigos e amigas. Mañá teño o parcial e, aprobe ou non, a vida seguirá. O veciño toca a frauta e, en inglés, vaca dise cow. Son súper ben súper súper ben![]() Cando voltaba da Coruña esta mañá no meu autobusiño (Buseroa guiando), vin dende a xanela que ficaba á miña dereita (isquierda-derecha-left-right) o Gordo (a un dos buseiros calpitienses chamámolo o Gordo). Vino á altura dos Castros, ao volante dun Ford Escort, dos vellos, de cor verde. Ía sorrindo. Rindo. Cousa estraña no Gordo. É un home engulido no corpo dun buseiro contra a súa vontade e demostra sempre que pode que odia a vida que leva e, en consecuencia, a dos demáis. Pois o Gordo sorría. E o motivo, penso, debía ser a compañía que tiña: unha muller (sexo feminino). O Gordo pode estar feliz. Comprobado. O mellor foi que, uns 36 segundos despois, xa camiño da Glorieta que hai preto do Canalejo (que non fica moi canalejos dos Castros), vin ir andando cara un futuro incerto a outro dos grandes buseiros da historia moderna da compañía Cal Pita: Acebes. Acebes parécese moito ao político homónimo (de aí o nome, trencos!). Pois Acebes ía xa co seu look de buseiro (estou falando das 10:07 da mañá dun sábado), mais con cara de volver de esmorga. Acebes podería ter unha curiosa e envexábel historia de relacións co elemento químico-divino (alcol). Quero dicir que, non sabendo se isto é así, todo encaixa docemente á perfección. Son súper súper ben, embora pareza o contrario. Levo un par de semanas a base de literatura galega do XX e, saia como me saia o exame do luns (segunda-feira), eu son súper súper ben ben ben súper súper. Non hai fallo. Tiven varias ideas xenias, como sempre, e a ver qué pasa. CAMBIO DE SECUENCIA e ninguén se percatou do tema. Coidado. Teña coidado! Dende o comezo até o último![]() Erguerse. A primeira canción que me pide o corpo é esta de Banda Bassotti. O buseiro que podería ser unha buseira (ao principio chameino Buseroa para reflectir a flexión Busero-a, mais pareceume que quedaba como un nome vasco... E deixeino así) colleu a rotonda (glorieta militarrak) pola esquerda. Isto, se o pensades, é collela polo lado que non é. Co cal puido ouvir o meu aplauso (plas-plas) dende o fondo do autobús. Se en clase me preguntan: -E logo, non fuches á conferencia do profesor Non-sei-qué-hostias? Sendo o nome Non-sei-qué-hostias o nome dun importante algo nalgunha disciplina que non sei, véxome na obriga de respostar (real como a vida mesma, lamentablemente): -Non vou a cousas. Eu, se non poñen tapa, non vou. Claro. E lembrando entón a canción dos Siniestro Total e observando a mudanza de rollo que se está a producir na súa vida, un áchase na (na-na-naaa-na-ná!) obriga de tirar a seguinte reviravolta a modo de conclusión: ¡Cuánta vieja y yo que puta! E despois odias ás nais de 4x4 das que levan aos fillos a colexios privados porque sabes que son o que son (pim-pam-pum), mais ves a algún pirolo (posiblemente, hespañol) nun descapotable (ultimamente ando algo abertzale, mais é un proceso natural e, polo tanto, lindísimo) e pensas o que pensa toda a xente de MUROS cando ve un descapotable: -Vaille cajar dentro unha javiota. Entón ves a relación evidente entre o condutor do carro e a ave que defeca sobre este, pois a mascota do PUTO PARTIDO POPULAR é un paxaro que come o lixo e despois caga enriba da xente. E, case para rematar, un vello na para do autobús (a que hai preto da estación de servicio da Vedra onde para o urbano universitario), cun escarvadentes e, no entanto, sen dentes. Co cal... Que carallo escarvaría o meu? Digades o que digades, a combinación de cores na roupa e o bastón que empregaba a bote de pau de golf co lixo dábanlle dereito a todo. Traxes, escarvadentes e mandíbulas ao ar. Escoitade, xa van chegando os primeiros debuxos para o concurso! Non deixedes de mandar os vosos! Por certo, estades como chotas! Buseroa colleu a rotonda por dentro e aniquilou unha corrente de pensamento actual neste país con dous nomes. Pensar muito faz mal![]() E todo-todo-todo vai estar ben. Tiven, hai nada, a sensación que se tiña antes cando nenos e era día de festa. Volvías da praia e xa estaban probando son os da orquestra (quero un departamento universitario dedicado ao estudo en profundidade dos nomes das orquestras). Tiven esa mesma sensación térmica. Pouco sol, nada de frío. Ningún bañador. Cero areas. Onte, no mesmo bus (baixemos da facultade, nenos!) vin unha rapaza que case me rouba unha casaca (a gris que teño co parche de Banda Bassotti) en verán. Hoxe non ía nese bus (só fodería). No Cal Pita de volta a casa ía a rapaza que vive nunha canción de La Rue Ketanou. Esta música causa sensación. Mirar neste bloguiño os arquivos do 2006 e 2007? Ai-ai-ai... Non me copiedes as cousas do bloguiño... Meu pobre... Para catro cousiñas semi-orixinais que ten... Mar de fondo de forza tres a catro. De catro a catro. Manuelantoniadas. Imos ao baile? Agora mesmo, e dígoo totalmente en serio, só quero estar en Cuba. A mesma historia e despois todo é mentira: unha dose de indiferencia. Fame e frío. Cuba, que linda é Cuba! Creo que gusto bastante da miña carreira. Touriño e Quintana foron parvos e non foron quen de transmitir unha idea clara sobre o problema lingüístico para afogar as críticas do bando hespañolista, tendo a lei e a razón do seu lado. Parvos e incompetentes. Feijoo tamén é parvo, claro. Feijoo, Quintana e Touriño nunha lata de atún. Boto de menos Cuba. Quero estar agora mesmo na illa. Teléfono. Prostitución. Onanismo. Alejandro Sanz. Estamos ao fresco. Mañá máis. Amo Cuba! Fideeel! Fidel-Fidel-Fidel! Fideeel! Fideeel! Hoxe foi o 11 de marzo e mañá tamén morrerá xente. Atún![]() Veremos bailar a lúa. Son unha lata de atún. Imos ao baile? Atún-atún-atún-atún... Reporteiro intentando dar a nova dos resultados electorais en Galicia
Foille imposible dicir a secuencia maioría absoluta. Ela chamábase Carme![]() Claro, ela era de boa familia, quero dicir, era dunha familia de fillos-de-puta desagradecidos, que é iso no que consisten as boas familias. O pai tiña dous ou tres barcos e unha tenda de bricolaxe e merdas desa índole. A nai tiña pelo loiro e un todoterreo, polo cal non fai falla que me dilate na súa descrición. Eran unha puta familia de ben. Antes de facer os dezaoito anos -lembremos que era de boa familia- xa o pai lle tiña botada un ollo a un cochiño para a súa filliña. Só tivo que conseguir o permiso de condución e xa tiña un coche na porta da casa. Dunha das casas que tiñan, claro. En canto a rapaces, non sei se é que non se podía queixar ou se os que se podían queixar eran eles. Ninguén a lembraba sen mozo. Saltando de mozo en mozo, con breves períodos de solapamento, isto é, que antes de saltar dun mozo a outro había períodos de partillar a cona entre eles. Emoticornos. Carme non dubida, sabe onde apunta. Os poucos casos nos que se chegaron a enterar do asunto os dous protagonistas varóns a reacción de ambos os dous foi a de se sentiren queridos e especiais. A amor, como o fútbol-sala amateur, é unha imbecilidade. Ía estudar algo así como económicas ou empresariais e tiña o pelo ben peiteado case sempre. En maio adoitábanlle dar baixóns. Mais dá igual, non? O conto, é que xa estaba no seu segundo ano universitario. Dende que comezara a estudar na universidade xa saltara e pasara polos prepucios de oito rapaces (Carme, estás baixando a media!) e tivo a mala sorte de que, entre eses oito, se atopaba Paulo. A Paulo deixárao por Cons (alcume de escura procedencia. Seguramente, estúpida procedencia). Cons tiña un Ford Fiesta amarelo e herpes labial. Paulo era (encántannos!) un resentido. O que tiña de bo e de antihespañol, tíñao de resentido. Pois nunha noite dese segundo ano universitario, Carme e Cons (Cons non coñecía a Paulo, como se fará ver) deron en entrar no pub polo que andaba Paulo, mamado perdido. No pub soaba algunha merda de Fito (todas as cancións de Fito están feitas pensando en xente co mesmo gusto que todo o mundo e son pura merda) e toda a xente presente se sentía moi ben, ou moi mal (que é o mesmo), consigo mesmos. Paulo ve a Carme. Coloca un pouco os lentes. Moita xente e non se pode acercar. Carme ve a Paulo. Cons nota que se ven. Paulo ri. Carme responde cun riso. É neste momento cando Carme xa a fodeu. Paulo alcanza a berrar entre canción e canción (o que pon a música non é moi hábil e entre canción e canción hai un brevísimo silencio): -Deberías chamarte Gloria! Carme pensa que escoitou mal. Pide un cacharro de ron con coca-cola. Carme fuma camel, mais dá igual, non? Cons comeza a se mosquear coas miradas (Paulo ri) que lle vai mandando de cando en cando á súa moza o tipo dos lentes. -Deberías chamarte Gloria! Carme mira o móbil de cando en cando. Ningunha mensaxe. Ningún toque. Está co seu mozo e non ten amigas das que se lembran de unha cando sae. Carme toca o bico da cona un momento mentres Cons mira un televisor que hai no local. Paulo está máis preto agora. Cons nótao. Paulo é (amámolo!) un resentido. Paulo aproxímase á parella. Apaga un cigarro que leva mediado na palma da man. Cons párao coa man antes de que se aproxime máis a Carme (hai unha xeración de rapaces de pirolas pequenas que, como moito, estudaron un ciclo de grau superior e que miden os seus logros con diñeiro, violencia e conquistas de conas). Cons dille: -Oes? Que tes? Que é iso de deberías chamarte Gloria? Pásache algo? -Ei-ei-ei... Hahaha... Tranquilidade. Ti es o que estás AGORA con ela, non? -Si, que tes? Que é iso de que andas berrando? -Debería chamarse Gloria. Paulo recúa. Ri. Chega á barra. Non di nada ao camareiro e xa ten un vaso de algo con algo. É o único que está sentado na barra nun bar cheo de papahostias. Pasa o tempo. O bar vai pechar. Era o último bar. Hai que ir para casa. Carme e Cons saen entre risos. Risos que se apagan ao ver a Paulo tirado na beirarrúa: mamado perdido. Paulo ri, claro: -Deberías chamarte Gloria, Carme. -A ver? A que vén que lle andes dicindo iso? Que che pasa, fillo-de-puta? Paulo é (adorámolo!) un resentido borracho: -Nunca escoitaches que todo o mundo ten os seus quince minutos de Gloria? Aos galego-falantes que ides quedando![]() Cando empregades o verbo quentar e cando o verbo quecer (ou aquecer)? Explícome: poñédeme exemplos nos que empreguedes un e non o outro. Por exemplo: a comida, quentádela ou quecédela? Cando se refire a partes do corpo, como dicides? Ao exercicio preparatorio antes dun exercicio máis intenso como vos referides? Empregádelo de forma distinta segundo ao que vos refirades? En que expresións usades sempre unha delas e non a outra? En fin, todo o que me poidades aportar será tido en conta. Grazas por adiantado, beibes. 2 minutos e medio![]() É o tempo que pode aguantar unha persoa sen poñer os cascos do emepetresiño con Berri Txarrak a todo trapo ao entrar no Corte Inglés e ver o que un recoñece como votantes de la derecha hespañolista tras unha tarde intentando ler, e entender, algo de Xente ao lonxe (cuxo autor é o que Lorca chamaba "la loca gallega"). Unha vez, un colega que se foi de xira polas herriko tabernas díxome que quixera confraternizar cun grupiño de vascos e dixéralles que escoitaba Berri Txarrak. A resposta dos tipos en cuestión foi, en palabras do meu colega: -¿Pero qué dices? ¡Pero si Berri Txarrak son unos blandos, pues! ¡Aquí lo escuchan los de UPN! Mujer de tetas pequeñas se pasea desnuda por las calles de Budapest![]() Do que non quedan dúbidas é de que agora medimos moito máis que cando tiñamos cinco anos. Igual é todo como a alma de Excálibur![]() Ou non. Mais o que si que é seguro, se atendemos ás ensinanzas que puidemos tirar de The Simpsons, é que a única diferenza entre ter, ou non, alma está en que as portas automáticas non se abren ante a túa chegada. Na estación de tren de Coruña, unha porta automática fixo unha pequena análise da miña e foi abrindo aos poucos. Moi devagar. Sen présa. Debo ter a alma fofa. Heterosexualidade ao carallo![]() Clive Owen, deixaría que me fixeses de todo. De todo malo. Teño a miña casa nun zapato![]() Quérote máis que ao meu zapato vello.
-cando volva do andar de neuroloxía montamos un concurso, vale?- -canto o meu canto antigo...- -tumbalacuribambaminegra-
TUMBA! TUMBA! TUMBA! TUMBA! TUMBA! TUMBA! É tan sinxelo![]() Como o que fun pensando durante o día de hoxe que ía pór aquí. Ao final non puxen nada diso. Nin as cancións que pensaba (ultimamente escoito moi pouca variedade). É tan sinxelo coma iso. Rematar no Viñarrock, en Coimbra, en Lisboa, en Brasilia, en Ortigueira, en Muros, no meu cuarto, nos coches oníricos, nos portais rotos ou por romper, nos sofás epilépticos, nas frangullas de pilas recargables, no medio de oitocentas relacións (das que todos pensamos que teñen algunha que OUTRA pingueira). Cantas veces puideron morrer todas esas persoas coas que falamos un pouco e non sabemos se seguen aí? Que pasa cos tuentis da xente que morre? A onde van as frases que o msn non envía? Cantos toques se teñen dado sen acender o móbil? Algunha vez nos cruzamos con alguén escoitando no seu emepetrés o que nós escoitabamos no noso emepetrés? Cantas entradas falando de mil paridas e do tristes que somos/estamos mentres sorrimos ao andar por aí? Canta profundidade temos, hostia. Somos todos tan caralludos. Proximamente, novo concurso. Ídevos preparando, lacazáns. Non dixen nada de todo o que soño e non o vou facer. Atolondrado. Non gandul franco mester do estado de percepción. Os fracasos e os garaxes. As miradas e os pósters aleatorios. As fotografías e os ramos de margaridas. As baladas e os morfemas socráticos. As leis naturais e os chaveiros de equipos de segunda división vidos a menos. As barbas de mentira e os brincos de prata. Os billetes para o cinema e os eucaliptos do día. As putas e os poetas dan medo. A sociedade lévaos perseguindo durante séculos. Son perigosos. E neste país non hai nin do un nin do outro. Hai putadas e poesía, mais non hai executores. Gandul franco. Mester. Estado soño que o vou facer. Non o dixen. Ave amarela. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Esta noite non. Non, esta noite tampouco. Facer bromas aos amigos facendo que morrestes e despois aparecerlle cunha capa branca por riba do corpo e facer Bu e coller e rir todos e chorar algúns bulir cada un para o seu cuarto e hoxe non morrería por ti cariño non morrería nin por min nin por todos os meus compañeiros o deportivo é unha merda de equipo ou é peor que calquera neno con deformacións oculares imprevistas. Bu! Creo que non te vas asustar cando te berre un Bu ao ouvido, mileidi. Que me queres? Que me queres? É tan sinxelo...
Just tonight I would, I would lay here for you Humilde fe![]() A estrutura que máis uso é CALQUERA MERDA + "é" + CALQUERA OUTRA MERDA. A vida é isto, os calpitas son outra cousa, beber mola como lle mola aos vellos e aos que fan montuning. Vai volver chover, seino. O bo tempo só intenta enganarnos creando unha falsa realidade. Ao final non saín (xa nunca saio). Teño en mente o xeito perfectamente ERRADO co cal escribir a grande novela galega deste século. Ando máis so que os pratos combinados do pleistoceno. Non saio de marcha (odio a idea saír de marcha). Ánxel Fole. Castelao Fole. Nós Folemos. Hai un rato lembrei a Andrade. Mañá falarei de Andrade aquí, porque nas pequenas historias están as grandes verdades. Sei que xa ninguén (naide) le esta páxina e que, quen o fai, o fai por algún motivo que seguramente sexa ERRADO. Pásanse a vida reflexionando sobre qué camiño tomar, sobre en qué momento está a herba do campo (e xa ninguén pensa en que no importante da herba é, sinxelamente, cánto se tardará un en caer nela para mirar as nubes), sobre en qué momento está todo... En que momento estamos? Somos o único ser vivo que gasta leite dos outros. Cando máis queres elevarte, máis abaixo apareces. Iso é a revolución: poñernos cegos á mínima. En que momento estamos? Humilde fe. A clase media debería rebentar. Os ricos deberían morrer todos. Os pobres deberían comer as tripas da clase media e dos ricos. As monxas son todas unhas putas. Ponme a un asasino en serie co pelo loiro e non me poñas a unha monxa. Putas monxas. En que momento estamos? Rendirse. Antifascismo de merda. Fascismo de gomina. Apoliticismo de merda e de sillón. Racismo por todos lados. O machismo nin se cuestiona. Nenas e nenos de papá. Nenos e nenas que non son de papá, mais como se o fosen. Xente en chándal. Xente que non din ter bandeira, mais que teñen as peores bandeiras. 23 de febreiro. 12 de outubro. Axitación. Praza de maio. Ulster. Hernani. Sowetto. Managua. Chiapas. Muxía. Acapulco City. Kansas. Texas. New York. Happy New York. En que momento estamos? Onde finou a felicidade? Non podemos dicir esta é a nosa verdade porque non temos nin unha soa verdade que non se demostrase ERRADA. Embora toda historia se amose como fiel ao guión que se lle esperaba. Derrotismo emocional. Paparrota cardíaca. Diarrea do sentimento. Os máis infames falan de infamia. Os máis intolerantes falan de tolerancia. A xente diferencia entre o lamentable dun atentado e o terrible dos que morren traballando. Temos un actor favorito e non temos un modelo de autobús favorito. Somos unhas putas da idea de nós mesmos. En que carallo de punto ERRADO estaremos? Estamos no punto de mira. Pásanse o tempo facendo borrón e conta nova. Conta comigo, amigo. Millo. Pregúntome se existe o ceo e os barrenos de seda. Estamos espertos cando buscamos respostas. Raiámonos e dóenos todo. Somos unhas putas do sentimento. En que punto estamos? Estamos ERRADOS? Que buscamos? As hostias non nos desilusionan. Ninguén pode desilusionarnos. Todo continúa en pé. O barco permanece na floriña da auga. As matanzas e os horrores que fomos vendo dan igual. Os F-18 descargaron estupidez sobre civís e dá igual. O napalm rebentou historias de amor e dá igual. Porque, pequena, saber en qué momento estamos é o que conta. Todas as persoas temos as nosas cousas. Eu teño as articulacións feitas caca. A rúa está chea de policías con pistolas. Danme máis medo que as decisións. Deus salve o rei. Deus salve o rei. Deus salve o rei. Deus salve o rei. Se a Madre Tareixa de Calcuta levantase a cabeza, dariase coa cabeza no teito do cadaleito. En que momento estaremos? Estamos en guerra, mais temos que reflexionar. Contra a desilusión: contradesilusión. Ilusión. -Que en que momento está a nosa cama, pequena? -... -Que non sei facer a cama? Vaia problema! O importante das camas non é saber facelas. O misterio das camas é cómo se desfán. Escoller![]() Soñei hoxe cunha biblioteca que nunca existirá na que dous clásicos da miña facultade falaban a voces mentres o resto os fitabamos e disfrutabamos (disfroita a froita). Esta fin de semana non soñei moito. Durmir pouco é o que toca no terceiro andar do Clínico de Compostela. Traqueotomía. Non hai médicos a fin de semana. Non pidas almofadas. Garda a que acades. As enfermeiras son as que fan funcionar un hospital, definitivamente. París é un titán. Todo o que dura un pesadelo e toda a xente que está/toda a xente que non está. Os de sempre sempre están. Agardo que haiba a suficiente calor para poder ir de pantalón curto até a facultade a ler algo (biblioteca, Lisa). E volver. Revólver. Hai tempo que non falo de armas neste blog. Nin de math-metal. A sorte esvaécese baixo as pontes. Manifestos destrutivos. Mentres a vida se volve unha infamia e ti vas correndo. Hunt you down without mercy... Cerodisfracismo. Cerosentatez. Cerorresponsabilidade. Cerocerismo. Ceroinfamia. A sorte persíguese e non somos fillos de ningún destino. Ao destino cúspesele se se quere, sempre que haxa un bo cambio de ritmo. Timor leste. Timor oriental. Devastación. O pulso firme. Coa man sinto o ritmo dun corazón que latexa por todos nós. Escollemos non pensar con oracións, sentencias, debuxos, imaxes, lembranzas, sons, arrecendos (recendos), fonemas, monemas, símbolos, sensacións, sentimentos, verdades (mentiras)... Escollemos pensar en cancións. Isto só será a nosa vida... Vale. Mais renunciamos a desaproveitala. Isto só é a nosa vida. Mais a túa sorte esvaécese... Cada día que pasa e perdes con parvadas é un día menos/máis. E todo marchará. Escoller é a chave. O oito![]() O oito é un número que rimar, rima con coito. Canto ao amor sen pantalóns. Puticlub forever. O meu número sempre foi o 13. Días de pasalas putas (puticlub-forever) e días de pasalo ben. Horas, coincidencias. O meu correo de hotmail (correo quente) era antes know13. Know por un tema de System of a Down e trece porque era o meu número (a ver se estamos atentos, que non quero repetir as cousas trese veses). Despois mudeino porque nunha época da miña vida cedín. E perdinme. Mais agora xa estou. Mais agora parece que teño algo de fixación co oito. E, sempre que escribo, o número que me aperece entre as poucas conexións mentais que permanecen intactas adoita (adoito) ser o oito ou, como moito, o oitenta e o oitocentos. É un mundo difícil. A felicidade dura un momento. Escribir é como facerlle o amor a todos os planetas sen agardar cumprir as súas esperanzas. Non quero sufrir, mais estou aquí. Percebeiros esquimais. Aizkolaris do FRE.LI.MO. Nápoles. O oito é un número. Vale. E non imos entrar en subnormaladas de dicir o oito é unha filosofía da vida e esquecémonos da dor... Espertamos de noite. Corremos. Cagamos no amor. Non existe arrepentimento se todo é como o sentimos. As noites de Avante, as noites de Louro, as noites de Lugo, as noites de Albacete, as noites de Nápoles, as noites de Coimbra, as noites de Muros (Muros). As mañás alegres con Mamá perfecta. Canto o meu canto antigo. Radiohead. Sons & Daughters. Tumbalacuribambaminegra. Golpéame. O corpo e os anacos de pizza corren e todas esas merdas que diría calquera poeta que non sae da súa cabana se o campo arde azul. Abrigos. Escuridade. Compañeiros de memoria útil. Programas. Nada de bicos franceses. Somos inocentes? Acordádesvos de Herodes (foder e comer, todo é un)? Que home! Verdade? Barba e xenocida... O que realmente queremos dun varón. Barón. Somos inocentes. Todos. Menos oito de nós.
-o efecto é o mesmo, as noites son as mesmas, as mañás son case sempre as mesmas, a poesía di máis ou menos o mesmo, os grupos que van aperecendo soan ao mesmo, o que nos piden é o mesmo de sempre, necesitas máis do mesmo, cantamos facendo Lalalalala... e é o mesmo de sempre, bailamos as mesmas cancións de sempre, sentimos o mesmo que foi sentindo o resto da humanidade porque foi o que nos ensinaron, confíamos nas mesmas merdas que xuramos non confiar e cremos sempre no mesmo-
Oito en punto. Tiña que ser![]() E foi. Muchos hombres creen que soy un concepto o, quizás, que les complemento o que voy a darles vida. Sólo soy una mujer jodida que busca su paz de espíritu, no me asignes la tuya. Agora que cambio filmes por dados (de póquer), un pensa que (pensar xa é comezo dalgún erro) a aleatoriedade do dado non ten tanto de aleatorio e que cando un dado cae, non dispara, mais sabe cara onde apunta. Agora que bebo cervexa sempre que teño a mínima oportunidade e que sei que bebería un bo viño tinto sempre que a ocasión non o demandase, fico calado e nada espectante. A realidade sobrepasa. O que ves é o que hai. Cando a tristeza che dá a razón, todo o mundo sabe que cara amosa o dado. Son moitas historias as que xa nos foron pasando a todos como para permanecer coa mirada optimista. Agradable? Nesta escea está todo mal. Quizais xa son moitos erros para confiar nalgo aleatorio. Hai oitocentos lobos na porta do meu piso. Subo o volume. Escoito a lúa e non aos lobos. A escrita é unha pirola infectada de maldade e recollemos as nosas redes. Sabemos que a soidade é mala, mais peor son as bandeiras e levámolas por todos lados. Agradable? Agradable. Hit me hit me hit me I'm already on the ground... Redacción: cousas que sei e cousas que non sei![]() Pois sei que me tocou unha invitación para un concerto o sábado no Playa (elplayaneno) e que non irei porque estou noutro sitio. Sei que en maio hai concerto de Berri Txarrak na Coruña, que haberá concerto de Millencolin en Compostela e coñezo os carteis do Viñarock deste ano e do Aúpa Lumbreiras. Sei que este ano fun ver a Betagarri a Pontedeume e que tocaron One step beyond. Sei que xa teño unha para setembro e agardo que non se me vaian sumando moitas máis. Non sei se me darán o lectorado. Sei que Brasilia é a capital de Brasil e que, pese ao que isto nos fai pensar, a capital de Rusia non é Rusilia. Sei de que se vai disfrazar a miña xente. Non sei o motivo que leva ao rapaz que temos na aulanet a parecer unha mestura entre o cantante de Coldplay e a idea que temos en occidente do que é un náufrago. Sei que continúo confiando na literatura e non nos literatos. Sei que a palabra literato apesta e é propia de imbéciles. Sei que mañá comeremos polo ao forno. Non sei que comerei o sabado. Sei que se agora estivesen Rancid tocando no parque que hai enfronte da miña casa, non me enteraría, porque escoito Rancid por uns cascos pequenos. Sei que estes cascos xa aguantaron máis do que adoitar aguantar uns cascos, así que o pesimismo indica que nalgún momento (no que menos cumpra) irán a pique. Non sei se Rancid seguen xuntos ou se non, mais tampouco me importa moito, pois deles só escoito catro temas, entre estes un tema xenial que é Daly city train. Non sei a quen interesa isto, sei que a ninguén. Sei que Cabo Verde é un refugallo xeográfico que conseguiu sacar adiante bos escritores. Mozambique tamén. As mãos dos pretos. Sei que Honwana tira contra do racismo. E fai ben. Non sei onde estiveron Amadou & Mariam até a data, mais a brillantez indica que sería estúpido falar de exemplos de superación (binomio estúpido xa de entrada). Sei que comín salmón na cafetaría da facultade de filoloxía e que había moito sol despois. Non sei canta distancia hai entre Bamako e A Zapateira, nin cantos buses tería que coller para voltar de todos os sitios aos que non fun aínda. Descoñezo totalmente quen é o meu representante no congreso mexicano. Nin idea teño de que hora é en México. Sei moitos diálogos e bobadas de películas e series e non son capaz de trasladar esa sabiduría a un plano útil. Non sei por que aínda non comezou a xira de Fermín Muguruza co seu novo disco, nin se Zebda o acompañarán. Sería unha posibilidade a termos en conta. Sei que, por moito que diga, nunca me porei a escribir en serio, porque sempre digo depender de mil cousas... E todas esas cousas van retrasando o que sexa que poida chegar a dicir un pirolo coma min. Non sei cando foi a última vez que os de Pignoise lanzaron un molotov contra a Ertzaintza. Sei que ás veces, cando comeza a saír o sol, a verdade é que empeza chover sangue. Sei o que é escoitar Rob Zombie na cafetaría dun hospital ti soíño mentres tomas o terceiro café do día. Non sei como son quen de facer tanto a mameluco (mama, mamón) emocionalmente. Sei que en inglés vaca dise cow. Non sei a que sabe a leite de pantera. Sei que pouca xente o sabe, o cal, obviamente, non é un dado a termos en conta, a verdade. Sei que na mesa que acompaña nas viaxes á miña cama, teño oito libros que pretendo ler en breve, o cal demostra que, pese a todo, queda algo de optimismo por entre as costelas. Sei que estamos todos tolos, mais que non estamos todos contentos. Sei que non teño un ordenador de sobremesa e non sei cando revivirá con toda a música que leva entre as costelas (optimismo). Sei que os pesimistas sempre se declaran realistas e non sei cando deixaremos de nos preocupar polo que somos. Non sei cantas clases de persoas hai. Igual hai xusto oito clases de persoas e coincide co número de libros que hai na mesa que hai ao carón da miña cama. Co cal, o destino pediría a berros que identificase cada libro cunha clase de persoas, embora sexa unha parida. Non sei por que me dicían que non deixase para mañá calquera cousa. Sei que se deixo para mañá calquera asunto que teña entre mans, dará IGUAL. Non sei cando comezará a pasar o grande pasado que agardo para todos nós. Sei que a idea de cómida rápida en Uganda debe ser como coller unha rotonda facendo o helicóptero (Levanta un brazo, levanta o outro... Fai o helicóptero!). Sei que despois do mércores de cinza non comeza a coresma. Sei que o cantante de Skalariak ten novo grupo. Sei o que din a metade das cancións que escoito. Non sei que din a metade das cancións que escoito. Son un mar de coherencia que carece de mareas coherentes. Non sei por que facemos o que facemos e sei que só bebería bos viños se a situación non o requerise. Sei como son os camiños tolos sen sentido. Sei que os descoñecidos temos as de perder ou gañar segundo o estilo do cabalo triunfador requira. Sei que me perdo en todo o que escribo e sei que os mandingas consideran moito máis importante o que se di que o que se escribe. Sei a que soan os Dandy Warhols. Sei saturar artigos con enlaces. Non sei canto tardarán todos os bispos que non acudiron ao meu parto en se poñer un anel no dedo gordo. Sei que non vou votar nas seguintes eleccións ou que, se o fago, non votarei a ningún partido que xa teña votado. Sei que (e istovai en serio totalmente) o corpo me pide meter dentro do sobre unha foto da cara de Popeye. Sei que a democracia é unha farsa enorme. Non sei como se pode falar de democracia nunha sociedade de clases como esta. Sei que dá igual. Non sei de onde saen os sorrisos. Sei de onde veñen as bágoas e o seu sabor. E do resto... Do resto xa o sabedes. Do resto non sei ABSOLUTAMENTE nada. A loita é a miña primavera![]() A loita é a miña primavera e estamos de mar de fondo: inverno de terra terremota. -Samu, báixate do escenario, meu soliño. Lembramos máis que nunca, nun día coma este, que cando o amor nos chegou en dúas ocasións e nos mentiu en dúas ocasións, decidimos non voltar amar nunca máis. E sempre corremos: corremos e escapamos. É a nosa triste historia. Somos os covardes que ninguén quixo na súa mesa. Os do paseo baixo ningún sol estalado xa en tres lúas, por dúas ocasións. Vivo nun continuo desorde comigo mesmo no que manteño constantes conversas comigo mesmo e, visto isto, unha vez que saio de min... É unha putada. Maltratar a vida aos poucos e non crer xa en nada. Para o un de marzo imos ter eleccións no país con dous nomes e xa nin os candidatos (só hai tres candidatos, dinnos) son quen de mirar de fronte nos cartaces publicitarios da campaña. Todos aparecen mirando de lado, ao baleiro, coma perdidos en si mesmos. Tremenda putada. A miña teoría é que xa non son quen de nos aguantar a mirada, sabedores da mentira na que convertiron a súa propia existencia e motivación. Non penso votar a ningún partido que non leve no seu programa oito dos puntos do meu antigo programa electoral. Son todos uns covardes que falan algo alto e, despois, corren e escapan. Mais non dista moito do que todos facemos a diario. Todos. A loita é a miña primavera. Alcanzar non a alcanzarei, mais penso que pode ser a única causa xusta que queda entre tanta dor, tanta insensatez e tanta falta de poesía. Gustaría de poder dicírvolo en kimbundo, mais a obriga idiomática que non manteño con ninguén fará que volo diga nun estraño galego: o que se di é máis importante que o que se escribe. Amo esta filosofía mandinga. Que filosofía vai quedando en pé? Escoiteino o outro día: diversión! Miráchedes aos ollos a alguén hoxe? Eu probeino. E hai miradas que fusilan e que reflicten -á perfección- o patético que é un. E subes e colles sitio na biblioteca e séntaste e repasas e analisas e xogas co teu novo bolígrafo e caes na conta e vas coller o bus e volves e todo comeza XUSTO onde quedou sempre. Somos Bill Murray. Lemos atentamente o que deixou escrito Ana Paulo Tavares e detémonos a meditar: Quando inventas o mar Agora que xa meditamos, abrimos unha cervexa collida do frigorífico, berramos algo dun xeito moi covarde, corremos e escapamos. A loita é a miña primavera. E nela permanecerei. Comigo mesmo. E ninguén máis. Gabinete![]() Novamente un día longo mergullado (submarine-weapon without choice) na literatura africana e brasileira. Todo soa máis a Brasil se pegas a orella ao vidro dun urbano. Hoxe había menos erasmuses (por non dicir NINGÚN). Teño unha cadeira nova no meu cuarto e semella que podería ter o meu propio gabinete aquí. Respostaría a cuestións sobre derrubamentos emocionais con catro cousas das que escoitei en cancións. A miña cultura de merda. 1.- Los Suaves: La vida te va apuntando los pecados en secreto. Mañá vou a Compostela (a capital do país con dous nomes) e ficarei alá até o domingo. Da sexta-feira até o domingo. Todo soa máis a Brasil se sabes con quen estás a xogar. 2.- Calamaro: Los hombres no piensan solamente en dos cosas. Esos son los que tienen un solo corazón. Elegancia e exclusividade. Teño certo interese en saber cómo é o feito de estudar nas bibliotecas da capital do país con dous nomes. Entre visitas ao hospital: idas e voltas. Á mañá (as mañás de estudo na casa son certamente longas) vin o poemario que me colgaron n'A Regueifa no cuarto da miña irmá e, nun acto similar a unha autofelación (flexibilidade e autocontrol), mirei por Google adiante se había algunha referencia ao mesmo por aí adiante. Atopei que nalgunhas páxinas a xente colgou o poema Sociolingüística, que parece ser dos que mellor caeron. Mais, nun fotolog (encántame todo isto que vou dicir, en serio) atopei que unha rapaza tiña colgado un anaco do Manual da destrución que dicía a xente continúa crendo / nas relacións sentimentais / porque a xente é imbécil e dura. Creo que son uns bos versos para o día de hoxe e gustei de que alguén reparase neles. (Autofelación: culminada. Estado do proceso: engulindo seme) 3.- Gluecifer: You wanna live or do you wanna die? Non sei qué vai pasar de aquí en poucos días. Nin o quero saber. Descubrín yes.fm e nesas ando... Descubrindo grupos a base de ben. O ben pide papas cada día que pasa. Fixen arroz con salchichas e ovos. Esta noite lerei O Guaraní. Sandra chámame se lle dou un toque e quedei con ela que se lle daba un toque era porque andaba pola facultade para poder ir perder un rato mentres me tomo o meu capuccino de máquina (droga legal). Esta noite non durmimos. Todos queremos aos nosos amigos. 4.- Hora Zulú: Cada noche es la misma, tan sólo cambian los borrachos. Hai días que non contan. Mañá será outro día igual. Graciñas a todos. Entrada de mércores á noiteTodo o mundo está a marchar da vila e de nós. Ás veces a vida é perfecta como as caras en televisión. Despois dunha tarde mergullado (submarine gun) en textos sobre literaturas africanas en lingua portuguesa, subo a un urbano cheo de erasmuses e, como predixo Joaquín, tiven que facer cola para subir a un urbano diante da miña facultade (algo inaudito se non estamos na festa do magosto). Como ía coa música a todo trapo para non ter que interpretar os seus diversos e simpáticos acentos, parece ser que se escoitaba a música máis alá do meu cráneo. Ao parecer, un grupo de franceses (francesas) viuse un pouco interesado polos sons trompetís que chegaban até eles e déronme un toque no cóbado (cóbado), quitei os cascos e oín que me preguntaban: -Pegdona, ¿qué escuchás? -Betagarri. -¿Comó? -Betagarri, é un grupo vasco de ska... -¡Ska! Nos gusta el ska... ¿Puedes pasagnos música de ska? E nada. Unha, a máis baixiña, sacou un portátil e metín o meu emepetresiño e, tras pasar os percances do antivirus, puiden meterlle un par de temas de Betagarri e algo de Skárnio. E todo no urbano. Dixéronme como se chamaban, mais xa non lembro que me dixeron, porque só me dediquei a intentar sorrir. Pola mañá pasei por un exame de historia da lingua para dar sinais de imbecilidade, humor de todo a cen e de ter os ollos case sen bágoas xa. O verso teño setenta para setentembro cobra sentido. Descentrado, como descolocado. Fóra de lugar. Ao final do día podo (poido) rematar en calquera sitio. Pedín o lectorado (leitorado) de español (hespañol) para Brasilia e non mo van dar. E se mo dan, algo pasará para que non vaia. De feito, xuraría que estou agardando que pase algo para que non vaia. Así son. O son do son. Hoxe no bus, con todos os pensamentos que teño estes días e todo o que lembro, pensei que debería haber un ceo para todos. É dicir, inclusive para os que se supón que son malos a ollos de case todos, como os xenocidas. Un ceo para os xenocidas, onde se pasen a eternidade dicíndolle a persoas que acoitelen almofadas e colchóns. E pensei, hostia, pensei que haberá un ceo a onde irei con toda a xente que coñezo e coñecín. E imaxinei sentado con todos vós (todo isto nun Cal Pita, claro) nunha mesa de madeira redonda enorme. Estaríamos todos aí. Supoño que, ao comezo, habería algún pequeno silencio, que rompería Pablo ou Félix. Mais, non sei, supoño que se é o ceo e todo ten que estar ben, o silencio só o podería romper Paula: -E que lo? Que vos contades? Hoxe no bus, tamén no bus, pensei que teño que mudar a imaxe que teño de fondo no móbil (grandes problemas da modernidade) e intentei tirar algunha foto ao meu entorno, mais ningunha cumpriu as espectativas. Estes días de messenger están ben. Falando con Marina, con Marina de Granada (Graná Capitá), Lu, Luis... A Luis tíñalle no móbil posto Luis Pragmática, mais o día que quedei con el para tomar un café, mentres o agardaba, mudeino a Luis Culleredo. Despois non apareceu, mais non importa. Luis arrasa. Como vos ten a xente no móbil posto? A miña avoa chámame Samooo... E hai xente que me chama Sa. Licencia total. Apareceu Juan. Juan é o buseiro por definición da liña Montrove-Oleiros. Regaloume/nos unha botella de licor café e fala sempre dunha tipa de Muros que é unha ninfómana. Había tempo que non o vía e pensei que o despediran (Juan é un bo peixe). Mais o tema foi que o operaron dunha variz. Despois, á altura de Perillo, un coche chocou contra o noso bus. Juan cambiou os papeis do seguro e só chegamos uns cinco minutos tarde. Juan é boa xente: -¡Bua, Samu, tenemos que salir a montarla! ¿Qué tal la italiana? -Pois tamén preocupada, que non sabíamos de ti, meu. A semana pasada, voltando de Compostela, mirei as nubes e entendín parte da esencia e de como o tempo non volve. Meu avó, hai xa uns anos, díxome coa mirada desorientada e firme: -O tempo pasa moi rápido, Samuel. O tempo pasa e parese mentira... Pero pasa a vida nun momento. Meu avó tenme dito esas cousas que poñen a un no seu sitio. Meu avó entrou en Sidney manexando un petroleiro. Estes días lembro todas as súas historias. Rotterdam. O Golfo Pérsico. Noruega! Meu avó faloume de estar lonxe e da felicidade pequena. Non quero botarte de menos, París. Sei como es, sei que mentres abuela se mete contigo e ti comes, miras para min ríndote. Coñezo todos os comentarios que fas sobre os partidos de fútbol. E que esta xente quei jana cartos, che! Que explicas todo cos dedos... Porque se algo ten esa forma, debúxalo no aire cos dedos, sinálasnos na mesa co índice e debúxalo no aire... E vémolo. En serio, teño grabado a lume o teu arrecendo a sal cando aínda navegabas no Norte en Muros e te pasabas por casa a saudar antes de subir a Muíño do Vento. E viñas cun gorriño... Es mariñeiro, París... E, non obstante, a última vez que estabamos hospital ti mais eu, estabas desexoso de saír de aí e que, fose o que fose que che pasese, puideses pintar. Gústache pintar, París. E todos che chaman se teñen que pintar a casa. Si, París. E sei o punto exacto da cociña no que te apoias e cruzas os brazos para escoitar o que se fala. E sei como saltas nas conversas. E agora... Meu, non sabes como se che bota de menos... Non tes nin idea... Só de pensarche aí... Non sigo. Funme![]() Non o víchedes? Funme. OFF. No tren todo colle algo máis de sentido (sen sentido) e as nubes confírmano. Deus está morto hoxe. Voume![]() Vou para Compostela, mais deixo esta canción aquí. Gusto moito desta canción. Non hai problema que non teña solución. Está chovendo, Mamá Cuchara. Próxima estación: esperanza. Cando as mentes dan de si...![]() Nós intentamos tirar para diante e acabamos dicindo cousas como as que ides ler. Xa había tempo que non colgaba algúns dos cristos cerebrais do persoal. Agardo que vos molen. Aí van: -Eu mexei sangre. -No soy persona. Soy calle. (Mentes derretidas tras un exame) A felicidade non ten interese![]() Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Iso debeu pensar o simulacro de ionqui que caeu na estación de buses a iso das 22 horas. Hai un rato. Estaba eu papando frío tras media hora de agardar un bus e soaba Bob Marley e había un home rebentado no chan da estación de buses. Chegou unha ambulancia e levárono. Mentres estaba tirado no chan e non chegaba a ambulancia, os buses que marchaban tiñan o detalle de ir máis devagar para que os condutores e pasaxeiros disfrutasen do espectáculo. Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Bendito imbécil. Na estación de buses ves moita xente e moita xente que ten a mirada perdida dando mostras de ser todos moi profundos. A maiorías dos imbéciles da estación de buses somos moi profundos. Inclusive, se me apurades, o ionqui que estaba tirado mentres eu escoitaba Jammin'. Somos profundos porque escoitamos música moi profunda para a situación na que estamos inmersos e xa estamos de volta de nada e a vida, a vida é moi fodida, cariño. Mañá vaise asaltar Compostela pola vía traseira. Mañá imos saír en Compostela. Mañá acabaremos sendo unhas das persoas que andan por Compostela como moita xente que anda de noite por Compostela. O ionqui non virá, mais hai ionquis como para suplir a baixa. Todos unidos aguántanse as cousas moito mellor. Só se enchen os hospitais, os vertedoiros, os peores bares e as tumbas. O demais segue a estar baleiro. Baleiro, digo. A felicidade non ten interese se non vén con unha carteira chea de diñeiro con números lindos. Pasamos o tempo ríndonos de nada, falando de nada, mirando, analisando, equivocando, valorando, meditando, reflexionando (noxo), cubrindo os ósos con carne e buscando carne. E non temos posibilidades. Non hai ningunha posibilidade. Xa está todo dito. Ninguén encontra ao outro. Xamáis. As persoas que imos vendo pasar somos, aínda que non queiramos, nós mesmos. Mirade nos ollos dos demáis e veredes cómo ides pasando. Ás veces, paseamos cun alma dentro sen reparar en nada. Bebemos demasiado. Estamos atrapados por un SINGULAR destino. Ninguén atopa ao outro. E a coña é que todos siguen buscando de cama en cama. O pode xa estar morto a estas horas. Teño un paxaro azul dentro do peito ao que só deixo saír polas noites, non? Pois non! Báixate do camión! En serioXuntámonos e facemos isto?
Imos bailar, nenos e nenas![]() Veña! Head, shoulders, knees and toes! Knees and toes!...
-admitimos familias problemáticas...- Durante pouco tempoPouco temporal, moitos chopos. Tamén viño e cervexa. Mamá cuchara. Drogas e sexo con palancas de cambio. O sicolóxico e máis o emocional. A figura da muller: po-der-en-trar-de-bal-de. Buscar un rebumbio de tres e fuxir de multitudes. E tamén cousas que prestan cero. Que prestan cero. Que prestan cero. Que non prestan, vaia. Hospital Modelo. Atomic Sandra Raquel Pé Escarallado. Sillón vermello, estar sentado. Senegal Brasilia Uganda Valdexería Repichoca. Coco Chanel. Superbowl: simio. Mono says Cállate. Voltar ao cuarto no que pasei o nadal. Voltar ao cuarto e ter que ir borrando mensaxes porque non collen máis apretados. E son mensaxes dos de nadal. Quero mensaxes do federer. Bágoas de Federer, zume de laranxa. Caldo vexetal. Samesugas. Txikia naiz means: son pequeno. Moito para min. Moito para ti. Felicidade: mundo moi reiterativo. Baixóns. Berrar. Apoiarse preto da fiestra. Fiestra: vidrombafado. Amar-odiar-amar-odiar. Solidariedade. Temporal. Cero. Moito para nós. E durante pouco tempo. Durante moito tempoMetía e sacaba música do meu emepetresiño semimorto. De todas as cancións que entraban e saían, sempre había unha que podía tirar para diante ela soa. Podía meter só reggae dentro, que aí quedaba. Ou o peor metal, ou as popeiradas menos contribuíntes ao equilibrio sísmico-emocional, ou ska máis de festa. Aí quedaba. Supoño que sempre hai un momento do día no que un precisaba escoitar algo como God save the IRA. O meu ordenador está morto. Levo toda a puta semana escoitando Manu Chao como se me fose a vida niso -semanuchao- e sendo feliz sen motivo aparente, xa sabedes. E escoito esta canción e sei que ten a capacidade de conmutar calquera cousa. Eu-que-sei. Non me apetece escoitar cousas como God save the IRA, realmente. Encántame esta canción. Din God save the IRA. Está chovendo. Choiva![]() A choiva é un elemento líquido que te rodea por todos lados menos por dentro e cando te entra dentro é como se chorase a túa alma e despois -despois sempre pasa isto- paseas polo que alguén considera unha cidade TOTALMENTE so e pos unha canción en repeat. E soa esta canción seguido. Vas chorar? Non vas chorar? Estás so. Lémbrao. Estás so, con choiva por fóra -a choiva rodea por todos lados MENOS por dentro e cando rodea por dentro quedas feito unha merda. Tes choiva dentro e unha canción en repeat. Está chovendo. Es feliz. Estás so. Es feliz. Está chovendo. Escoitei esta canción hoxe con todos vós e non o sabíades. Está chovendo. Mil choivas! Inundado. -alíviame- Ao asunto![]() Lembrades que hai tempo colgara un poemario na Regueifa? Pois agora os amigos de THE tamén colgaron un EP que podedes baixar de balde e sen risco de coller ningunha venérea. Só tedes que vos pasar polo enlace que teño aí ao lado onde pon A Regueifa ou, o que xa vos vai flipar tela, CLICAR AQUÍ para descarregar o asunto. Ademais, recomendo que vos perdades un pouco polas páxinas d' A Regueifa, porque vos poden prestar moitos dos discos que hai por aí, así como a literatura que hai por aí ciscada. Comezando xa polo dos amigos de Franc3s pasando por outros como Novedades Carminha ou Qualia (que me teñen bastante flipado). Euquisei, navegade pola páxina, porque non ten desperdicio. E non deixedes de votar aos THE no proyecto demo! Que os queremos na final! E se vos digo...![]() Que estou feliz, mais sen motivo. Que non teño case ningún motivo para ser feliz. A neve é branca. Os exames, os traballos, erguémonos moi cedo para ir a sitios que non nos gustan, aguantamos a xente que igual non nos cae ben e somos felices. Imos felices. A música e coller os autobuses polos pelos. As-re-la-cións humanas e todo ese xogo e imos felices. A música. Comida o suficientemente lenta. Os fracasos, os ordenadoras/computadores que rebentan enteiros e din até aquí, meu. E imos felices. Somos felices. Somos seres felices. Felizonia. Altos índices de felicidade. Entroido, nadal, verán, primavera, inverno, praia, pachanga na praia, as praias seguen estando aí e nos estamos abrigadísimos, mais somos felices. Amamos a líderes, debates de cousas que importan unha merda, xente que se mata dun xeito cómico e rimos. Rimos. Sorrimos. Felicidade. Lembrades? Cando todos éramos felices? Ou aínda o somos? Ou só o estamos? Cero motivos de ser felices. Ou de estalo. Falar. Felar. Fallar. Rebentar. Hablar. Talking to me. Fálame enteiro de arriba a abaixo. Senegal. Hoxe daríavos unha aperta a un e cada un de vós. A todos. A todos os que estades na miña vida, aos que saichedes da miña vida, aos que estades por entrar. A todos. Séculos de felicidade. Moita xente xa non está. Botámolos de menos, porque somos felices e queremos que sexan felices coma nós. Que felices somos! Que ben nos caemos! E hai moi pouco tempo que estamos todos aquí. O conto este. Parece que os bos tempos foron hai tempo. Ou están sendo. Sempre será o pasado. E o presente tamén será. E o futuro que xa foi. Felicidade en termos estrictos. Cantas persoas te miraron hoxe? Cantas persoas pensaron en ti hoxe? E cantas pensaron para ben en ti? O mundo ESTÁ aí ao lado. Nin pelexas, nin malas miradas. Como cando dabas unha aperta suando, cando chorabas de felicidade, cando os amigos, a familia, a xente que queres e que te quere, cando todo iso. Estamos agora mesmo todos alí. Así de inconexo con todo. Así de desmoralizante, así de recargante. Somos seres felices. Non hai outra forma de saber que estamos vivos. Hai que bicar a derrota mil veces para mirar arriba e ser feliz novamente, na derrota, preto dela, lonxe dela. Como referente. Sen problemas. Con todos os problemas. Todos os países son un invento. Temos moi malas ideas. E ti? Se non estás feliz, cólloche no aire e bailamos. Ou dáme unha aperta. Dámonos unha aperta. E así de triste toda esta felicidade. Escribir non é feliz. Se pensas que o vai ser, non o é. Non vai ser nada do que estás pensando. Non vai vir nada do que pensas. Ímonos levar moitas máis hostias. Somos felices. Sómolo. Escolle o teu metro cadrado amarelo. Baila. Cuspe e baila. Baila, choca, tírate. Fai que corres, mais non corras. Vai para atrás. Esvara. Esvara. Esvara. Esvara. Esvara. Está chovendoTeño frío. Case ningunha vez![]() Moi poucas veces, case ningunha. Tamén o din en Australia. Só moi poucas veces![]() Moi, moi poucas veces. Só ás veces![]() Só ás veces perdes a cabeza e colles a apareces nunha festa en Muxía na que tras unha porta hai da orde de 8 mulleres e homes fodendo todos contra todos e hai unha muller duns trinta e poucos que che mira aberta totalmente de pernas e só lla tes que meter para que despois veña un hespañol duns cincuenta e algo a acariñarte o cu que, como se chama Berto Boavista (ascendencia lusa), ten a ocorrencia de pintarche dous "B" -un en cada cacha- e colles e vaste de alí todo alumeado nun coche que lle colliches a alguén que che dá igual. Chegas a unha especie de hostal onde te agarda unha muller duns vinte e poucos cunha cama lixada totalmente de maquillaxe e suor. Poste a catro patas, o cu para arriba e dislle: -Mira que hostias me pintaron nas cachas! Ela mira o cu con cada "B" en cada cacha e pregunta: -Quen é BOB? Mais isto só pasa ás veces. A maior parte das veces quédaste en casa perdendo a cabeza por case todo o que non está sendo na túa vida e que vas asumindo a base de literatura de merda e cervexa boa. A miña cidade é unha idea que teño en mente. Gañas de marchar. E imos quedándonos... Farías mellor coidando o teu negocio![]() A subnormalada de reflexión esperable: despois do temporal vén a calma. Puagh! E despois virá outro temporal. Agotamos todas as posibilidades de de de cura. Non sirven os Gluecifer, nin as cervexas, nin a poesía, nin os porros, nin o amor, nin a auga, nin a ilusión. Quen pode disipar a felicidade? Quen pode disipar a tristeza? Ninguén pode. Teño o ouvido cada día máis pequeno. Chama a deus. Merece un disparo entre os ollos. Nunca asoma a cara. Case collemos ao fillo, mais tamén escapou. O espírito santo é o único listo de toda esta historia. Nunca se presentou. Necesitas amor, necesitas amor... Plaxiarei a Bukowskit tantas veces como crea necesario e seguirei coa miña vida sinxela na que as complicacións frustran para darlle sentido. Un só pode crer en si mesmo e no primeiro disco de System of a Down? Que va! Crede tamén nos areeiros, nos que recollen peras en abril, nos anestesistas, nas mulleres que tardan en pedir a parada do autobús, nos funcionarios de prisións, nos cans que non ouvean, no céspede sen curtar, nos pedófilos asiáticos, nos minerais, nos panos da man marróns, nas boas cagadas da conciencia, nos dedos que chegan a sangrar e en vós mesmos, mais en vós crede só o xusto. Porque vos estades e nos estamos a enganar oitocentas veces. A vida é unha puta moi cara e no peto só teño o cartón do bus urbano. Quen é a flor?![]() Ti. E nós. Todos nós. Treboada. Temporal. Ao lado de calquera. Adverbio temporal. Literatura portuguesa. Artrite, diabete, asma. Impotencia. Cartón do bus que non vai. Conversas que non van. Habitantes de todo o mundo. Fechadiños en catro paredes. Polo menos contamos catro paredes. Rendirnos ao ano. Alá vai! A música non é o que dura, é o que ocupa. A música non é o que ocupa, é o dano que fai. A música non é o dano que fai, é todo aquilo que salva. Non hai cartos. Non hai tempo. Sobra tempo. Costa abaixo. Costa arriba. O vento dun lado. O vento do outro lado. Aprender. Esquecer. Volver aprender. Esquecer novamente. Darse conta de que non e de que si. Sacar forzas. Fuxir. Meter forzas, gardar forzas. Non ter forzas. Esforzarse. Por que non crecen os nenos dentro dos pais? Que facía deus antes de facer o universo? Deus é unha ilusión. E todo acaba rematando unha e outra vez cunha desilusión. Próxima estación? Votemos a THE todos collidos da man![]() Miguel, Carlos e Brais chegaron co seu grupo THE ás semifinais do Proyecto Demo. Agora só resta que vos pasedes pola páxina do asunto para votalos e conseguir que pasen á final. Non vos levará moito tempo, así que non sexades cans. Despois, se acaban tocando no FIB, todos lles poderemos pedir entradas e cousas así. Hahaha... E xa sabedes, dicídelle aos vosos coñecidos que se pasen a votalos, que para catro veciños que somos... Veña! Aúpa THE! Algo así, por dicilo en baixo -ssshhh...-![]() Cansadísimo quedándose sempre no mesmo sitio máis ou menos quedándose no mesmo sitio como se durmísemos sen nos sorprender de que se vaia en bus botando de menos estar con alguén falando e tamén disfrutando do bus por fin disfrutando dos urbanos completamente repletos de nada e todos eses contrastes tan profundos que non o son tanto e despois de comprobar que a xente se come todos os libros sobre toponimia que poderían ter existido a estas alturas do mes e xa é xaneiro e os máis escépticos -MIL CAFÉS AO DÍA- e todos os lugares que imos deixando atrás sen pisar e todas as persoas que non coñeces e non sabes se queres coñecer e que son exactamente as mesmas que todas as persoas que non coñeces e estás desexoso de coñecer porque todas as persoas finalmente son a mesma persoa e todas van e imos fallando e todas as historias que van chegando aos nosos ouvidos soan a algo fenomenal. Mañá seguirei estando aquí. Canto se quere todo o mundo, verdade? Kiss me: I’m drunk. -perro imbécil- Destrozado![]() Feito trizas. Concertazo de Betagarri en Pontedeume. Tocaron todo o que tiñan que tocar (as poucas ausencias que houbo non pasaron factura). Euri tanta bakoitzean... Verde... La chica del Batzoki... Grandola, vila morena... Txikia naiz... Baldin Bada!!! E momentazo total cando en Revolution Mix se marcaron mil puntazos! Meteron da orde de mil temas a maiores no medio da súa versión de Bella, ciao. Entre estes temas arrasaron metendo a súa versión da Rianxeira e.... One step beyond de cabo a rabo! Estou rebentado. Momento cando o baixista me ve a tatuaxe e se queda en plan... Tío, fóiseche! Grandes Betagarri! Eskerrik asko! Botándose ao humor![]() "Se nasese noutro sitio botaríame ao humor. Montaría un tren, faría a funsión e pasaría o sombreiro. Sinco euros por actuasión. Con catro actuasións ao día, son vinte euros. E con vinte euros ao día vives. Ademais vivindo no tren" Cárcere, coitelo e bico![]() Soñei que estabamos nun cárcere e que conseguía que estourase unha bomba no outro lado do edificio para saír pola banda contraria con outros compañeiros que foron caendo pouco a pouco nas mans dos gardas e dos lobiscáns que nos seguían e despois entraba nunha especie de casa abandoada na que me metía na cociña para armarme cun coitelo enormísimo que empregaba para acoitelar a unha garda que me perseguía e sentín como a atravesaba co coitelo e carne tocando co ferro do coitelo e despois a muller pedíame un bico porque nunca a bicaran e díxenlle que pasaba de todo e que aprendese a vivir a vida e se deixase de andar pendiente de presos e cousas así que a vida había que vivila e que así aprendería e a verdade é que non ía aprender un carallo porque ía morrer e cando morres, hostia, cando morres dá igual o que tes aprendido. Metendo oito elefantes nun elevador hidráulico![]() O porteiro do deportivo dame igual. A tristeza é unha doenza de transmisión sexual. A tristeza é unha materia troncal. Non optativa. Sempre estou lonxe. Amo a Randy Hickey. Tenis de futbito![]() Non mos quito. Xa de volta de Muros. Coa sensación de levar oito meses na vila e de me ter baixado a pelo o pouco que puidese quedar a estas alturas do ano nas naves industriais da familia Raeiros. Tú verás. Es navidad. Nadal estraño en grado estremo. Demasiado hospital para o gusto de ninguén e demasiadas bágoas por todos lados e demasiado agobio e alcol mal repartido. Demasiado instinto asasino con algunha continuación. Romper. Demasiada choiva en moto. Demasiadas vitorias agónicas que se foron quedando en NADA. Mellores xogadores do partido e concertos rápidos. Erros e todo iso. Na vida hai que ter ilusión. Figos pasos. Pasos fixos. Granturismeo: o xusto. Un, dous, tres, catro, sinco, seis, sete, sota, cabalo, rei, un, dous, tres... Caramelazos dos reis. Frío moito frío moito frio de deus. Concertos. Telefonía inmóbil. Non saber falar xa coas persoas. Xa de volta. Chamada da policía a casa: hemos encontrado sus efectos personales. Oh! Xenial! Encántame que digan "efectos personales" (e vou directamente á expresión e non a xogos como "defectos persoais"). Díxomo e quedeime semi-pillado pensando en que efectos produzo ou padezo. Apatía, cansanzo, saturación, desesperación, noxo, fastidio (pero que fas, tidio?!) e merdas polo estilo. Espertar o día de reises cantando como un energúmeno a de Mamá perfecta. En 200 anos: todos seremos chineses. Apocalipse, segundo Félix. Hai que tirar para diante. Todo o mundo confiando nas súas catro merdas. Somos quen de todo. Capacitados para todo. Viaxamos. Voamos. Caemos. Erguémonos. Viaxamos. Estamos de volta. Xa me quitei os tenis de futbito. Xa hai tempo. Ai-ai-ai-ai...![]() Selección de persoal totalmente fallida. Erro tras erro. Como mola facer o imbécil sabendo que só o fas porque realmente es imbécil e que rápido cambian os estados de ánimo e desánimo. Desalento. Ao noso principio vital vánselle engadindo ideas. Na vida hai que ter ilusión, tirar para diante, beber sempre un pouco máis e non mirar atrás. E, de todos xeitos, a vida continúa a ser o mesmo sempre. Nin dous 1000 nove nin nada. Mil 9 trinta e 6. Monótona. O outro día -sábado á mañá- tiñamos por Muros a un borracho de barbas dirixindo o tráfico a berros no aparcadoiro que hai a carón do porto (el relleno). Por momentos, inclusive, se permitiu o intentar pór dereita a matrícula dun coche que había por alí aparcado. Nisto que se lle acercou un notas a berrarlle en modo "a ver, ho, déixate estar". Mentres, polo paseo, un ionki dos clásicos-clásicos contemplaba o cadro de dor mentres seguía o seu camiño. Este ionki, mirou ao resto da xente que presenciaba o espectáculo e sentenciou cun ton de lástima: -Como estamos... Claro, unha primeira lectura desta expresión levoume a pensar que se un ionki chega a dicir doutra persoa que está a ter un comportamento discutible, moi mal ten que estar o fulano en cuestión. E, deste xeito, como o ionki se reclama a si mesmo un lugar entre a decencia. Claro, nunha segunda lectura, atendendo ao apartado gramatical, fíxome caer na conta do uso da primeira persoa do plural (ou cuarta persoa, como queirades). Así, este home marcou unha relación evidente entre o protagonista do aparcadoiro e el mesmo. Entendín así que el mesmo se entendeu representante do borracho do aparcadoiro e, como encargado de comunicar aos demais cómo estaba a situación, achegou unha mensaxe de autocompaixón dende a lado escuramente feliz da ionkez no nadal. Voltei a escribir -e non falo deste puto blog de merda. Nadal de escribir merdas. De pasalo mal. Nadal de chorar. Rafael Nadal. Marcelo Ríos. Quei me río en nadal. O concerto foi daquela maneira de tal xeito. Facer o mongol facer o imbécil sabéndose un imbécil e... Aiaiai... Bailar... Este é o meu DJ! E eu bailo... Esta noite temos a mítica cea que celebramos o día de reis. Pena ten unha óptica. Onte voltou o frío. Hai xeo no mar. E peixes mortos. E comezamos a bailar. Esta noite temos a mítica cea de ir tomarlle un churrasco comer polbo e igual tamén patacas e CRIOLLITOS. Que rápido mudamos de estar nunha punta a estar na outra! Que poucas palabras fan falla para marchar! Cantas para volver! Que poucas palabras fan falla para volver! Canto ska nos queda! E canta boa música! E cantas persoas collen dentro dunha cebola sen pulir! Que lonxe queda un corpo do que debería ser un corpo! Cantos anuncios de colonias e fragancias e esencias! E que pouco bailamos! Que horarios máis raros temos que non gardamos un ratiño para bailar todos xuntos! Imos pola rúa. Non somos seres humanos cunha experiencia divina. Bailamos. A desilusión debería non ter cabida nas nosas vidas, non é? Onte comín unha completa sen cebola e, se unha película se para para pór publicidade, apago a televisión. O nadal de Combo. A desilusión contrasta con toda esta música. Comezamos a bailar... Ai-ai-ai-ai... Míticas polladas![]() Hai unha palabra que é POLLADAS que, ao se pronunciar, sempre queda mellor se dis MÍTICAS POLLADAS. Mañá, ás 23 h., no Pozo do Cachón (Baño/Serres/Valdexería/Muros/Galiza(cia)), haberá concerto de Süiss e Metralla. Entrada totalmente de balde (só fodería). Prometemos tocar desnudos de gorxa para abaixo (pasamontañas e tal, si). Víndelle alí antes de saír e ijual xa saides un pouco calsados. Se chove estade tranquis, que é baixo teito. Cheiro fatal. Saín da ducha apestando. Botádeme xel. Fin de ano pasou. Como pasa sempre. Excepto no 1876, non pasou e voltou atrás até 1765, creando un boquete espazo-temporal de dimensións considerablemente estúpidas. Yo soy José Canseco! Tamén son deus. Estooo lo inventé yo... Bah! Nada máis. 1ª canción do ano: Gold Lion. Están chovendo cascos de bala, como en cámara lenta. Veña! Mañá todos no Cachón! A la de una...! Perder a cabezaÁs veces perdo a cabeza cada vez que te me vas acercando. Seguimos en Muros resistindo choiva-frío-enfermidades e soidade. Chorar está valorado de máis. Temos que pór os pés na terra e na lama. Cando chove a terra é lama. Ás veces perdo a cabeza cada vez que te me vas acercando, mais despois pásaseme. É sinxelo se simplemente temos en conta que paso a maior parte do meu tempo so. A soas co mundo. A soas co mundo e co frío. Literatura de Cabo Verde, un dos sitio realmente menos verdes da terra. Benvidos ao paraíso. Remata o 2008. E os anos dan igual. Imos quedando menos. Imos tendo máis vertixe porque cada hostia que vai pechando vai deixando cicatriz. E algunha vez escoitamos que as cicatrices sabían salgado. Non saben salgado, nin son doces. Son cicatrices. E que é a alma? E pasou o ano pensando o que sería mellor, aceptando as hostias, repartindo anaquiños cuadriculados de lama da que quedaba debaixo dos ollos e eramos benvidos ao paraíso. Imos traballando, imos tirando. Bebemos e voltamos a escribir. Escoitei cousa de 13.013 veces Gold Lion, Piccolo lupo, Bolívar, Put me on a plate... Hai -si, aínda hai xente- xente que di que non morrería se me quedase sen música, mais, amigos e amigas, vós máis eu sabemos de verdade das boas que é así. A xente vai entrando na túa vida sen perder de vista a porta de saída. E a xente entra e sae. E ti quedas nun sitio que, por non ter, non ten nin sofá. E segues agardando a vida. O ano que vén será mellor! -hostias- O ano que vén será mellor porque traerá máis música, máis decepcións e algún que outro poema que non coñecías. Chega o remate do ano e non sei ónde o pasarei e, sinceramente, xa me importa un carallo. As cousas que importan son outras. Cada noite é a mesma, tan só mudan os borrachos. E os borrachos que non mudan fan de cada noite un saquiño maior de merda. Ás veces perdo a cabeza cando te me vas acercando. E téñote tanto medo e tantas gañas que durmo cada noite cun león ao lado e cun sorriso de imbécil como se non fose realmente todo o imbécil que son. Haise que deixar ir. Botarse a perder sempre. Perder sempre. Derrotar sempre como unha vitoria constante e dura. Non sabemos xa de qué falar. Sad & Lonely, mais co sorriso imbécil do que se viu derrotado tantas veces por vontade propia que, unha vez perdida a cabeza, só resta escoitar Samesugas vivindo a vida que nos tocou e que nós mesmo escollemos. O corazón manda. Nós obedecemos. Temos vertixe. O corazón manda. Perdo a cabeza cada vez que te me vas acercando e cada vez que non estás. Todo vai estar ben![]() Novamente, vacacións... -Samu, telos cadrados. Como se non vivises de vacacións todo o ano! Ben, vale. Ultimamente non estou destacando pola miñas escapadas do mundo do ocio, ao que me manteño fiel e leal, mais agora toca o típico período de irlle a Muros (se acado ir hoxe até alí) a pasar frío, comer de máis, beber de máis, conversar de menos, facer reconto anual, xogar ao fútbol (punkbol) ler e botar de menos (mellor dito, algo mellor que botar de menos). O xoves tiven/tivemos unha das noites, sen dúbida, máis raras en moito tempo. Se sinxelamente sinalamos que acabamos ás 11:30 na comisaría de policía denunciando o roubo da miña carteira... Pois xa vos facedes unha idea. Case-atropelos, papel de wc na mesa do policía que nos atendeu e que case mete a denuncia na estufa... Mais, non focalicemos no negativo, amigos e amigas da felicidade insurrecta. Noite xenial. SEMUS er servisio de movilidá urgenteh... Dustin Hoffman ou Colin Farrel? Imos para Muros (soñei que escribiras algo sobre os muros) e lembro a todos que o día 3 de xaneiro, no pozo do Cachón (por diante do instituto de Baño, ao lado do río Valdexería), está previsto un concerto de Süiss con Metralla. Agardamos que veñades todos e todas. Prometemos desnudos parciais, reparto de billetes de cinco euros e lambidas de embigo masivas e incoherentes. Imos para Muros. Lévome aos Yeah Yeah Yeahs. Todo vai estar ben. |
Archivos
TemasEnlaces
|